Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
o Entender os procesos de construción da identidade.
o Aprender os conceptos e as categorías básicas do patrimonio cultural.
o Manexar os métodos da antropoloxía aplicada á xestión cultural.
o Coñecer programas de xestión cultural vinculados á identidade cultural e ao patrimonio.
BLOQUE 1:
PATRIMONIO E IDENTIDADE CULTURAL: PROCESOS SOCIAIS E SIMBÓLICOS
• Cultura e identidade
• Definición antropolóxica de Cultura
• Procesos de construción identitaria: identidade individual e identificación colectiva
• Etnicidades e nacionalismos
• Patrimonialización da cultura
• Do patrimonio histórico ao cultural
• Patrimonio cultural e turismo: recursos, produtos e ferramentas
BLOQUE 2:
TRATAMENTO DA CULTURA E DO PATRIMONIO CULTURAL
• Políticas de patrimonio cultural: representacións e prácticas
• Xestión, protección e posta en valor do patrimonio
• Axentes e procesos en torno ao patrimonio
• A dimensión produtiva do patrimonio
ARRIETA, Iñaki; CARBONELL, Eliseo; FDEZ. De PAZ, Esther & MÁRMOL, Camila del: Hacia la inmaterialidad del patrimonio. Política, cultura y conflicto en la producción del patrimonio inmaterial, 2011
BARAÑANO, Ascensión; CÁTEDRA, María: La representación del poder y el poder de la representación: la política cultural en los museos de Antropología y la creación del Museo del Traje, 2005
BARAÑANO, Ascensión: Poder y silencio de los museos de antropología en España”, 2007.
BARTH, Frederick. 1976 [1969]. Los grupos étnicos y sus fronteras. Mexico: FCE. BOURDIEU, Pierre. 2002. La distinción. Criterios y bases sociales del gusto. Madrid: Taurus.
CLIFFORD, J.; MARCUS, G. E. (Eds.). Retóricas de la antropología, 1991.
CLIFFORD, James: Itinerarios transculturales, 1999.
FDEZ de PAZ, Esther: De tesoro ilustrado a recurso turístico: el cambiante significado del patrimonio cultural, 2006.
FLORES, Murillo: La identidad cultural del territorio como base de una estrategia de desarrollo sostenible, 2007.
FRIEDMAN, Jonathan: La lucha por la autenticidad”, en Identidad cultural y proceso global, 2001
Gª CANCLINI, Néstor: Políticas culturales en América Latina,1987.
Gª CANCLINI, Néstor: Culturas híbridas. Estrategias para entrar y salir de la modernidad, 1990.
Gª CANCLINI, Néstor: Los usos sociales del patrimonio cultural, 1999
GUIJARRO, E. Massó: La identidad cultural como patrimonio inmaterial, 2006
GARCÍA GARCÍA, José Luis: Aculturación, 2007.
GARCÍA GARCÍA, José Luis: Interculturalidad, 2007.
GEERTZ, Clifford. 1989. La interpretación de las culturas. Barcelona: Gedisa.
GEERTZ, Clifford: Conocimiento local, 1994.
GEERTZ, Clifford. 1996. Los usos de la diversidad. Barcelona: Paidós.
GRIGNON, Claude; PASSERON, J. C. 1992. Lo culto y lo popular. Miserabilismo y populismo en sociología y en literatura. Madrid: La Piqueta.
HERRERO, Nieves: Resemantizaciones del patrimonio, reconstrucción de la identidad: dos casos para la reflexión, 2003.
HOBSBAWM, Eric J.; PRATS, Llorenç: Antropología y patrimonio, 1997.
JIMÉNEZ de MADARIGA, Celeste: Patrimonio Cultural Inmaterial de la Humanidad, 2023
MÁRMOL, Camila del; FRIGOLÉ, Joan & NAROTZKY, Susana: Los lindes del patrimonio, 2010.
MÁRMOL, Camila del; MORELL, Marc & CHALCRAFT, Jasper: La construcción del patrimonio: seducción y desencanto 2015
MARTÍN-BARBERO, Jesús. 2002. Oficio de cartógrafo. Travesías latinoamericanas de la comunicación en la cultura. México: F.C.E.
MAUSS, Marcel. 1993. “Ensayo sobre los dones”, en P. Bohannan (Ed.), Antropología. Lecturas. México: McGraw-Hill, 275-280.
MÉNDEZ, Lourdes:Galicia, región de Europa: dimensiones europeístas del imaginario culturalista de la Xunta, 2003
MOLANO, Olga Lucía: Identidad cultural: un concepto que evoluciona 2008
PRATS, Llorenç: El concepto de patrimonio cultural, 1997.
RANGER, T. (Eds.): La invención de la tradición, 2002.
SANTANA, Agustín: Mirar y leer: autenticidad y patrimonio cultural para el consumo turístico, 2002.SAHLINS, Marshall: Antropologías, de la leviatanología a la sujetología y viceversa, 2003.
SARRACEDO, Elena: Políticas rurales de la Unión Europea y proyectos territoriales de identidad cultura,l 2008.
YÚDICE, George: Redes de gestión social y cultural en tiempos de globalizació, 1999.
ZULAIKA, Joseba: Crónica de una seducción. El museo Guggenheim Bilbao, 1997.
Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
Con03: Diferenciar os principais conceptos relacionados coas intervencións no ámbito do patrimonio cultural
Con04: Recoñecer as principais tendencias e procesos culturais da actualidade tanto en contextos próximos como internacionais
H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
Comp07: Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais
Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
A pesar do carácter presencial da materia, para o seu seguimento utilizarase a aula virtual como ferramentas fundamental para garantir o control e a custodia de todo o material entregado polo alumnado que forme parte do proceso de avaliación continua. Así mesmo, a docente tamén poderá empregar a aula virtual para facer chegar ao alumnado materiais que integrarán o contido da materia así como o seu uso para notificacións e comunicación directa co alumnado.
A metodoloxía docente desta materia participa dun sistema mixto baseado, principalmente, na combinación de tres liñas xerais de traballo. A primeira, supedítase á exposición dos conceptos teóricos máis relevantes da disciplina por parte da docente coa axuda dos materiais proporcionados a través do campus virtual. En segundo lugar, a través das tarefas potenciarase a participación activa do alumnado que deberá realizar unha serie de actividades complementarias e participar na elaboración de materiais para o estudo da materia co obxecto de expoñelos perante os seus compañeiros, co que se facilitará a ampliación de coñecementos á vez que servirá como repaso para os contidos desenvolvidos por parte da docente e os dos compañeiros. En terceiro lugar, o estudo autónomo dos discentes e as horas de traballo persoal e, polo tanto fóra da aula, permitirán que aqueles sexan capaces de acadar un grao de coñecemento óptimo dos contidos da disciplina, participar activamente na aula virtual, elaborar con rigor os epígrafes do programa encomendados para a súa preparación, así como as distintas tarefas individuais ou grupais, e, en síntese, superar positivamente a avaliación da materia.
No transcurso da docencia atenderase, na medida do posible, á realización de saídas de campo.
As consultas realizadas polo alumnado serán atendidas mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando a docente non se atope de permiso.
1) Proba teórica de conxunto. Na data sinalada polo calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade realizarase unha proba escrita na que os alumnos serán examinados sobre os temas que conforman o programa da materia e da que formarán parte os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases. Dita proba computará por valor do 30% da cualificación final. Resultados da aprendizaxe avaliados: Con01, Con03, Con04, H/D06, Comp08.
2) Traballos individuais ou en conxunto: o alumnado deberá entregar un dossier co traballo final da materia (50%) e realizar as tarefas periódicas indicadas na aula (20%) para poder superar esta parte da avaliación. Resultados da aprendizaxe avaliados:Con01, Con03, Con04, H/D06, Comp07, Comp08.
A realización de todas as actividades de avaliación continua é obrigatoria e sen a súa entrega, en tempo e forma, non será posible superar a materia. A avaliación positiva de certas actividades (exame, traballo individual e actividades prácticas persoais) poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos, sempre que o profesorado da materia así o considere.
Todas as probas de avaliación, agás as probas teóricas de conxunto (exame), serán realizadas a través da aula virtual de tal xeito que non se require un procedemento específico para a avaliación do alumnado que conte con dispensa de asistencia.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración e sen citas aos autores e das fontes.
Horas presenciales: 55.
Horas de trabajo personal: 95.
Recoméndase unha dedicación continuada ao estudo da materia e un seguimento frecuente da aula virtual.
Participar nas sesións e realizar as tarefas dentro dos prazos fixados.
A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto cunha actitude crítica e analítica dos textos e materiais propostos pola docente.
Uns mínimos coñecementos informáticos que permitan ao alumnado un correcto seguimento da materia.
O uso do Campus Virtual da USC é unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento da materia.
Lingua na que se imparte a materia: galego.
Elena Freire Paz
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- elena.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
22.01.2025 16:00-18:30 | CLE_01 | Aula 15 |
11.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 15 |