Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Traballar con fontes documentais literarias de todo tipo (manuscritas, hemerográficas, editoriais, arquivísticas, etc.) en soporte físico e dixital.
Identificar, interpretar e utilizar materiais literarios españois de todas as épocas e tipoloxías.
Coñecer os fundamentos do mercado editorial e as fases do proceso editorial en diferentes clases de editoriais e medios.
Posuír, en suma, un coñecemento básico e xeral que lles sirva de base para enfrontarse de forma autónoma a unha futura acción cultural que teña como meta o recuperar, promover, difundir, valorizar ou preservar o patrimonio literario hispánico material e inmaterial.
O concepto de patrimonio literario. Texto literario oral e texto escrito. A literatura oral como patrimonio intanxible da cultura hispánica. Estudo teórico-práctico dos diversos tipos de textos escritos literarios existentes no ámbito cultural hispánico (manuscritos, impresos, documentos hemerográficos e textos literarios escritos de calquera categoría). Mecanismos de creación, preservación e difusión do texto literario escrito. Métodos, técnicas e recursos para o traballo cos diferentes tipos de materiais literarios: bibliotecas e arquivos xerais e persoais de escritores, fontes documentais dixitalizadas, hemerotecas físicas e dixitais, etc. Procesos e exemplos de patrimonialización literaria: casas-museos de escritores, rutas literarias, etc. Introdución ao mundo editorial hispánico. O proceso de edición e as súas fases de desenvolvemento, do orixinal á edición impresa ou dixital. A revista e os procesos de xestión editorial. O mercado editorial. Tipoloxía dos catálogos editoriais. Redes, canles de distribución e puntos de venda. Los novos lectores: internet e redes sociais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Antonio Javier González Rueda, Patrimonio literario y gestión cultural: fundaciones, legados y otras tribulaciones, Jaén, Madara Editoras, 2020.
Francesca R. Uccella, Manual de patrimonio literario. Espacios, casas-museo y rutas, Gijón, Ediciones Trea, 2013.
Julián Martín Abad, Leonardo Romero Tobar & Nieves Iglesias, eds., Seminario de archivos personales, Madrid, Biblioteca Nacional, 2006.
Claudio Rodríguez Fer, Guía de investigación literaria, Gijón, Ediciones Júcar, 1998.
Iñaki Arrieta Urtizbereai (ed.), El género en el patrimonio cultural, Bilbao, Universidad del País Vasco, 2017.
Hipólito Escobar, Historia de las bibliotecas, Madrid, Ediciones Pirámide, 1990.
Guía de la Asociación de Casas-Museo y Fundaciones de escritores, Madrid, ACAMFE, 2002.
Fernando Savater, Lugares con genio. Los escritores y sus ciudades, Buenos Aires, Editorial Sudamericana / Penguin Random House Grupo Editorial Argentina, 2013.
Fernando Savater & Sara Torres, Aquí viven leones. Viaje a las guaridas de los grandes escritores, Barcelona, Editorial Debate, 2015.
Nathalie de Saint-Phalle, Hoteles Literarios. Viaje alrededor de la Tierra, Madrid, Alfaguara, 1993.
Nicole Denoît y Catherine Douzou, eds., La résidence d'artiste, Tours, Presses Universitaires François Rabelais, 2016.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Eduardo Azofra Agustín & Ana Chaguaceda Toledano, La casa-museo Unamuno, Salamanca, Ediciones Universidad, 2003.
José Montero Padilla, Antonio Machado en su Casa-Museo de Segovia, Madrid, Editorial Everest, 1979.
Sergio Vila-Sanjuán & Sergi Doria, Paseos por la Barcelona literaria, Barcelona, Ajuntament de Barcelona, 2017.
Cátedra Valente. XX Aniversario, Santiago de Compostela, Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, 2020.
José Luis Puerto, La ruta imaginada. El camino de Santiago en la literatura, León, Edilesa, 2004.
París-Buenos Aires. Trazando la Rayuela. Un mapa de lectura sobre la novela de Julio Cortázar, Segovia, Aventuras Literarias, 2017.
Colección Mapas Literarios, Segovia, Aventuras Literarias (Madrid de Galdós, Vetusta de Clarín, Marineda & Madrid de Pardo Bazán, Madrid de Valle-Inclán, Granada & Nueva York de Lorca).
BIBLIOGRAFÍA AUXILIAR
Guide des maisons des illustres, París, Ministère de la Cultura, 2017, ampliado en 2021.
Hélêne Rochette, Maisons d'écrivains et d'artistes. Paris et ses alentours, París, Parigramme, 2014.
Henri Raczymow, Le Paris litteraire et intime de Marcel Proust, París, Parigramme, 1997.
Anne Trubek, A Skeptic's Guide to Writers' Houses, University of Pennsylvania Press, 2010.
Ian Gunn & Clive Hart, James Joyce’s Dublin: A Topographical Guide to the Dublin of Ulysses, Thames and Hudson Ltd, 2004.
Colección Mapas Literarios, Segovia, Aventuras Literarias (París de Hugo, Comuna de Rimbaud, Londres de Jane Austen, Sherlock Holmes de Conan Doyle, Mundo de Verne, Lisboa de Pessoa, Nueva York de Auster).
- Con01: Coñecer e poñer en valorlas diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
- Con06: Coñecer a norma e uso coherente e adecuado das linguas ambientais (español ou galego), tanto de forma oral como escrita
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e eficaz
- H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e a a non discriminación de persoas con diversidade funcional
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
Haberá 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva e 3 horas de titorías en grupo reducido.
Utilizaranse documentos bibliográficos e recursos dixitais, combinando leccións maxistrais con análises e comentario crítico de documentos. Potenciaranse discusións e debates, así como exposicións en público centradas na elaboración de proxectos e en estudos de casos concretos.
A materia está constituída polas clases teóricas e as interactivas e a súa avaliación será por un sistema de avaliación continua, que suporá un 60% da cualificación global. A tal fin, terase en conta a asistencia participativa nas sesións de clase, a realización de tarefas puntuais, explicadas oportunamente, así como as lecturas indicadas e os seus correspondentes controles, realizados dentro ou fóra da aula e programados con antelación. Así mesmo, prevese a realización dun traballo escrito cuxa natureza e características se precisarán oportunamente.
A nota da avaliación continuada (60% da cualificación global) mantense igualmente se o alumno realiza o exame da parte teórica tanto na primeira como na segunda oportunidade.
O 40% da nota final da materia resérvase para unha proba final escrita, centrada na parte teórica do programa, que terá lugar o día e hora establecido oficialmente polo centro, tanto na primeira como na segunda oportunidade. De modo que a cualificación final da materia será o resultado da media ponderada obtida en ambas partes 60% y 40%), tanto na primeira como na segunda oportunidade.
A asistencia é obrigatoria e axustada á Normativa da USC neste aspecto, pero no caso de existir algún impedimento para asistir ás clases (enfermidade, traballo incompatible co horario lectivo, etc.), o alumnado terá que presentar unha "Exención" de docencia para que así conste aos efectos oportunos. A avaliación neste caso seguirá os criterios xerais ou se baseará na realización dun exame co valor do 100%, adaptándose ás circunstancias e de común acordo coa persoa afectada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
As ACTIVIDADES PRESENCIAIS -sesións expositivas (24 horas), sesións interactivas (24 horas), titorías (3 horas) e avaliacións (3 horas)- supoñen un total de 54 horas de traballo de aula.
As ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS -estudo e preparación de actividades programadas (40 horas), elaboración de traballos (20), lecturas complementarias (20) e preparación de exames (20)- supoñen un total de 100 horas.
Claudio Rodriguez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- claudio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
24.01.2025 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 14 |
16.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 11 |