Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
D. ........................., Días .........., de HH:MM a HH:MM no despacho ....... do departamento de ....................
O obxectivo principal desta materia é achegar ao alumnado os coñecementos e metodoloxías propias da antropoloxía socio-cultural como disciplina das ciencias sociais e humanidades. Trátase, por unha banda, de mostrar a súa especificidade pero tamén os seus vínculos e complementariedades coa historia, como enfoques que se reforzan na súa aplicación á análise crítica tanto do pasado como do presente. Os temas seleccionados pretenden ofrecer un panorama xeral e de carácter introdutorio.
Partirase da explicación da orixe histórica da disciplina, da súa metodoloxía baseada no traballo de campo e na perspectiva transcultural, comparativa e holista que a caracteriza, para afondar posteriormente nas claves teóricas que ofrece sobre as diferentes dimensións da organización das sociedades como son, segundo a división tripartita clásica de: adaptación e subsistencia, a organización social e o parentesco, e o simbolismo e as representacións colectivas.
Ademais dos contidos formativos de carácter teórico, esta materia, pola súa perspectiva intercultural e reflexión sobre etnocentrismo e o relativismo cultural, achega competencias actitudinais para o desenvolvemento no alumnado dun sentido crítico e social, fomentando a cooperación e a mediación, así como un espírito construtivo no marco do contexto diverso no que vivimos. Prestarase especial atención á antropoloxía de Galicia como fonte de exemplos, lecturas e concrecións do estudiado.
Os obxectivos específicos son:
- Achegar unha panorámica xeral da disciplina, incluíndo o seu obxecto de estudo (análise da diversidade cultural), o seu vínculo coa historia así como coñecer algúns dos principais debates teóricos en torno ao concepto de cultura.
- Iniciar ao alumnado na metodoloxía e técnicas de investigación etnográfica, subliñando a súa utilidade na investigación histórica e social.
- Reflexionar en torno á construción sociocultural das diferenzas nalgúns campos particulares onde estas se manifestan: o parentesco, a economía, a política e a relixión.
- Fomentar no alumnado a súa capacidade de análise e reflexión crítica en torno á diversidade das sociedades e as culturas humanas, tanto históricas como contemporáneas.
- Adquirir unha actitude de respecto e diálogo ante a diversidade cultural así como sensibilizar ao alumnado fronte ás discriminacións e as desigualdades.
1.A antropoloxía no contexto das ciencias sociais e das humanidades. Orientacións terminolóxicas. Orixes da disciplina. Do estudo dos “outros” ao estudo da diversidade cultural.
2. A cultura como concepto central da antropoloxía. Definicións de cultura. Cultura, proceso de hominización e uso de símbolos. Etnocentrismo e relativismo cultural. A metodoloxía etnográfica. Traballo de campo e técnicas etnográficas.
3. Economía e subsistencia. Modos, formas e relacións de produción. Reciprocidade, redistribución e intercambio. Comercio, diñeiro, mercado e circulación de bens e servizos. Consumo.
4. Familia e parentesco. Matrimonio e estruturas familiares: tipos, funcións, transformacións. Filiación e alianza. Incesto e exogamia. Xénero, regulación da sexualidade e organización da procreación.
5. Poder e autoridade. Antropoloxía política e estudo dos sistemas de regulación e control social. Tipos de organización política: bandas, tribos, caudillos, estados. Teorías sobre a orixe e evolución do Estado. Autoridade, lexitimidade, simbolismo e poder.
6. Sistemas de crenzas, simbolismo e ritual. Variedades de experiencias relixiosas: xamanismo, maxia, bruxería.
Bibliografía básica
Geertz, C. 1987 La interpretación de las culturas, Madrid, Gedisa.
Harris, M. 1990 Antropología cultural, Madrid, Alianza.
Kottak C. P. 2002 Antropología cultural, Madrid, Mc Graw Hill.
Layton R. 1998 An Introduction to Theory in Anthropology, Cambridge, Cambridge University Press.
Lombard J. 1997 Introducción a la Etnología, Alianza, Madrid.
Bibliografía complementaria
Aguirre A. (Ed.) 1988 Diccionario temático de la antropología, Barcelona, Promociones y Publicaciones Universitarias.
Azcona J. 1988 Para comprender la antropología 2 vols., Navarra, Verbo Divino.
Bohannan P. e M. Glazer 1992, Antropología. Lecturas, MacGraw Hill.
Barfield, T. 2001 Diccionario de Antropología, Bellaterra, Barcelona.
Bonte P. e M. Izard 1997 Diccionario de Etnología y Antropología, Madrid, Akal.
Diamond S. 1982 De la cultura primitiva a la cultura moderna, Barcelona, Anagrama.
Díaz de Rada, A. 2019 El taller del etnógrafo. Materiales y herramientas de investigación en etnografía, Madrid, UNED.
Evans-Pritchard E.E. 1987 Historia del pensamiento antropológico, Madrid, Cátedra.
Ferrándiz, F. 2011 Etnografías contemporáneas: anclajes, métodos y claves para el futuro, Barcelona, Anthropos.
Frigolé J. (Dir.), 1986 Las razas humanas, Barcelona, Ediciones Océano.
Gaillarel, G. 2004 The Routledge Dictionary of Anthropology, London, Routledge.
Harris, M. 1978 El desarrollo de la teoría antropológica, Madrid, siglo XXI
Kuper A. 1988 The Invention of Primitive Society Transformations of an Illusion, London, Routledge.
Lisón Tolosana, C. 2004 Antropología cultural de Galicia, Madrid, Akal.
Lisón Tolosana C. 1977 Pequeña historia del nacimiento de una disciplina. Antropología social en España, Akal, Madrid.
Llinares Chover J. B. 1993 Materiales para la historia de la antropología, 3 vols., Nau Llibres.
Ortiz García C. e L.A. Sánchez Gómez 1994 Diccionario histórico de la Antropología Española, Madrid, Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Maleffijt W. 1974 Imágenes del hombre, Buenos Aires, Amorrortu.
Mariño Ferro X. R. 2000 Antropoloxía de Galicia, Vigo, Xerais.
Mariño Ferro X. R. 2010 Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, Vigo, Nigratrea.
Méndez Pérez, L. 2019 Siete claves para una introducción a la antropología, Madrid, Síntesis.
Mercier, P. 1969 Historia de la Antropología, Barcelona, Península.
Moreno Feliu, P. 2014 De lo lejano a lo próximo: un viaje por la antropología y sus encrucijadas, Madrid, Universidad Ramón Areces.
Pagden A. 1988 La caída del hombre natural. El indio americano y los orígenes de la etnología comparativa, Madrid, Alianza.
Sanmartín J. 1993 Antropología, ciencia humana, ciencia práctica, Barcelona, Montesinos
Shils E. (Ed.) 1974 Enciclopedia Internacional de las Ciencias Sociales, Madrid, Aguilar.
Velasco, H. (comp.) 2001 Lecturas de antropología social y cultural: la cultura y las culturas, Cuadernos de la UNED.
Velasco, H., López García,J. e García Alonso, M. 212 Equipaje para aventurarse en Antropología, Madrid, UNED.
Williams, T.R. 1973 Métodos de campo en el estudio de la cultura, Madrid, Josefina Betancor.
Básicas
CB2. Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas
en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou
multidisciplinais) relacionados coa súa área de estudo.
CB5. Posuír habilidades de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar
estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Xerais
CG1. Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia tendo en conta a
contribución desenvolvida por persoas de diferentes xéneros.
CG3. Utilizar, ordenar e interpretar fontes históricas.
CG4. Coñecer e xestionar os conceptos, categorías e temas máis relevantes da
diferentes ramas da investigación histórica.
CG5. Coñecer e utilizar métodos e técnicas doutras ciencias humanas e sociais.
Transversáis:
CT1. Aplicar o pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando habilidades de
innovación.
CT2. Demostrar as habilidades necesarias para expresarse con claridade e
coherencia, tanto por escrito como verbalmente, a un público especializado ou non
especializado, utilizando correctamente a terminoloxía propia da disciplina
histórico.
Específicas:
CE2. Coñecer, analizar e interpretar polo miúdo un ou varios períodos concretos da
pasado da humanidade.
CE6. Coñecer e ser capaz de utilizar ferramentas de descrición de ficheiros,
bibliotecas e centros de documentación, calquera que sexa o seu soporte e vía de acceso.
CE7. Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais
na lingua propia.
Os contidos teóricos serán presentados nas clases expositivas pola persoa que reciba o encargo docente. As clases interactivas e o traballo autónomo do alumnado dedicaranse a comprender e afondar nos contidos e practicar as competencias mediante a realización ao longo do curso dunha serie de traballos curtos. As sesións interactivas serán para deseñar e avanzar na elaboración progresiva das distintas tarefas que requiran estes traballos, con presentacións nas clases por parte do alumnado, posta en común e traballo en grupo. De acordo co calendario-programación que se publicará na aula virtual o alumnado deberá achegar individualmente o resultado final destes traballos noutros tantos entregables que serán a base da avaliación continua. É necesario ter presente a importancia das horas estipuladas para o traballo persoal autónomo no conxunto de horas totais da materia, segundo o cómputo indicado máis abaixo, e realizar as tarefas con disciplina, constancia e regularidade. As titorías individuais servirán para apoiar o traballo persoal do alumnado. O traballo en todos estes ámbitos estará apoiado e reforzado pola aula virtual.
Avaliación continua (modalidade preferente)
1) asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas +entregables: representará o 40% da nota final. Adquisición de competencias CB2, CG3, CG5, CT1, CT2, CE6, CE7.
2) proba final escrita orientada a medir o dominio conceptual: representará o 60% da nota final. Adquisición de competencias CB5, CG1, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CE2.
Farase media entre as dúas partes apartir dunha cualificación mínima de 4 nunha delas.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”. A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…. Nela sinálanse os beneficios da asistencia á clase: facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas e a posibilidade de desenvolver unha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación. Nesta materia queda establecido que o alumnado que falte máis de tres veces sen xustificar as súas faltas, ou que non entregue os traballos nos prazos fixados, non poderá ser obxecto de avaliación continua e será avaliado só tendo en conta o exame final.
Avaliación non continua
Para o alumnado que perda a avaliación continua o valor da proba final escrita será do 100%.
Avaliación de alumnos con dispensa de asistencia.
O alumnado que teña concedida pola Facultade a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) poderá optar por unha das dúas formas de avaliación anteriores (continua ou non continua). No primeiro caso poderá facer o seguimento da materia a través da aula virtual e da titorización individual. Os criterios serán os mesmos establecidos para o alumnado asistente. Si se opta pola realización de exame final o seu valor será do 100%.
A distribución dos 6 ECTS é a seguinte:
Horas expositivas: 32
Horas interactivas: 16
Horas de titoría: 2
Horas non presenciais: estímase que cada alumno deberá dedicar 100 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Estas inclúen tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos, lecturas e elaboración dos traballos escritos e orais, lectura de obras recomendadas e resolución de dúbidas e problemas de aprendizaxe dos contidos.
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
Detectar desde o principio de curso dificultades e debilidades nas destrezas intelectuais que esixen a comprensión dos contidos e a elaboración dos traballos, de cara a deseñar estratexias para a súa superación.
Facer un seguimento continuado da materia e manter un ritmo de traballo axeitado e constante ao longo do curso.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC. Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai así como das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 08 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | - | Aula 11 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 08 |
26.05.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
26.05.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
04.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |