Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Presentar e analiza-los procesos históricos que aconteceron na Europa dos séculos XVI, XVII e XVIII, para poñelos en relación coas outras áreas xeográficas do planeta coas que toma contacto as sociedades europeas no transcurso desta época histórica.
2. Comprende-las implicacións dos feitos e procesos históricos propios do período moderno na configuración das realidades actuais no contexto europeo e mundial.
3. Defini-los principais conceptos relacionados cos cambios socio-políticos, intelectuais e relixiosos acontecidos durante os séculos XVI ao XVIII e identificar as súas causas e consecuencias nun mundo incipientemente globalizado.
4. Interpretar e xestiona-las fontes de información histórica relativas ao mundo da época moderna nun nivel elemental.
5. Reuni-la información das achegas bibliográficas xeneralistas e específicas da Historia Moderna e expoñela con axuda das tecnoloxías da información e comunicación.
1. A idade Moderna: periodización e características esenciais
2. Do Vello ó Novo Mundo: a expasión e colonización europea nos séculos modernos
3. Nacimiento e evolución do "Estado" moderno
4. As bases socioeconómicas da Europa moderna
5. Cultura e Relixión na Idade Moderna
a) Básica:
M. Alfonso Mola, C. Martínez Shaw, Historia Moderna. Europa, África, Asia y América, Madrid, UNED, 2015.
J. B. Amores Carredano (coord.), Historia de América, Barcelona, Ariel, 2006.
B. Bennassar et alii, Historia Moderna, Madrid, Akal, 2013
J. Bergin, El siglo XVII, Barcelona, Crítica, 2003.
J. Black, La Europa del siglo XVIII, 1700-1789, Madrid, Akal, 1997.
E. Cameron, El siglo XVI, Barcelona, Crítica, 2006.
J. Elliot, La Europa dividida (1559/1598), Barcelona, crítica, 2002.
A. Floristán (Coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, Ariel, 2007.
M. Greengrass, La destrucción de la Cristiandad. Europa, 1517-1648, Ediciones de Pasado y
Presente, Barcelona, 2015.
E. Hinrichs, Introducción a la Historia Moderna, Madrid, Akal, 2001.
H. Lutz, Reforma y Contrarreforma, Madrid, Alianza, 2008.
T. Munck, La Europa del siglo XVII. 1598-1700, Madrid, Akal, 1994.
L. Ribot, La Edad Moderna (siglos XV-XVIII), Madrid, Marcial Pons, 2016.
A. Tennenti, La edad moderna. Siglos XVI-XVIII, Barcelona, Crítica, 2000.
b) Complementaria
J. P. Bardet e J. Dupâquier (dirs.), Historia de las poblaciones de Europa. Volumen I: De los orígenes a las premisas de la revolución demográfica, Madrid, Síntesis, 2001.
P. Burke, El Renacimiento europeo, Barcelona, Crítica, 2000.
P. Burke, La cultura popular en la Europa Moderna, Madrid, Alianza, 2005.
G. Céspedes del Castillo, América Hispánica (1492-1898), Madrid, Marcial Pons, 2009.
J. Delumeau, El catolicismo de Lutero a Voltaire, Barcelona, Labor, 1973.
J. De Vries, La urbanización de Europa, 1500-1800, Barcelona, Crítica, 1987.
T. Egido, Las reformas protestantes, Madrid, Síntesis, 1992.
J. H. Elliot, Imperios del Mundo Atlátntico: España y Gran Bretaña en América, 1492-1830, Madrid, Taurus, 2006.
M. W. Flinn, El sistema demográfico europeo, 1500-1820, Barcelona, 1989.
D. García Hernán, Humanismo y sociedad en el Renacimiento, Madrid, Síntesis, 2017.
S. Gruzinski, Las cuatro partes del mundo: historia de una mundialización, México, FCE, 2011.
P. Hazard, La crisis de la Conciencia Europea, Madrid, Alianza, 1989.
H. Kamen, La sociedad europea (1500-1700), Madrid, Alianza, 1986.
P. Kriedte, Feudalismo tardío y capital mercantil, Barcelona, Crítica, 1986.
J. A. Maravall, La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
P. Massa et alii, Historia económica de Europa (siglos XV-XX); Barcelona, 2003.
P. Monod, El poder de los reyes: monarquía y religión en Europa, 1589-1715, Madrid: Alianza, 2001.
G. Parker, La guerra de los Treinta Años. Barcelona, Crítica, 1988.
D. Ringrose, El poder europeo en el mundo, 1450-1750, Barcelona, 2019.
H. Schultz, Historia económica de Europa, 1500-1800: artesanos, mercaderes y banqueros, Madrid, 2001.
S. Shapin, La revolución científica, Barcelona, Paidós, 2000.
c) Otros recursos auxiliares:
B. Azcárate Luxán, Mª V. Azcárate Luxán, J. Sánchez Sánchez (dirs.), Atlas Histórico y Geogrráfico Universitario, Madrid, UNED, 2006.
