Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia contribúe á consecución dos seguintes obxectivos, de xeito que, unha vez cursada, o alumnado debe ser capaz de:
1. Recoñecer a diversidade das linguas orais e de signos no mundo actual e argumentar sobre a importancia de preservala e revitalizala como patrimonio cultural
2. Comprender e aplicar os distintos modos de clasificar as linguas por criterios xenéticos, tipolóxicos e de función social.
3. Debater sobre a valoración social das variedades lingüísticas e o papel da variedade estándar
4. Coñecer e valorar as distintas políticas de xestión da diversidade lingüísticas desenvolvidas internacionalmente, así como as circunstancias específicas que definen a súa aplicación nos distintos contextos nos que foron deseñadas e executadas
5. Coñecer e valorar as estratexias de planificación lingüística en Galicia a partir da instauración da democracia no Estado español, con especial atención por aquelas que presentan un compoñente ligado a actuación no eido da cultura
6. Recoñecer e analizar as relacións entre as políticas culturais e as políticas lingüísticas en ámbitos como a política editorial, a política de tradución, a política de espectáculos teatrais e musicais, as políticas destinadas a públicos específicos, etc.
TEMA 1. XESTIÓN DE LINGUAS: FUNDAMENTOS TEÓRICOS E METODOLÓXICOS
Distintas dimensións da linguaxe. A Lingüística Aplicada. A Política e a Planificación Lingüísticas.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA : PRINCIPAIS RETOS E SOLUCIÓNS
Panorama das linguas orais e de signos no mundo actual e criterios para a súa clasificación. Multilingüísmo e dereitos lingüísticos. Modelos de xestión territorial das linguas. Linguas e educación. Procesos de estandarización.
TEMA 3. PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO: DO PARADIGMA DA NORMALIZACIÓN AO PARADIGMA DA DINAMIZACIÓN
Normativizar vs. dinamizar, definición e cronoloxía para o caso galego. Dinamización e cultura en Galicia: os eventos culturais. Programacións culturais e lingua galega: institucións públicas e iniciativa privada. Estudos de caso.
TEMA 4. O DESAFÍO DA INTERNACIONALIZACIÓN DA CULTURA GALEGA
A cultura galega no contexto internacional. A divulgación dos produtos culturais galegos no exterior: literatura, cine, teatro, outros. Estratexias de internacionalización da literatura: traducións, premios literarios e outras. Estratexias de internacionalización doutros produtos culturais. Estudos de caso.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández Paz, A; Lorenzo Suárez, A. M & Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2ª ed., 2008.
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
Moure, Teresa (2000). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. Universidade da Coruña: Servizo de Publicacións.
Wright, Sue (2005). Language Policy and Language Planning: From Nationalism to Globalisation. Houndmills: Palgrave Macmillan.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Amorós Negre, Carla (2014). Las lenguas en la sociedad. Madrid: Síntesis.
Bernárdez, E. (2004). ¿Qué son las lenguas? Madrid: Alianza.
Cabeza, Carmen (2000): “Comunicación visual e linguas de signos”. En F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez (eds.), Manual de Ciencias da Linguaxe (pp. 139-172). Vigo: Xerais, cap. 6.
Esteban, M. L. y Ramallo, F. (2019): “Derechos lingüísticos y comunidad sorda: claves para entender la minorización”. Revista de Estudios de Lenguas de Signos REVLES: Aspectos lingüísticos y de adquisición de las lenguas de signos, 1, pp. 20-52.
González Abelaira, Cristina (2016): “Unha lingua de signos galega?”. Estudos de lingüística galega, 8, pp. 89-106.
Lamuela, Xavier & Henrique Monteagudo (2000): “Planificación lingüística”. En M. Fernández Pérez (coord.), Avances en Lingüística Aplicada (pp. 229-302). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Falcón, Xabier (2000): “Planificación lingüística”. En F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez, Manual de Ciencias da Linguaxe (pp. 409-442). Vigo: Xerais, cap. 10.
Haugen, Einar (1966): Language Conflict and Language Planning. The Case of Modern Norwegian. Cambridge: Harvard University Press.
- Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
- Con05: Comparar as distintas políticas culturais poñendo o foco na súa proxección económica e no seu impacto para o desenvolvemento social das comunidades
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
A docencia presencial da materia lévase a cabo en 24 horas de sesións expositivas e 24 horas de sesións interactivas, distribuídas en dúas sesións semanais, de unha hora e media de duración cada unha. Nas primeiras o docente exporá os contidos básicos e fundamentais que o alumnado debe asimilar, mentres que nas segundas programaranse diferentes tarefas e actividades, de carácter máis práctico, nas que se potenciará especialmente o traballo autónomo dos estudantes. Por outra banda, fixaranse, no seu momento, as datas para a realización de 3 horas de titorías en grupo, coas que observar e guiar o proceso de aprendizaxe dos estudantes, resolver dúbidas ou facer recomendacións bibliográficas para un axeitado aproveitamento da materia.
Polo tanto, as metodoloxías empregadas na materia son variadas: desde leccións maxistrais, presentacións e uso de recursos dixitais e documentos bibliográficos, por unha banda, ata discusión e debates, exposicións en público, análise e comentario crítico de documentos, elaboración de proxectos, estudos de casos, resolución de problemas e realización de traballos grupais ou individuais que esixan a procura e selección de información por parte do propio alumnado. Ademais, farase un uso regular e activo da aula virtual como ferramenta auxiliar para a docencia.
1ª oportunidade
A avaliación realizarase mediante avaliación continua. Na primeira oportunidade (maio-xuño), o 50% da cualificación final será o resultado da avaliación das actividades, tarefas e traballos programados nos distintos temas da materia, fundamentalmente nas sesións interactivas. Terase en conta o interese e a participación regular e activa dos/das estudantes nas aulas, a actitude positiva, o esforzo por mellorar e aprender e a corrección expresiva e consistencia argumental nos traballos escritos e nas exposicións orais. O alumnado soamente terá dereito a este sistema de avaliación continua, e poderá obter total ou parcialmente este 50% da calificación final, se entrega, como mínimo, unha tarefa programada por tema.
En segundo lugar, o 10% da cualificación final correspóndese coa asistencia regular e a participación activa dos e das estudantes na aula, ben nas sesións expositivas, realizando observacións e solicitando aclaracións, ben nas sesións interactivas, amosando unha actitude positiva, interese pola materia e esforzo por mellorar e aprender.
O 40% restante da calificación é o resultado da realización do exame final, na data fixada pola secretaría do centro, que consistirá nunha proba escrita coa que se comprobará a asimilación de contidos e a adquisición de competencias por parte do alumnado.
2ª OPORTUNIDADE:
A avaliación na segunda oportunidade realizarase tamén empregando un sistema de avaliación contina, de tal maneira que os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación de tarefas e traballos entregados. O alumnado de segunda oportunidade terá a oportunidade de entregar ata catro tarefas programadas (unha por cada tema) antes da data oficial da realización de exame fixada pola secretaría do centro.
ALUMNADO CON DISPENSA:
Adquirirá esta condición o alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia ás aulas polo decanato do centro. Estas persoas serán avaliadas mediante un sistema de avaliación continua: 40% para o exame, de realización obrigatoria na data fixada pola secretaría do centro, que tratará sobre os contidos da materia, e 60% avaliación de tarefas e traballos entregados.
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado que teña que asistir a convocatorias posteriores deberá seguir o mesmo sistema de avaliación continua que se acaba de describir para o alumnado que acuda á primeira e segunda convocatoria: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación das tarefas e traballos entregados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos e das estudantes e de revisión de cualificacións”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións".
O alumnado deberá dedicar 55 horas presenciais na aula: 24 horas para as sesións expositivas, 24 para as sesións interactivas, 3 para as titorías grupais e 4 para a realización do exame. Estas horas presenciais implican até 95 horas de traballo autónomo por parte dos estudantes, horas que se empregarán para a realización das tarefas e actividades programadas, o aproveitamento das lecturas obrigatorias e a preparación do exame final. En total, pois, cada estudante debe dedicar en torno a 150 horas de estudo e traballo persoal para superar con éxito a materia
A pesar das diferenzas nos ritmos de aprendizaxe de cada estudante, a asistencia activa e regular ás sesións presenciais, a consulta e aproveitamento das lecturas obrigatorias e a realización motivada e con interese das diferentes actividades de traballo autónomo programadas son parámetros indicativos do compromiso e esforzo do alumnado e redundan moi positivamente no seu beneficio, cun seguimento regular e constante das clases.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de adaptacións o apoio específico, por motivos de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente. Porén, só se terán en conta a estes efectos os casos que teñan sido valorados e informados, previamente, polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). Máis información na URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
M Carme Silva Dominguez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mdocarme.silva [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Iván Enríquez Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
David Ernesto Oshige Adams
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- davidernesto.oshige.adams [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
20.01.2025 16:00-18:30 | CLE_01 | Aula 15 |
06.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 15 |