Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos fundamentais consisten en poñer ó alcance dos e das alumnas as principais liñas de investigación e resultados a que deron lugar nas últimas décadas no campo da historia da poboación, da economía e da sociedade europeas dos séculos XVI-XVIII. En concreto prestaráse atención ós estudos que tratan dos modelos demográficos e familiares, dos procesos de urbanización e dos movementos migratorios; ós que abordan a evolución da paisaxe, dos sistemas agropecuarios, da propiedade e das formas de explotación da terra; ós que se centran nas industrias e procesos de protoindustrialización, nos fluxos comerciais e nas técnicas mercantiles e a aqueles consagrados ós debates existentes arredor dos criterios de estratificación social, das características da sociedade estamental, dos cambios sociais e da conflictividade.
Os contidos están en consonancia cos obxectivos expostos, e o seu enunciado figura no seguinte temario:
1.- A poboación europea: traxectoria, distribución territorial , mobilidade e procesos de urbanización.
2.- As estructuras familiares, os reguladores demográficos e os mecanismos de reproducción social.
3.- As paisaxes e os sistemas agropecuarios, a "propiedade" e a explotación da terra.
4.- As actividades industriais, os procesos de protoindustrialización e a primeira revolución inustrial.
5.- Os fluxos e áreas comerciais e as técnicas mercantiles nunha "economía mundo".
6.- Os criterios de estratificación social: os principais debates e as características da sociedade estamental.
7.- Os grupos privilexiados, os campesiños, os artesáns e os pobres. A mobilidade e conflictividade social.
Bibliografía básica:
M. ARDIT, Agricultura y crecimiento económico en la Europa occidental, Madrid, 1992
P. KRIEDTE, Feudalismo tardío y capital mercantil, Barcelona, 1992
P. GOUBERT, El Antiguo Régimen. La sociedad, Madrid, 1980
D.I. KERTZER e M. BARBAGLI, La vida familiar a principios de la era moderna, 1500-1789, Barcelona, 2002
M.W. FLINN, El sistema demográfico europeo, 1500-1820, Barcelona, 1982
H. SCHULTZ, Historia económica de Europa (1500-1800). Artesanos, mercaderes y banqueros, Madrid, 2001
Bibliografía complementaria:
M. AYMARD et al., La comunidad, el estado y la familia en los siglos XVI-XVIII, Madrid, 1992
M. BLOCH, La tierra y el campesino: agricultura y vida rural en los siglos XVII y XVIII, Barcelona, 2002
F. BRAUDEL, Las estructuras de lo cotidiano, Madrid, 1984
J. CASEY, España en la Edad Moderna: una historia social, Madrid, 2001
F. COMIN et al., Historia económica de España, siglos X-XX, Barcelona, 2002
F. COMIN et al., Crisis económicas en España, 1300-2012: lecciones de Historia, Madrid, 2013
F. CHACON e J. BESTARD, Familias: Historia de la sociedad española, Madrdid, 2011
J. DEWALD, La nobleza europea, 1400-1800, Valencia, 2004
J. DARWIN, El sueño del imperio: auge y caída de las potencias globales, 1400-2000, Madrid, 2012
A. EIRAS ROEL e O. REY CASTELAO, Migraciones internas y medium-distance en Europa, 1500-1900, Santiago de Compostela, 1994
J. GOODY, El robo de la Historia, Madrid, 2011
A. R. HALL, La revolución científica, Barcelona, 1985
P. KRIEDTE, H. MEDICK e J. SCHLUMBOHM, La industrialización antes de la industrialización, Barcelona, 1986
D.S.LANDES, La riqueza y la pobreza de las naciones, Barcelona, 1999
P. LASLETT, Un mundo que hemos perdido. Familia, comunidad y estructra social en la Inglaterra preindusrial, Madrid, 1987
M. LIVI-BACCI, Historia de la población europea, Barcelona, 1999
A. MARCOS MARTÍN, España en los siglos XVI, XVII y XVIII. Economía y sociedad, Barcelona, 1999
J. MOKYR, La palanca de la riqueza: creatividad económica y progreso económico, Madrid, 1993
G. PONTÓN, La lucha por la desigualdad: una historia del mundo occidental en el siglo XVIII, Barcelona, 2016
O. REY CASTELAO, Poder y privilegio en la Europa del siglo XVIII, Madrid, 1992
J. RULE, Clase obrera e industrialización: historia social de la revolución industrial británcia, 1750-1850, Barcelona, 1990.
P. SAAVEDRA e R. VILLARES, Señores y campesinos en la Península Ibérica, 2 vols, Barcelona, 1991
R. SARTI, Vida en familia. Casa, comida y vestido en la Europa moderna, Barcelona, 2002
E. SORIA MESA, La nobleza española. Cambio y continuidad, Madrid, 2007
E.P. THOMPSON, Costumbres en común, Barcelona, 1995
J. DE VRIES, La urbanización en Europa, 1500-1800, Barcelona, 1987
J. DE VRIES, La revolución industriosa, Barcelona, 2009.
I. WALLERSTEIN, El modernos sistema mundial, 2 vols, Madrid, 1980 e 1984
S. J. WOOLF, Los pobres en la europa moderna, Barcelona, 1989
E.A. WRIGLEY, Gentes, ciudades y riqueza. La transformación de una sociedad tradicional, Barcelona, 1992
P. ZAGORIN, Revueltas y revoluciones en la Edad Moderna. I Movimientos campesinos y urbanos, Madrid, 1985
B. YUN CASALILLA, Historia global, historia transnacional e historia de los imperios, Zaragoza, 2019.
Mediante a docencia teórica e práctica preténdese que os e as alumnas acaden un dominio do temario, incluíndo un coñecemento básico da bibliografía especializada e das correntes principais que na actualidade existen en demografía histórica, historia económica e historia social.
Eses coñecementos, e a realización e exposición escrita e oral de traballos, deberán servirlles para futuras actividades profesionais como a docencia, ou o labor en institucións relacionadas co estudo e difusión do patrimonio histórico-cultural.
Tamén se aspira a que os e as alumnas se inicien no coñecemento de fontes primarias ás que teñan acceso e nas posibilidades e dificultades que ofrece a súa explotación.
As clases expositivas consistirán no desenvolvemento do temario, prestando atención a aqueles debates máis relevantes e actuais.
Toda a docencia teórica e práctica será presencial.
As clases interactivas consistirán na elaboración e presentación dun traballo e na realización de comentarios de textos, mapas, táboas e gráficos, e nelas, asemade, o/a alumno/a poderá facer cando menos un traballo práctico sobre algunha cuestión do temario, con bibliografía especializada e, se fose o caso, con documentos de arquivo. Xunto isto, terase en conta a posible participación nas actividades de carácter historiográfico organizadas co gaio do Centenario da Facultade.
Sempre que sexa posíbel e o número dos alumnos/as o permita, as clases desenvolveranse baixo a forma de seminario, unha forma de ensino tutelada na que a realización dun traballo práctico durante o curso se combina coa exposición dos diferentes aspectos do temario co obxecto de amosar as relacións e interrelacións que as distintas variábeis históricas establecen entre si.
A cualificación final obterase da superación de probas escritas ou orais periódicas e nunha proba final escrita realizada na data oficial, nas que os e as estudantes deberán responder a varias cuestións ou comentarios relacionados coas coas clases expositivas. Estas probas computarán ata un 65 por cen da nota final e para que esta se teña en conta será necesario acadar polo menos un 5 sobre 10. O 35 por cen restante da nota procederá da realización de traballos, da participación en de debates nas clases interactivas ou en seminarios, de comentarios de texto, de prácticas de arquivo no caso de que se programen ou de calquera outra actividade que resulte de interés para a materia. Para que a nota desta parte poida facer media ca do exame haberá que acadar alomenos un 5 sobre 10.
Para a segunda convocatoria, os e as alumnas que tivesen entregados tódolos traballos prácticos e obtivesen neles unha cualificación global de alomenos 5 sobre 10 non terán a obriga de volver a presentalos. Deberán, polo tanto, superar o examen sobre a materia impartida nas clases expositivas correspondentes á convocatoria anterior, que non aprobaran. E os e as alumnas que non tiveran entregado os traballos prácticos ou que non tiveran acadado a nota mínima requerida (5 sobre 10), ao longo do curso ordinario, terán que entregar no momento do examen da seguna convocatoria tódolos traballos e actividades desenvolvidas nas clases. Nesta convocatoria, para facer media haberá que acadar, igual que na primeira, un 5 sobre 10 en cada parte evaluable.
Os e as estudantes con dispensa oficial de asistencia deberán presentar os traballos programados nas mesmas datas que os demáis e superar os exámenes oficiais. A cualificación será dun 65% para o examen e un 35% para o traballo ou traballos de curso. Para aprobar será imprescindible acadar alomenos un 5 sobre 10 en cada unha desas probas. Para o demáis aplicarase o que se aplica ao resto de estudantes.
Considerarase como "non presentado" na cualificación final a todo aquel alumno/a que non se presente ao exame e non teña entregado os traballos prácticos.
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"".
Traballo presencial:
1.- Actividades de grupo completo: clases expositivas, conferencias, seminario: 30 horas
2.- Actividades en grupo reducido: debates, coloquios, visitas a arquivos, etc.: 15 horas.
3.- Titorías en grupo muy reducido: consultas de bibliografía, organización de grupos de traballo, orientación de traballos, prepración de exposicións: 3 horas.
Total: 50 horas
Traballo persoal:
1.- Estudio: 40 horas
2.- Redacción de traballos: 30 horas
3.- Preparación de actividades en grupo reducido ou individuales (búsquedas e lecturas bibliográficas, de materiais, etc.): 30 horas.
Total traballo persoal: 100 horas
A recomendación básica, a parte de amosar interés pola materia, é a da lectura da bibliografía fundamental, formada por obras xerais e especializadas, que o profesor ofrece no temario e completará nas clases para cada tema, para completar o contido das exposicións teóricas. Nesas lecturas entran os artigos de revistas especializadas, e tanto para consultar determinados libros como artigos, os e as alumnas deberán coñecer algunha lingua extranxeira, caso de inglés, do francés ou do italiano.
É tamén necesaria a lectura de bibliografía especializada para elaborar comentarios de textos, de gráficos, táboas, etc., e para redactar os traballos.
Recoméndase tamén a consulta de páxinas web bibliotecas, asociacións de historiadores especializados en Demografía, Historia Económica, Historia Rural, etc.
A RESPECTO DO PLAXIO
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación.
Isidro Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812617
- Correo electrónico
- isidro.dubert [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Historia Moderna |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Historia Moderna |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Historia Moderna |
23.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
27.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |