Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Presentar e analiza-los procesos históricos que aconteceron na Europa dos séculos XVI, XVII e XVIII, para poñelos en relación coas outras áreas xeográficas do planeta coas que toma contacto as sociedades europeas no transcurso desta época histórica.
2. Comprende-las implicacións dos feitos e procesos históricos propios do período moderno na configuración das realidades actuais no contexto europeo e mundial.
3. Defini-los principais conceptos relacionados cos cambios socio-políticos, intelectuais e relixiosos acontecidos durante os séculos XVI ao XVIII e identificar as súas causas e consecuencias nun mundo incipientemente globalizado.
4. Interpretar e xestiona-las fontes de información histórica relativas ao mundo da época moderna nun nivel elemental.
5. Reuni-la información das achegas bibliográficas xeneralistas e específicas da Historia Moderna e expoñela con axuda das tecnoloxías da información e comunicación.
1. A idade Moderna: periodización e características esenciais
2. Do Vello ó Novo Mundo: a expasión e colonización europea nos séculos modernos
3. Nacimiento e evolución do "Estado" moderno
4. As bases socioeconómicas da Europa moderna
5. Cultura e Relixión na Idade Moderna
a) Básica:
M. Alfonso Mola, C. Martínez Shaw, Historia Moderna. Europa, África, Asia y América, Madrid, UNED, 2015.
J. B. Amores Carredano (coord.), Historia de América, Barcelona, Ariel, 2006.
B. Bennassar et alii, Historia Moderna, Madrid, Akal, 2013
J. Bergin, El siglo XVII, Barcelona, Crítica, 2003.
J. Black, La Europa del siglo XVIII, 1700-1789, Madrid, Akal, 1997.
E. Cameron, El siglo XVI, Barcelona, Crítica, 2006.
J. Elliot, La Europa dividida (1559/1598), Barcelona, crítica, 2002.
A. Floristán (Coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, Ariel, 2007.
M. Greengrass, La destrucción de la Cristiandad. Europa, 1517-1648, Ediciones de Pasado y
Presente, Barcelona, 2015.
E. Hinrichs, Introducción a la Historia Moderna, Madrid, Akal, 2001.
H. Lutz, Reforma y Contrarreforma, Madrid, Alianza, 2008.
T. Munck, La Europa del siglo XVII. 1598-1700, Madrid, Akal, 1994.
L. Ribot, La Edad Moderna (siglos XV-XVIII), Madrid, Marcial Pons, 2016.
A. Tennenti, La edad moderna. Siglos XVI-XVIII, Barcelona, Crítica, 2000.
b) Complementaria
J. P. Bardet e J. Dupâquier (dirs.), Historia de las poblaciones de Europa. Volumen I: De los orígenes a las premisas de la revolución demográfica, Madrid, Síntesis, 2001.
P. Burke, El Renacimiento europeo, Barcelona, Crítica, 2000.
P. Burke, La cultura popular en la Europa Moderna, Madrid, Alianza, 2005.
G. Céspedes del Castillo, América Hispánica (1492-1898), Madrid, Marcial Pons, 2009.
J. Delumeau, El catolicismo de Lutero a Voltaire, Barcelona, Labor, 1973.
J. De Vries, La urbanización de Europa, 1500-1800, Barcelona, Crítica, 1987.
T. Egido, Las reformas protestantes, Madrid, Síntesis, 1992.
J. H. Elliot, Imperios del Mundo Atlátntico: España y Gran Bretaña en América, 1492-1830, Madrid, Taurus, 2006.
M. W. Flinn, El sistema demográfico europeo, 1500-1820, Barcelona, 1989.
D. García Hernán, Humanismo y sociedad en el Renacimiento, Madrid, Síntesis, 2017.
S. Gruzinski, Las cuatro partes del mundo: historia de una mundialización, México, FCE, 2011.
P. Hazard, La crisis de la Conciencia Europea, Madrid, Alianza, 1989.
H. Kamen, La sociedad europea (1500-1700), Madrid, Alianza, 1986.
P. Kriedte, Feudalismo tardío y capital mercantil, Barcelona, Crítica, 1986.
J. A. Maravall, La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
P. Massa et alii, Historia económica de Europa (siglos XV-XX); Barcelona, 2003.
P. Monod, El poder de los reyes: monarquía y religión en Europa, 1589-1715, Madrid: Alianza, 2001.
G. Parker, La guerra de los Treinta Años. Barcelona, Crítica, 1988.
D. Ringrose, El poder europeo en el mundo, 1450-1750, Barcelona, 2019.
H. Schultz, Historia económica de Europa, 1500-1800: artesanos, mercaderes y banqueros, Madrid, 2001.
S. Shapin, La revolución científica, Barcelona, Paidós, 2000.
c) Otros recursos auxiliares:
B. Azcárate Luxán, Mª V. Azcárate Luxán, J. Sánchez Sánchez (dirs.), Atlas Histórico y Geogrráfico Universitario, Madrid, UNED, 2006.
C. Cook, Diccionario de términos históricos, Madrid, Alianza, 1993.
G. Duby, Atlas Histórico Mundial, Barclona, Larousse, 2007.
H. Kamen, Vocabuliario básico de la Historia Moderna, Barcelona, 1986.
J. R. Juliá (dir.), Atlas de Historia Universal, 2 vols., Barcelona, Planeta, 2000.
P. Vilar, Iniciación al vocabulario del análisis histórico, Barcelona, 1980.
- Con02: Comprender e interpreta-los fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
- H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de personas con diversidade funcional
Na modalidade virtual o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado, realizaranse a través da aula do Campus virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC (MSTeams).
Cada semana haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona e este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do estudantado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e estudantado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia. As consultas realizadas polas/os estudantes serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o/a docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
Na aula virtual os/as docentes poñerán a disposición do estudantado recursos e tarefas que responderán a diversas metodoloxías: clase maxistral, comentarios de texto, presentación oral de traballos, exercicios, estudos de caso, etc.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
1) Proba teórica de conxunto. Na data sinalada polo calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade realizarase unha proba escrita global na que o alumnado será examinado sobre os temas do programa, así como dos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases expositivas. Dita proba computará por valor do 40% da cualificación final. A puntuación da proba estará comprendida entre 0 e 10 puntos e para que sexa tida en conta cada persoa matriculada deberá obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
2) Exercicios prácticos realizados ao longo do curso. Estes exercicios prácticos computarán por valor do 60% da cualificación final. Para que sexan recoñecidos cada persoa matriculada terá que alcanzar no seu conxunto un nota mínima de 5 sobre 10.
B) PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE E DE REPETIDORES/AS:
1) Proba teórica de conxunto coas mesmas características que a ordinaria que computará por valor do 40% da cualificación final. A puntuación da proba estará comprendida entre 0 e 10 puntos e para que sexa tida en conta cada persoa matriculada deberá obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
2) Os exercicios prácticos, no caso de ser avaliados positivamente con anterioridade, conservarase a cualificación, en caso contrario deberán ser reelaborados e presentados na data do exame. A ponderación correspondente a esta proba na cualificación final será do 60%. Para que sexan recoñecidos cada persoa matriculada terá que alcanzar no seu conxunto un nota mínima de 5 sobre 10.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra a persoa infractora. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas de autoría e das fontes.
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas: 14 horas
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico: 12 horas
Exame presencial: 4 horas
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 120 horas
Tendo en conta a extensión e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter obrigatorio recoméndase dedicar un tempo cotián á súa preparación, que debería facerse recorrendo á lectura e realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. Do mesmo xeito, é case imprescindible a lectura da bibliografía de apoio xeral e da específica que aporte o profesor co programa para obter unha visión máis completa da que é posible ofrecer nas sesións expositivas. Tamén é recomendable o manexo de atlas históricos, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou dixitais.
É conveniente así mesmo a realización persoal polo alumnado de comentarios de textos, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio desta disciplina e unha mellor comprensión dos contidos da materia. É frecuente que caia na paráfrase ou ben que se esqueza por completo dos textos e redacte o tema, que é un calco dos apuntamentos recibidos. O alumnado debe aprender a organiza-los datos que se lle ofrecen e a os estruturar e explicar debidamente.
Na realización dos traballos bibliográficos e das actividades prácticas obrigatorias convén coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, do mesmo xeito que a creatividade persoal e o rigor científico.
Ruben Castro Redondo
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 982824716
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
17.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
16.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |