Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Iniciar ao alumnado no coñecemento da arte dende as súas orixes ás altas culturas
- Aprender os códigos figurativos e arquitectónicos da Prehistoria e Antigüidade e destacar os seus logros máis relevantes
- Observar os seus parámetros culturales e a súa influencia na arte occidental
- Coñecer as fontes textuais e a súa relevancia para o estudo da Arte antiga
- Aprender o emprego do vocabulario histórico-artístico, en xeral e específico, para a análise da obra de arte da Prehistoria e Antigüidade
- Aproximar ao alumnado ás diferentes metodoloxías que permiten a comprensión dunha obra de arte da Prehistoria e a Antigüidade.
ARTE PREHISTÓRICA
1. A Arte dende o Paleolítico ata a Idade dos Metais. Aproximación historiográfica. A orixe da Arte, a súa evolución. Funcións e significados.
ARTE ANTIGA
2. Arte Antiga en Mesopotamia, de Sumer a Asiria. De cidades, templos e palacios. Os deuses, a súa iconografía e símbolos. Relatos e imaxes. Arte do Imperio persa, tradición propia e solucións foráneas. As rexións periféricas de Levante: o Imperio hitita. Arte xudeu na Antigüidade.
3. Exipto. Da Época Predinástica á Baixa Época. Antecedentes e arte no período da unificación. O Imperio antigo: arte e poder faraónico. A produción artística doutros grupos sociais. Imperio Medio: novas interpretacións do espazo funerario e templario. A imaxe faraónica e as súas transformacións. Imperio Novo: un poder faraónico renovado e as súas empresas artísticas. O templo exipcio consolidado, tipoloxías, espazos e significación. A Baixa Época e as últimas manifestacións artísticas do Imperio e a influenza do sincretismo cultural.
*Lectura obligatoria: Ceram, C. W., Dioses, tumbas y sabios. Ed. Booket, 2001
BÁSICA: Franfort, H., Arte y Arquitectura del Oriente Antiguo, Madrid, Cátedra, col. Manuales de arte,1982; Sanchidrián, J. L., Manual de arte prehistórico, Madrid, Ariel Prehistoria, 2009; Stevenson Smith, W., Arte y arquitectura del antiguo Egipto, Madrid, Cátedra, col. Manuales Arte, 2000.
COMPLEMENTARIA: Aldred, C., Arte egipcio. En el tiempo de los faraones 3100-320 a.c., Barcelona, Destino, 1993; Alegre Carvajal, E., Aznar Amazán, S. y Gómez López, C., Tipologías arquitectónicas en la Antigüedad, Madrid, UNED, 2002; Alegre Carbajal, E. y Gómez López, C., Edificios de la arquitectura antigua. Historia de las tipologías arquitectónicas, Madrid, 2007; Donadoni, S., El arte egipcio, Madrid, Istmo, col. Fundamentos, 2001; Eggebrecht, A., El antiguo Egipto, Barcelona, 1984; Giedion, S., El presente eterno: los comienzos de la arquitectura, Madrid, 1981; Gómez López, C,, El arte en el próximo oriente antiguo, Madrid, 2006; Hrouda, B., El Antiguo Oriente, Barcelona, 1991; Leroi-Gourhan, A., Prehistoria del Arte occidental, Barcelona, 1968; Lloyd, S. y Muller, H.W., Arquitectura de los orígenes, Madrid, 1989; Manniche, L., El arte egipcio, Madrid, Alianza, col. Alianza Forma, 1997; Mickalowski, K., El Arte del Antiguo Egipto, Madrid, 1991; Martínez de la Torre, C., Gómez López, C. y Alzaga Ruíz, A., Historia del Arte Antiguo en Egipto y Próximo Oriente, Editorial Universtaria Ramón Areces, Madrid, 2009; Sanmartín, J. y Serrano, J.M., Historia antigua del Próximo Oriente. Mesopotamia y Egipto, Akal, Madrid, 2004; Saw, I. y Nicholson, P., Dicccionario Akal del Antiguo Egipto, Akal, Madrid, 2004; Schulz, R. y Seidel, M., Egipto. El mundo de los faraones, Editorial Könemann, 1997; Ucko, P. y Rosenfield, A., Arte paleolítico, Madrid, 1967; Wiesner, J., El arte egipcio, Bilbao, Moretón 1967; Ídem, Antiguo Oriente, Bilbao, Moretón,1967; Woolley, L., Mesopotamia y Asia Anterior, Barcelona, 1963.
- Familiarizarse con comportamentos artísticos diferentes entre sí e observar as súas relacións co devenir artístico occidental
- Recoñecer criticamente as singularidades na producción artística de cada cultura
- Observar a importancia das fontes textuais como fundamento de aproximación ao fenómeno artístico.
- Entender os diferentes linguaxes formais e visuais da Antigüidade
- Coñecer distintos métodos de aproximación á obra de arte.
- Adiestrarse no análise da obra de arte, incardinando a obra de arte no contexto histórico no que se xestó.
Materia do antigo plan en extinción, sen docencia presencial. O alumnado pode facer uso das titorías.
A avaliación da materia concentrase nun exame teórico e práctico que suporá o 100% da nota:
O alumnado debe responder a preguntas teóricas, prácticas (comentario de obras de arte das Altas Culturas) e preguntas sobre a lectura obligatoria (Ceram, C. W., Dioses, tumbas y sabios. Ed. Booket, 2001)
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Sempre que o exame se supere, poderase engadir 0,5 puntos na cualificación final da materia ao alumnado que acredite a realización, durante o semestre, do curso básico de formación en competencias da información ofertado pola Biblioteca:
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
TRABALLO PERSONAL DO/A ALUMNO/A: 100 h.
- Estudo autónomo individual o en grupo: 68 h.
- lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, e similar: 25 h.
- Outras tarefas propostas polos profesores: 7 h.
- Facer uso das titorías para a resolución de dúbidas cando surxan no transcurso do cuadrimestre sobre os diferentes aspectos analizados na materia.
Maria Dolores Fraga Sampedro
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812598
- Correo electrónico
- mdolores.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
16.01.2025 09:00-11:30 | Grupo de exame | Aula 05 |
23.06.2025 09:30-12:00 | Grupo de exame | Aula 05 |