Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 10.5 Clase Interactiva: 4 Total: 14.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Fundamentos da Análise Económica, Organización de Empresas e Comercialización, Filoloxía Galega, Historia da Arte, Xeografía, Electrónica e Computación, Ciencias da Comunicación, Filoloxía Inglesa e Alemá, Ciencia Política e Socioloxía, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Historia, Filosofía e Antropoloxía, Economía Aplicada
Áreas: Dereito Administrativo, Fundamentos de Análise Económica, Organización de Empresas, Filoloxías Galega e Portuguesa, Historia da Arte, Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física, Xeografía Humana, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Filoloxía Inglesa, Socioloxía, Filoloxía Francesa, Filoloxía Grega, Lingua Española, Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Antiga, Historia Contemporánea, Historia Medieval, Historia Moderna, Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral, Economía Aplicada
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Realizar unha busca efectiva de información en fontes de diversa tipoloxía
- Analizar e tratar a información obtida
- Extraer conclusións dos resultados obtidos e saber aplicalas ao futuro profesional
- Poñer en relación os coñecementos adquiridos nas distintas materias co tema de investigación seleccionado
- Redactar con corrección un traballo académico
- Saber presentar e defender o traballo en público e ante un tribunal
O TFG consistirá na elaboración dun traballo académico orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados na titulación de grao.
O TFG poderá consistir nun traballo de iniciación á investigación, proxectos de carácter profesional no ámbito da titulación, informes ou calquera outro tipo de traballo que responda aos formatos máis habituais na actividade profesional dun xestor/a cultural, e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, presentación e defensa.
O TFG deberá adoptar, de forma aproximada, a seguinte estrutura e deberá incluír os seguintes elementos:
a) Portada, na que deberán aparecer todos os datos identificadores do traballo: o logo da USC coa indicación da Facultade; a denominación do Grao; o título do traballo; o nome completo do autor/a e do titor/a e o curso académico correspondente.
b) Primeira páxina, que reproduce a portada.
c) Título en galego, español e inglés, e o correspondente resumo e palabras chave nas tres linguas
d) Índice paxinado.
e) Introdución
f) Obxectivos e metodoloxía.
g) Contidos
h) Conclusións.
i) Bibliografía consultada.
l) Apéndices (se os hai).
A extensión do TFG estará, aproximadamente, entre as 8 000 e as 20 000 palabras, excluídos apéndices
A liña temática escollida condicionará a bibliografía básica e complementaria. Será función do titor/a axudar ao estudante proporcionándolle criterios para a busca e selección da bibliografía.
A Biblioteca da USC ofrece unha sesión de formación titulada “Bibliografía para o TFG: formación exprés” dirixida ao estudantado que estea realizando o TFG.
- Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e eficaz
Hai dous tipos de actividades formativas a desenvolver na materia Traballo Fin de Grao:
- Titorización do Traballo Fin de Grao para a súa planificación, elaboración e defensa. O titor/a do TFG orientará e asesorará inicialmente ao estudante sobre as fontes documentais a utilizar, o formato e a estrutura do TFG. Unha vez planificado o TFG, o titor/a orientará ao estudante para a súa redacción e presentación.
A asignación do titor/a e da liña temática farase no prazo establecido no calendario aprobado e publicado pola facultade e seguindo o criterio establecido no Regulamento de TFG: a media do expediente académico do estudante ao remate do curso académico inmediatamente anterior no que estivese matriculado. A maiores da asignación de liña temática e titorización por este criterio, contémplase a posibilidade de que un/unha docente poida asumir a tutorización dalgún outro TFG, a maiores dos asignados polo criterio fixado, se hai acordo entre docente e estudante e a Comisión do Título o autoriza.
- Presentación e Defensa do Traballo de Fin de Grao, que deberá realizarse en acto público ante un tribunal
A cualificación dos traballos realizarase conforme a criterios que permitan comprobar a consecución das competencias asociadas ao título.
Os membros do Tribunal de avaliación realizarán un informe, segundo o modelo que se elaborará para estes efectos, no que avaliarán os seguintes aspectos:
a) Calidade do TFG: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións.
b) Presentación escrita do TFG: presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica.
c) Presentación oral e defensa: concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua.
O Informe do titor tomarase en consideración no momento de cualificar a versión escrita do traballo. No seu preceptivo informe, ademais das súas observacións sobre o desenvolvemento do traballo, o titor/a incluirá a súa proposta de cualificación numérica (entre 0 e 10) do documento escrito do TFG. Esta cualificación numérica fará media coas dos membros do tribunal de modo que suporá o 25% da avaliación da versión escrita do traballo.
A cualificación final outorgada ao TFG por cada membro do Tribunal obterase de acordo coa seguinte ponderación:
a) Traballo escrito: 75%
Desenvolvemento do tema e estrutura, aportacións orixinais, método, manexo das fontes e bibliografía: 60%
Presentación formal e corrección lingüística: 15%
b) Presentación oral: 25%
Exposición: 15%
Defensa: 10%
A cualificación final resultará da suma da cualificación do traballo escrito e a cualificación da presentación oral. A cualificación do traballo escrito (75% da nota final) obterase de aplicar a media aritmética entre as notas atribuídas á versión escrita do TFG por cada un dos membros do Tribunal e a nota proposta polo titor/a no seu preceptivo informe. A cualificación da presentación oral (25% da nota final) resultará de aplicar a media aritmética entre as notas atribuídas a este aspecto do TFG por cada un dos membros do Tribunal.
A materia ten 6 créditos ECTS, o que supón unha dedicación de 150 horas, incluídas as sesións de titorización, exposición e defensa do traballo
Titorización do TFG para a súa planificación, elaboración e defensa: 14 horas
Presentación e Defensa do TFG: 1 hora
Traballo persoal do alumnado: 135 horas
É moi importante que o alumno/a se manteña informado sobre as datas do calendario dos TFG que aparecerán publicadas na web do TFG da Facultade