Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Comprender conceptos de antropoloxía aplicada á xestión cultural.
Identificar dinámicas das identidades culturais e as reconstrucións patrimoniais.
Relacionar políticas culturais globais e locais.
Perfilar os campos de profesionalización da xestión cultural.
Situar o turismo internacional na xestión do patrimonio cultural.
I. BLOQUE I. CULTURA versus PATRIMONIO
1. Cultura, Identidade e Patrimonio: conceptos básicos.
2. Patrimonio Cultural: lexislación e tipoloxía.
3. Consecuencias locais da aplicación de políticas culturais globais.
II. BLOQUE II. PROGRAMACIÓN E XESTIÓN CULTURAL
4. Xestores culturais: antropoloxía aplicada.
5. Turismo cultural: o patrimonio como recurso.
A través do desenvolvemento dos distintos bloques, ocuparémonos dos contidos recollidos na Memoria do Título: 1) Conceptos de antropoloxía aplicada á xestión cultural; 2) Dinámicas das identidades culturais e as reconstrucións patrimoniais; 3) Políticas culturais globais e locais; 4) Os campos de profesionalización da xestión cultural; 5) O turismo internacional na xestión do patrimonio cultural.
AYÁN, X. e GAGO, M.: Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI, 2.0 Editora, Ames, 2012.
AGUDO TORRICO, J.: "Cultura, patrimonio etnológico e identidad", PH Boletín, 29, 1999, pp. 36-45.
BENITO DE POZO, P.: "Patrimonio industrial y cultura del territorio", Boletín de la A.G.E., 34, 2002, pp. 213-227.
CHOAY, F.: Alegoría del patrimonio, Barcelona, Gustavo Gili, 2007.
FERNÁNDEZ DE PAZ, E.: "De tesoro ilustrado a recurso turístico: el cambiante significado del patrimonio cultural", Pasos. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural, 4, 1, 2006, pp. 1-12.
FLORES, M.: "La identidad cultural del territorio como base de una estrategia de desarrollo sostenible, Opera, 7, 2008, pp. 35-54.
GARCÍA CANCLINI, N.: Culturas híbridas. Estragegias para entrar y salir de la modernidad, Paidós, Buenos Aires, 2001.
GARCÍA CANCLINI, N.: "Los usos sociales del patrimonio cultural", Cuadernos, reproducido de FLORESCANO, E. (comp.): El Patrimonio Cultural de México, 1993.
MASSÓ GUIJARRO, E.: “La identidad cultural como patrimonio inmaterial: relaciones dialécticas con el desarrollo”, Theoria, 15, 1, 2006, pp. 89-99.
MOLANO, O. L.: "Identidad cultural: un concepto que evoluciona", Ópera, 7, 2007, pp. 69-84.
MOLANO, O. L.: "La identidad cultural, uno de los detonantes del desarrollo territorial", Territorios con identidad cultural, 2006.
PRATS, Ll.: Antropología y patrimonio, Barcelona, Ariel, 1997.
SANTANA TALAVERA, A.: Mirar y leer: autenticidad y patrimonio cultural para el consumo turístico, Sevilla, Signatura Ediciones, 2004.
SANTANA TALAVERA, A.: “Turismo cultural, culturas turísticas”, Horizontes Antropológicos, 9, 20, 2003, pp. 31-57.
SARACENO, E.: "Políticas rurales de la Unión Europea y proyectos territoriales de identidad cultural", Ópera, 7, 2008, pp. 167-189.
THOMPSON, E. P.: “Introducción: Costumbre y cultura”, en Costumbres en común, Crítica, Barcelona, 1995, pp. 11-28.
WILLIAMS, R.: “Cultura”, en Marxismo y literatura, Península, Barcelona, 1997 [1977], pp. 21-31.
YÚDICE, G.: “Redes de gestión social y cultural en tiempos de globalización”, en América Latina en tiempos de globalización II: Cultura y transformaciones sociales. Eds. Daniel Mato, Ximena Agudo & Illia García. Caracas: UNESCO-Instituto Internacional para la Educación Superior en América Latina y el Caribe (IESALC), 2000.
Os obxectivos da materia tradúcense na adquisición e/ou práctica das seguintes competencias:
COMPETENCIAS XERAIS
CX1. Que os estudantes desenvolvan coñecementos na área das Humanidades e da Cultura mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes.
CX2. Que o estudantado saiba defender argumentos e resolver problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
CX3. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CX4. Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a público especializado e non especializado.
CX5. Que os estudantes desenvolvan habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos superiores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE7. Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información.
CE8. Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión polas canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
CE9. Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas.
CT2. Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
CT3. Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
A través do desenvolvemento dos obxectivos e competencias sinaladas, tratarán de acadarse os seguintes Resultados, conforme o indicado na Memoria de Título:
1) Coñecer os métodos da antropoloxía aplicada á xestión cultural.
2) Coñecer programas de xestión cultural das institucións.
3) Aprender conceptos sobre xestión do patrimonio cultural.
4) Apreciar a importancia do patrimonio cultural nos programas sobre desenvolvemento.
5) Aprender a deseñar programas para a prevención do choque cultural nas sociedades modernas.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Sesións expositivas 18
Estudo e preparación de actividades programadas na clase e lecturas 45
Sesións interactivas / de seminario / aula de informática 18
Realización de traballos de diverso tipo 20,5
Sesións de titoría programadas 4
Sesións de avaliación: exames e outros 3
Exames 2
Outras actividades; exposicións en aula 2
Total de horas de actividade presencial 45
A asistencia ás clases presenciais, a participación nas sesións e a realización das tarefas prácticas.
A dedicación continuada ó estudo da materia.
A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto a unha actitude crítica e analítica dos textos e materiais didácticos. O dominio dos conceptos teóricos que se verá moi reforzado coa utilización constante das lecturas recomendadas na bibliografía.
Coñecementos de antropoloxía social e cultural.
Language in which the subject is taught: Galician.
Elena Freire Paz
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- elena.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
20.01.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |