Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
Tras cursar esta materia os/as alumnos/ as han de ser capaces de:
1. Aplicar os coñecementos teórico-xurídicos adquiridos no desempeño das actividades propias da xestión cultural.
2. Adquirir certa destreza no emprego de termos e conceptos xurídicos relacionados co sector da cultura.
3. Coñecer e manexar as principais fontes normativas nos diferentes ámbitos da cultura e nos distintos niveis de actuación.
4. Coñecer, comprender e valorar o papel da Propiedade Intelectual no progreso da sociedade e o crecemento económico.
5. Coñecer aos axentes, públicos e privados, que impulsan e difunden a cultura.
6. Examinar e valorar a contribución das políticas culturais á sociedade contemporánea.
Tema 1 A cultura como obxecto de dereito na Constitución Española. A cultura no Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tema 2 A liberdade de produción e creación literaria, artística, científica e técnica. O reparto de competencias en materia de cultura.
Tema 3 Instrumentos internacionais de recoñecemento e protección dos dereitos culturais.
Tema 4 Ámbito subxectivo da xestión da cultura. As Administracións Públicas como xestoras de cultura.
Tema 5 A xestión de cultura no sector privado. A profesión de xestor cultural.
Tema 6 Contratación administrativa. Convenios administrativos.
Tema 7 Subvencións. Patrocinio. Mecenado. Outras formas de fomento no sector cultural.
Tema 8 Patrimonio cultural. Clases de bens do patrimonio cultural. Réxime de protección e conservación dos bens do patrimonio culturl.
Tema 9 Patrimonio cultural inmaterial. Camiños de Santiago. Bens culturais específicos. Actividade inspectora, réxime sancionador e delitos contra o patrimonio. Arquivos. Museos
Tema 10 Libro e bibliotecas. Cinema. Outros sectores. Espectáculos públicos.
Tema 11 A propiedade intelectual. Dereitos de autor.
Tema 12 Outros dereitos de propiedade intelectual. Protección dos dereitos de propiedade intelectual. Xestión colectiva dos dereitos de propiedade intelectual.
A bibliografía básica e complementaria está recollida en cada un dos temas redactados polo profesor, localizada no concreto ámbito material analizado pola obra de referencia.
Sen prexuízo disto, indícase a continuación a seguinte bibliografía básica e complementaria:
Prieto de Pedro, Jesús (2013) Cultura, culturas y Constitución. Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. Madrid.
Timón Herrero, Marta (2022). El derecho a la libertad de creación artística y su singularidad. Teoría y derecho.
Ruiz Palazuelos, Nuria (2021) La libertad de creación artística, ¿un derecho autónomo? (Lóiseau rebelle en la constitución y en la jurisprudencia constitucional). Revista de Administración Pública.
Bercovitz Rodríguez Cano, R. Manual de Propiedad Intelectual. Tirant lo Blanch, última edición.
Bustamante Ramírez, E., Alzaga Ruiz, I. (coords.) (2017). Informe sobre el estado de la cultura en España: igualdad y diversidad en la era digital [ICE-2017]. Observatorio de Cultura y Comunicación Observatorio de Cultura y Comunicación.
Fernando Pablo, M. (dir.) (2012). Patrimonio cultural y nuevas tecnologías. Entorno jurídico. Ratio Legis.
Martinell, A. y Barreiro, B., (2020). Los derechos culturales: Hacia una nueva generación de políticas públicas. Situación y compromisos de España con la comunidad internacional. Documento de Trabajo 20/2020. Fundación Alternatives.
Pedro, J. P. d. (2004). P. cultural, dualismo competencial y comunicación cultural en la Constitución. Revista PH, 48 Especial.
Gamero Casado, Eduardo y Fernández Ramos, Severiano, Manual Básico de Derecho Administrativo, Tecnos, Madrid, ultima edición.
Vaquer Caballería, M. (1998). Estado y cultura: la función cultural de los poderes públicos en la Constitución Española. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
Código de Derecho Cultural (BOE) https://www.boe.es/biblioteca_juridica/codigos/codigo.php?id=428&modo=2…
Coñ01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
Coñ03: Diferenciar os principais conceptos relacionados coas intervencións no ámbito do patrimonio
cultural
Coñ10: Comprender os fundamentos das producións culturais como industria e o seu marco lexislativo
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función
dos obxectivos que se persigan
Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano,
atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidad e á non discriminación de persoas
con diversidade funcional
Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudo como
en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares
ACTIVIDADE/ HORAS / PRESENCIALIDADE %
Docencia expositiva: 24 H. 100%
Docencia interactiva / seminario: 24 H. 100%
Titorización do alumnado en grupo reducido: 3 H. 100%
Exame: 4 H. 100%
Empregaranse as seguintes ferramentas docentes:
- Clase maxistral
- Resolución de problemas/exercicios
- Presentación en aula
- Estudios de casos
- Debate
- Obradoiro
- Aprendizaxe colaborativa
- Aprendizaxe baseada en proxectos
- Aula invertida
- Gamificación na aula
- Traballo titorizado
- Visita a institución de xestión cultural
- A asistencia e participación na aula computará o 20% da cualificación final.
- As actividades de avaliación continua representarán o 40%.
- O exame de coñecementos adquiridos suporá o restante 40%.
Con respecto ao sistema da avaliación contínua, a participación nas sesións interactivas representará o 25% da cualificación final.
Poderán realizarse test de verificación ao final dalgunhas das sesións interactivas. A cualificación da avaliación continua será o resultado de valorar os resultados dos test e a participación do alumno ou alumna nas sesións interactivas (achegas, anticipación de estudos, actitude participativa e respectuosa cos compañeiros). Na avaliación terá especial peso o procedemento lóxico de argumentación seguido e a motivación das conclusións.
Para os efectos deste apartado avaliaranse as 12 sesións interactivas correspondentes aos 12 temas do programa, a razón de 0,2 puntos a tarefa ou actividade realizada satisfactoriamente, 0,1 puntos no caso de tarefa ou actividade realizada pero con erros evitables de acordo cos coñecementos esixibles e 0 puntos en caso de que a tarefa ou actividade non se realice ou se entregue con deficiencias groseiras.
Coa idea de potenciar o reforzo práctico e cohesionado dos contidos, o alumnado realizará unha actividade, consistente na elaboración dun traballo de investigación de cara á posta en marcha dunha iniciativa de xestión cultural con especial énfase na perspectiva dos seus aspectos xurídicos.
O traballo será realizado consonte as condicións que fixará e comunicará o profesor na primeira sesión lectiva.
O traballo de investigación computará un 15% da cualificación final.
A cualificación obtida nas tarefas e actividades realizadas ao longo do curso e a correspondente ao traballo de investigación serán conservadas na fase de segunda oportunidade.
No caso de que a alumna ou o alumno non realizara tarefas e actividades durante o semestre, será posible a súa achega na fase de segunda oportunidade. A entrega será realizada coa antelación que fixe o profesor respecto do exame. A extensión e contidos da actividade a achegar non serán inferiores aos propios das realizadas durante o semestre e computará un máximo do 50% respecto da valoración correspondente en orixe a este criterio na cualificación final (25%) de modo que a puntuación máxima que se poderá obter será a de 1,25 puntos. Neste caso o traballo de investigación computará un 66% da puntuación máxima que representa en orixe respecto da cualificación final (15%), de modo que polo traballo de investigación na segunda fase se poderá obter unha cualificación máxima de 1 punto.
Os coñecemos adquiridos serán, igualmente, avaliados no exame final, puntuando sobre o 40% da nota global da materia.
Será obxecto de exame o material teórico que figura nos temas elaborados polo profesor e que están a disposición dos alumnos no campus virtual, excluíndose o contido que figura en notas a pé de páxina.
Non é necesario realizar a proba final de coñecementos cando as cualificacións obtidas na avaliación continua e por asistencia e participación na aula acumulen unha puntuación igual ou superior a 5. Noutro caso, para superar a materia será necesario obter unha cualificación mínima de 1,6 puntos respecto dos 4 que achega esta proba de cara á cualificación final (equivalente a un 4 nunha puntuación sobre 10). Este requisito é de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 95 horas sen presencialidade
- Participar activamente nas actividades propostas.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Pablo Jose Lopez Paz
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- pablo.lopez.paz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | CLIS_01 | Castelán | Aula 11 |
04.06.2025 16:00-18:30 | CLE_01 | Aula 16 |
30.06.2025 16:00-18:00 | CLE_01 | Aula 12 |