Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Recoñecer a diversidade de linguas no mundo tanto orais como de signos
- Comprender a influencia da contorna cultural na configuración das linguas que falamos
- Expoñer unha visión propia sobre a importancia de preservar a diversidade lingüística nun contexto de globalización
- Explicar e ilustrar os diferentes modos de significar a realidade en diversas comunidades culturais
- Debater acerca da existencia de universais semánticos
- Comprender as diferenzas culturais na interacción comunicativa
- Recoñecer os factores que poden propiciar malentendidos na comunicación intercultural
SESIÓNS EXPOSITIVAS
TEMA 1. LINGUAXE E CULTURA. Distintas dimensións da linguaxe. A linguaxe como fenómeno socio-cultural. Etnolingüística e Lingüística cultural.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA. Clasificación das linguas. Visión panorámica das linguas orais e de signos. Xestión da diversidade lingüística
TEMA 3. COMUNICACIÓN INTERCULTURAL. Comunicación como interacción socio-cultural. Comunicación non-verbal. Pragmática intercultural. Xestión intercultural da cortesía e a conversación.
TEMA 4. REPRESENTACIÓN CULTURAL DA CONTORNA. Universais lingüísticos e relatividade lingüística. Diversidade na categorización lingüística das experiencias. Metáforas culturais.
SESIÓNS INTERACTIVAS
Nas sesións interactivas realizaremos actividades de traballo individual ou en grupo que favorezan o desenvolvemento das competencias polas que van ser avaliados os alumnos. O obxectivo destas sesións debe ser afianzar a comprensión dos contidos, resolvendo dúbidas, aplicando o aprendido á lectura e comentario de textos, realizando exercicios ou ben presentando ante os compañeiros o resultado dos traballos elaborados.
TEMA 1. LINGUAXE E CULTURA
Ademais de presentar a materia e aclarar todas as cuestións relacionadas coa súa planificación, cos traballos que o estudante debe realizar e cos criterios de avaliación, faremos a lectura conxunta dalgúns textos e presentaremos un primeiro texto para comentario.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA
Organizaremos a realización e exposición de traballos en grupo sobre linguas ou conxuntos de linguas. Organizaremos e realizaremos un debate sobre a xestión da diversidade lingüística e as distintas actitudes sociais respecto dalgunhas variedades lingüísticas. Traballaremos con textos para o seu comentario.
TEMA 3. COMUNICACIÓN INTERCULTURAL
Organizaremos a elaboración en grupo de materiais que reflictan diferenzas culturais no modo de comunicarse. Faremos análises pragmáticas. Analizaremos situacións de comunicación intercultural que poden propiciar malentendidos.
TEMA 4. REPRESENTACIÓN CULTURAL DA CONTORNA
Planificaremos a celebración dun debate sobre algún tema no que se proxecte socialmente a controversia acerca da influencia da linguaxe no modo de entender a realidade. Traballaremos con algún texto para o seu comentario.
Bibliografía básica
BERNÁRDEZ, Enrique (2016): Viaje lingüístico por el mundo. Madrid: Alianza Editorial
ESCANDELL, M. Victoria (2014): La comunicación. Lengua, cognición y sociedad. Madrid: Akal
GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen.
HERNÁNDEZ SACRISTÁN, Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
JACKSON, Jane (2024): Introducing language and intercultural communication. 3ª ed. Routledge: Abongdon/ N.York
JUNYENT, M. Carme & Pere COMELLAS (2019): Antropología Lingüística. Madrid: Síntesis.
MORENO CABRERA, Juan Carlos (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas: contra la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
PALMER, Gary B. (2000): Lingüística Cultural. Tradución ao español de E. Bernárdez. Madrid: Alianza Editorial.
RAMALLO, Fernando et alii (eds.) (2000): Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais.
SAPIR, Edward (1921): El lenguaje. El lenguaje. Introducción al estudio del habla, México: Fondo de Cultura Económica, 1974. Versión galega: A linguaxe. Introdución ao estudo da fala, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago (= Clásicos do pensamento universal), 2010.
Bibliografía complementaria
AMORÓS, Carla (2014): Las lenguas en la sociedad. Madrid: Síntesis.
ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
BHATIA, Tej K. & William C. RITCHIE (eds.) (2013): The Handbook of Bilingualism and Multilingualism. Chichester: Blackwell.
BLOMMAERT, Jan (2010): The Sociolinguistic of Globalization. Cambridge: Cambridge University Press.
BOWE, Heather, Kilye MARTIN & Howard MANNS (eds.) (2014): Communication across cultures. Mutual understanding in a global world. Cambridge: University Press. 2ª edición.
BRADLEY, David & Maya BRADLEY (2019): Language endangerment. Cambridge: Univ. Press.
COOPLAND, Nikolas (2010): The Handbook of Language and Globalization. Chichester: Wiley Blackwell.
CRYSTAL, David (2001): La muerte de las lenguas. Madrid: Cambridge University Press.
ESCANDELL, M. Victoria et al. (2009): El lenguaje humano. Madrid: Ramón Areces
FERNÁNDEZ VÍTORES, David (2010): La Europa multilingüe: problemas y perspectivas de una Unión ampliada. Madrid: Fundamentos.
GARCÍA MARCOS, Francisco (2005): La divinidad políglota. Madrid: Octaedro.
HOUSE, Juliane & Dániel Z. KÁDÁR (2021): Cross-cultural Pragmatics. Cambridge: Univ. Press
KECSKES, Istvan & Stavros ASSIMAKOPOULOS (eds.) (2017): Current issues in Intercultural Pragmatics. Amsterdam: John Benjamins.
KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
KAPLAN, Robert B. & Richard B. BALDAUF (eds.) (2005): Language Planning and Policy in Europe. Clevedon: Multilingual Matters.
LUQUE DURÁN, Juan de Dios (2004): Aspectos universales y particulares del léxico de las lenguas del mundo. Granada: Impredisur [versión en rede: http://elies.rediris.es/elies21/]
MARTI, FELIX et al. (2006): Palabras y mundos. Informe sobre las lenguas del mundo. Barcelona: Icaria.
MAY, Stephen (2001): Language and Minority Rights: Ethnicity, Nationalism and the Politics of Language. Harlow: Longman.
MAY, Stephen & Nancy HORNBERGER (eds.) (2008): Language Policy and Political Issues in Education [Encyclopedia of Language Education]. Dordrecht: Springer.
RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
SHARIFIAN, Farzard (2017): Cultural linguistics. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins.
SHARIFIAN, Farzard (ed.) (2015): The Routledge Handbook of language and culture, London/N. York: Routledge.
SHARIFIAN, Farzard (ed.) (2017): Advances in Cultural Linguistics. Singapore: Springer
SCOLLON, Ron, Suzanne Wong SCOLLON & Rodney H. JONES (2012): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Wiley-Blackwell, 3ª edición.
SUE, Wright (2004): Language Policy and Language Planning, from Nationalism to Globalization. Houndmills: Palgrave Macmillan
WIERZBICKA, Anna (2003): Cross-cultural pragmatics: The semantics of human interaction. Berlin/N. York: Mouton de Gruyter.
Recursos:
- Atlas Unesco de linguas en perigo: http://www.unesco.org/new/en/culture/themes/endangered-languages/atlas-…
- Informe Unesco sobre diversidade cultural:
http://www.unesco.org/new/es/culture/resources/report/the-unesco-world-…
- Proxecto idiomas en perigo de extinción: http://www.endangeredlanguages.com/
- Comisión europea e multilingüismo: https://ec.europa.eu/education/policies/multilingualism/about-multiling…
- Centro de Lingüística Aplicada: http://www.cal.org/who-we-are
- LinguaPax: http://www.linguapax.org/es/
- World Atlas of Language Structures: http://wals.info
- http://www.ethnologue.com/
- https://glottolog.org/
- http://guide.culturecrossing.net/about_this_guide.php
- https://www.hofstede-insights.com/product/compare-countries/
- Con08: Identificar os distintos niveis e estilos de uso das linguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cultural
- Con09: Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
- H/D05: Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especilamente, á igualdade de xénero, á mulitculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos problemas principais das sociedades contemporáneas
A materia consta de 24 horas de docencia expositiva e 24 horas de docencia interactiva, distribuídas en tres horas presenciais á semana. Nas sesións expositivas o docente presentará os contidos básicos da materia, mentres que nas sesións interactivas se farán e corrixirán as actividades planificadas de traballo autónomo do alumnado: comentarios críticos de textos, debates, presentacións orais de traballos en grupo etc. Algunhas destas actividades de traballo autónomo realizaranse a través da aula do campus virtual da USC. Periodicamente iranse fixando as datas para a realización das 3 horas de titorías programadas, nas que se resolverán problemas e dúbidas e se fortalecerá o dominio de ferramentas de aprendizaxe. Contémplase a posibilidade de programar algunha saída de campo de carácter complementario e voluntario.
PRIMERA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e o exame final complementario.
Nesta primeira oportunidade o 40% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados nas sesións interactivas. Para poder desfrutar deste sistema de avaliación continua é preciso entregar, como mínimo, unha das actividades programadas en cada un dos catro temas. Neste proceso de avaliación continua os principais obxectos de valoración serán:
- A consistencia teórica e argumental, así como a corrección formal, dos traballos escritos e das exposicións orais presentados (30%).
- A actitude positiva e o esforzo por mellorar e aprender (10%).
Un 20% da cualificación final procederá da asistencia e, fundamentalmente, da participación activa nas clases.
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e realizarase na data fixada pola Secretaría do Centro. Para superar a materia é necesario obter unha cualificación mínima de 4, sobre 10, neste exame final.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 20% valoración da participación activa en clases e 40% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
O alumnado que teña concedida polo decanato a DISPENSA de ASISTENCIA a clases tamén será avalidado de forma continua con exame complementario. O 60% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e o 40% procederá da nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e que se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro e no que terá que obter unha cualificación mínima de 4/10.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
O alumnado repetidor, que xa cursara a materia, será avaliado co mesmo sistema establecido para o alumnado de primeira matrícula tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
SESIÓNS EXPOSITIVAS 24 (horas presenciais) 15 (horas non presenciais) Total 39
SESIÓNS INTERACTIVAS 24 (horas presenciais) 60 (horas non presenciais) Total 84
SESIÓNS TUTORÍA GRUPO 3 (horas presenciais) Total 3
SESIÓNS EVALUACIÓN 4 (horas presenciais) 20 (horas non presenciais) Total 24
TOTAL 55 (horas presenciais) 95 (horas non presenciais) Total 150
Os ritmos de aprendizaxe non son os mesmos en todos los alumnos, e tampouco será idéntico o esforzo que esixan as actividades de traballo autónomo programadas nos distintos temas, pero vai requirir do alumnado o compromiso para asistir de maneira proveitosa ás clases e o traballo constante e continuado.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Miguel González Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iván Enríquez Martínez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 15 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula 15 |
17.01.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 14 |
13.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 12 |