Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Iniciación ao coñecemento da Paleografía e da Diplomática como ciencias xunto cos seus presupostos teóricos e metodolóxicos.
- Iniciación á transcripción documental
- Realización de comentarios diplomáticos identificando de que tipo documental se trata en cada caso e distinguindo as partes que o integran.
- Posibilitar que o alumno chegue a coñecer os distintos tipos de escritura, de documentos e o seu valor en diferentes ámbitos (pericial, histórico, artístico, paisaxístico etc.)
Bloque I: A Paleografía e a Diplomática: orixe, desenrolo e principios.
Tema 1: A Paleografía: concepto, obxeto e método.
Tema 2: Historia da Paleografía.
Tema 3: A Diplomática: concepto, obxeto e método.
Tema 4: Historia da Diplomática
Bloque II: As fontes escritas
Tema 5: O sistema abreviativo
Tema 6: Caracteres extrínsecos do documento: materias, instrumentos escriptorios, tipo de escritura etc.
Tema 7: Caracteres intrínsecos: a estructura documental.
Tema 8: A xénese documental.
Tema 9: A tradición documental.
Tema 10: A elaboración dos documentos.
Tema 11: Criterios para a clasificación dos documentos.
Bloque III: Os ciclos escriturarios e tipoloxía documental en época moderna e contemporánea.
Tema 12: A escritura cortesana e procesal. A tipoloxía documental en época trastámara e habsbúrgica (último tercio do século XIV-s. XVII).
Tema 13: A escritura humanística. A tipoloxía documental en época borbónica.
Tema 14: A escritura e o documento en época contemporánea.
Paleografía e Diplomática
Manuais e outros traballos:
- Floriano Cumbreño, Antonio C.: Curso general de Paleografía y Paleografía y Diplomática españolas. Oviedo, 1946
- García Rodríguez, Antonio: Diplomática del documento administrativo actual: tradición e innovación. Carmona, 2001
- Marín Martínez, Tomás y otros: Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002
- Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de iniciación a la paleografía española de los siglos XII a XVII. Madrid, 1979
- Núñez Contreras, Luis: Manual de Paleografía: fundamentos e historia de la escritura latina hasta el siglo VIII. Madrid, 1994
- Pino Rebolledo, Fernando: Tipología de los documentos municipales. Vallladolid, 1991
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Introduccción a la Paleografía y la Diplomática general. Madrid, 1999
- Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio: Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
- Romero Tallafigo, Manuel: Diplomática del documento contemporáneo: sus aportaciones para la valoración y selección en los archivos.” En: Primeras Jornadas sobre metodología para la identificación y valoración de fondos documentales de las administraciones públicas. Madrid, 1992, p. 51-59
- Idem: “Historia del documento en la Edad Contemporánea: la comunicación y la representación del poder central de la nación. Carmona, 2002
- Rubio Merino, Pedro: "Tipología documental en los archivos parroquiales." En: Archivística: estudios básicos. Sevilla, 1981, pp. 209-236
- Tamayo, Alberto: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, 1996
. Madrid, 2000
Coleccións de láminas:
- Arribas Arranz, Filemón: Paleografía documental hispánica. Valladolid, 1965, 2v.
- Colomera y Rodríguez, Venancio: Paleografía castellana. Valladolid, 2002
- Costa, Avelino Jesús da: Album de paleografia e diplomática portuguesas: estampas. Coimbra, 1997
- Millares Carlo, Agustín: Album de paleografía hispanoamericana de los siglos XVI y XVII. Barcelona, 1975, 2v.
- Idem: Tratado de paleografía española. Madrid, 1983, 3v.
- Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de inciación a la paleografía española de los siglos XII a XVII. Madrid, 1979
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Aproximación a la cultura escrita: material de apoyo. Madrid, 1995
- Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio: Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
- Universidad Nacional de Educación a Distancia (ed.): Láminas de la Cátedra de Paleografía y Diplomática. Madrid, 2000
Diccionarios:
- Riesco Terrero, Ángel: Diccionario de abreviaturas hispanas de los siglos XIII al XVIII, con un apéndice de expresiones y fórmulas jurídico-diplomáticas de uso corriente. Salamanca, 1983
Normas de transcripción paleográfica:
- CSIC: Normas de transcripción y edición de textos y documentos. Madrid, 1944
- Comission Internationale de Diplomatique: Diplomatique et Sigillographica: …. Zaragoza, 1984
- Costa, Avelino Jesus da: Normas gerais de transcriçao e publicaçao de documentos e textos medievais e modernos. Coimbra, 1994
- López Villalba, José Miguel: “Normas españolas para la transcripción y edición de colecciones diplomáticas.” Espacio, Tiempo y Forma. Serie III, Historia Medieval, T. 11, 1998, pp. 285-306
- Lucas Álvarez, Manuel: “Para unas normas complementarias de transcripción de documentos gallegos.” Cuadernos de Estudios Gallegos, 12 (1949),
Dentro das competencias xerais, sería desexable que os/as alumnos/-as tiveran uns coñecementos nas áreas de Humanidades adquiridos na súa educación secundaria e que fosen capaces de amplialos mediante o contacto con textos especializados e determinadas achegas; que saiban aplicar estes mesmos coñecementos de forma profesional ás tarefas que se desenrolarán na materia e posúan competencias para a elaboración e defensa de argumentos e a resolución das cuestións que se lle plantexen; e, finalmente, tamén resulta recomendable que desenrolen habilidades de aprendizaxe que lles permitan emprender estudos cun alto grado de autonomía.
Aparte destas competencias xerais, os/as alumnos/-as que cursan esta materia desenrolan unhas competencias tanto transversais como específicas. Transversais porque a elaboración de determinados tarefas prácticas obrigaralles a unha redacción axeitada dos textos e á súa presentación dacordo cuns parámetros. E específicas porque o programa que se presenta permitirá aos/ás alumnos/-as adquirir uns coñecementos sobre o eido da Paleografía e a Diplomática en época moderna e contemporánea e posibilitar que no futuro poidan completar a súa formación coa realización dun traballo de investigación dirixido e incluso, combinado cos coñecementos adquiridos noutras ensinanzas, poder abordar a creación e progreso de proxectos culturais, educativos, comunicativos etc.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
1.1 Descripción da materia.
A asignatura á que se refire o presente programa, denominada “Escritura e Documento no mundo moderno e contemporáneo”, é unha materia optativa de duración catrimestral que se cursa no segundo ciclo (4º curso) no segundo cuatrimestre no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural impartido na Facultade de Humanidades da USC sita no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 4,5 ECTS
1.2 Prerrequisitos
Dado que esta materia impártese no 4º curso do citado grao, soe ser tamén a primeira vez que os alumnos entran en contacto coa Paleografía e Diplomática. Como prerrequisito básico e esencial, establécese o saber leer e escribir pois calquera persoa pode chegar a entender os principios básicos destas disciplinas. Polo que se refire ós prerrequisitos aconsellables, a súa aplicación na nosa materia queda moi minimizada, limitándose unicamente á denominación de certos elementos dentro de ambas ciencias. Pese a isto insistiremos nestes termos para que o alumno os coñeza, empregue e saiba a que nos estamos referindo.
1.3 Profesor que imparte a materia e lingua na que vai ser impartida.
A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, na actualidade Profesor Contratado Doutor LOU do Departamento de Historia , Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego, sen menoscabo de empregar o castelán se hai alumnos foráneos que presentan dificultades á hora de entender o galego.
1.4 Horario e lugar das titorías.
As titorías desenvolveranse no seu despacho da Facultade de Humanidades, sito no primeiro andar do edificio, co número 129, os mércores de 9h a 11h e os xoves de 9h a 10h e de 11:30h a 13:30h.Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o alumno se poña en contacto mediante teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita. Igjualmente, e para axilizar estas titorías, o alumnado poderá recorrer ao campus virtual no que hai un foro habilitado para que poida formular as súas preguntas ou dúbidas.
No tocante á avaliación da aprendizaxe, cómpre sinalar o seguinte:
1º A participación voluntaria e activa suporá un 10% da nota global e a resolución dos exercicios plantexados na clase equivalerá a un 20% da nota global, sendo necesario que o alumno obteña unha puntuación mínima de 1,5 puntos para darse como superada.
2º Polo que respecta á proba global, equivalerá ao 70% da nota global e tanto na primeira como na segunda oportunidade constará de duas partes: unha parte práctica na que se plantexará algún exercicio parecido aos vistos na clase e que será valorada cun máximo de 5 puntos e unha parte teórica valorada con 2 puntos e que consistirá en preguntas de resposta curta entorno á teoría vista na materia. Tales preguntas consistirán en cuestións que fagan que o alumno teña que razoar para responder e, en consecuencia, amosar así se entendeu a teoría. O exame contabilizará un total de 7 puntos, pero será necesario que o alumno acade unha puntuación mínima de 5 puntos para darse por superado e para poder contabilizar o resto de méritos (participación voluntaria e activa e resolución dos exercicios plantexados).
No caso dos alumnos que teñan dispensa para non asistir á clase, o único criterio de avaliación será a proba final que suporá o 100% da nota global.
Aqueles outros alumnos repetidores desta materia ao ano seguinte de tela cursado, se teñen superada a participación voluntaria e activa e a resolución dos exercicios, soamente terán que facer a proba final. Este criterio só se lles aplicará ao ano seguinte de tela cursado, pois se repiten por segunda vez, deberán aterse aos criterios de evaluación da materia como se a cursaran por primeira vez.
En canto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas cómpre advertir o seguinte: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
03.07.2002 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12 |
28.05.2025 12:30-14:00 | Grupo de exame | Aula 12 |