Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Tras cursar esta materia os/as estudantes, cómpre que sexan quen de:
1. Coñecer e comprender os principais paradigmas e modelos teóricos sobre a análise social da cultura e os seus referentes nas súas axeitadas coordenadas espazo-tempo.
2. Activar a capacidade de reflexionar, razonar e interpretar crítica e analíticamente ao respecto do contido dos procesos de socialización e os “feitos sociais culturais” coa mirada e aparellos metodolóxicos da Socioloxía da Cultura.
3. Achegar no itinerario formativo -experimental e investigador- xa descrito, as perspectivas de: xénero e sustentabilidade
4. Saber aplicar as competencias e as habilidades desenvolvidas na aprendizaxe desta asignatura de Ciencias Sociais para reproducir e producir coñecemento da materia de carácter científico social-empírico.
5. Intercambiar e/ou transferir as súas achegas e coñecementos (comunicar por escrito, expoñer en público, ou implementando outro soporte académicamente axeitado).
Contidos
1. Socioloxía: episteme e metodoloxía da investigación social.
2. Mirada sociolóxica: a construción social da realidade.
3. Cultura e socioloxía: conceptualización e analise social da cultura.
4. Socioloxía da cultura: a constitución simbólica da sociedade.
5. Sociedade e cultura: a conformación da sociedade da cultura.
6. Ecosistemas culturais: mapping cultural no espazo-tempo.
7. Industrias culturais e creativas: cultura mainstream.
8. Retos socioculturais s.XXI: democracia e memoria, sociedade do risco, perspectiva de xénero e sustentabilidade.
Bibliografía básica e complementaria
Adorno, Th. (et.al.) (1992). Industria cultural y sociedad de masas. Caracas: Monte Ávila.
Ariño, A. (1998). Sociología de la Cultura. La constitución simbólica de la sociedad. Barcelona: Ariel.
- (et al) (2006). Participación cultural en España. Fundación autor. Madrid.
- (2010). Prácticas culturales en España. Ariel. Barcelona.
- (2011). “Sociología de la cultura”, en Giner, S. Teoría Sociológica. Barcelona: Ariel.
Baudrillard, J. (2005). Cultura y simulacro. Barcelona: Kairós.
Bauman, Z. (2001). El enigma multicultural. Barcelona: Paidós.
- (2002) La cultura como praxis, Paidós, Barcelona, 2002.
- (2013)La cultura y el mundo de la modernidad líquida. FCE. México.
Bell, D. (1992). Las contradicciones culturales del capitalismo. Madrid: Alianza.
Bourdie, P. (1988). La distinción. Criterios y bases del gusto. Taurus. Madrid.
- (1990). Sociología y cultura. México: Grijalbo.
- (2000). Cuestiones de Sociología. Madrid: Akal.
Bouzada, X. Unha cala no oficio da cultura. Grial T 34. n 130 (abril-xuño 1996). pp.183-194.
- Los espacios de consumo cultural colectivo. REIS Nº 96 (octubre-diciembre 2001). pp. 51-70.
Costa, X. (2006)Sociología del conocimiento y de la Cultura. Tirant lo Blanch.
Eco, U. (1977) Apocalípticos e integrados. Bacelona.Lumen
Elías, N. (1993) El proceso de civilización. México: FCE.
Giner, S. (1990)Sociología. Nexos. Barcelona
Grignon, C. y Passeron, J.C. (1992). Lo culto y lo popular. Madrid: La Piqueta.
Inglehart, R. (1991). Cambio cultural en las sociedades industriales avanzadas. Madrid: CIS-Siglo XXI.
Marcuse, H. (1999). Eros y civilización. Ariel, Barcelona.
Martel, F. (2011). Cultura Mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Madrid: Taurus.
Morin, E. (1966). El espíritu del tiempo. Ensayo sobre la Cultura de Masas, Taurus, Madrid.
Muñoz, B. (1989). Cultura y comunicación. Introducción a las teorías contemporáneas. Barcelona: Barcanova.
Rodríguez Morató, A. (2007). La sociedad de la cultura. Ariel. Barcelona
Williams, R. (1994) Sociología de la cultura. Barcelona. Paidós.
-Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
-Con12: Identificar estratexias para un desenvolvemento sostible do territorio mediante actividades culturais (turismo, xestión e conservación do patrimonio, espectáculos, etc.)
-H/D05: Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabendo comunicalos ao resto do equipo, á organización e á sociedade
-H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
-Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
-Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e respostas aos principais problemas das sociedades contemporáneas
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS % PRESENCIALIDADE
Docencia expositiva 24 - 100
Docencia interactiva / seminario 24 - 100
Titorización individual do alumnado 3 - 100
Proba 4 - 100
METODOLOXÍAS DOCENTES
Modalidade presencial: presentacións
Modalidade presencial: recursos dixitais
Modalidade presencial: documentos bibliográficos
Modalidade presencial: lecións maxistrais
Modalidade presencial: análise comentario crítico de documentos
Modalidade presencial: discusións e debates
Modalidade presencial: realización de traballos en grupo ou individuais que requiran da búsqueda e seleción de información
Modalidade presencial: exposicións en público
Modalidade presencial: utilización da aula virtual como ferramenta auxiliar para a docencia
- As características, indicacións , orientación para a realización das actividades, tarefas, prácticas, traballos ou probas explicaranse ao comezo do curso
A) Asistencia e participación na aula: 20%
B) Actividades académicas programadas de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.): 40%
C) Proba escrita: 40%
Información moi importante:
- O alumnado que teña concedida polo decanato a DISPENSA de ASISTENCIA a clases tamén será avaliado de forma continua con proba escrita. O 50 % da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e o 50% procederá da nota da proba escrita, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e que se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
- Para aprobar a materia é preciso facer a proba e ter realizado e entregado, no prazo establecido, as tarefas, prácticas ou traballos programados (avaliación contínua); así como ter acadado un mínimo na calificación de cada parte (a metade da porcentaxe correspondente: 2 puntos no apartado B) e no apartado C) outros 2 puntos).
- O sistema de avaliación será o mesmo na 1ª e na 2ª oportunidade.
- Para as convocatorias posteriores: o alumnado que suspenderse a materia, nas convocatorias de anos sucesivos aplicaranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que establece que "a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballo plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes".
Traballo personal do alumnado e outras actividades: 95 h.
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 25 h.
Realización de traballos de diverso tipo: 30 h.
Lecturas: 15h.
Preparación de probas: 20 h.
Outras actividades: 5 h.
Se aconsella:
- A asistencia ás clases (presenciais ou virtuais) e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- A atención ás orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar ás datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a súa entrega puntual.
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, dispensa concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación co profesorado, así como asistir ás titorías. O profesorado da materia poderá establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do/a alumno/a, mais sempre que se respecten e se garanten para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade e de igualdade de oportunidades.
Información importante:
- As características e condicións para a realización destas tarefas, prácticas, traballos ou probas se explicarán ao comezo do curso. - Para superar a materia é preciso e obrigatoria a realización das tarefas propostas e a realización do exame.
Outras consideraciones de interés.
Además das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
2. A participación activa e la realización puntual e en prazo das tarefas previstas.
3. A competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos.
4. A calidade dos traballos que, ademáis dunha axeitada organización e presentación textual, deberán cumprir cos prazos sinalados para a súa entrega.
5. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade, correción expresivas, a coherencia, cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
6. O coñecemento e dominio da teoría e os métodos da materia e a capacidad para establecer relacións, incorporar e integrar achegas doutras materias cursadas no grao.
A avaliación ten en conta a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). Os estudantes que teñan dispensa de asistencia por calquera das casuísticas fixadas pola normativa oficial terán que respectar o fixado pola Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral.
_______________________________________________________________________________________________________
Asistencia a clase
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/dafault/gl/normativa/descagas/normaasist… e.pdf). Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas e a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia.
Alumnado con Diversidade Funcional: O alumnado que presente cualquier tipo de diversidade funcional ou dificultade para o seguimento ordinario das aulas, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debe informar á profesora desta situación nas dúas primeiras semanas do semestre para, se fose preciso, acordar as adaptacións curriculares necesarias. A USC conta ademáis co Servizo de Promoción e Integración Universitaria que, despois dunha valoración previa do alumno/a, encargase de expedir o documento acreditativo.
Mar De Santiago Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982824737
- Correo electrónico
- mdelmarde.santiago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
27.05.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 14 |
04.07.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 14 |