Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras cursar esta materia o estudantado debe ser capaz de:
1. Saber que entendemos por Conxunto Histórico, cando e como xurdiu este concepto patrimonial a nivel estatal e internacional.
2. Coñecer cales son os retos dos conxuntos históricos no mundo globalizado (como crecer, como conservar).
3. Coñecer as medidas de protección, intervención, conservación, difusión e xestión dos Conxuntos históricos.
4. Estudar algúns casos prácticos que permitan aproximar a xestión destes conxuntos patrimoniales ao estudantado e coñecer os seus problemas máis acuciantes.
5. Coñecer a metodoloxía de análise dos Conxuntos Históricos e as ferramentas de difusión e promoción a partir das metodoloxías dixitais.
Esta materia abordará como e cando xurdiu o concepto de Cidade Histórica e a partir de que momento empezaron a ser protexidas a nivel internacional (seguindo as recomendaciones da UNESCO) e como os países europeos se sumaron a esta iniciativa. A partir desta introdución, o estudantado coñecerá cales son os grandes retos que teñen que enfrentar estos conxuntos para manter a súa autenticidade e integridade, ao tiempo que seguen crecendo e transformándose. Para iso será fundamental coñecer as medidas de protección, as figuras de planeamento urbanístico que rixen estos conxuntos e os criterios de intervención no patrimonio arquitectónico como ferramientas básicas de xestión, así como as medidas de difusión e de dinamización a partir das novas tecnoloxías de información e comunicación.
Nesta materia terá una relevancia moi importante o estudo de casos prácticos que permita analizar os mecanismos de xestión que as administracións competentes impulsan para mantener vivos estes conxuntos, ofrecendo neste ámbito ao estudantado a oportunidade de coñecer e experimentar as estratexias de xestión urbana, así como as metodoloxías de análise empregadas no estudo patrimonial dos conxuntos históricos.
Os contidos estructuraranse do seguinte xeito:
BLOQUE I. INTRODUCIÓN E MARCO NORMATIVO DOS CONXUNTOS HISTÓRICOS
TEMA 0. Introdución e contextualización da materia. Metodoloxía e fontes para o estudo dos conxuntos históricos.
TEMA 1. Os conxuntos históricos. Definición, orixe, historia, valores.
TEMA 2. Intervención e conservación dos Conxuntos Históricos. A planificación urbana.
BLOQUE II. MARCO NORMATIVO DOS CONJUNTOS HISTÓRICOS
TEMA 3. Réxime de protección dos conxuntos históricos. Recomendacións internacionais e normativa nacional.
TEMA 4. Os conxuntos históricos en Galicia. Normativa autonómica.
TEMA 5. Retos para a xestión de conxuntos históricos no século XXI. Casos de estudo.
BLOQUE III. PRÁCTICA PROFESIONAL
TEMA 6. Estratexias de comunicación e dinamización dos conxuntos históricos. Ferramientas de promoción e difusión dixital.
TEMA 7. Estratexias de xestión urbana. Autenticidade, accesibilidade e sostibilidade.
Bibliografía básica
Alonso López, F. (Dir. e coord.): Libro verde: la accesibilidad en España. Diagnóstico y bases para un plan integral de supresión de barreras, Imserso, Madrid, 2002 Aymonino, C.: El significado de las ciudades, Ed. Blume, Madrid, 1981.
Bandarin, F. y Van Oers, R.: El paisaje urbano histórico. La gestión del patrimonio en un siglo urbano, Abada, Madrid, 2014.
Calaf Masachs, R.: “Aprender arte en la ciudad: sensibilizar hacia el respeto y la valorización del patrimonio urbano”. En Calaf Masachs, R. (Coord.): Arte para todos. Miradas para enseñar y aprender el patrimonio, Trea, Gijón, 2003, pp. 103-134.
Campesino Fernández, A. J.: “El patrimonio ‘estrella’ del siglo XXI en las viejas ciudades históricas: la competitividad cultural”. En Castillo Oreja, M.Á. (Ed.): Ciudades históricas: conservación y desarrollo, Fundación Argentaria, Madrid, 2000, pp. 35-44.
Castillo, M. A. (Ed.): Ciudades Históricas: conservación y desarrollo, Fundación Argentaria-Visor, Madrid, 2000.
Juncá Ubierna, J. A.: Accesibilidad universal al patrimonio cultural: fundamentos, criterios y pautas, Real Patronato de la Discapacidad, Madrid, 2001 Martín Guglielmino, M.: (Coord.): Patrimonio y ciudad. Reflexión sobre centros históricos, Consejería de Cultura y Medioambiente de la Junta de Andalucía, Córdoba, 1994.
Puig. T.: Marca Ciudad. Cómo rediseñarla para asegurar un futuro espléndido para todos, Paidós, Barcelona, 2009.
Santos Solla X. e Lois González, R. (Coord.): Desarrollo turístico sostenible en ciudades históricas, Concello de Santiago de Compostela e Concello de Lugo, 2005.
Troitiño Vinuesa, M.A. e García Marchante, J.S.: Vivir las Ciudades Históricas. Recuperación Integrada y Dinámica Funcional, Ediciones de la Universidad de Castela-A Mancha, Cuenca, 1998.
Troitiño Viñuesa, M.A.: Cascos antiguos y centros históricos: problemas políticas y dinámicas urbanas, Madrid, MOPT, 1992.
Bibliografía complementaria
Bermúdez, A.: Intervención en el patrimonio cultural: creación y gestión de proyectos, Síntesis, Madrid, 2004.
Bernal Santa Olalla, B. (Coord.): El centro histórico de las ciudades. Patrimonio cultural, Caja Burgos, Burgos, 1997.
Calle Vaquero, M., de la: La ciudad histórica como destino turístico, Ariel, Madrid, 2006.
Campesino Fernández, A. J.: “Las ciudades Patrimonio de la Humanidad: estrategias turísticas”. En Marchena Gómez, M. J. (Ed.): Turismo urbano y patrimonio cultural. Una perspectiva europea, Diputación de Sevilla, Sevilla, 1998, pp. 107-117.
Fariña Tojo, J.: La protección del patrimonio urbano. Instrumentos normativos, Akal, Madrid, 2000.
Fontenla San Juan, C. (Dir.): Documento, Espacio e Contorno, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Santiago de Compostela, 1998.
González-Varas, I.: Conservación de Bienes Culturales: Teoría, Historia, Principios y Normas, Manuales de Arte Cátedra, Madrid, 1999.
Manero, M.F. e García Cuesta, J.L.: Patrimonio cultural y desarrollo territorial, Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2016.
Mira González, E.: Turismo, arquitectura, espacio y sociedad: entre la modernización y la crisis, Universidad de Alicante, Alicante, 1992.
Morris, A. E. J.: Historia de la forma urbana, Gustavo Gili, Barcelona, 2019. Ordieres Díez I.: Historia de la restauración monumental en España: (1835-1936), Instituto de Conservación y Restauración de Bienes Culturales, Madrid, 1995.
Zárate Martín, A.: El espacio interior de la ciudad, Ed. Síntesis, Madrid, 1991.
Coñecementos:
- Con01: Conocer y poner en valor las diversas áreas del patrimonio cultural en sus vertientes material e inmaterial -
- Con02: Comprender e interpretar los fundamentos históricos, antropológicos, filosóficos, sociales y artísticos de los procesos culturales -
- Con12: Identificar estrategias para un desarrollo sostenible del territorio mediante actividades culturales (turismo, gestión y conservación del patrimonio, espectáculos, etc.)
Habilidades/destrezas:
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir juicios que incluyan reflexiones sobre temas de índole social, científica o ética.
- H/D05: Trabajar en equipo, compartiendo los conocimientos y sabiéndolos comunicar al resto del equipo, a la organización y a la sociedad
Competencias:
- Comp06: Aplicar los conocimientos adquiridos para resolver problemas tanto en su área de estudio como en entornos nuevos o poco conocidos dentro de contextos más amplios o multidisciplinares
Tal como establece o plan de estudos, a aprendizaxe desta materia basearase nun sistema mixto, a través de 24 sesións expositivas e 24 interactivas, xunto con 3 horas de titorías programadas en grupos reducidos.
Sesións expositivas:
Nestas sesións empregarase a metodoloxía de clase maxistral, na que a docente explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos da materia, apoiándose no emprego de presentacións multimedia e recursos dixitais ou calquera outro medio que facilite a comprensión da asignatura.
Para unha mellor análise destes conceptos, o estudantado disporá, ademais da bibliografía recomendada no apartado correspondente, de material docente complementario (documentos gráficos, textos, material audiovisual, artigos, repositorios en liña, webgrafía e referencias electrónicas...) que proporcionará a docente e que estará á súa disposición na aula virtual (https://cv.usc.es.)
Sesiós interactivas:
Estas aulas desenvolveranse en sesións fixadas con antelación e traballarase cunha metodoloxía participativa, fomentando o desenvolvemento das intelixencias múltiples e o pensamiento diverxente. Neste tipo de docencia o estudantado e a profesora traballarán conxuntamente en:
- A análise e o comentario crítico de documentos e imaxes, tanto de caráctere teórico como práctico.
- A realización de traballos individuais ou en grupo, cando corresponda, que requiran da busca, tratamento e selección de información. Cando sexa posible, fomentarase o traballo colaborativo.
- A realización de, polo menos, unha exposición en público con debate posterior.
- A elaboración de proxectos.
- O estudo de casos.
- A resolución de problemas.
Igualmente, se é posible, levaranse a cabo sesións interactivas fóra da aula ou prácticas de campo (tales como visitas guiadas, asistencia a conferenzas realizadas por expertos ou profesionais in situ ou a asistencia a eventos), aínda que estas actividades estarán supeditadas á posibilidade de subvención por parte da Facultade. De levarse a cabo, terán un carácter obrigatorio para todo o estudantado matriculado na materia na modalidade presencial e serán avaliables. A intención é que o alumnado comprenda o carácter interdisciplinar da gestión de Conxuntos Históricos e que lles sirva para comprender e analizar os problemas técnicos e aproximarse ás súas posibles solucións.
Titorías personalizadas:
As titorías están destinadas ao seguemeento da aprendizaxe do estudantado por parte da profesora encargada da docencia, tanto a nivel de traballo, como de resolución de dúbidas para clarificar os conceptos básicos da materia.
Asistencia e participación na aula: 10%
Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.): 60%
Exame: 30%
Proponse un sistema de avaliación continua no que se valorarán as aptitudes e actitudes desenvolvidas polo estudantado durante o período lectivo, o que permitirá á profesora contar con máis elementos de referencia para avaliar a cada estudante.
Será imprescindible aprobar de xeito independente tanto a parte teórica como a parte práctica para poder superar a materia. No caso de que algún dos dous apartados estea suspenso, a nota final da materia non superará o 4,0.
O sistema de avaliación baséase en parámetros obxectivos que o estudantado coñecerá previamente á corrección, para o que se seguirá a seguinte ponderación xeral:
1) Asistencia e participación ns aulas teóricas, seminarios e outras actividades complementarias: 10%
2) Realización de actividades de avaliación continua (comentarios, exposicións…): 30%. As actividades deben ser entregadas no Campus Virtual nas datas de entrega sinladas para poder ser avaliadas sen penalización por demora e, en último caso, como data límite, unha semana antes da proba escrita. A non entrega dalgunha tarefa ou actividade en tempo e forma impedirá ao alumado presentarse ao examen.
3) Presentación e defensa de traballos relacionados co contido da materia: 30%. Os traballos deben ser entregados no Campus Virtual nas datas de entrega sinaladas para poder ser avaliados sen penalización por demora e, como dataa límite, unha semana antes da proba escrita. A non entrega dalgún traballo en tempo e forma impedirá ao alumnado presentarse ao exame. A presentación oral contará un 10 % e o traballo escrito un 20 %, dentro da porcentaxe establecida de 30 %.
4) Exame: 30%
A USC conta con 2 convocatorias de avaliación:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Nesta modalidade empregarase o procedemento de avaliación continua.
Criterios xerais para a avaliación das actividades prácticas:
- A adecuación ao formato da actividade e á estrutura do traballo ou exposición.
- A calidade das fontes, documentación e bibliografía empregada.
- A orixinalidade dos argumentos.
- A adecuación dos contidos e a creatividade á hora de defendelos
- A capacidade de redacción, a corrección ortográfica, a riqueza semántica e o emprego do vocabulario específico da disciplina.
Aparte da entrega de actividades, o estudiantado terá que realizar unha proba escrita valorada nun 30% da cualificación final.
A proba escrita final da asignatura realizarase na data e hora indicadas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Esta consistirá nunha parte práctica e unha parte teórica, e durará dúas horas.
Para poder presentarse, será necesario que o alumnado teña entregadas as actividades prácticas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que desexe empregar a segunda oportunidade terá que realizar unha proba final, cunha duración máxima de dúas horas. Constará de varias preguntas e responderá a un esquema semellante ao do exame de primeira oportunidade.
A proba final realizarase na data e hora estipuladas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade. Naqueles casos nos que unha das dúas partes estivese aprobada da primeira convocatoria, o/a estudante/a suspenso/a deberá voltar entregar os traballos suspensos ou ben realizar exclusivamente o exame teórico, segundo as condicións de cada estudante.
As tarefas e actividades prácticas estarán a disposición do estudantado no Campus Virtual ata unha semana antes da proba.
A cualificación máxima da proba será dun 30%.
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado que teña concedida a DISPENSA de ASISTENCIA polo decanato (en aplicación da instrución Nº 1/2017 da secretaria xeral sobre a dispensa de asistencia ás aulas en determinadas circunstancias) terá que superar unha proba escrita específica que suporá o 40 % da cualificación final. O 60 % restante da avaliación corresponderase coa realización dun traballo específico consistente no Deseño e planificación dun proxecto de activación cultural nun Conxunto Histórico. A estos efectos, o estudantado terá a obriga de comunicar á docente da asignatura a súa condición, nun prazo máximo de 15 días trala resolución da concesión de dita dispensa, coa finalidade de marcar as pautas específicas para la realización e seguemento desta actividade.
* Todas as tarefas que deberá entregar o estudantado para a súa avaluación por parte do profesorado, deberán seguir as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao mal uso das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas. É necesario indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas serán de aplicación as normas recollidas no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe adicar o estudantado para superar a materia pódese cuantificar do siguiente modo:
- Traballo presencial do alumno: 50 horas de clases expositivas e interacticas.
- Titorías personalizadas: 3 horas.
- Examen presencial: 4 horas.
- Traballo autónomo do estudantado: 95 horas
1. Constancia no estudo da materia.
2. Revisión frecuente do Campus Virtual e do correo electrónico corporativo.
3. Visualización, revisión e lectura semanal do material a traballar en cada sesión e do material complementario.
4. Preparación complementaria da materia impartida na aula a través da bibliografía para afondar nos contidos.
5. Facer uso das titorías para a consulta individualizada de dúbidas.
6. Participación activa nas sesións interactivas, cunha actitude analítica e crítica.
7. Realización das tarefas e actividades programadas en tempo e forma.
Para as titorías individuais, recoméndase contactar previamente coa profesora a través do correo institucional coa finalidade de determinar un horario concreto para a súa realización.
A metodoloxía desta materia responde a criterios de flexibilidade en relación coas necesidades específicas do estudantado.
O uso do Campus Virtual será preferente para a entrega de traballos e tarefas por cuestións de Responsabilidade Ambiental.
É obligatorio empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais.
Patricia Cupeiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
Martes | |||
11:00-12:30 | CLIS_01 | Castelán | Aula 16 |
13.01.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 15 |
18.06.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 15 |