Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O/A alumno/a coñecerá e comprenderá razoadamente :
-1 A fraxilidade da democracia e os seus valores como sistema e a historicidade de ambos. O conflito ditadura-democracia na España do s. XX.
- -2 A importancia dos factores de contexto, os procesos e os acontecementos para explicar as mudanzas históricas, democracia – fascismo - volta á democracia, entre 1920 e 1980.
-3 A capacidade de manipulación dos Estados totalitarios contemporáneos e os instrumentos de dominio e control empregados
-4 Como manexar interpretacións diferentes e como contrastalas para construír unha propia, atendendo na medida do posible ás fontes empregadas e ao seu tratamento.
-5 O emprego da cronoloxía e a contextualización como instrumentos para compartimentar, definir e comprender a historia e os seus procesos
Traballaremos as claves interpretativas e debates historiográficos do século XX español: procesos económicos, sociais, políticos e culturais; cronoloxías e acontecementos; ideoloxías e actores colectivos e individuais. Pensaremos crítica e historicamente o presente para deconstruír as visións míticas e propagandísticas do pasado, nunha lóxica transnacional
Palabras chave: Democratización / República / Golpe/ Guerra / Transición/ Democracia / Nacionalismos / Autarquía/ Desenrolismo / Modernización/ Atraso/ Fascismo/ Xenocidio / Ditadura
Abordamos o colapso do réxime liberal da Restauración no contexto de crise dos sistemas liberais europeos coa Iª Guerra Mundial (1917-1923); o fracaso da vía autoritaria da Ditadura de Primo de Rivera (1923-1929);a vía democratizadora da IIª República(1931) bloqueada co golpe de estado de 1936
O golpe, a guerra que remata en 1939 coa derrota republicana e a Ditadura posterior constitúen parte central da materia. Especialmente o coñecemento do Franquismo: a súa construción e transformación durante catro décadas, evoluíndo do fascismo ao desenrolismo tecnocrático.
A ollada á Transición democrática e á actual España constitucional estarán presentes todo o curso.
Requírese o coñecemento dos datos básicos do período manexados en materias de bacharelato que deben actualizarse a través das explicacións na aula e usando a bibliografía recomendada.
O/a alumno/a terá que coñecer:
1 Historiografía século XX español: modernización/atraso, ditadura/democracia, nación/nacionalismos.
2 A crise do liberalismo e a democracia en entreguerras e as súas saídas: Ditadura e República.
3 Golpe de estado que provoca a guerra civil, matanzas e destrución da democracia liberal
4 Franquismo: ditadura europea do século XX anormalmente longa.
5 Transición e configuración da actual España constitucional
PROGRAMA
I.- Introducción: As claves históricas do s. XX español. O colapso da Restauración 1920-1923.
II.- A ruptura autoritaria. Ditadura de Primo de Rivera, 1923-1930.
III.- A II República, 1931-1936:
IV.- O Golpe de estado de 1936 e a guerra civil de 1936-1939.
V.- O Réxime franquista durante a IIª Guerra Mundial 1939-1945.
VI.- A consolidación da Ditadura na guerra fría. 1946-1959.
VII.- A economía do franquismo: da autarquía do fascismo ao “desarrollismo” autoritario.
VIII.-A Ditadura nos anos 1960:Movimiento, tecnocracia e franquismo final.
IX. A Transición á democracia, 1975-1982
Bibliografía básica
OBRAS XERAIS
CANAL, J. (dir.)(2017): Historia Contemporánea de España, I (1808-1931), II (1931-2017). Madrid, Taurus.
CASANOVA, J.; GIL ANDRES, C. (2009): Historia de España en el siglo XX, Barcelona. Ariel.
FERNÁNDEZ PRIETO, MIGUEZ MACHO & VILAVEDRA (2021): 1936: un nuevo relato, Zaragoza, PUZ.
FONTANA, J. y VILLARES, R. (dirs.) Historia de España, Barcelona, Crítica.
CASANOVA, J. (2007): República y guerra civil, vol. 8.
RIQUER, B. de (2010): La dictadura de Franco, vol.9.
FUSI, J.P.; GARCÍA DELGADO, J.L. Y JULIA, S (2001): Un siglo de España. La cultura. La economía. Política y Sociedad,Madrid, MP
NUÑEZ SEIXAS, X.M. et. al. (2017): España en democracia, 1975-2011, vol.10.
PEREZ GARZÓN, J.S. (2022): Historia de las izquierdas en España, Madrid, Catarata
RIVERA A. (2022): Historia de las derechas en España, Madrid, Catarata.
BIBLIOGRAFIA POR PERíODOS:
DITADURA de Primo de Rivera (1923-1930)
QUIROGA, A. (2008): Haciendo españoles: la nacionalización de las masas en la dictadura de Primo de Rivera (1923-1930), Madrid, C. E. Políticos Constitucionales.
GONZALEZ CALLEJA, E. (2005): La España de Primo de Rivera. La modernización autoritaria 1923-1930, Madrid, Alianza Editorial.
IIª REPÚBLICA (1931-1939)
GONZÁLEZ, E., COBO, F., MARTÍNEZ, ANA, SÁNCHEZ, F. (2015), La Segunda República española, Barcelona, Pasado & Presente.
GOLPE Y GUERRA (1936-1939)
ESPINOSA, F. (ed.) (2010): Violencia roja y azul: España, 1936-1950, Barcelona, Crítica.
FERNÁNDEZ PRIETO, L e A. ARTIAGA REGO (2014): Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura. Historia para un pasado incómodo. Madrid, La Catarata.
GIL ANDRES, C. (2014): Españoles en guerra: la guerra civil en 39 episodios, Barcelona, Planeta.
LEIRA CASTIÑEIRA, F.J. (2020): Soldados de Franco, Madrid, Siglo XXI.
VIÑAS, A. et. al. (2014): Los mitos del 18 de julio, Barcelona. Crítica.
FRANQUISMO (1939-1975)
CAZORLA, A. (2000): Las políticas de la victoria (1938-1953) La consolidación del nuevo estado franquista (1938-1953). Madrid, Marcial Pons.
CAZORLA, A. (2015): Miedo y Progreso: los españoles de a pie bajo el franquismo, 1939-1975, Madrid, Alianza.
MOLINERO, C.; YSAS, P. (2008): La anatomía del franquismo. De la supervivencia a la agonía, 1945-1977. Barcelona, Crítica.
MORADIELLOS, E..(2000): La España de Franco (1939-1975). Política y sociedad, Madrid, Síntesis.
NICOLÁS, E. (2005): La libertad encadenada. España en la Dictadura franquista, 1939-1975. Madrid, Alianza.
PRESTON, P. (1998/2011): Franco: Caudillo de España, Barcelona, de bolsillo
SESMA, N. (2024): Ni una, ni grande, ni libre. La dictadura franquista. Barcelona, Crítica.
Outros:
BAHAMONDE, A. (Coord.) (2000): Historia de España s. XX (1875-1939), Madrid, Cátedra .
BALFOUR, S. (2002): Abrazo mortal. De la guerra colonial a la guerra civil (1909-1939), Península.
BARCIELA, C. et al. (2001): La España de Franco, 1939-1975. Economía. Madrid, Ed. Síntesis.
CARRERAS, A. e X. TAFUNELL (2010): Historia económica de la España contemporánea (1789-2009), Crítica.
IZQUIERDO, J., SANCHEZ LEON, P. (2006): La guerra que nos han contado. 1936 y nosotros. Madrid, Alianza
MARTINEZ, J.A. (1999): Historia de España s. XX(1939-1996), Madrid, Cátedra.
PEREZ LEDESMA, M., SAZ, I. (eds.):Del franquismo a la democracia 1936-2013. Zaragoza. PUZ.
QUIROGA, A: (2008): Haciendo españoles: la nacionalización de las masas en la dictad
Específicas:
O/A alumno/a será capaz de:
-1 Identificar no presente as continuidades do pasado e analizar as relacións entre asuntos, problemas ou procesos do período con situacións e problemas actuais.
-2 Empregar materiais documentais, gráficos, hemerográficos, cartográficos e fílmicos para entender e interpretar problemas ou contextos históricos.
-3 A partir da lectura crítica de materiais historiográficos diferentes, elaborar unha síntese interpretativa propia sobre os asuntos centrais do período.
-4 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos do período.
-5 Procurar materiais documentais (p. ex. fontes da propia familia: orais, epistolares, etc..) como complemento de fundamento da materia do curso
Transversais:
O/A alumno/a será capaz de:
-1 Facer preguntas ben construídas e desenvolver discusións sobre cuestións relativas á materia.
-2 Traballar en equipa, como medio para acrecentar as posibilidades de coñecemento.
-3 Manexar criticamente novos soportes, sistemas e tecnoloxías de información e comunicación
-4 Desenvolver o pensamento analítico: distinguir as partes do todo, enumerar e xerarquizar. E máis o relacional: establecer vinculacións entre procesos, acontecementos, pasado e presente...
-5 Expresar correctamente ideas empregando a palabra, a escrita, a imaxe, para elaborar sínteses rigorosas, seleccionando información e materiais de forma crítica.
-6 Traballar os valores da democracia, os dereitos humanos, así como coas perspectivas ambientais e de xénero
A materia desenvolverase en:
-- Aulas expositivas para a explicación dos contidos. Presencial na aula co apoio dun manual, a escoller dos propostos na Bibliogr.
-Aulas interactivas prácticas sobre os contidos da materia: Incluirán 2 Exercicios colectivos de grupo interactivo (ECOGI) exercicios prácticos con fontes (textos, gráficos, mapas, audiovisuais e outros) a realizar en grupos de tres, a entregar cada tres semanas en forma de comentarios breves, non máis de 2.000 palabras.
Na segunda semana deben estar creados e comunicados aos profesores –en clase ou titorías- os grupos de traballo das interactivas e nomeado un responsable para a entrega dos traballo na aula virtual e a comunicación co profesor
- Traballos obrigatorios individuais: realización dun traballo escrito individual sobre un libro e/ ou comentario dun artigo académico. Evitarase o resume de contidos en favor dunha mirada crítica que relacione os traballos e a lectura cos contidos explicados e comentados na aula. Os contidos dos traballos formarán parte do material avaliable.
- Práctica de campo voluntaria. Lugares de exhumación e reclusión de vítimas das matanzas e persecucións do golpe de 1936. Padrón - Rianxo - Vilagarcía. Data: a definir polo decanato.
- Traballos voluntarios, en grupo, opcionais, para clases inversas: para profundizar en asuntos transversais e específicos da materia: Golpe de 1936, Reforma Agraria republicana, Política Exterior do Franquismo, Resistencia antrifranquista, etc...
-Organizaránse outras actividades voluntarias e/ou obrigatorias avaliables en forma de conferencia ou mesa redonda (3 máximo).
-Titorización. atención personalizada nas horas de titoría e revisión obrigatoria de traballos en grupo.
Sistema de avaliación: Valórase a capacidade relacional e de síntese, a claridade conceptual, evitar a retórica en beneficio da claridade expositiva e o razoamento fronte á reprodución memorística.
A avaliación final descomponse en 2 partes:
1ª: Exame: 60% da cualificación final. Consta dunha pregunta longa, que pode estar apoiada en materiais (textos, mapas, gráficas..) e varias preguntas curtas para testar o coñecemento dos contidos do curso. Non se valoran para a nota final exames cunha cualificación inferior a 5. As dúas oportunidades (maio/xullo) están condicionadas á previa realización do resto de probas avaliables.
2ª: Prácticas, actividades da avaliación contínua: 40% da cualificación final: Traballos individuais e colectivos e traballos das interactivas, un 10% vinculado a participación e asistencia; dintinguindo obrigatorios e voluntarios.
Alumnado de anteriores convocatorias: valoraranse os traballos realizados no seu momento, polo que estarán exentos do comentario individual. Non así da asistencia ás aulas, tanto expositivas como interactivas, e da participación nas restantes actividades do curso, incluidos os comentarios das interactivas
Sendo a avaliación continua, a asistencia ás aulas é obrigada. A ausencia reiterada e inxustificada superior ao 20% suporá a imposibilidade de ser avaliado.
Os alumnos con dispensa de asistencia serán avaliados coas seguintes porcentaxes: 60% do exame e 40% dos traballos obrigatorios establecidos ao inicio do curso.
De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 32 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 16 horas *
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
- Ter cursado Historia Contemporánea de España I.
- Ter cursado as materias relativas aos períodos históricos precedentes.
- Consulta habitual dun atlas e dun dicionario histórico e manexo de materiais en portais webs de rigor contrastado contrastado.
- Consulta dos manuais e das monografías de apoio que lle permitan ao alumno relacionar informacións de procedencia diversa e ter una base "manual" coa que contrastar/ampliar as explicacións da aula.
- Claridade sobre os conceptos económicos, politolóxicos, sociolóxicos e demográficos que foron explicados nas materias transversais
Sobre todo é mui recomendable ter cursado previamente as materias que se ocupan do século XIX para España e do período de Entreguerras en Europa, así como as que garanten o coñecer de conceptos e términos imprescindibles para esta materia: capitalismo, fascismo, democracia, industrialización, dictadura, militarismo, etc...
Recursos en rede: amais de wikipedia....
www.busc.es / www.nomesevoces.net / http://histagra.usc.es/gl/
www.csbg.org /
https://www.youtube.com/user/Cliphistoria
http://www.aehe.net/docencia-seccion/manuales_hist_econ_espana.html
http://www.ahistcon.org/revistaayer.html /
www.hispanianova.rediris.es / www.historia-actual.com
http://www.h-net.org / http://www.historycooperative.org
Museo Virtual de la Guerra Civil Española
https://vscw.ca/es
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Emilio Francisco Grandio Seoane
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812681
- Correo electrónico
- emiliofrancisco.grandio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Lourenzo Fernandez Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812578
- Correo electrónico
- lourenzo.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Daniel Lanero Taboas
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812593
- Correo electrónico
- daniel.lanero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roque Sanfiz Arias
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- roque.sanfiz.arias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Andrea Rivas Fiel
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- andrearivas.fiel [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 05 |
22.05.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
22.05.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
02.07.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |