Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Estudo xeral e global dos principais elementos da Xeografía da Sociedade Humana, das súas relacións internas e dos seus elementos significativos.
Lección 1.- A Xeografía Humana. Obxecto. Evolución
Lección 2.- Xeografía da Poboación. A poboación mundial: evolución
Lección 3.- Xeografía da Poboación. A distribución da poboación mundial
Lección 4.- Xeografía da Poboación. O movemento natural
Lección 5.- Xeografía da Poboación. A mobilidade espacial
Lección 6.- Xeografía da Poboación. A estrutura demográfica
Lección 7.- Poboación. Recursos e medio ambiente
Lección 8.- Cartografía. Evolución histórica da representación territorial.
Lección 9.- Sistemas de organización territorial. Elementos para un modelo.
Lección 10.- O espazo Rural
Lección 11.- O espazo Urbano
Lección 12.- A paisaxe e os servizos ecosistémicos. Liñas de traballo para a xestión adaptativa da sociedade.
ZÁRATE MARTÍN, M.A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2005): Geografía Humana. Sociedad, economía y territorio. Madrid, Ed. Universitaria Ramón Areces.
AGUILERA ARILLA, Mª J. et al (2000): Geografía General, T. II: Geografía Humana. Madrid, UNED.
BIELZA, V. (ed.): Geografía General, Tomo II. Madrid, Ed. Taurus.
CARRERAS VERDAGUER, C. (1998): Geografía Humana. Barcelona, Universitat.
CHARVET, J.P. (dir) (2002): Géographie Humaine. Paris, Armand Colin.
FELLMANN, J. et al. (1990): Human Geography. Dubuque, C. Brown.
MERLIN, P. (1997): Géographie Humaine. Paris, P.U.F.
PUYOL, R. et al.: Geografía Humana. Madrid, Ed. Cátedra.
ROMERO, J. (coor.) (2007): Geografía Humana. Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona, Ariel.
SEGRELLES SERRANO, J.A. (dir) (2002): Geografía humana. Fundamentos, métodos y conceptos. Alicante, Ed. Club Universitario.
WACKERMANN, G. (2000): Géographie Humaine. Paris, Ellipses.
ZÁRATE MARTÍN, M.A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2006): Glosario y prácticas de Geografía Humana. Madrid, Ed. Universitaria Ramón Areces.
O obxectivo principal é que o alumno, que cursa o Grao de Historia, obteña o coñecemento dos conceptos básicos dunha materia interesante para os historiadores. Especialmente, incidirase no valor da dimensión espacial dos feitos. Para iso farase un estudio xeral e global dos principais elementos da Xeografía humana, das relacións entre estes e o seu territorio, así como dos seus elementos significativos coa finalidade de que os alumnos aprendan a buscar, elaborar e interpretar informacións de interese xeográfico.
Para a aprendizaxe da materia o alumno empregará os recursos ofrecidos polos docentes, os cales estarán dispoñibles no Campus Virtual.
Os alumnos contarán cun apoio a través de titorías nas que poderán discutir os contidos e facer un seguimento da materia. Nelas, o equipo docente resolverá calquer tipo de dúbidas relacionadas cos contidos e os materiais de traballo.
A avaliación da materia será a partir dun único exame final que computará o 100% da nota final do alumno. O exame será presencial e terá lugar no día de convocatoria oficial recollido pola Facultade de Xeografía e Historia, ou, no seu defecto, na data acordada polos profesores, que sempre será anterior á data oficial de exame.
O exame contará con preguntas (a desenvolver e de tipo test) sobre as distintas partes presentadas no temario e recollidas no programa.
A nota mínima para aprobar será de 5 puntos sobre 10.
A materia consta de 6 créditos ECTS.
Realizar un estudo continuado dos contidos da materia a través dos recursos facilitados no Campus Virtual.
Jose Balsa Barreiro
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- jose.balsa.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Diego Cidras Fernandez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
17.01.2025 09:00-11:30 | Grupo de exame | Aula 07 |
23.06.2025 09:30-12:00 | Grupo de exame | Aula 07 |