Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Aproximarse ao funcionamento da economía actual.
-Coñecer e saber utilizar as fontes estatísticas fundamentais para a economía do sector cultural.
-Determinar a contribución da cultura á economía da UE, España e Galicia.
-Coñecer as técnicas de valoración económica dos servizos culturais.
-Identificar e explicar os cambios estructurais do sector cultural.
-Ser capaz de realizar un estudo sobre un sector cultural desde o punto de vista económico.
1. Introdución á economía
A economía como ciencia social
Os principais agregados económicos
Caracterización da economía galega no marco español e europeo
2. Introdución á economía da cultura
Economía da cultura. Ideas iniciais
Definición de bens culturais e bens artísticos. Valor artístico e cultural
A economía da cultura na historia do pensamento económico
3. Fundamentos teóricos da economía da cultura
A cultura na economía actual. A terciarización da economía
A cultura como ben superior
Innovación e destrución creadora nas industrias culturais
A cultura como ben público
4. As contas do sector cultural
Estatísticas culturais. Fontes e metodoloxías estatísticas
As contas económicas do sector da cultura. Europa, España e Galiza
5. Infraestruturas e equipamentos culturais. Promoción cultural
As infraestruturas culturais
O patrimonio cultural material
Infraestruturas culturais e patrimonio en cifras
6. Economía do turismo
Sector turístico: conceptos básicos
Demanda turística
Oferta turística
As contas económicas do sector turístico
7. Metodoloxías de avaliación económica dos servizos culturais
Políticas públicas culturais
Indicadores para a medición e avaliación das políticas culturais
-Alonso Rodríguez, J.A. (Dir.) (2019). Lecciones sobre economía mundial. Introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales. Thomson-Civitas: Madrid.
-Barbieri, N., Partal, A., Merino, E. (2011). Nuevas políticas, nuevas miradas y metodologías de evaluación. ¿Cómo evaluar el retorno social de las políticas culturales?. Papers 96(2), pp. 477-500 https://doi.org/10.5565/rev/papers/v96n2.139
-Baumol, W. J. (2006). The Arts in the “New Economy”. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 339-358). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01011-8
-Casson, M. (2006). Culture and Economic Performance. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 359-397). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01012-X
-European Statistical System Network on Culture (2012): ESSnet-Culture Final Report. Eurostat: Luxemburgo
-Ginsburg, V.A., Throsby, D. (Eds.) (2006). Handbook of the Economics of Art and Culture. Amsterdam: North Holland.
-Goodwin, C. (2006). Art and Culture in the History of Economic Thought. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 25-68). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01002-7
-Hutter, M., & Shusterman, R. (2006). Value and the Valuation of Art in Economic and Aesthetic Theory. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 169-208). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01006-4
-López Iglesias, E. (2016). Do atraso ao progreso económico de Galiza? Un proceso histórico á espera dun relato. En Dubert, I. (Ed.), Historia das historias de Galicia. Vigo: Xerais.
-McCain, R. (2006). Defining Cultural and Artistic Goods. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 147-167). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01005-2
-Mochón Morcillo, F. (2004). Economía y turismo. Madrid: McGraw Hill.
Páxinas web:
CULTURABase (Ministerio de Cultura y Deporte): https://www.cultura.gob.es/servicios-al-ciudadano/estadisticas/cultura/…
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Galego de Estatística (IGE): www.ige.gal
Con10: Comprender os fundamentos das producións culturais como industria e o seu marco lexislativo.
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Comp04: Manexar as novas tecnoloxías ligadas aos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades formativas como de exercicio profesional.
Comp07: Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e alumnado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na propia aula virtual.
Ao longo do curso están programadas 15 horas de docencia non presencial síncrona, a razón de 1 hora á semana, a desenvolver no horario recollido nos horarios oficiais da facultade. A docencia non presencial síncrona desenvolverase a través da ferramenta institucional de videoconferencia MSTeams. Estas sesións teñen como obxectivo principal a resolución das dúbidas ou preguntas que teña o alumnado tras a consulta dos materiais de cada tema dispoñibles na Aula Virtual. Así mesmo, o docente aproveitará estas sesións para facer un seguimento dos avances do alumnado. O docente tamén utilizará estas sesións para ofrecer explicacións complementarias aos contidos dispoñibles na Aula Virtual, facilitando así a comprensión dos mesmos.
Por outro lado, ao longo do curso tamén se programarán 15 horas de titorías non presenciais síncronas, nun horario a determinar pola facultade ao inicio do curso. Estas titorías teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumando. En particular, estas sesións serán aproveitadas para o acompañamento na resolución dos traballos prácticos encargados ao longo do curso.
Ao longo do curso desenvolveranse varias actividades ou traballos nos que o alumnado porá en práctica os contidos da materia, facilitando así a súa comprensión e fixación. Utilizaranse estudos de caso, discusións e debates, resolución de problemas e realización de traballos monográficos en grupo ou individuais, con ou sen exposición en público.
O docente atenderá adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso. O profesor cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
O traballo individual do alumnado oriéntase cara a lectura, comprensión e interiorización dos contidos da materia; así como á realización de actividades prácticas ou interactivas. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumnado reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
Alumnado repetidor
O alumnado repetidor e aqueles que non puideren asistir con regularidade deberán contactar co profesor para abordar a súa situación na primeira semana do cuadrimestre.
Contémplase a posibilidade de facer saídas para prácticas de campo, en coordinación co resto das materias do título, que permitan visitar e coñecer feiras, mostras e calquera evento relacionado co sector cultural. Estas saídas terían carácter opcional e non avaliable.
Conforme á anterior proposta docente a avaliación recollerá o resultado da totalidade do esforzo realizado ao longo do curso: participación activa; debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa; realización e exposición de traballos; probas e exame final; etc. Avaliaranse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
O sistema de avaliación da materia basearase en tres compoñentes:
a) A proba final, que consiste nun exame escrito que se celebrará presencialmente na data, hora e lugar que determine o calendario oficial do centro (40% da puntuación total).
b) A realización das actividades de avaliación continua propostas ao longo do curso (50% da puntuación total).
c) A participación activa na aula virtual (titorías, chats, foros e debates, e outras ferramentas virtuais) (10% da puntuación total).
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de cinco puntos sobre dez. Aprobar o exame final é un requisito imprescindible para superar a materia. A nota da avaliación continua só será considerada para facer media (ponderada) coa nota do exame final se este último é aprobado. Considérase aprobado se se obtén un mínimo de 5 puntos sobre 10.
O alumnado que non supere o exame escrito na primeira oportunidade do curso ten dereito a acudir á segunda oportunidade. Neste caso, a nota obtida na segunda oportunidade será a nota que faga media ponderada (mantendo o peso do 40% sobre o total) coa nota correspondente ás actividades de avaliación continua.
O formato de exame será o mesmo en ambas oportunidades, sendo obxecto de avaliación os temas que figuran no programa, as lecturas obrigatorias, as explicacións do profesor e o resto do material que se facilitar. Non haberá probas liberatorias parciais. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
O alumnado repetidor que xa tivera aprobada a parte da materia correspondente á avaliación continua en convocatorias anteriores ten dúas opcións de avaliación. En primeiro lugar, pode manter a nota da avaliación continua obtida na convocatoria anterior e presentarse unicamente ao exame final se así o desexar. En segundo lugar, pode volver realizar as actividades prácticas e obter unha nova nota de avaliación continua, que substituirá ás de convocatorias anteriores. En calquera caso, o peso na nota final segue sendo de 40% para o exame escrito. O alumnado repetidor debe pórse en contacto co profesor na primeira semana do cuadrimestre para abordar a súa situación e elixir o sistema de avaliación que desexe (que non poderá ser modificado a posteriori).
Docencia non presencial síncrona: 15 horas
Titorías non presenciais síncronas: 15 horas
Docencia non presencial asíncrona: 12 horas
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 104 horas
Avaliación final (exame): 4 horas
Non se require de coñecementos económicos específicos previos.
Se ben a modalidade virtual permite certa flexibilidade e que cada alumno/a avance ao seu ritmo, recoméndase avanzar progresivamente e manter unha constancia. En particular, aconséllase consultar os temas dentro dos prazos indicados polo profesor, para así poder formular dúbidas nas sesións correspondentes e beneficiarse da interacción co profesor e os compañeiros/as.
Recoméndase non esgotar os prazos de entrega das actividades prácticas para non arriscarse a deixar actividades sen entregar por causa de imprevistos.
Lembrase a dispoñibilidade de servizo de titorías para a resolución de calquera tipo de dúbida ou problema que se presente ao longo do curso.
Raul Rios Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
21.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |