Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Logo de cursar esta materia os/as alumnos/as deberán de ser capaces de:
• Desenvolver unha capacidad de análisise crítico e construtivo de situacións pasadas e presentes (manexo do tempo histórico).
• Profundizar na lectura e interpretación de todo tipo de fontes históricas e soportes documentais.
• Formular unha comprensión global dos procesos históricos pasados e presentes, integrando elementos políticos, económicos, sociais e culturais.
• Dispoñer dunha visión sintética, razoada y multicausal das oríxes e formación histórica de Europa, con especial atención á época medieval e ás diversas áreas de civilización que xurden nesta época.
• Aplicar os coñecementos adquiridos á interpretación, investigación e puesta en valor do patrimonio histórico-cultural.
Esta materia estrúturase en tres bloques temáticos, seguindo unha ordenación ontolóxica e cronolóxica. O primeiro bloque temático ocúpase da ruptura do espazo unitario artellado arredor do Imperio Romano e a civilización grecolatina no mundo mediterráneo e a posterior eclosión de tres grandes áreas de civilización (Occidente, Bizancio, Islam) no baleiro deixado polo solpor da Romanidade, para abordar logo o proceso de diverxencia e confrontación entre delas. O segundo bloque temático céntrase no proceso de construcción dun modelo social e unha civilización propia no Occidente medieval que comenzará un proceso de expansión
polo marco continental europeo ata acadar una posición hexemónica fronte ás otras áreas de civilización veciñas e competidoras.
vecinas y competidoras. O terceiro bloque temático analiza a crise interna deste modelo social e cultural e a súa
reconfiguración, que levará á transición da sociedade feudal da Idade Media cara á sociedade estamental da
Idade Moderna, a creación das monarquías absolutas e a expansión da civilización europea occidental para alén
do marco continental inicial.
Temario:
0.- Introducción á Idade Media: tempo, espazo e coñecemento.
I.- A crisise do Mundo Antigo e a parcelación da área mediterránea (séculos. III-X):
1.- Romanidade e Xermanidade nos ss. III-V.
2.- A formación das tres áreas de civilización mediterránea (ss.VI-VII): Europa xermánica, Bizancio e Islam.
3.- A evolución diverxente das tres áreas de civilización mediterránea (ss.VIII-X).
II.- A consolidación do Occidente medieval cristián (séculos XI-XIII):
4.- A ampliación do marco xeográfico europeo-occidental.
5.- A Cidade de Dios e a realidade temporal.
6.- O Imperio romano-xermánico e as monarquías feudais.
III.- Crise e transformación da Europa Occidental (séculos XIV-XV):
7.- Depresión e recuperación na sociedade europea baixomedieval.
8.- As novas bases de articulación da Europa cristiá occidental.
9.- O triunfo final da hexemonía monárquica nos estados medievais.
Manuais recomendables:
-José Ángel GARCÍA DE CORTÁZAR e José Ángel SESMA, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2008.
.- José Manuel NIETO SORIA, Europa en la Edad Media, Madrid, Akal, 2016.
- Chris WICKHAM, Europa en la Edad Media: una nueva interpretación, Barcelona, Crítica, 2017.
- Robert BARTLETT, La formación de Europa: conquista,colonización y cambio cultural, 950-1350, Valencia, Universitat de Valencia, 2003.
-Vicente ALVAREZ PALENZUELA e outros, Historia Universal de la Edad Media, -Barcelona, Ariel, 2002.
-Emilio MITRE, Historia de la Edad Media en Occidente, Madrid, Cátedra, 1995.
-Jean CHARPENTIER e François LEBRUN (eds.), Breve Historia de Europa, Madrid, Alianza, 1998.
-Feliciano NOVOA e Javier VILLALBA, Historia de Europa a través de sus documentos, Barcelona, Lunwerg, 2012.
-Jean-Fréderic SCHAUB, ¿Tiene Europa una historia?, Madrid, Akal, 2013
Outras obras de consulta:
-Angus MACKAY e David DITCHBURN (eds.), Atlas de Europa Medieval, Madrid, Cátedra, 2011.
-Herman KINDER e Werner HILGEMANN, Atlas histórico mundial (I), Madrid, Istmo, 2006.
-VV.AA., Atlas "The Times" de Historia de la Humanidad, Barcelona, GSC, 1994.
Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos
procesos culturais
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en
función dos obxectivos que se persigan
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que inclúan reflexiones sobre temas de índole
social, científica ou ética.
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e respuesta ós principales
problemas das sociedades contemporáneas.
A docencia da materia estruturase en 15 horas de docencia non presencial síncrona, 14 horas de docencia non presencial asíncrona e 15 horas de tutorías non presenciais síncronas. Está programada unha hora semanal de clase non presencial síncrona -no horario establecido polo Decanato da Facultade- en "streaming" (a través de MSTeams). Os contenidos e materiais traballados nestas sesións estarán a disposición de todo ol alumnado a través da Aula Virtual da materia. De igual xeito, está programada unha hora semanal de tutoría non presencial asíncrona de orientación ó alumnado e de resolución de dúbidas en líña (a través de MSTeams). Para consultas individualizadas, preguntas e observacións sobre o desenvolvemento do curso, o profesor estará dispoñible igualmente a través do Foro da materia e do correo electrónico (co compromiso de dar resposta nun prazo inferior ás 48 horas, salvo ausencia xustificada, permiso ou enfermidade).
A ensinanza da materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, de acordo coa súa propia división en créditos de carácter teórico e de carácter práctico. Deste xeito, unha parte dos contidos (os de carácter máis básico e xeral ou aqueles de carácter máis complexo), son impartidos polo docente recorrendo á fórmula da "clase maxistral", apoiada no emprego de medios audiovisuais e no manexo de mapas, gráficos e estatísticas, na lectura de textos axeitados ao tema tratado e na realización de comentarios na propia aula, a partir de materiais previamente entregados. Unha parte substancial da materia desenvólvese a partir do traballo dos alumnos/as realizado fóra do horario lectivo (actividade academicamente dirixida fóra da aula), consistente na realización (tanto individual como en grupo) de actividades diversas: lectura e recensión de libros, a visión de películas alusivas ao tema que se está a tratar, excursións formativas, asistencia a cursos e conferencias. Especificamente, para fomentar a personalización da súa formación intelectual e a xeración dun espírito crítico, o alumno/a ten que realizar, para a plena superación do proceso de aprendizaxe, unha recensión crítica dunha obra dentro da bibliografía e a temática suxeridas polo docente da materia. Así mesmo, como unha actividade máis dirixida á súa formación transversal, realizanse prácticas dirixidas de exposición de epígrafes da materia na aula, incitando así aos alumnos/as a enfrontárense a un público pendente das súas explicacións, ao tempo que deste xeito se produce unha socialización de coñecementos da que participa todo o grupo de estudo.
Se programarán 12 horas de titorías en grupo reducido en 12 semanas diferentes e atendendo ás franxas horarias que favorezan a participación do alumnado.
A avaliación da materia comprenderá:
a) Unha proba teórica (Exame), consistente no desenvolvemento dun tema extraído do programa da materia e a realización dun comentario de texto histórico axeitado aos seus contidos. A súa cualificación proporcionará o 40% da nota final.
b) Unha proba práctica (Avaliación continua), consistente na realización dun traballo bibliográfico sobre unha das obras suxeridas polo profesor ou propostas polo alumno/a e aceptadas por aquel. A súa cualificación equivalerá ao 40% da nota final.
c) Participación activa no Campus Virtual. A sua cualificación suporá o 20% da nota final.
A realización de ambas as dúas probas é indispensable para superar a materia tanto en primeira como en segunda oportunidade. O prazo para a admisión dos traballos rematará o día do exame final e a súa ausencia comporta a cualificación de "Non Presentado".
O sistema de cualificación é válido tanto para a primeira oportunidade de Maio/Xuño como para a segunda de Xuño/Xullo. A avaliación positiva de certas actividades (exame e traballos individual e de grupo) poderá ser conservada para a segunda oportunidade e/ou durante dous cursos académicos (alumnos repetidores), sempre que así o solicite o alumno interesado e o profesor dea a súa aprobación.
Docencia non presencial síncrona 15 horas
Tutorías no presenciais síncronas 15 horas
Docencia no presencial asíncrona 14 horas
Traballo personal do alumnado e outras actividades 102 horas
Avaliación final (exame) 4 horas
Tendo en conta a amplitude e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter de materia de formación básica, é altamente recomendable o dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. De igual xeito, é case imprescindible o recurso á bibliografía de apoio xeral e a específica de cada tema para complementar e suplementar a docencia maxistral, así como as suxestións de lectura do profesor e o manexo de atlas, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como un xeito de relacionar coñecementos e procesos históricos. Así mesmo, convén, na realización do traballo bibliográfico obrigatorio e da práctica de comentarios de texto histórico, coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, ao igual que a creatividade persoal e o rigor crítico no eido dos contidos.
Jose Carlos Baliñas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
30.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |