Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Adquirir coñecementos básicos de cartografía e coñecer as principais fontes de información xeográfica especializada.
2. Interpretar a escala e ler correctamente a información xeográfica, tanto física como humana, dispoñible nun mapa topográfico e xeolóxico.
3. Analizar a información dispoñible nas fotografías aéreas e en ortofotos e imaxes de satélites.
4. Coñecer a rede xeográfica de coordenadas e os diferentes sistemas de proxección cartográfica.
5. Localizar mediante medios cartográficos os diferentes recursos existentes nun territorio, acometer procesos de xeolocalización e analizar o patrimonio que existe nun determinado espazo xeográfico.
6. Solicitar información xeoespacial e coñecer as principais fontes e centros, tanto nacionais como internacionais, especializados en proporcionar información e documentación xeográfica xeorreferenciada a través dos seus propios sistemas de información xeográfica (SIG).
Tema I. Conceptos básicos de cartografía
1. A terra e a súa representación no plano.
2. A rede de coordenadas xeográficas.
3. As proxeccións cartográficas.
4. As escalas cartográficas.
5. Tipos de mapas e os seus elementos.
6. A representación de datos xeográficos.
7. As técnicas de simbolización cartográfica.
Tema II. A cartografía xeral e temática
1. O Mapa Topográfico Nacional e a súa interpretación.
2. Os mapas xeolóxicos e de usos do chan.
3. A fotografía aérea e as ortofotos.
4. A teledetección e as súas aplicacións.
Tema III. Fuentes de información xeoespacial
1. Entidades de referencia con información xeorreferenciada a escala global.
2. Organismos destacados con información xeográfica, cartográfica e estatística:
2.1. Do mundo.
2.2. Unión Europea.
2.3. España.
2.4. Galicia.
3. Geoportales temáticos e recursos didácticos xeográficos.
Bibliografía básica:
-Aranaz Del Río, F. (2019). Tu amigo el mapa. Centro Nacional de Información Geográfica. Instituto Geográfico Nacional (IGN). Madrid. Ministerio de Fomento. Gobierno de España. Formato digital: https://www.ign.es/resources/acercaDe/libDigPub/tu-amigo-el-mapa.pdf
-Fernández-Coppel, I.A. (2001). Localizaciones geográficas. Las coordenadas geográficas y la proyección UTM. Universidad de Valladolid. Formato electrónico en: http://www.cuevascastellon.uji.es/varios/cartografia_geograficas_utm_da…
-IGN (2023). Conceptos cartográficos. Instituto Geográfico Nacional (IGN). Madrid. Ministerio de Fomento. Gobierno de España. En: https://www.ign.es/web/resources/cartografiaEnsenanza/conceptosCarto/de…
-Miraglia, M. y otros (2010). Manual de Cartografía, Teleobservación y Sistemas de Información Geográfica. Laboratorio de Sistemas de Información Geográfica. Instituto del Conurbano. Buenos Aires. Universidad Nacional de General Sarmiento. Publicación electrónica: https://repositorio.ungs.edu.ar/handle/UNGS/160
-Muñoz Bollas, A. (2009). Geodesia y cartografía: Fundamentos de los sistemas de información geográfica. Barcelona. Universitat Oberta de Catalunya. Formato electrónico: https://openaccess.uoc.edu/handle/10609/53642
-Puyol, R. y Estébanez, J. (1978): Análisis e interpretación del mapa topográfico. Tebar Flores. Madrid.
Bibliografía complementaria:
-Buzo, I.; Guallart, C. y otros (2015). Atlas digital escolar. Grupo de trabajo Atlas Digital Escolar y ESRI España. En: <http://atlas-escolar.maps.arcgis.com/apps/MapJournal/index.html?appid=7…>. Consulta: 21/11/2021.
-IGN (2023). Portales temáticos. Instituto Geográfico Nacional. Madrid. En: https://www.ign.es/web/ign/portal
-Instituto Galego de Estatística (2021). Información estatística por temas e productos. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. En: <https://www.ige.eu/web/index.jsp?idioma=gl>. Consulta: 12/11/2021.
-Instituto Nacional de Estadística (2021). Productos y servicios. Gobierno de España. Madrid. En: <https://www.ine.es/index.htm>. Consulta: 12/11/2021.
-Lázaro y Torres, Mª.Lª y Real Sociedad Geográfica (2014). Internet y SIG para el análisis territorial. La geoinformación en Internet. Madrid. Real Sociedad Geográfica. Consulta electrónica en el repositorio documental de la Universidad de Córdoba: <http://www.uco.es/~gt1tomam/master/pes/geoinformacion.pdf>. Consulta: 12/11/2021
-Ministerio de Transportes (2023). Infraestructura de Datos Espaciales de España (IDEE). Madrid. Ministerio de Transportes. Gobierno de España. En: https://www.idee.es/web/idee/inicio
-Naciones Unidas (2021). El sistema de las Naciones Unidas. Nueva York. En: <https://www.un.org/es/about-us/un-system>. Consulta: 12/11/2021.
-Xunta de Galicia (2021). Información xeográfica de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. En: <http://mapas.xunta.es/portada>. Consulta: 10/10/2021.
Con13: Recoñecer as posibilidades que ofrecen as novas contornas dixitais para a reinterpretación e revalorización da experiencia cultural.
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
H/D07: Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades formativas como de exercicio profesional.
De modo xeral, considérase necesario romper a pasividade do alumno e fomentar o traballo individual e en equipo. Para iso utilizaranse técnicas docentes dinámicas e activas no proceso de aprendizaxe. Partindo da base de que os alumnos tenden a lembrar case o 90% dos traballos que eles mesmos redactan, mentres que só reteñen non máis do 20% do que escoitan (Rodríguez, L., e outros, 1999), e tras comprobar a eficacia das tarefas prácticas consistentes na elaboración de resumos previos á celebración das sesións teóricas sobre un determinado tema, e co fin de alcanzar os obxectivos propostos e desenvolver adecuadamente os contidos do programa, exponse a seguinte estratexia de intervención docente:
1º). Lecturas básicas. De maneira xeral e previamente á celebración das sesións teóricas propiamente ditas que se vaian a desenvolver na aula, o alumnado deberá realizar un resumo das lecturas básicas que se indican para cada unha das unidades temáticas. Deste xeito, nas sesións teóricas dedicadas a analizar cada unidade, o alumnado terá unha información e un coñecemento previo dos contidos esenciais de cada tema, así como das actividades prácticas a realizar en cada caso, o cal favorecerá o proceso de comprensión e aprendizaxe, a asimilación dos contidos e a participación nos debates e discusións relacionadas cos temas obxecto de estudo e análise.
2º). Animación audiovisual. Co fin de motivar o alumnado e introducilo nos campos de coñecemento obxecto de estudo, proxectarase un vídeo didáctico ao comezo de cada unidade temática. Trátase de vídeos educativos ou ben de documentais curtos, relacionados cos temas de estudo, que serán obxecto de análise e comentario. Neste sentido, o vídeo convértese nunha excelente ferramenta para motivar o alumnado e facelo partícipe dunha estratexia eficaz de aprendizaxe (lembremos que segundo investigacións realizadas por equipos de psicopedagoxía, o alumno tende a reter case o 50% do que ve e escoita simultaneamente). Todo iso constitúe un complemento ideal se temos en conta que antes do inicio das sesións teóricas, o alumnado ten que ler e resumir os artigos propostos para cada unidade. A relación de vídeos e documentais seleccionados para cada unidade temática especifícanse no apartado sétimo da Guía Docente da materia.
3º). Sesións expositivas. Están previstas 24 horas de docencia expositiva. Estas sesións están concibidas para explicar, desenvolver e comentar os contidos que presentan unha maior dificultade de comprensión, incidir nos aspectos básicos e relevantes, actualizar convenientemente os contidos, resolver as cuestións temáticas expostas para cada unidade e complementar a información que o alumnado recibíu directamente a través das lecturas recomendadas e as actividades prácticas realizadas ou en curso.
4º). Sesións interactivas. Tamén están programadas un total de 24 horas de docencia interactiva. Deste xeito, coa información procedente das lecturas e dos resumos elaborados polo alumnado, a información fornecida polos documentos audiovisuais, as explicacións complementarias achegadas polo profesor e os coñecementos adquiridos mediante a realización das actividades prácticas, establecerase un debate seminario, aberto e participativo de análise e discusión de contidos, centrado nos aspectos máis relevantes de cada unidade temática, ao obxecto de extraer as conclusións máis relevantes de cada unidade temática.
5º). Titorías en grupo reducido. Están previstas 3 horas de titorías en grupo reducido, que serán utilizadas para resolver dúbidas metodolóxicas e aspectos concretos relacionados cos contidos e actividades prácticas da materia, sistemas de avaliación e orientacións didácticas específicas.
6º). Actividades prácticas. Proba de Avaliación Continua (PEC). A realización das mesmas, que estarán sometidas a un proceso de avaliación continua, é de vital importancia para consolidar a asimilación dos contidos, favorecer a comprensión e desenvolvemento dos coñecementos, fomentar a capacidade de análise documental e o espírito crítico. As actividades prácticas, polas súas características e materiais necesarios, serán realizadas fóra das aulas. En todo caso, nas sesións presenciais proporcionaranse as bases teóricas e as orientacións que sexan precisas para a súa resolución e mellor realización. A relación completa das devanditas actividades (PEC) estarán dispoñibles na aula Virtual da materia (Campus Virtual da USC). De igual modo infórmase que o profesor da materia cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua, nun prazo non superior a dúas semanas.
7º). Aula virtual da materia. No Campus virtual da USC activarase unha plataforma electrónica para complementar a impartición desta materia e o seu seguimento a distancia. A aula Virtual proporcionará a información que sexa necesaria para avanzar no proceso de aprendizaxe. Dita plataforma será un dos instrumentos que permitirán a interacción entre o alumnado e o profesor, sobre todo con aqueles que non poidan asistir ás sesións presenciais. Na aula Virtual da materia poderase acceder ao conxunto da información que sexa imprescindible para que o alumnado poida preparar os contidos da materia e as actividades prácticas asociadas aos mesmos. Tamén será o medio máis adecuado para articular foros de debate e expor dúbidas sobre os contidos e as actividades propostas, así como para acceder e visualizar cada un dos recursos audiovisuais dispoñibles para cada tema.
A avaliación do alumnado levará a cabo do seguinte modo:
1. Para os/as alumnos/as que se sometan á primeira convocatoria ordinaria (primeira oportunidade) a avaliación desta materia levarase a cabo do seguinte modo:
1.1. Avaliación continua (Proba de Avaliación Continua). A modo de avaliación continua, o alumnado terá que realizar as actividades prácticas que se especifican neste programa e entregalas nos prazos estipulados para a súa corrección. Este mecanismo de avaliación ponderará na cualificación final, ata un máximo do 80%, mentres que a proba final ou exame escrito representará o 20% da nota final. En cada un dos traballos e actividades presentadas polo alumnado analizarase: a estrutura do mesmo, a calidade da redacción e da documentación achegada, a orixinalidade das respostas, a adecuación dos contidos tratados e analizados e a síntese da información achegada, a ortografía e presentación xeral das actividades realizadas, así como citar correctamente as fontes documentais e bibliográficas utilizadas.
1.2. Proba final. Trátase dun exame presencial e escrito sobre a totalidade dos contidos e cuestións que se abordan no conxunto das actividades prácticas. Esta proba terá unha duración máxima de dúas horas, combinará aspectos teóricos e prácticos e representará o 20% da nota final.
2. Para os/as alumnos/as de segunda oportunidade e repetidores aplicaranse os mesmos criterios de avaliación establecidos para a primeira oportunidade. Deste xeito, a presentación e realización das actividades prácticas (Proba de Avaliación Continua) representará o 80% e a proba final ou exame o 20% da nota final de cada alumno/a.
Para os casos de plaxio e realización fraudulenta de exercicios ou probas, así como no suposto de uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas, será de aplicación o establecido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En canto á distribución do tempo dispoñible, cómpre indicar que as seis unidades temáticas propostas están concibidas para ser estudadas en 150 horas, das que 51 corresponden a horas presenciais e 95 a horas de traballo autónomo do alumnado óra da aula. Desta maneira, e seguindo as orientacións da Declaración de Bolonia sobre o Espazo Europeo de Ensino Superior, as actividades que se recollen na Guía Docente pretenden potenciar o traballo específico de cada alumno fose da aula. Así, por cada hora de clase presencial contémplanse case dúas de traballo persoal que o alumnado dedicará á elaboración de recensiones sobre lecturas e á realización de actividades prácticas e complementarias. No cadro que segue, e a modo orientador, indícase a distribución das cargas de traballo en horas conforme aos créditos ECTs. O tempo estimado (en horas) para cada tipo de actividade é o seguinte:
Sesións expositivas (presenciais): 24 horas
Sesións interactivas (presenciais): 24 horas
Tutorización individual do alumnado: 3 horas
Traballo persoal do alumno (non presencial): 95 horas
Exame: 4 horas
Total de horas estimadas: 150