Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo básico da materia “Literatura e Arte no mundo antigo e medieval” é familiarizar o estudante de Historia da Arte con algúns dos principais problemas asociados á produción letrada do periodo en cuestión. Non se trata de ofrecer unha apretada sinopse da historia da literatura durante a Antigüidade grecolatina e o Medievo, senón de introducir o estudante nunha lectura crítica de obras clásicas e medievais tendo en conta que non existe unha separación neta entre o discurso verbal e visual como mecanismos de representación e que ambos supoñen dúas realidades que se complementan e interfiren.
CLASES EXPOSITIVAS
1.- Introdución teórica:
a) A relación entre a lingua e a imaxe: signo verbal e signo visual.
2. - A literatura e a arte na mundo antigo:
a) Conceptos e actitudes na Antigüidade respecto á relación texto-imaxe.
b) A literatura antiga e a súa representación visual.
3.- A literatura e a arte no mundo medieval:
a) A transmisión da cultura clásica na Idade Media. O xurdimento da arte cristiá.
b) A relación texto-imaxe no pensamento medieval.
c) A literatura medieval: características esenciais no marco da relación texto-imaxe.
Dado o límite do espazo proporcionado, ofrécense aquí tan só algunhas referencias básicas:
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (lecturas):
Como lecturas obrigatorias: Calvo Martínez, José Luis (trad.), Homero. La Odisea, Madrid, Cátedra, 2006 e Riquer, Isabel de (trad.), El cantar de Roldán, Madrid, Gredos, 1999.
A maiores, nas clases interactivas proporcionarase unha listaxe de obras das literaturas antiga e medieval, que servirán de base para comentarios e exercicios a desenvolver durante o cuatrimestre.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1.- Auerbach, Erich, Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Fondo de Cultura Económica, México, 1993 (1ª ed. 1946), 2 vols.
2.- Baschet, Jérôme y Dittmar, Pierre-Olivier (dirs.), Les images dans l'Occident médiéval, Brepols, Turnhout, 2015.
3.- Garnier, François, Le langage de l'image au Moyen Âge. Signification et symbolique, Le Léopard d'Or, Paris, 1988.
4.- Gerke, Friedrich, La fin de l'art antique et les débuts de l'art chrétien, Michel Albin, Paris, 1973.
5.- Highet, Gilbert, La tradición clásica: influencias griegas y romanas en la literatura occidental, Fondo de Cultura Económica, México, 1978 (1ª ed. 1949), 2 vols.
6.- Meneghetti, Maria Luisa, Storie al muro: temi e personaggi della letteratura profana nell'arte medievale, Einaudi, Torino, 2015.
7.- Panofsky, Erwin, Idea: contribución a la historia de la teoría del arte, Cátedra, Madrid, 1989, 7ª ed.
8.- Sánchez Ameijeiras, Rocío, Los rostros de las palabras: imágenes y teoría literaria en el Occidente medieval, Akal, Madrid, 2014.
9.- Schapiro, Meyer, Palabras, escritos e imágenes: semiótica del lenguaje visual, Ediciones Encuentro, Madrid, 1998.
10.- Testo e immagine nell'Alto Medioevo. Settimane di Studio del Centro Italiano di Studi sull'Alto Medioevo (41ª Settimana, 15-21 aprile 1993, Spoleto), Presso la sede del Centro, Spoleto, 1994.
11.- Wirth, Jean, L'Image médiévale. Naissance et développements (VIe-XVe), Méridiens Klinsieck, Paris, 1989.
• Estudo dos conceptos e coñecementos básicos da estrutura diacrónica do pasado.
• Consciencia crítica das relacións que se establecen entre a literatura e a arte.
• Estudo e análise da literatura así como da súa relación e reflexo na arquitectura, artes plásticas e música no desenvolvemento da historia da humanidade.
• Abordaranse as coincidencias sincrónicas: intereses comúns, traducións estilísticas entre os diferentes medios, variacións temáticas, etc.
A materia organízase exclusivamente a partir de sesións titoriais, as cales responden ás directrices do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.
Tendo en conta que a presente materia non pertence ao plan de estudos vixentes e, daquela, non está prevista a impartición de docencia expositiva nin interactiva, a avaliación da mesma consistirá nunha proba escrita presencial a partir dos contidos do temario desenvolvido durante o curso 2023-2024, é dicir, o derradeiro curso de docencia presencial.
Ao tratarse dunha materia na que non está prevista a impartición de docencia presencial, non procede unha previsión de horas concretas.
No marco da materia "Literatura e Arte no Mundo Antigo e Medieval", é aconsellable unha competencia lectora o máis ampla posíbel.
Os estudantes deberán redactar e presentar os seus escritos co nivel de corrección esperable ao seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios escritos.
Santiago Gutierrez Garcia
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- santiago.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
20.01.2025 09:00-11:30 | Grupo de exame | Aula 05 |
26.06.2025 09:30-12:00 | Grupo de exame | Aula 05 |