Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Identificar as diferentes tipoloxías documentais existentes en arquivos e bibliotecas.
- Coñecer o marco xurídico-legal e normativo da dixitalización
en arquivos e bibliotecas.
- Aprender a deseñar, planificar e implementar un proxecto de dixitalización.
- Coñecer e manexar as ferramentas de
dixitalización.
- Analizar as políticas de dixitalización a nivel nacional e internacional.
BLOQUE I: O documento de arquivo e o documento de biblioteca.
Tema 1: Definición de documento de arquivo vs documento de biblioteca.
Tema 2: A clasificación, ordenación e descripción do documento de arquivo e do documento de biblioteca.
BLOQUE II: O marco normativo.
Tema 3: A lexislación en materia de dixitalización de arquivos e bibliotecas.
BLOQUE III: O deseño dun proxecto de dixitalización.
Tema 4: A xestación dun proxecto de dixitalización.
Tema 5: O desenrolo dun proxecto de dixitalización.
Tema 6: A xestión de arquivos e bibliotecas dixitais.
BLOQUE IV: As políticas de dixitalización de arquivos e bibliotecas.
Tema 7: As políticas e proxectos de dixitalización a nivel internacional.
Tema 8: A política e proxectos de dixitalización en España.
BIBLIOGRAFÍA SOBRE ARQUIVOS E BIBLIOTECAS:
- AUXILIAR de archivos y bibliotecas: temario general. María Eugenia Díaz Pérez … [et alii]. Sevilla, 1994
- Barbadillo Alonso, Javier: Las normas de descripción archivística: qué son y cómo se aplican. Gijón, 2011
- Blasco Díaz, José Luis; Fabra Valls, Modesto J.: El documento electrónico. Aspectos jurídicos, tecnológicos y archivísticos. Castelló de la Plana, 2008
- Cordón Arroyo, Ana María: Empresas documentales de gestión de archivos: estudio, análisis y descripción de servicios. Gijón, 2004
- Cruz Mundet, José Ramón: Manual de Archivística. Madrid, 1994
- DICCIONARIO de terminología archivística. Madrid, 1995
- Heredia Herrera, Antonia: Archivística general. Teoría y práctica. Sevilla, 1991
- Idem: ¿Qué es un archivo?. Gijón, 2007
- Iglésias Franch, David: La fotografía digital en los archivos. Qué es y cómo se trata. Gijón, 2008
- López Yepes, José; Osuna Alarcón, María Rosario (coord.): Manual de Ciencias de la Información y Documentación. Madrid, 2011
- Ruiz Rodríguez, Antonio Ángel: Manual de Archivística. Madrid, 1995
- Tarrés Rosell, Antoni: Márquetin y archivos. Gijón, 2006
BIBLIOGRAFÍA SOBRE DIXITALIZACIÓN:
-Bescós Ramón, Juan; Navarro, Juan: “La digitalización como medio para la preservación y acceso a la información en archivos y bibliotecas.” En Educación y biblioteca, año n.º 9, n.º 80, 1997, pp. 28-41
-Caldentey, Rocío; Schmid, Carolina; Nazar, Mariana: “La digitalización como parte de un plan integral de conservación. Notas sobre el doble filo de la digitalización en los Archivos.” Disponible en https://www.academia.edu/43087140/La_digitalizaci%C3%B3n_como_parte_de_…
-Carrato Mena, María Antonia: “Las colecciones digitales en España: situación actual y perspectivas de futuro.” En: El profesional de la información. Vol. 17, n. 4, 2008, pp. 418-421
- Casanovas, Inés: Gestión de archivos electrónicos. Buenos Aires, 2008
-Cousins, Jill: “Europeana: el patrimonio cultural de Europa disponible en línea para todo mundo.” Boletín de la ANABAD, T. 63, n. 3, 2013, pp. 33-46
-Crespo Muñoz, Francisco Javier: Digitalización de documentos de archivo: manual práctico. Madrid, 2022
-Cruz Mundet, José Ramón; Díez Carrera, Carmen: Los costes de la preservación digital permanente. Gijón, 2016
-Directrices para proyectos de digitalización de colecciones y fondos de dominio público en particular para aquellos custodiados en bibliotecas y archivos. Madrid, 2005
-Fraile Sastre, Alberto: “Recomendaciones para la correcta digitalización del patrimonio bibliográfico y fotográfico.” Archivamos. Boletín ACAL. N. 123, 2022, PP. 24-26"
-González Mesa, Elda: “La digitalización de documentos, ¿amiga o enemiga?.” Bibliotecas. Anales de investigación. N. 2, 2006, pp. 150-154
-Martínez Equiha, Samuel: Biblioteca digital: conceptos, recursos y estándares. Buenos Aires, 2007
-Pereira Uzal, José Manuel: “Uso de tecnologías 3D en la digitalización y difusión de documentos de alto valor patrimonial” En: El profesional de la información, vol. 22, n. 3, 2013, pp. 215-223
-Pérez, Dora: “La biblioteca digital.” BIBLIODOC: Anuari de Biblioteconomia, Documentació i Informació. 1999, pp. 75-88
-Prol Castro, Aurelio: “Digitalización y archivos.” En: Nuevas tecnologías en bibliotecas y archivos. Narón, 2011, pp. 57-87
-Vives, Josep: Digitalización del patrimonio: archivos, bibliotecas y museos en la red. Barcelona, 2009
- Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes materia e inmaterial.
- Con14: Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas, etc.) e aplicar os procedementos da cultura dixital á súa xestión.
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
- Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
- Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grado, tanto para finalidades formativas como de exercicio profesional.
Neste apartado cómpre sinalar que haberá 24 horas de docencia expositiva, outras 24 horas de docencia interactiva e programaranse 3 horas de titorías en grupo reducido, tal e como se recolle a continuación:
- Docencia expositiva: 24 horas.
- Docencia interactiva: 24 horas.
- Titorización individual do alumnado: 3 horas.
- Exame: 4 horas.
No que se refire á metodoloxía da ensinanza, esta materia para a súa impartición combinará unha serie de recursos dos cales destacaremos os seguintes:
a) As leccións maxistrais a cal finalidade é a de fornecer ao alumnado dos contidos teóricos da materia, fundamentais para o desenrolo doutras actividades prácticas.
b) As presentacións mediante diversos materiais tales como recursos dixitais, documentos bibliográficos, esquemas, ppt etc. como apoio das leccións maxistrais.
c) A lectura, análise e comentario crítico de certos artigos cos que fornecer os contidos impartidos ao alumnado.
d) A confección de traballos individuais ou en grupo sobre determinados aspectos tratados na materia e que requiran da búsqueda, selección e contraste da información.
e) A realización de pequenos proxectos, estudos de casos ou resolución de problemas para a súa exposición e posterior debate na aula.
f) A realización de actividades prácticas en arquivos e bibliotecas.
g) E, finalmente, empregarase a aula virtual como unha ferramenta auxiliar para a docencia e á que se subirán os contidos e resto de materiais da materia.
O sistema de avaliación da aprendizaxe desta materia contempla os seguintes criterios:
- A asistencia e participación na aula equivalerá a un 20% da cualificación final.
- As actividades de avaliación continua tales como traballo, exposicións equivalerán a un 40% da cualificación final.
- O exame equivalerá a un 40% da cualificación final.
Con respecto ao sistema de avaliación cómpre facer unha serie de precisicións:
- Para a valoración da asistencia e participación na aula tomaranse como referencia as notas do docente sobre o grao de satisfacción coas respostas do alumno e o seu grao de participación nas cuestións plantexadas.
- Para a superación da avaliación continua baseada en traballos, exposicións etc. será necesario que o alumno realice correctamente e entregue o 75% das actividades que se lle plantexen ao longo desta materia.
- O exame constará de dúas partes claramente diferenciadas: unha parte teórica en forma de preguntas sobre diversos conceptos da materia e unha parte práctica que será a máis valorada e na que se plantexará ao alumnado un caso práctico, parecido a algún dos vistos na clase ou aos resoltos nas tarefas de avaliación continua.
- Estes criterios de avaliación serán os que se terán en conta tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
- Para aqueles/as alumnos/as con dispensa de asistencia á clase o único criterio de avaliación será o exame.
En canto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas cómpre advertir o seguinte: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
O tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar esta materia é o seguinte:
- a docencia expositiva que, como xa se indicou, consta de 24 horas e que esixe unha presencialidade dun 100%.
- a docencia interactiva/seminario que, como xa se indicou, consta de 24 horas e que esixe unha presencialidade dun 100%.
- a titorización individual do alumnado constará de 3 horas semanais e esixe unha presencialidade dun 100%
- o exame constará de 4 horas e esixe unha presencialidade dun 100%.
- e, finalmente, o traballo persoal do alumnado e outras actividades que constan de 95 horas.
As recomendacións para a superación da materia baséanse na propia experiencia persoal do docente e resúmense no seguinte:
- uso regular do campus virtual pois a traverso del facilitaranse os materiais desta materia.
- asistencia continua ás clases para familiarizarse tanto coa terminoloxía como coa práctica na resolución dos exercicios. Esta asistencia contabilizarase mediante unha folla de control de asistencia.
- repaso diario dos conceptos teóricos que se vaian explicando durante as sesións expositivas.
- participación activa e voluntaria.
- o docente levará un control exhaustivo das intervencións de cada alumno/a, anotando a data de intervención e o grado de satisfacción na resolución da actividade plantexada.
- tanto o repaso da teoría como a elaboración dos exercicios resultan fundamentais para a superación da materia.
- recurrir ás titorías sempre que haia dúbidas a fin de resolvelas.
A asignatura á que se refire o presente programa, denominada “Dxitalización de arquivos e bibliotecas”, é unha materia de carácter obrigatorio e implementada no primeiro semestre do segundo curso do Grao en Xestión Cultural que se imparte na Facultade de Humanidades da USC sita no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 6 ECTS
A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, docente do Departamento de Historia, Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego, sen desbortar tampouco o emprego do castelán cando as circunstancias así o aconsellen.
O horario de titorías será os martes de 11:00h a 13:00h e os xoves de 11:00h a 12:00h. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o/a alumno/a se poña en contacto mediante teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita.
Dado o pouco espazo dado para a bibliografía básica e complementaria, sempre e cando se considere convinte o docente facilitará ao alumnado unha escolma bibliográfica para cada tema do programa.
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | CLE_01 | Galego | Aula 13 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
13.01.2025 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 16 |
18.06.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 14 |