C. Cook, Diccionario de términos históricos, Madrid, Alianza, 1993.
G. Duby, Atlas Histórico Mundial, Barclona, Larousse, 2007.
H. Kamen, Vocabuliario básico de la Historia Moderna, Barcelona, 1986.
J. R. Juliá (dir.), Atlas de Historia Universal, 2 vols., Barcelona, Planeta, 2000.
P. Vilar, Iniciación al vocabulario del análisis histórico, Barcelona, 1980.
- Con02: Comprender e interpreta-los fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
- H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de personas con diversidade funcional
Clases expositivas presenciais por parte do profesor que poden ser acompañadas de materiais docentes e recursos dixitais para facilita-la aprendizaxe.
Clases prácticas onde se desenvolverán actividades diversas relacionadas cos temas para estudar: análise e comentario crítico de documentos (textos, gráficas, mapas…), recensión de artigos especializados, análise de conceptos fundamentais do período histórico, discusións de lecturas e textos previamente seleccionados… entre outras.
Titorías invidualizadas opcionais no despacho do profesor.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
1) Proba teórica de conxunto. Na data sinalada polo calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade realizarase unha proba escrita global na que o alumnado será examinado sobre os temas do programa, así como dos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases expositivas. Dita proba computará por valor do 40% da cualificación final. A puntuación da proba estará comprendida entre 0 e 10 puntos e para que sexa tida en conta cada persoa matriculada deberá obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
2) Exercicios prácticos realizados ao longo do curso. Estes exercicios prácticos computarán por valor do 50% da cualificación final. Para que sexan recoñecidos cada persoa matriculada terá que alcanzar no seu conxunto unha nota mínima de 5 sobre 10.
3) Asistencia continuada e participación nas clases 10%.
B) PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE E DE REPETIDORES/AS
1) Proba teórica de conxunto coas mesmas características que a ordinaria que computará por valor do 40% da cualificación final.
2) Os exercicios prácticos, no caso de ser avaliados positivamente con anterioridade, conservarase a cualificación; en caso contrario deberán ser reelaborados e presentados na data do exame oficial. A ponderación correspondente a esta proba na cualificación final será do 50%.
3) Asistencia continuada e participación nas clases 10%
C) NORMATIVA DE ASISTENCIA Á CLASE
A asistencia regular a clase será un requisito preceptivo para superar a materia. No caso daquelas persoas que teñan dispensa de asistencia a avaliación continua realizarase a través de contactos a concretar co profesor. O sistema e porcentaxes de evaluación, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, serán os mesmos que para o resto do alumnado.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra a persoa infractora. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas de autoría e das fontes.
Seguindo as orientacións da Declaración de Boloña sobre o Espazo Europeo de Ensino Superior, as actividades prácticas suscitadas nesta materia pretenden potencia-lo traballo persoal de cada persoa matriculada fóra da aula. Do volumen de traballo total de cada persoa na materia, o 63% corresponde ao traballo individual ou en grupo que o alumnado se compremete a realizar sen a presencia do profesor. Nestas horas de traballo inclúese a preparación das sesións, o estudo, ampliación e síntese da información recibida, a resolución de exercizos, a elaboración e redacción de traballos, a escritura, a preparación e ensaio de exposicións, a preparación de exames…
Así, por cada hora de aula presencial contémplanse dúas de traballo persoal que cada persoa dedicará a lecturas e á fixación do explicado polo profesor na aula e á realización de actividades prácticas e complementarias.
A distribución das cargas de traballo en horas conforme aos créditos ECTS para cada tipo de actividade é o seguinte:
- Sesións expositivas 24 horas
- Sesións interactivas: 24 horas
- Titorías: 3 horas
- Sesións de avaliación: 4 horas
- Traballo persoal do alumno e outras actividades: 95 horas
Total de horas estimadas: 150
Tendo en conta a extensión e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter obrigatorio recoméndase dedicar un tempo cotián á súa preparación, que debería facerse recorrendo á lectura e realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. Do mesmo xeito, é case imprescindible a lectura da bibliografía de apoio xeral e da específica que aporte o profesor co programa para obter unha visión máis completa da que é posible ofrecer nas sesións expositivas. Tamén é recomendable o manexo de atlas históricos, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou dixitais.
É conveniente así mesmo a realización persoal polo alumnado de comentarios de textos, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio desta disciplina e unha mellor comprensión dos contidos da materia. É frecuente que caia na paráfrase ou ben que se esqueza por completo dos textos e redacte o tema, que é un calco dos apuntamentos recibidos. O alumnado debe aprender a organiza-los datos que se lle ofrecen e a os estruturar e explicar debidamente.
Na realización dos traballos bibliográficos e das actividades prácticas obrigatorias convén coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, do mesmo xeito que a creatividade persoal e o rigor científico.
Ruben Castro Redondo
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 982824716
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
22.01.2025 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 16 |
12.06.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 14 |