Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Recoñecer, definir, explicar e xustificar os valores éticos propios da profesión
Recoñecer os dereitos culturais como dereitos humanos e posuir destrezas para a súa posta en práctica e implementación
Adherirse a un compromiso moral e social desde o sector profesional da cultura
Conxugar a perspectiva global coas identidades e os recursos socioculturais propios de cada rexión e ámbito local de incumbencia
Aplicar os coñecementos e estratexias á diversidade cultural, persoal, de xénero, etc., presentes na sociedade
Contidos
1. Cuestións introdutorias: a ética e a xestión cultural
2. Reflexións desde o ámbito da cultura
2.1. A cultura como portadora de identidade, valores e significado
2.2. O global e o local: proteción da diversidade cultural
2.3. Interculturalidade e diálogo intercultural
2.4. Cultura e cooperación para o desenvolvemento
2.5. Cultura e medio: desenvolvemento sostible
3. Reflexións desde o ámbito da sociedade
3.1. Cultura, paz e valores democráticos
3.2. Dereitos humanos
3.3. Participación da sociedade civil
3.4. Igualdade de xénero
4. Reflexións desde o ámbito da profesión
4.1. Responsabilidade ética e social da xestión cultural
4.2. Boas prácticas profesionais
Bibliografía básica:
• ASOCIACIÓN DE PROFESIONALES DE LA GESTIÓN CULTURAL DE CATALUÑA (1996), La gestión cultural: una nueva profesión en debate. Barcelona.
• ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA XESTIÓN CULTURAL: pensamentos sobre que facer coa cultura?
• MARCÉ, X. & MARTINELL, A. (1995): Perfil y formación de gestores culturales en España. Madrid, Ministerio de Cultura.
• MARTÍN-BARBERO, J (2010): “Industrias culturales: modernidad e identidad” en Cuadernos de comunicación y cultura, nº 15.
• MARTINELL, A (2001): La gestión cultural: singularidad profesional y perspectivas de futuro. (Recopilación de textos). Disponible en: http://observatoriocultural.udgvirtual.udg.mx/repositorio /bitstream/handle/123456789/346/AlfonsoMartinell_GC.pdf?sequence=1&isAllowed=y
• MENÉNDEZ, C. & GUÉREZ, V. (eds.) (1994): La formación en gestión cultural. Secab-Colcultura, Colombia.
• MENÉNDEZ, C. & FARFAN, M. (eds.) (1995): El gestor cultural. Agente de cambio. Secab, OIE, Ministerio de Educación y Cultura de Ecuador.
Bibliografía complementaria:
• BONET, L. (1995): La cultura contemporánea, un sector mercantilizado. Santiago de Compostela, Universitat de Barcelona.
• INCANOP (1997): Les professions de la cultura. Barcelona, Generalitat de Catalunya.
• NAISSBETT, J. (1990): Megatendencias 2000. Bogotá, Editorial Norma.
• TAYLOR, Ch. (1994): Multiculturalismo y las políticas de reconocimiento. FCE, México.
• UNESCO: Convención sobre la protección y la promoción de la diversidad de las expresiones culturales. París, 20 de octubre de 2005. Dispoñíbel en: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/ pf0000142919_spa
• UNESCO: Batería de Indicadores UNESCO en Cultura para el Desarrollo. Febrero 2011. (Borrador). Dispoñíbel en: http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/CLT/pdf/Co nv2005 _CDi ndicators_Analytical_ es.pdf
• UNESCO: Nuestra diversidad creativa: Informe de la Comisión Mundial de Cultura y Desarrollo. Dispoñíbel en: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000105586_spa
• ZALLO, R. (1992): El mercado de la cultura: estructura económica y política de la comunicación. San Sebastián, Editorial Garos.
• ZALLO, R. (1988): Economía de la comunicación y la cultura. Madrid, Akal.
- Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir juizos que inclúan reflexións sobre temas de índole
social, científica ou ética
- H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos
procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano,
atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con
diversidade funcional
Clases teóricas: exposición maxistral, aberta á intervención e ó debate.
Clases prácticas: actividades en seminario con participación activa e protagonista do alumnado nas que se realizarán comentarios colectivos e/ou individuais de diferentes materiais para cada unidade temática, así como a posta en común de lecturas e materiais en diversos soportes.
Haberá 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva e programaranse 3 horas de titorías en grupo reducido
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Asistencia e participación na aula: 20%
Actividades de evaluación continua (traballos, exposicións, etc.): 70%
Exame: 10%
Para o alumnado con dispensa de asistencia non se computará o apartado de “Asistencia e participación na aula”, sumándose ese 20% á valoración do exame, que pasa a ponderar o 30%.
Para a segunda oportunidade, as actividades requeridas serán axustadas ao que a cada estudante precise recuperar, manténdose a cualificación das partes xa superadas.
O alumnado de 2ª convocatoria poderá cursar a materia como se fora alumnado ordinario, sendo cualificado do mesmo xeito; de non elixir esta opción, será cualificado como o alumnado con dispensa de asistencia: Actividades de evaluación continua (traballos, exposicións, etc.): 70%; Exame: 30%.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
As competencias a acadar a través da materia serán avaliadas a través das actividades de avaliación previstas. A totalidade das competencias, e fundamentalmente aquelas referidas a actitudes e compromisos éticos y democráticos, serán atendidas nas actividades interactivas solicitadas para a avaliación continua e as participacións de clase; as competencias Con02 e H/D03, ademáis, poderán ser avaliadas a través da proba escrita.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
ACTIVIDADES FORMATIVAS MODALIDADE PRESENCIAL:
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS % PRESENCIALIDADE
Docencia expositiva 24 100
Docencia interactiva / seminario 24 100
Tutorización individual do alumnado 3 100
Exame 4 100
Traballo personal do alumnado 95 0
e outras actividades
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Beatriz Fernandez Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 982824742
- Correo electrónico
- beatriz.fernandez.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | CLIS_01 | Castelán | Aula 16 |
27.05.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 15 |
26.06.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 14 |