Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O alumnado comprenderá e saberá:
- Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e a cultura europeos medievais nas súas diversas manifestacións.
- Establecer relacións recíprocas entre os principais eixos que configuran a materia: histórico, artístico e literario (cultural en xeral).
- Adquirir un coñecemento xeral das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais sobre arte e cultura.
- Asimilar os fundamentos metodolóxicos e críticos básicos que lles permitan introducirse no exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar.
- Ser capaz de manexar as novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos medievais, así como indicar a súa utilidade na práctica do estudo e divulgación do patrimonio cultural.
- Asimilar as destrezas fundamentais para aproveitar e aplicar os coñecementos adquiridos á correcta interpretación e difusión do legado cultural medievais.
- Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe.
- Explicar o pasado medieval desde o estudo dos seus restos arqueolóxicos, documentais e sobre todo artísticos: a finalidade é poder facelo posteriormente en medios diferentes como o da docencia, o traballo en centros públicos de difusión do coñecemento como son os museos, os arquivos ou empresas públicas e privadas de patrimonio arqueolóxico e turístico.
-A creación dun novo imaxinario cristián e a débeda coa tradición grecorromana.
-A estética suntuaria e ornamental dos chamados “pobos invasores” e a súa asimilación da cultura grecolatina. As singularidades hispanas: da arte da monarquía visigoda ao ano mil.
-O monacato insular e as súas consecuencias artísticas.
-A Renovatio Carolingia.
-A arte imperial dos Otones e as súas relacións co oriente bizantino.
-Románico, romance, roman. O poder monástico benedictino. O nacemento plural da arte románica. A Reforma Gregoriana e a súa repercusión nos primeiros programas monumentais. As peregrinacións e as súas consecuencias artísticas. Linguaxes simbólicas e narrativas. Diferentes tradicións territoriais no Románico europeo. “Renacemento” do século XII e románico pleno. A pervivencia das formas románicas.
-Sugerio, san Bernardo, o nacemento do gótico e a arte cisterciense.
-A Europa das catedrais e a paradigma francés. As ordes mendicantes e as súas consecuencias artísticas. O gótico mediterráneo: entre a tradición clásica e as formas norteñas. As particularidades do gótico inglés. O gótico castelán. A arte das cortes europeas nos séculos XIV e XV.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Precédense de asterisco (*) as obras de referencia que, en caso necesario, poden tomarse a modo de manual
*- BARRAL I ALTET, X.: La Alta Edad Media. De la Antigüedad al Año 1000, Colonia, 1998 (en liña)
- GUREVICH. A.I.: Las categorías de la cultura medieval, Madrid, 1990.
*- Historia del Arte Medieval (dir. J.V. García Mansilla; C. Mancho i Suárez; I. Ruiz de la Peña González), Valencia, 2012.
*- La Edad Media (vol. 2 de Historia del Arte. Coord.: J. Ramírez), Madrid, Alianza Editorial, 1996.
- SEBASTIÁN, S.: Mensaje simbólico del Arte Medieval. Arquitectura, Iconografía, Liturgia, Madrid, 1994 (en liña)
*- YARZA LUACES, J.: La Edad Media, Madrid, 1980.
*- Historia del Arte de la Alta y Plena Edad Media (Monteira Arias, I.; Vidal Álvarez, S.; Alegre Carvajal, E.; Vallejo Triano, A.), Madrid, Editorial Universitaria Ramón Areces-UNED, 2014 (en liña)
*- PEÑA GÓMEZ, Mª del Pilar de la: Manual básico de Historia del Arte (en liña: https://www3.unex.es/publicaciones/files/1562-Manual%20b%C3%A1sico%20de…).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- BANGO TORVISO, I.G.: Arte prerrománico hispano: el arte en la España cristiana de los siglos VI al XI (vol. VIII-II de Summa Artis), Madrid, 2001.
- BECKWITH, J.: Arte paleocristiano y bizantino, Madrid, 1997.
- BIFFI, I.: Atlas histórico de la Cultura Medieval, Madrid, 2007.
- CAMILLE, M.: Arte gótico: visiones gloriosas, Tres Cantos (Madrid), 2005.
- DAVY, M.M.: Iniciación a la simbología románica, Madrid, 1996.
- DURLIAT, M.: El arte románico, Madrid, 1992.
- GRABAR, A.: Las vías de creación de la iconografía cristiana, Madrid, 1985.
- KRAUTHEIMER, R.: Arquitectura paleocristiana y bizantina, Madrid, 1984.
- MILONE, A.: Medievo: 1000-1400: El arte europeo entre el Románico y el Gótico, Barcelona, 2007.
- NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M.: Arquitectura prerrománica (Arte galega), Madrid, 1978.
- Santiago, la catedral y la memoria del arte (coord..: M. Núñez Rodríguez), Santiago de Compostela, 2000.
- SCHLOSSER, J.: La literatura artística. Ed. Cátedra. Madrid, 1993.
- SUREDA, J.: El despertar de Europa (El arte del románico y del gótico), Barcelona, 2006.
- YARZA LUACES, J.: Arte y arquitectura en España, 500-1250, Madrid, 1990.
- YARZA LUACES, J.: Fuentes de la Historia del Arte. Ed. Historia 16. Madrid, 1997.
- YZQUIERDO PERRÍN, R. / YZQUIERDO PERRÍN, R. y MANSO PORTO, C.: Galicia. Arte. Arte Medieval (I) y (II), A Coruña, 1995.
O alumnado será capaz de:
- Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia da arte medieval.
- Usar, ordenar e interpretar as fontes artísticas.
- Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas.
- Coñecer, analizar e transmitir a historia da arte medieval xeneral e a historia da arte medieval propia do territorio
- Coñecer e interpretar a historia da arte medieval como disciplina en construción.
- Coñecer e analizar os temas e problemáticas da arte medieval que son obxecto de debate historiográfico
- Explicitar as características, funcións e liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións ao longo do discorrer histórico así como as causas destas características, incardinando a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou e conectándoa con outras formas de expresión cultural.
- Entender as diferentes linguaxes formais e visuais, coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas ao longo da historia da arte e asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da Historia da arte Universal.
- Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
- Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade compartida.
- Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva en público
Por tratarse dunha titulación en vías de extinción, esta materia xa non inclúe a docencia presencial. Tendo en conta que os alumnos que se matriculen na mesma deberon de estar xa matriculados nun curso anterior, enténdese que nese momento puideron asistir ás clases presenciais expositivas e interactivas.
En calquera caso, tamén conta cunha recomendación bibliográfica que pode orientar e axudar aos estudantes na lectura e aprendizaxe dos aspectos metodolóxicos, temáticos e prácticos máis destacados.
Os profesores desta materia estarán dispoñibles, para calquera dúbida ou aclaración que os alumnos precisen, a través das súas direccións de correo electrónico: marta.cendon [at] usc.es (marta[dot]cendon[at]usc[dot]es); mdolores.barral [at] usc.es (mdolores[dot]barral[at]usc[dot]es); david.chao [at] usc.es (david[dot]chao[at]usc[dot]es), con posibilidade de concertar titorías presenciais ou mesmo online, en función da parte da materia explicada por cada un, neste curso 2023-24.
- Ao tratarse dunha materia en extinción, o único sistema de avaliación é a realización dun exame nas datas e horarios indicados para o efecto pola Facultade de Xeografía e Historia, que supoñerá o 100% da nota da materia.
-Excepcionalmente, durante as convocatorias correspondentes ao curso 24-25, aqueles alumnos que superasen a interactividade no curso 23-24 manterán a nota da mesma. Así pois, avaliarase o exercicio de exame coa cualificación máxima de 6, ao que, se é aprobado (mínimo 3 puntos), sumarase a puntuación correspondente á interactividade.
-REALIZACIÓN FRAUDULENTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións".
Esta materia inclúe un traballo do estudante equivalente a 150 horas (6 créditos).
-Estudo do temario.
-Uso de titorías para a resolución de problemas e dúbidas relacionadas cos contidos da materia.
-Recoméndase coñecemento e capacidade de lectura doutros idiomas estranxeiros, especialmente inglés, italiano e francés.
Marta Cendon Fernandez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812572
- Correo electrónico
- marta.cendon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
22.05.2025 09:00-11:30 | Grupo de exame | Aula 07 |
02.07.2025 09:30-12:00 | Grupo de exame | Aula 07 |