Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir ao alumno no coñecemento da Historia como disciplina centrada no estudo do pasado e nos seus métodos de traballo para que tome conciencia de:
1.- Os distintos tipos de documentos históricos que existen, a súa xénese e a súa construción, favorecendo o desenvolvemento dunha lectura crítica e analítica das distintas fontes documentais, xa sexan textos, imaxes, gravacións audiovisuais, etc.
2.- Os métodos que posibilitan a elaboración de hipóteses explicativas sobre o pasado e nos que se aúnan o coñecemento derivado da lectura crítica e analítica das fontes coa aplicación, á devandita documentación, de distintos modelos explicativos e metodoloxías que permiten a integración das noticias extraídas daquela.
TEMA 1.- MÉTODO, HISTORIA, TEMPO E CIENCIA.
Método e metodoloxía: que son?
Concepto e obxecto de Historia
Tempo e tempo histórico: cronoloxía e duración.
Método científico e método histórico.
TEMA 2- O PASADO NAS SOCIEDADES ORAIS
Memoria e recordo en sociedades sen escritura.
Mitos, relatos orais e Historia.
TEMA 3.- A CONSTRUCIÓN DO PASADO: DA PALABRA FALADA Ao TEXTO.
Historia escrita e testemuño oral: o Mundo Antigo.
Xudaísmo, cristianismo e construción da Historia.
TEMA 4.- NA BASE DO MÉTODO HISTÓRICO
O desenvolvemento da crítica filolóxica e textual no Humanismo.
A crítica documental e a historia eclesiástica
Os gabinetes de antigüidades e o coleccionismo.
TEMA 5.- AS FONTES HISTÓRICAS
Definición de fonte
Tipos de fontes
Comentario de fontes históricas
Os recursos documentais e bibliográficos: recursos tradicionais e recursos en rede.
TEMA 6.- METODOLOXÍAS HISTÓRICAS
Métodos cualitativos
Métodos cuantitativos.
O reto das novas tecnoloxías
Básica:
a.- Manuais:
MORADIELLOS, E. El oficio de historiador. Akal, Madrid, 2013.
MORADIELLOS, E. Las caras de Clío. Una introducción a la Historia. Siglo XXI, Madrid, 2009.
b.- Lecturas da docencia interactiva:
BLOCH, M. Introducción a la Historia. Fondo de Cultura Económica, Madrid, 2001.
GRUZINSKI, S., ¿Para qué sirve la historia? Alianza Editorial, Madrid, 2018.
Complementaria:
ALIA MIRANDA, F. Fuentes de información para historiadores. Obras de referencia y bibliografía. Trea, Gijón, 1998.
ALIA MIRANDA, F. Técnicas de investigación para historiadores. Síntesis, Madrid, 2005.
ALIA MIRANDA, F. Métodos de investigación histórica. Síntesis, Madrid, 2016.
ARNOLD, J.H. Una brevísima introducción a la historia. Océano, México, 2003.
ARÓSTEGUI, J. La investigación histórica. Teoría y método. Crítica, Barcelona, 1995.
AURELL, J., BALMACEDA, C. BURKE, P., SOZA, F. Comprender el pasado. Una historia de la escritura y del pensamiento histórico, Akal, Madrid, 2013.
BERMEJO BARRERA, J.C., PIEDRAS MONROY, P. Genealogía de la Historia. Akal, Madrid, 1999.
BLOCH, M. Apología para la Historia o el oficio de historiador. Fondo de Cultura Económica, México, 1996.
BRAUDEL, F. Escritos sobre la historia, Fondo de Cultura Económica, México, 1991.
BREISACH, E. Sobre el futuro de la historia. El desafío posmodernista y sus consecuencias. PUV, Valencia, 2009.
BURGUIERE, A. (dir.), Diccionario de ciencias históricas. Akal, Madrid, 1991.
BURKE, P. (ed.), Formas de hacer Historia. Alianza Editorial, Madrid, 2003.
CARDOSO, C. Introducción al trabajo de la investigación histórica. Conocimiento, método e historia. Crítica, Barcelona, 2000.
CARBONELL, C.O., La historiografía. México: Fondo de Cultura Económica, 1986.
CARR, E.H. ¿Qué es la Historia? PUV, Valencia, 2011.
CONRAD, S. Historia Global. Una nueva visión para el mundo actual. Crítica, Barcelona, 2017.
DUBY, G. Diálogo sobre la Historia. Alianza Editorial, Madrid, 1988.
DURANT, W., DURANT, A. Lecciones de Historia. Arpa, Barcelona, 2022.
FONTANA, J., Historia. Análisis del pasado y proyecto social. Crítica, Barcelona, 1982.
FONTANA, J. Introducción al estudio de la historia. Crítica, Barcelona, 1999.
GADDIS, J.L. El paisaje de la Historia. Cómo los historiadores representan el pasado. Anagrama, Barcelona, 2004.
HARTOG, F. Regímenes de Historicidad. Presentismo y experiencias el tiempo. Universidad Iberoamericana, México, 2007.
HERNÁNDEZ SANDOICA, E. Los caminos de la Historia, Cuestiones de Historiografía y Método. Síntesis. Madrid, 1995.
HERNÁNDEZ SANDOICA, E., Tendencias historiográficas actuales. Akal, Madrid, 2004.
HUNT, L. Historia ¿Por qué importa? Alianza Editorial, Madrid, 2018.
IGGERS, G. La ciencia histórica en el siglo XX. Idea Books, Barcelona, 1998
JENKINS, K. Repensar la Historia. Siglo XX, Madrid, 2019.
KOCKA, J., Historia social y conciencia histórica. Marcial Pons, Madrid, 2002.
KOSELLECK, R. Futuro pasado. Para una semántica de los tiempos históricos. Paidós, Barcelona,1993.
LE GOFF, J. Pensar la Historia. Modernidad, presente, progreso. Paidós, Barcelona, 2005.
MITRE, E., Historia y Pensamiento histórico. Estudio y antología. Cátedra, Madrid , 1997.
ONG, W.J. Oralidad y escritura. Tecnologías de la palabra. Fondo de Cultura Económica, México, 1987.
ROLDÁN, C. Entre Casandra y Clío. Una historia de la Filosofía de la Historia. Akal, Madrid, 1997.
SCOTT, J.W. Historia y género, Fondo de Cultura Económica, México, 2008
STEARNS, P.N. Una nueva historia para un mundo global.
a.- Básicas
1. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, especialmente nun contexto de investigación.
2. Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
3. Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
4. Comunicar conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
5. Posuír habilidades de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
b.- Xenerais
1. Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia atendendo á contribución desenvolvida por persoas de diferentes xéneros.
2. Adquirir un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade para poder comprender o presente.
3. Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
4. Coñecer e manexar os conceptos, categorías e temas máis relevantes das diferentes ramas da investigación histórica.
5. Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas e sociais.
c.- Tranversales
1. Aplicar o pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
2. Demostrar as habilidades necesarias para expresarse con claridade e coherencia, tanto por escrito como verbalmente, a un público especializado ou non especializado, utilizando correctamente a terminoloxía propia da disciplina histórica.
3. Desenvolver as habilidades necesarias para o uso das TIC no ámbito de estudo..
d.- Específicas
1. Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción.
2. Coñecer e comprender os problemas obxecto do debate historiográfico, así como os cambios que estes experimentan co tempo en función dos diversos contextos políticos, sociais e culturais.
3. Tomar conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
4. Coñecer e ser capaz de utilizar os instrumentos de descrición de arquivos, bibliotecas e centros de documentación, sexa cal for o seu soporte e vía de acceso.
5. Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na lingua propia.
A-Docencia Expositiva
Breves presentacións, coa axuda de PowerPoint e outros medios audiovisuais, dos contidos básicos dos temas enumerados no temario durante a primeira metade das clases. A segunda parte dedicarase ao comentario e a lectura de textos históricos e historiográficos relacionadas coas cuestións teóricas explicadas en cada tema. O ritmo de exposición do temario será, aproximadamente, dun tema cada dúas semanas. O alumnado, a partir de ditas presentacións e lecturas, deberá preparar, coa axuda da Bibliografía básica, o estudo do temario. A súa avaliación ser realizará mediante un exame.
Asistencia ás dúas conferencias que conforman o seminario "Historia e Antropoloxía das sociedades antigas" que terán lugar, no horario de aulas, nas semanas 2 e 3 do semestre.
B.- Docencia Interactiva
A desenvolver entre as semanas 3 e 14 do cuadrimestre e composta por doce sesións de seminarios de lectura durante as que se comentarán as obras indicadas para ese efecto na presente guía docente. A súa avaliación realizarase mediante un exercicio de comentario de texto.
Non se contempla a realización de prácticas de campo.
A avaliación, continua, constará de tres partes:
1.- Proba escrita. Exame tipo test de 60 preguntas, avaliable entre 0 e 6 puntos: 60% da nota final.
2.-Asistencia e participación nas distintas actividades docentes: avaliable entre 0 e 1 punto: 10 % da nota final.
3.- Traballo de avaliación da docencia interactiva: comentario de texto: 30 % da nota final.
Ao ser a avaliación continua, a asistencia ás clases é obrigatoria; por iso, unha ausencia reiterada ás clases, superior ao 20%, implicará que o alumno non poderá ser avaliado.
O seguimento da asistencia ás clases realizarase mediante controis periódicos. O seguimento da actividade do alumnado e do seu aproveitamento das distintas actividades docentes realizarase mediante as Titorías Personalizadas e as Titorías no despacho do profesor.
Convocatoria de xullo: as probas serán do mesmo tipo que as realizadas durante o cuadrimestre en que se desenvolveu a materia. O alumnado que realice e aprobe as actividades de docencia interactiva durante o cuadrimestre conservaráselle a cualificación e só terá que facer a proba teórica na convocatoria de xullo. O alumnado que non realizase os exercicios de avaliación da docencia interactiva ou que a suspendera deberá realizar devanditos exercicios xunto co exame de xullo.
Sistema de avaliación para alumnado con dispensa: Realizarase a partir da proba escrita (entre 0 e 6 puntos: 60% da nota final) e e traballo avaliable da docencia interactiva (40% da nota final).
Sistema de Cualificación: expresado mediante cualificación numérica de 0 a 10 puntos.
Para os casos de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
TRABALLO PRESENCIAL
Docencia expositiva:32 horas
Docencia interactiva: 16 horas
Titorías:2 horas
Total:50 horas
TRABALLO PERSOAL
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 60 horas
Lecturas, actividades de biblioteca etc.: 40 horas.
Total: 100 horas
TOTAL MATERIA: 150 horas
Resulta fundamental, para a superación da materia, que o alumnado realice semanalmente as actividades docentes, tanto expositivas como interactivas, programadas na presente guia.
Queda terminantemente prohibido durante as clases, tanto de docencia expositiva como interactiva, o uso de teléfonos móbiles, tablets, computadores portátiles ou calquera outro tipo de dispositivo electrónico que permita a conexión a internet. O seu uso só estará permitido naquelas actividades docentes nas que, expresamente, así o indique o responsable da materia.
Francisco Javier Gonzalez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812564
- Correo electrónico
- franciscojavier.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
19.12.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
19.12.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
16.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |