Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O/A alumno/a será capaz de:
- Analizar os conceptos básicos, contados fundamentais -económicos, sociais, políticos e culturais – e as liñas de evolución da Historia nos séculos XIX e XX.
- Comprender os principais cambios que, respecto a etapas históricas anteriores, tiveron lugar ao longo dos séculos XIX e XX e como estes cambios condicionaron e moldearon as características do noso presente histórico.
BLOQUE 1: OS CAMBIOS ECONÓMICOS SOCIAIS E POLÍTICOS DO SÉCULO XIX
1. A crise do Antigo Réxime e a dobre revolución: Revolución Industrial e revolucións burguesas.
2. A construción dos estados nacionais.
3. A sociedade de clases e o movemento obreiro.
4. As transformacións técnicas, económicas e sociais.
5. Expansión europea e imperialismo
BLOQUE II: DA PRIMEIRA Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL, O PERÍODO DE ENTREGUERRAS (1914-1945)
6. A Primeira Guerra Mundial e as súas consecuencias
7. A Revolución Rusa e a creación da Unión Soviética
8. O período de Entreguerras, a crise económica e política: a irrupción dos fascismos
9. A Segunda Guerra Mundial
BLOQUE III: O MUNDO DENDE 1945-1991
10. A nova orde internacional: a formación de bloques e a Guerra Fría
11. O bloque socialista: a URSS e os países do leste. O socialismo real fóra do bloque: o modelo chinés
12. O bloque capitalista: evolución política e económica. Os novos movementos sociais e culturais
13. A descolonización e o neocolonialismo
14. A globalización neoliberal
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
ARTOLA, M., PEREZ LEDESMA, M: Contemporánea. La historia desde 1776, Madrid, Alianza, 2011.
VILLARES, R., BAHAMONDE, A., El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus, 2012.
ZAMAGNI, V. (2001), Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
AMBROSIUS, G. e HUBBARD, W.H. (1992): Historia social y económica de Europa en el siglo XX, Madrid, Alianza Universidad.
ARACIL, R. et al: El mundo actual. De la Segunda Guerra Mundial a nuestros días, Barcelona, UAB, 1998.
AVILES, J., SEPULVEDA, I,: Las claves del mundo actual, Madrid, Síntesis, 2014.
AZCONA, J.M.: Historia del mundo actual (1945-2005), Madrid, Universitas, 2005.
BRIGGS, A; CLAVIN, P. (2000): Historia contemporánea de Europa: 1789-1989. Barcelona: Crítica.
CALVOCORESSI, P., Historia política del Mundo Contemporáneo. De 1945 a nuestros días, Madrid Akal, 1987.
COOK, C., STEVENSON, J., Guía de Historia Contemporánea de Europa, Madrid, Alianza, 1994.
COOK, C., Diccionario de términos históricos, Madrid, Alianza, 1997.
DIEZ ESPINOSA, J,R., et al., Historia del mundo actual (desde 1945 hasta nuestros días), Valladolid, Universidad de Valladolid, 2006.
FONTANA, J., Por el bien del Imperio. Una historia del mundo desde 1945, Barcelona, Ediciones de Pasado y Presente, 2011.
FONTANA, J., El siglo de la Revolución: Una historia del mundo desde 1914, Crítica, 2017.
FULBROK, M, Europa desde 1945, Barcelona, Crítica, 2002.
HOBSBAWM, E., Historia del siglo XX, Barcelona, Crítica, 1998.
HOBSBAWM, E., Un tiempo de ruptura. Sociedad y cultura en el siglo XX, Barcelona, Critica, 2019.
JUDT, T., Posguerra. Una historia de Europa desde 1945, Madrid, Taurus, 2006.
KINDER, H., HILGEMANN, W., Atlas Histórico Mundial, vol II: De la Revolución Francesa a nuestros días, Madrid, Istmo, 1996.
LACOSTE, Y., Geopolítica. La larga historia del presente, Madrid, Síntesis, 2009.
MARTINEZ CARRERAS, J.U. et al., Historia del mundo actual, Madrid, Marcial Pons, 1996.
MARTINEZ RUEDA, F., URQUIJO, J., Materiales para la historia del mundo actual, Madrid, Istmo, 2006.
OVERY, R., BROTONS MUÑOZ, A., Atlas histórico del siglo XX, Madrid, Akal, 2009.
PALACIOS BAÑUELOS, L., NIÑEZ DE PRADO, S.: Nueva historia del mundo actual, Madrid, Universitas, 2013.
PAREDES, J., Historia Universal Contemporánea, Barcelona, Ariel, 2004.
PROCACCI, G., Historia general del siglo XX, Barcelona, Crítica, 2001.
SWIFT, J, VAZQUEZ RAMIL, R., Atlas histórico de la guerra fría, Madrid, Akal, 2008.
TOBOSO SANCHEZ, P., Diccionario de historia del mundo actual, Madrid, Alianza, 2005.
TORTELLA, G. (2000): La revolución del siglo XX: capitalismo, comunismo y democracia. Madrid: Taurus.
TUSELL GOMEZ, J.: Manual de historia universasl 9. El mundo actual, Madrid, Historia 16, 2011,
VEIGA, F., et al., La paz simulada. Una historia de la guerra fría, 1941-1991, Madrid, Alianza, 2006.
VILLANI, P., La edad contemporánea, 1945 hasta hoy, Barcelona, Ariel, 1997.
VV.AA., Historia actual del mundo, Barcelona, Síntesis 2016.
VV.AA., Historia de Europa en el siglo XX, Madrid, Marcial Pons, 2014.
ZORGBIBE, Ch., Historia de las relaciones internacionales, 2. Del sistema de Yalta a nuestros días, Madrid, Alianza, 1997.
- Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persiga
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
- Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudo como en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
Na modalidade virtual o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado, realizaranse a través da aula do Campus virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC ( MSTeams).
Cada semana haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona e este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e alumnado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia. As consultas realizadas polo alumnado serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o/a docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
Na aula virtual os/as docentes poñerán a disposición do estudantado recursos e tarefas que responderán a diversas metodoloxías: clase maxistral (mediante gravación de presentacións), comentarios de texto, presentación oral de traballos, exercicios, estudos de caso, etc.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Mediante avaliación continua e proba final complementario.
Nesta primeira oportunidade o 60% da cualificación final corresponderá á avaliación das tarefas e actividades programadas na aula virtual.
Un 10% da cualificación final procederá da participación activa e excelencia nos traballos.
O outro 30% da nota final corresponderá á nota da proba final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 30% exame, 10% valoración da participación activa na aula virtual e 60% avaliación das tarefas
Docencia non presencial síncrona: 15 horas
Titorías non presenciais síncronas: 15 horas
Docencia non presencial asíncrona: 14 horas
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 102 horas
Avaliación final (exame): 4 horas
Na modalidade de docencia virtual resulta indispensable o traballo constante e continuo, o que obrigará a entrar na aula virtual cando menos un par de veces á semana ao longo do semestre. A lectura e estudo dos materiais proporcionados polo profesor, a participación activa nos foros e actividades abertas na aula virtual e a realización e entrega en prazo das tarefas programadas será a forma máis eficaz de lograr os obxectivos formativos. A asistencia habitual á sesión semanal de docencia non presencial será moi útil para clarificar os contidos máis complexos da materia.
Maria Pilar Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- mpilar.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
21.01.2025 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
12.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |