Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
- Precisar a evolución histórica e etimolóxica do concepto de cultura.
- Coñecer distintos conceptos de cultura.
- Valorar criticamente calquera manifestación cultural.
- Entender a cultura como unha ferramenta de transformación social.
- Identificar o papel ideolóxico da cultura.
Tema 1. Introdución ao concepto de cultura.
1. Presentación. Obxectivos. Criterios de avaliación. Etimoloxía e historia da noción de cultura.
Tema 2. Concepcións críticas da cultura.
2.1. Concepcións críticas da cultura: Marx.
2.2. Concepcións críticas da cultura: Gramsci.
2.3. Concepcións críticas da cultura: Freud.
Tema 3. Cultura e sociedade de masas.
3.1. A crítica á cultura da Escola de Frankfurt: a industria cultural.
3.2. Cultura e liberdade: Marcuse.
Tema 4. Os estudos culturais.
4.1. O debate culturas de élite / culturas populares.
4.2. A cultura da clase obreira.
Tema 5. Interculturalidade.
5.1. O conflito intercultural.
5.2. Relativismo cultural.
5.3. Postcolonialismo na Galiza?
Tema 6. Xénero e cultura.
6.1. Breve repaso histórico ao feminismo I: os inicios.
6.2. Breve repaso histórico ao feminismo II: a contemporaneidade.
Tema 7. A cultura na sociedade contemporánea.
7.1. Tecnoloxía, espectáculo, diversión.
7.2. Cultura e postmodernidade.
1. Bibliografía básica
- Choza, J. (2013), Filosofía de la cultura. Sevilla, España. Thémata
- Dussel, E. (2006), Filosofía de la cultura y de la liberación. México D.F., México: Universidad Autónoma de la Ciudad de México.
- Llinares, J. B. & Sánchez, N. (eds.) (2002), Ensayos de filosofía de la cultura. Madrid, España: Biblioteca
- Mosterín, J. (1993), Filosofía de la cultura. Madrid, España: Alianza.
- Sobrevilla, D. (ed.) (1998), Filosofía de la cultura. Enciclopedia iberoamericana de filosofía. 15. Madrid, España: Trotta.
2. Bibliografía complementaria
- Gramsci:“Apuntes para una introducción y una iniciación al estudio de la filosofía y de la historia de la cultura” en Cuadernos de la Cárcel, Cuaderno nº 11, 1932-1933, pp. 245-261.
- Freud, S. (1927) “Capítulo V” en O mal-estar na cultura. Porto Alegre: R&PM, 2010, pp. 117- 132.
- Adorno. Th, (1944), “Resumen sobre la industria cultural” en Crítica de la cultura y de la sociedad. Obras completas 10.1. Madrid, España: Akal, pp. 295-302.
- Marcuse, H. (1937), “Acerca del carácter afirmativo de la cultura” en Cultura y sociedad. Buenos Aires, Argentina: Sur, 1967, pp. 7-13, 45-54.
- Williams, R. (1961), “El análisis de la cultura” en La larga revolución. Buenos Aires, Argentina: Nueva Visión, 2003, pp. 51-62.
- Hoggart, R. (1957), “Resumen de las tendencias actuales en la sociedad de masas” en La cultura obrera en la sociedad de masas. Buenos Aires: Siglo XXI, 2013, pp. 335-351.
- Saïd, E. (1993), “Territorios superpuestos, historias entrecruzadas” en Cultura e imperialismo, Barcelona, España: Anagrama, 1996, pp. 35-56.
- Zizek, S. (2008), “La tolerancia represiva del multiculturalismo” en En defensa de la tolerancia. Madrid, España: Sequitur, 2008, pp. 55-70.
- Miguelez, H. (2013), “Quando é que nos tornamos sentimentais?” en Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego. Compostela, Espanha: 2014, pp. 13-33.
- Judith Butler, Introducción en Cuerpos que importan: sobre los límites discursivos y materiales del ‘sexo’, Buenos Aires: Paidós, 2002, p. 17-33.
- Nancy Fraser, “¿De la redistribución al reconocimiento? Dilemas de la justicia en la era ‘postsocialista’” en Butler, J. & Fraser, N. (2017), ¿Redistribución o reconocimiento? Un debate entre marxismo y feminismo. Traficantes de Sueños, p. 23-47.
- Neil Postman, “1. El juicio de Thamus” en Tecnopolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona, España: Galaxia Gutenberg Círculo de Lectores, 1997, pp. 9-34.
- Fredric Jameson, “A logica cultural do capitalismo tardio. Punto I”, en Pós-modernismo. A logica cultural do capitalismo tardio, Lisboa, Portual: Atica, 1997, pp. 27-43.
COMPETENCIAS DA MATERIA (Coñecementos, habilidades/destrezas e competencias)
- Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais.
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados de un modo claro e eficaz.
- H/D06: desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero.
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS (60H.)
Expositivas 24h.
As sesións expositivas serán desenvoltas polo docente e nelas presentarase o tema a estudar nesa semana. Os materiais pertinentes para o estudo do tema estarán dispoñíbeis para o alumno na aula virtual.
A temporalización dunha sesión expositiva de 1h30min será a seguinte:
5 min. – Formulación dunha pregunta a resolver mediante algún recorte de prensa, nova ou texto breve.
10 min. – Discusión e debate en grupo
1h. – Exposición por parte do docente dos contidos teóricos apoiado nunha presentación dixital.
10 min. - Preguntas e aclaracións
Interactivas 24h.
Cada sesión interactiva serán desenvolta por un alumno ou alumna que exporá un texto e polo docente que discutirá a exposición elaborada.
A temporalización dunha sesión interactiva de 1h30min será a seguinte:
45 min. Presentación por parte dun alumno das liñas de forza do texto programado para estudo nesa sesión con apoio nunha presentación dixital.
45 min. Preguntas e discusión por parte do alumnado restante.
Titorías 3h. Nas sesións de titoría en aula prepararanse as presentacións e o traballo final.
Avaliación 4h. Exame final presencial O exame pode conter preguntas de desenvolver, tipo test e/ou comentarios de texto sobre o material traballado na aula.
TRABALLO NON PRESENCIAL (95H.)
16h. Lectura semanal do texto programado para a sesión interactiva. Estarán dispoñíbeis en pdf na aula virtual.
10h. En función do número de alumnos, elaboración dunha ou máis presentacións dixitais para as sesións interactivas
45h. Lectura detallada dun ou máis textos para a súa exposición na aula.
24h. Preparación de exame final. Estudo dos temas. Todo o material estará colgado na aula virtual.
ALUMNADO ORDINARIO
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Exame final presencial 40% Competencias avaliadas: H/D03, H/D06, Comp01, Comp08
Avaliación continua: Traballo e/ou comentarios dos textos e presentacións na aula 60%. Competencias avaliadas: Con02, H/D03, H/D04, H/D06, Comp01, Comp08
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Exame final 40% Competencias avaliadas: H/D03, H/D06, Comp01, Comp08
Traballo* 60% Competencias avaliadas: Con02, H/D03, H/D04, H/D06, Comp01, Comp08
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE E ALUMNADO REPETIDOR.
PRIMEIRA, SEGUNDA E SEGUINTES OPORTUNIDADES:
Exame final 40% Competencias avaliadas : H/D03, H/D06, Comp01, Comp08
Traballo* 60% Competencias avaliadas : Con02, H/D03, H/D04, H/D06, Comp01, Comp08
* Traballo = Traballo de investigación sobre calquera aspecto do temario, previo consensuado do tema co docente por correo electrónico.
Tamaño: 7000-7500 palabras.
Portada co título do traballo, nome do autor, dni, correo electrónico, curso, materia e ano académico. Índice:
1. Obxectivo do traballo.
2. Desenvolvemento.
3. Conclusión.
4. Bibliografía.
Entrega: segundo o indicado polo docente responsable da materia.
Avaliación do traballo: segundo o indicado polo docente responsable da materia.
NON SE ACEPTARÁN BAIXO NINGÚN MOTIVO TRABALLOS ENTREGADOS DESPOIS DA DATA DO EXAME FINAL
O ALUMNADO DEBERÁ OBTER UNHA NOTA MÍNIMA DE CINCO EN TODOS E CADA UN DOS COMPOÑENTES DA AVALIACIÓN PARA PODER APROBAR (EXAME, PRESENTACIÓN, E TRABALLOS). ESTE REQUISITO AFECTA A TODAS AS OPORTUNIDADES (PRIMEIRA, SEGUNDA, BEN COMO AO ALUMNADO REPETIDOR E/OU CON DISPENSA)
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc.
(1) Lectura semanal dos textos a traballar nas sesións interactivas.
(2) Preparación das exposicións.
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías.
(4) Completar os apuntes das clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada.
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas.
(6) Realización semanal das tarefas programadas.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
Delmiro Rocha Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 982824735
- Correo electrónico
- delmiro.rocha [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | CLE_01 | Galego | Aula 16 |
Xoves | |||
12:30-14:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 16 |
16.01.2025 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 16 |
10.06.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 14 |