Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
1.- Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e da cultura galega deste período nas súas diversas manifestacións.
2.- Saber diferenciar as características básicas e a súa evolución durante este período
3.- Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais
4.- Saber enmarcar a obra de arte nos contextos nos que se xestou e relacionala con outras formas de expresión cultural
5.- Coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas e saber deducir como estas condicionan e actúan sobre a obra de arte.
6.- Que o alumno adquira os coñecementos metodológicos e básicos que lle permitan introducirse na actividade investigadora
PARTE I
1.- Arte e arquitectura no século XVI
2.- Arte e arquitectura durante o Barroco.
3.- Arte e arquitectura durante a Ilustración e século XIX.
4.- A consagracón ilustrada e o nacemento dunha escola galega na plástica a finais do século XIX.
5.- A pegada dos rexionalismos durante o primeiro tercio do século XX.
6.- Exilio interior e efervescencia exterior 1939-1978.
7.- Galicia mira cara a Europa.
PARTE II
As sesión interactivas desenvolveranse fundamentalmente con prácticas externas dentro da cidade de Santiago de Compostela. Terán lugar nos días indicados no horario polo centro. Cá debida antelación, comunicarase ó centro e ó alumnado a actividade a desenvolver.
1.- A cidade histórica.
2.- A catedral e o seu entorno.
3.- A catedral e o seu interior. (Condicionada pola situación do edificio).
4.- San Martiño Pinario.
5.- Entorno de San Francisco e Auditorio de Galicia.
6.- Entorno de Santa Clara, San Roque, San Domingos de Bonaval e CGAC.
7.- Residencia Universitaria.
8.- Cidade da Cultura.
PARTE III.
Lectura obrigatoria avaliable a través de probas (test)
Bernárdez, C.L.: Unha histoira da arte galega. Laiovento. 2023. 978-84-8487-617-5
PARTE IV.
Práctica de campo coordinada coas restantes materias do primeiro cuadrimestre de cuarto para visitar: Pontevedra, Tui, Valença, Ourense, Celanova e Lugo (sempre que haxa financiación). Ditas prácticas terán carácter obrigatorio para todos os alumnos matriculados na materia e serán avaliables. Os destiños poderán ser modificados dentro do ámbito galego según as necesidades de cada unha das materias.
BIBLIOGRAFÍA DE APOIO (V. Aula virtual)
AA. VV., Historia del Arte Gallego. Madrid, 1982.
Enciclopedia temática de Galicia. Arte. Barcelona : Ediciones Nauta, 1996.
I. O RENACEMIENTO E O BARROCO
Galicia no tempo (Catálogo de exposición), Madrid, 1990
Galicia Terra Única (catálogo de exposición), A Galicia renace, Vigo, 1997.
García Iglesias, J.M., O Barroco (I). A época. Os patrocinadores. Arquitectos do século XVII. "Galicia. Arte". Vol. XIII, A Coruña, 1993
Garcia Iglesias, J.M., O Barroco (II). Arquitectos do século XVIII. Outras actividades artísticas. "Galicia. Arte". Vol. XIV, A Coruña, 1993
García Iglesias, J.M. (dir.), Santiago de Compostela. Laracha (A Coruña), 1993
García Iglesias, J. M. Santiagos de Santiago. Santiago de Compostela, 2010
García Iglesias, J. M. Secretos de Catedral. La basílica de Santiago de Compostela a través de sus tiempos y sus espacios. Santiago, 2013
Pulido Novoa, A (dir), Artistas Galegos. Pintores. Ata o Romanticismo, A Coruña, 1999.
Pulido Novoa, A (dir), Artistas Galegos. Escultores. Séculos XVI e XVII, a Coruña, 2004
Pulido Novoa, A (dir), Artistas Galegos. Escultores. Séculos XVIII e XIX, A Coruña, 2004
Pulido Novoa, A (dir), Artistas Galegos. Arquitectos. O Renacemento, A Coruña, 2006.
Vila Jato, M. D., García Iglesias, J.M.: Galicia na época do Renacemento. "Galicia Arte". Vol.XII, Santiago de Compostela, 1993
II. DO NEOCLÁSICO Á ACTUALIDADE
AA. VV., Historia del Arte Gallego. Madrid, 1982
Galicia no tempo (Catálogo de exposición), Madrid, 1990.
Castro Fernández, X.A. et alt.; Arte contemporánea (I), Vol. XVI, A Coruña, 1993.
Galicia Terra Única (catálogo de exposición), O século XIX, Pontevedra, 1997.
Galicia Terra Única (catálogo de exposición), A Galicia exterior, Vigo, 1997.
Galicia Terra Única (catálogo de exposición), Galicia 1900-1990, Ferrol, 1997.
Galicia Terra Única (catálogo de exposición), Galicia Hoxe, A Coruña, 1997.
García Iglesias, J.M. (dir.), Santiago de Compostela. Laracha (A Coruña), 1993.
García Iglesias, J.M. (dir.), La Catedral de Santiago de Compostela. Laracha (A Coruña), 1993.
García Iglesias, J.M., Galicia hacia a modernidade, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1998.
García Iglesias, J. M. Santiagos de Santiago. Santiago de Compostela, 2010
García Iglesias, J. M. Secretos de Catedral. La basílica de Santiago de Compostela a través de sus tiempos y sus espacios. Santiago, 2013
López Vázquez, J.M.; Seara Morales, I.; Arte contemporánea, "Galicia Arte", Vol. XVII, A Coruña, 1993.
Pulido Novoa, A (dir), Artistas galegos. Arquitectos.
Da ilustración ó eclecticismo
Arquitectura modernista e rexionalista
Do racionalismo o modernismo
Cara ao novo milenio
Da modernidade ao século XXI
A Coruña 2002 e ss.
1.- Datar e clasificar as obras dá arte
2.- Contextualizar as diferentes manifestacións artísticas ao longo do discorrer histórico
3.- Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos
4.- Utilizar as ferramentas historiográficas máis adecuadas
5.- Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías
6.- Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural
Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos
contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da
bibliografía recomendada, o alumnado disporá do material docente complementario.
Docencia interactiva: as sesións de docencia interactiva levarán a cabo no aula e en sesións fora da aula fixadas con
antelación. Nesta sesión tamén se traballará sobre a análise de casos concretos para o que os estudantes disporán
do material necesario.
Tutorías personalizadas: as tutorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe do alumnado. Nas sesións de
tutoría realizarase un seguimento do traballo do alumnado tanto nos casos prácticos como na resolución de
problemas derivados do traballo fin de curso.
DOCENCIA EXPOSITIVA: 32 horas.
1ª e 2ª semanas: 4 horas semanais.
3ª a 8ª semanas: 2 horas semanais.
10ª a 14ª semanas: 2 horas semanais.
DOCENCIA INTERACTIVA: 16 horas.
3ª a 8ª semanas: 1 hora semanal.
10ª a 14ª semanas: 1 hora semanal.
15ª semana: 5 horas semanais correspondentes coa práctica de campo.
TUTORÍA PERSONALIZADA:
4ª e 5ª semanas: 2 hora.
9ª semana: 1 hora.
A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido. O
rendemento do estudante na materia cursada depende, entre outros, da combinación de
dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio estudiante. O exame avalía o
resultado obtido pero non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Este
proceso, a través dos créditos ECTS, axústase a unha avaliación continua que debe
contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse
máis na súa propia formación.
A avaliación levará a cabo mediante tres actuacións conxuntas e complementarias:
avaliación continua, proba teórico-práctica final e traballo de grupo voluntario.
A primeira desenvolverase coa valoración periódica das interactivas, con exposicións
públicas e participación activa tanto en aulas teóricas como seminarios, alcanzado un peso
na valoración final ata o 30%.
Esta procentaxe aplicarase do seguinte modo:
1.- Participación no aula y realización de traballos para o aula, lecturas, ect.: 30%. A entregar na aula virtual.
A proba final, que será teórica e práctica, terá un peso do 70% da valoración final. Nesta
proba deberá acadarse unha cualificación superior a 2 sobre 7. A devandita proba consistirá nun
exame nas aulas da facultade coas seguintes
característcas: 1 pregunta teórica, conco láminas a comentar, duración 90 minutos.
No caso de que algún estudante non puidese cumprir na primeira oportunidade cos
requisitos establecidos para a avaliación contínua, previa xustificación das razóns que o
impiden, fixaráselle o procedimento singularizado a través do cal poder cubrir esa parte da
cualificación final a través dos materiais, traballos e lecturas arbitrados polo profesor.
Devanditos materiais deberán ser entregados coa debida antelación para a súa
correspondente avaliación na aula virtual, cinco días antes da data fixada para a realización do
exame.
Este mesmo procedemento aplicarase a aqueles estudantes que non puidesen cumprir na
convocatoria de xullo cos requisitos establecidos para a avaliación contínua, sempre previa
xustificación das razóns que o impiden. Neste caso devanditos materiais de entregarán no
día e hora en que se fixou o exame de devandita convocatoria para a materia.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría
Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico
que suporá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 horas.
Docencia expostiva: 32 horas.
Docencia interactiva: 16 horas.
Tutorías personalizadas: 3 horas.
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL: 103 horas.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas.
Lecturas recomendada, actividades de biblioteca e similar: 28 horas.
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 8 horas.
Outras tarefas propostas polo profesores: 7 horas.
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia.
O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (análise de casos, revisión de
bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
O material docente porase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC.
Programaranse outras actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: prácticas de
campo, visitas a museos e exposicións temporais, asistencia a conferencias, etc.
Esta materia está incluida nun título en proceso de extinción polo que estará vixente na modalidade presencial durante os cursos:
2024-2025, 2025-2026, 2026-2027. Os cursos 2027-2028 e 2028-2029 o alumnado que teña que cursar a materia o fará de xeito non presencial.
Juan Manuel Monterroso Montero
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812716
- Correo electrónico
- juanmanuel.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luis Del Campanar Santos Muñoz
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- luisdelcampanar.santos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
10.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
20.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |