Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade a fin de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente.
2. Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
3. Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análises do historiador, dende os máis tradicionáis ás últimas posibilidades virtuais.
TEMARIO:
0. A Idade Media. Unha introdución.
BLOQUE I – UNHA A TEMPERÁ IDADE MEDIA (SS. IV-VIII):
Tema 1.- Os albores da Idade Media: a fin do Imperio de Occidente.
Tema 2.- A Europa dos reinos xermánicos: organización, reino e territorio.
Tema 3.- A Igrexa a inicios da Idade Media: ortodoxia, herexía e monacato.
Tema 4.- O Imperio de Oriente e o Islam dende os inicios da Idade Media.
Tema 5.- Economía, sociedade e cultura a incios da Idade Media.
BLOQUE II – NA ALTA IDADE MEDIA (SS. VIII-X):
Tema 6.- A Europa carolinxia: a dinastía, o imperio.
Tema 7.- A caída do Imperio carolinxio: crise política e as segundas invasións.
Tema 8.- A Igrexia na alta Idade Media: institución, reforma e cultura.
Tema 9.- Economía, sociedade e vida cotiá na Europa altomedieval.
Tema 10.- Os espacios periféricos. Islam e Bizancio na alta Idade Media.
Tema 11.- O Occidente medieval até o ano mil: espazos políticos nos camiños do feudalismo.
--------------------
DESGLOSE DE COMPETENCIAS SOBRE O TEMARIO:
-A presentación do período na súa extensión nunha breve Introducción á Idade Media, artellará a comprensión fundamental para entender a estrutura diacrónica xeneral do pasado (Obxectivo 1).
-Os dous bloques temporais, nos que o tempo histórico segue ritmos diferentes, farán fincapé na relación coas coordenadas espaciais. O alumno/a adquirirá conciencia das coordenadas espazo-temporais e coñecemento preciso dos acontecementos e procesos de cambio e continuidade desde unha perspectiva diacrónica (Obxectivo 2).
-A actividade expositiva e o traballo persoal asociado contribuirán ao desenvolvemento de dúas competencias xerais: coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia (CG-1) e usar, ordenar e interpretar as fontes históricas (CG2).
Bibliografía básica:
ÁLVAREZ PALENZUELA, V. Á. (coord.), Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2013 (1ª ed. 2002).
CLARAMUNT, S., PORTELA, E., GONZÁLEZ, M. y MITRE, E., Historia de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 1992 (1ª ed.), 1995 (2ª ed.), 2006 (7ª reimp. de 2ª ed.), 2008.
COLLINS, R., La Europa de la Alta Edad Media: 300-1000, Akal, Madrid, 2000 (1ª ed. 1991).
DONADO VARA, Julián; ECHEVARRÍA ARSUAGA, Ana, Historia Medieval I (siglos V-XI 1), Ed. Universitaria Ramón Areces - UNED, Madrid, 2014.
GARCÍA DE CORTÁZAR, J. A., SESMA MUÑOZ, J. A., Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza, 2008 (revisión de Historia de la Edad Media. Una síntesis interpretativa, Madrid, 1997).
KAPLAN, M. (dir.), Edad Media. Siglos IV-X, Granada, Universidad de Granada, 2004.
LADERO QUESADA, M.A., Historia Universal. Edad Media, Barcelona, 1992 (2ª ed.).
LE GOFF, J., La civilización del occidente medieval, Barcelona, 1999.
MACKAY, A., DITCHBURN, D. (eds.), Atlas de Europa Medieval, Madrid, 1999.
McKITTERICK, R., La Alta Edad Media, Barcelona, Crítica, 2001.
MITRE FERNÁNDEZ, E., Textos y documentos de época medieval, Barcelona, 1998.
MITRE, E., GARCÍA MORENO, L. A., LADERO, M. A., GONZÁLEZ, M., SARASA, E. y BELTRÁN, F., Manual de Historia Medieval Universal. 3. Alta Edad Media, Madrid, Historia 16, 1994.
MITRE, E., La primera Europa: Romanos, cristianos y germanos 400-1000, Madrid, 2000.
PICARD, C. y ZIMMERMANN, M., Edad Media: Siglos IV-X, Granada, 2004.
The New Cambridge Medieval History, vols. 1, 2 e 3, Cambridge, Cambridge University Press, 1995-2005.
VERGER, J., La Alta Edad Media, Madrid, Sarpe, 1986.
WALLACE-HADRILL, J. M., The Barbarian West, 400-1000, Oxford, Basil Blackwell, 2000.
WICKHAM, C., Una historia nueva de la Alta Edad Media: Europa y el mundo mediterráneo (400-800 d.C.), Barcelona, Crítica, 2008.
Bibliografía complementaria:
BONNASSIE, P., Del esclavismo al feudalismo en la Europa Occidental, Barcelona, 1993.
BOUGARD, F. (dir.), Le Christianisme en Occident du début du VIIe au milieu du XIe siècle, Paris, 1997.
BROWN, P., El mundo en la Antigüedad tardía, Madrid, 1989.
COUPLAND, S., “The Carolingian army and the struggle against the Vikings”, Viator, 35 (2004), 49-79.
FLEMING, R., Britain after Rome. The Fall and Rise, 400-1070, London, 2011.
FREEDMAN, P., “Siervos, campesinos y cambio social”, en Señores, siervos, vasallos en la Alta Edad Media, Pamplona, 2002, 127-146.
GARCÍA MORENO, L., “Los bárbaros y los orígenes de las naciones europeas”, Cuadernos de Historia de España, 80 (2006), 7-23.
GOFFART, W., Barbarians and Romans, A.D. 418-584. The techniques of accommodation, Princeton, 1980.
HENNING, J., “Slavery or freedom? The causes of early medieval Europe’s economic advancement”, EME, 12:3 (2003), 269-277.
HERRIN, J., The formation of Christendom, Princeton, 1987.
ISLA, A., La Europa de los carolingios, Madrid, 1993.
MIDDLETON, N., “Early medieval port customs, tolls and controls on foreign trade”, EME, 13:4 (2005), 313-358.
Nascita dell’Europa ed Europa carolingia: un equazione da verificare, Spoleto, 1981.
RICHÉ, P., Écoles et enseignement dans le haut Moyen Âge. Fin du Ve siècle – debut du XIe siècle, 2ª ed., París, 1989.
RICHÉ, P., Les Carolingiens. Une famille qui fit l’Europe, París, 1983.
WICKHAM, C., “Space and society in early medieval peasant conflicts”, en Uomo e spazio nell’Alto Medioevo, Spoleto, 2003, 551-587.
XERAIS:
1. Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia.
2. Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
3. Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos e referencias electrónicas.
ESPECÍFICAS:
1. Coñecer, analizar e transmitir a historia xeral e a historia propia do territorio.
2. Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade.
7. Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua.
TRANSVERSAIS:
1. Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
2. Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
4. Comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público.
IMPARTICIÓN DA DOCENCIA:
a) Clases Expositivas: presentación e explicación preferente dos contidos teóricos básicos da materia. Trátase dunha actividade presencial en aula.
b) Clases interactivas: sesións de traballo en cada grupo reducido, dedicadas á discusión de lecturas de fontes previamente seleccionadas polo/a profesor/a e realizadas polos/as alumnos/as, traballo con ferramentas e plataformas virtuais de cara á investigación en Historia Medieval de la alta Idade Media, así como por un pequeno traballo final. O contido das clases interactivas terá como obxectivo o afondamento no coñecemento de temas de especial relevancia para a comprensión da evolución de diferentes aspectos de Alta Idade Media fundamentando o traballo sobre as fontes primarias e no emprego de ferramentas diversas.
COMPLEMENTOS METODOLÓXICOS DA ENSINANZA:
-Curso no Campus Virtual no que se contará con diversos materiais de apoio e con programación de actividades.
-Titorización personalizada para o seguimento das actividades programadas, así como da definición dos ensaios/traballos personais.
AVALIACIÓN DO ALUMNO/A constará de:
1) Avaliación do contido expositivo. A través dunha proba escrita. Tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria suporá o 60% da cualificación final. Para poder facer media para a cualificación final será necesario obter nela unha cualificación mínima de 4 sobre 10. A proba constará de: pregunta tema a desenvolver; comentario de texto; e dúas preguntas curtas a desenvolver. Terá un espazo tasado e celebrarase na data e aula fixados pola Facultade de Xeografía e Historia para ese efecto.
2) Avaliación do contido interactivo. A través de: asistencia e participación ás sesións interactivas; realización de cuestionarios de seguimento ou reforzo dos contidos; realización dun ensaio/traballo personal e individual do alumno/a; realización de comentario ou sesión de debate sobre a lectura obrigatoria: DUBY, Georges, El Año Mil. O ensaio terá como tema unha cuestión acordada relativa á materia de xeito amplo e contará cun peso do 30% de cara á cualificación final. A participación nas sesións interactivas en aula e realización de comentario e cuestionarios de seguimento ou reforzo suporán o 10% da cualificación final.
CÓMPUTO DA CUALIFICACIÓN FINAL:
A cualificación final da materia resultará da integración proporcionada dos elementos sinalados: proba escrita (60%); ensaio/traballo individual (30%); e parte interactiva en asistencia, participación e cuestionarios (10%).
CONVOCATORIA DE SEGUNDA oportunidade:
A cualificación da convocatoria de segunda oportunidade obterase a partir dunha proba escrita sobre os contidos da materia seguindo o modelo devandito. En canto á parte correspondente ás clases interactivas, o/a alumno/a se avaliará cos traballos e/ou actividades desenvolvidos nas clases. Os/as alumnos/as que ao longo do curso entregasen todos os traballos prácticos non teñen obriga presentalos de novo, debendo superar, únicamente, o exame da convocatoria correspondente.
DISPENSA DE ASISTENCIA
Para as persoas con dispensa de asistencia, a avaliación constará da cualificación da proba escrita (50%) e a entrega dun ensario/traballo individual (50%).
Cada hora de docencia expositiva deberá ir acompañada por un traballo complementario do/a alumno/a de unhas dúas horas coa axuda do material bibliográfico, co fin dunha asimilación axeitada dos contidos teóricos.
Paralelamente, para cada unha das horas de docencia interactiva, o/a alumno/a deberá empregar como mínimo unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da materia e as previsións antes indicadas, considérase que o tempo de traballo persoal do/a alumno/a debería rondar as 150 horas
Aínda que non é necesaria ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en historia en xeral e a matrícula desta materia en particular, é recomendable que a formación do/a alumno/a sexa de perfil humanístico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Xose Manoel Sanchez Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- xosemanuel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Fernandez Perez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- pablofernandez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Martes | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
20.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
20.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
26.06.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |