Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da literatura galega contemporánea a través de figuras, tendencias e textos relevantes.
- Estudar de maneira específica algunhas manifestacións literarias contemporáneas representativas de diferentes períodos e xéneros.
- Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega contemporánea e as confluencias e diferenzas con respecto ás literaturas do seu contorno.
- Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega contemporánea.
- Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da literatura galega.
- Entender a literatura como unha produción viva e dinámica para comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1.- Introdución á Literatura Galega Contemporánea
1. 1.- Caracterización
1. 2.- Periodización
2.- O século XIX
2. 1.- O Rexurdimento
2. 2.- Rosalía de Castro
3.- Os séculos XX e XXI
3. 1.- Literatura de preguerra, guerra, posguerra e democracia
3. 2.- Castelao
3. 3.- Luís Pimentel
I. BIBLIOGRAFÍA
AA. VV., Historia da Literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996.
Blanco, C., Literatura galega da muller, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1991.
Blanco, C., Sexo e lugar, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2006.
Carballo Calero, R., Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936. Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981).
Pena, X.R., Historia da Literatura Galega II, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2015.
Tarrío Varela, A., Literatura Galega (aportacións a unha historia critica), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
Rodríguez Fer, C., Poesía galega. Crítica e metodoloxía, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1989.
Rodríguez Fer, C., A literatura galega durante a guerra civil, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
Vilavedra, D., Historia da literatura galega, Vigo: Galaxia, 1999.
Villanueva Prieto, D. (coord.), Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña: Hércules de Ediciones, 2000-2002.
II. RECURSOS NA REDE
Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es
Dicionario de termos literarios. Equipo Glifo. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, www.cirp.es
Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org
Informes de Literatura http://www.cirp.es/rec2/informes/
III. OBRAS DE LECTURA OBRIGATORIA
Rosalía de Castro, Follas Novas.
Castelao, Cousas.
Luís Pimentel, Sombra do aire na herba.
- Coñecemento da evolución da literatura galega contemporánea.
- Comprensión das particularidades que caracterizan a creación literaria galega contemporánea.
- Coñecemento dos textos máis representativos da literatura galega contemporánea.
- Capacidade de lectura e análise de textos contemporáneos.
- Coñecemento do gozo da lectura e da creación literaria.
- Coñecemento das principais claves da literatura galega actual.
- Habilidade na transmisión e difusión da cultura e da literatura galega contemporánea.
- Habilidade no uso da lingua galega oral e escrita.
- Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
- Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación literaria.
- Habilidade na elaboración, preparación e presentación oral dun traballo de coñecemento literario.
- Capacidade na exposición do coñecemento crítico da creación literaria nos contextos contemporáneos.
- Capacidade na valoración humanística crítica da creación literaria en relación coa civilización dos dereitos humanos.
- Capacidade para o traballo persoal e colectivo.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por tal motivo só pode matricularse nela o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titoría e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría coa docente para aclarar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase a través da cualificación obtida no exame final que valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase a través da cualificación obtida no exame final que valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Sesións expositivas: 24
Sesións interactivas / de seminario: 24
Sesións de avaliación: 4
Outras actividades: 30
Horas de traballo dirixido: 50
Horas de traballo autónomo: 40
-Por ser unha materia afectada polo proceso de extinción da oferta de título, recomendase ao alumnado matriculado que se poña en contacto coa profesora para calquera aclaración que precise con relación á materia e á súa avaliación.
Non é preciso un dominio absoluto da lingua galega estándar para cursar a materia.
A profesora facilitará o proceso de mellora e aprendizaxe da lingua galega, a través da literatura, con información e material específicos para cada caso.
Maria Del Carmen Ares Vazquez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 982821043
- Correo electrónico
- carme.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
10.01.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 11 |
09.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 11 |