Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
+ Obter un coñecemento xeral da bioloxía e sistemática dos grandes grupos de organismos que constitúen o obxecto de estudo da botánica: algas, briófitos, fentos, espermatófitos e hongos.
+ Conocer as características xerais das familias de plantas de maior interese farmacéutico e os seus principais aplicaciones.
+ Reconocer as especies máis comúns da nosa flora, especialmente aquelas plantas de interese farmacéutico, toxicolóxico, alerxénico, bromatolóxico, ecolóxico ou medioambiental.
+ Aprender o manexo de claves dicotómicas para a identificación taxonómica de plantas vasculares.
Teóricos. – 23 horas
A clasificación da diversidade vexetal. Sistemática, taxonomía e nomenclatura. Claves de identificación. O Código Internacional de Nomenclatura Botánica. Características dos Fungos: Eumycota e Oomycota. Líquenes. Cianobacterias (Cyanophyta). Algas eucarióticas: Dinoflagelados (Dinophyta), Diatomeas (Bacillarophyceae). Algas Vermellas (Rhodophyta), Pardas (Heterokontophyta) e Verdes (Chlorophyta). Características xerais das plantas (Embriófitos). Os Briófitos (Bryophytina). As plantas vasculares (Traqueófitos) e os seus órganos vexetativos: raíz, talo e follas. Os Fentos (Pteridophytina). Os Espermatófitos, Ximnospermas e Anxiospermas. A flor. Ciclo biolóxico. Polinización. Fecundación. A semente e o froito. Anxiospermas: Monocotiledóneas e Dicotiledóneas. Plantas de interese farmacéutico, ecolóxico, bromatolóxico e industrial.
Seminarios. - 3 horas
Seminario 1. - Conceptos básicos de morfoloxía e manexo de claves dicotómicas
Seminario 2. - Exposición dun traballo de curso
Prácticas. - 15 horas
Estudaranse fundamentalmente os aspectos morfolóxicos das plantas vasculares, con énfase na descrición e determinación destas con claves dicotómicas.
Básica
- Strasburger, E. et. al. 2004. Tratado de Botánica. 35ª ed, Edit. Omega.
- Izco, J. y col., 2004. Botánica, 2ª ed., Edit. McGraw-Hill Interamericana.
- Nabors M.W. 2006. Introducción a la Botánica. Edit. Pearson Educación S.A.
- Díaz T.E. y col. 2004. Curso de Botánica, Edit. Trea.
Complementaria (teoría)
- Raven, P. H.; Evert, R. F. & Eichorn, S. E, Biología de las Plantas. 1991,vol I y II. Edit. Reverté.
- Font Quer, P. 2000. Diccionario de Botánica, Edit. Labor.
Complementaria (prácticas y seminarios)
- Aizpuru, I. y col.1999. Claves ilustradas de la Flora del País Vasco, Servicio de Publicaciones del Gobierno Vasco.
- Bárbara, I. & Cremades, J. 1987. Guía de las algas del litoral gallego. Casa de las Ciencias. Ayuntamiento de La Coruña.
- Bonnier G. & de Layens, G. 1997. Claves para la determinación de plantas vasculares, 5ª reimpresión, Edit. Omega.
- Castroviejo, S. y col. 2001. Claves de Flora Ibérica, vol. I. Real Jardín Botánico de Madrid. Dpto de Publicaciones del CSIC, Madrid.
- García. X.R. 2008. Guía das plantas de Galicia. Edit. Xerais.
- Gerhardt, E.; Vila, J. y Llimona, X. 2000. Hongos de España y Europa. Manual de Identificación. Edit. Omega.
- López-González, G. 2004. Guía de los árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares. Edit. Mundi-Prensa
Salvo Tierra, E. 1990. Guía de helechos de la Península Ibérica y Baleares. Edit. Pirámide
- Wirth, V. y col. 2004. Guía de campo de líquenes, musgos y hepáticas. Edit. Omega.
Recursos en Internet
- Aula virtual da materia
- www.floraiberica.org
- www.anthos.es
- www.sci.sdsu.edu/plants/plantsystematics
- www.rjb.csic.es/
- www.kew.org
- www.usc.es/herbario
- www.arbolesoramentales.com
- www.labiblio.com/flora.htm
- www. unex.es/botanica
- www.morfologiavegetal.info
Se facilitarán recursos bibliográficos complementarios no caso dos Escenarios 2 e 3.
Coñecementos:
Con 24. Coñecer as plantas mediciñais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
Con 38. Coñecer a natureza, mecanismo de acción e efecto dos tóxicos, así como os recursos en caso de intoxicación.
Habilidades:
H/D 12. Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos efectos beneficiosos das plantas mediciñais e comprender os riscos sanitarios asociados co seu mal uso.
H/D 14. Comprender a relación entre o ciclo de vida dos axentes infecciosos e as propiedades dos principios activos.
H/D 19. Prestar consello terapéutico en farmacoterapia e mais dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario aos usuarios dos establecementos nos que presten servizo.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 11. Traballo en equipo
Comp 19. Habilidades de investigación.
Comp 20 Capacidade de aprender.
- Clases expositivas 5 horas semanais o longo do 2º cuadrimestre (total 23 horas), en semans alternas. As sesións expositivas acompañaranse de apoio gráfico e outros recursos, dispoñibles no Campus virtual.
- Clases interactivas:
- A) Dous seminarios, cunha duración total de 3 horas. O primeiro (S1), de 1 hora de duración que versará sobre os conceptos básicos de morfoloxía e manexo de claves dicotómicas. O segundo seminario (S2) de 2 horas de duración, dedicarase á exposición do traballo de curso.
- B) Clases prácticas de laboratorio, terán unha duración total de 15 horas en sesións de 3 horas diarias durante 5 días seguidos.
- Titorías:
Organízanse en dúas sesións de 1 hora de duración cada unha delas. A primeira destinarase á organización do traballo de curso. Na segunda titoría, os alumnos poderán participar nun itinerario botánico no campus universitario e arredores.
Ademais, os alumnos contan con 6 horas semanais durante todo o cuadrimestre de dispoñibilidade do profesor, para consultar calqueira dúbida acerca da materia co profesor xa sexa presencial (no horario estabelecido) ou perante a USC virtual, ou email.
O aprobado acádase con 5 puntos dun total de 10, dos cales alomenos 2,5 puntos serán do exame final.
Os coñecementos teóricos puntuarán ata 7,5 puntos (Competetencia CG-Módulo B). Para avalialos, realizaranse varios controis ao longo do curso durante o tempo das clases expositivas cuio valor total será de 1,5 puntos; ademáis haberá un exame final de toda a materia puntuable hasta 6 puntos. Controis e exame final se levarán a cabo deste xeito: controis durante algunhas clases expositivas. Exame final presencial segundo o calendario fixado polo Decanato.
Os coñecementos prácticos puntuarán ata 1 punto (Competencia CS01). Para avalialos: realizarase unha proba ao rematar a semana correspondente ás prácticas, que consistirá na descrición e determinación de dous plantas vasculares, mediante claves dicotómicas.
A asistencia as prácticas de Laboratorio (clases interactivas), é obrigatoria para todos os alumnos de primeira matrícula. Se o alumno non asiste ás devanditas prácticas, non poderá superar a materia nin na oportunidade ordinaria nin na segunda oportunidade.
Os alumnos repetidores que queiran repetir as prácticas deberán manifestalo ao principio do curso ao coordinador da asignatura, para que se lles poda incluir nalgún grupo de prácticas; a os alumnos repetidores que non desexen repetir as prácticas se lles calificará nese caso o exame final sobre 7 puntos, en vez de sobre 6.
O traballo de curso puntuará ata 1,5 puntos (Competencias CI05, CI08, CP02). Para elo é necesario inscribirse nun grupo de traballo (Titoría 1) e participar na exposición do traballo. O traballo de curso non é obrigatorio pero os alumnos que decidan non facelo renuncian á obtención de 1,5 puntos. Avaliaranse as seguintes competencias: diversidade botánica, uso e xestión; traballo en equipa; xestión da información; capacidade de análise y síntese.
A asistencia as titorías non é obrigatoria.
Para aprobar a asignatura é necesario alcanzar 5 puntos totais, dos cais alomenos 2,5 puntos deben corresponder ao exame final da materia.
A avaliación corresponderase coa adquisición das seguintes Competencias:
Examen final teórico: Con-24; Con-38
Examen práctico: Con-24; H/D-12; H/D-14
Traballo de curso: Con-24; Comp-01; Comp-11; Comp-20
As calificacións obtidas manteránse durante as dúas convocatorias de cada curso académico. Os alumnos repetidores que teñan obtido alomenos 1 punto dos 3 posibles nas actividades de avaliación contínua (controis + traballo de curso) do curso anterior, poderán manter esa puntuación sen necesidade de participar nos controis ou no traballo do curso actual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de traballo individual do alumno nesta materia estímase en 112,5 horas, das cales 45 son presenciais. Distribúense da seguinte forma:
- 23 horas para clases expositivas máis 46 horas de estudo
- 15 horas para clases interactivas (prácticas de laboratorio) máis 1,5 non presenciais
- 3 horas para clases interactivas (seminarios) e 2 horas de titorías máis 20 horas de elaboración do traballo de curso
- 2 horas para exames e revisión
- Recoméndase utilizar unha parte do tempo de estudo, para practicar a descrición e determinación de plantas vasculares con axuda dunha guía de campo, preferentemente de abril a xuño (período óptimo de floración para moitas especies).
- Acceder ás páxinas Web dos principais xardíns botánicos e sacar partido dos recursos que ofrecen.
- Asistencia a clases expositivas, estudo continuado e consulta da bibliografía recomendada.
A participación nás titorías é voluntaria. Non obstante, recórdase os alumnos que na Titoría 1 organízanse os grupos para realizar o traballo de curso, polo tanto deben asistir aqueles que desexen realizalo. Lémbrase que no exame de teoría tamén se inclúen preguntas sobre o itinerario botánico que se imparte na Titoría 2.
Maria Inmaculada Romero Bujan
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814913
- Correo electrónico
- mi.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Amigo Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814977
- Correo electrónico
- javier.amigo.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gonzalo Perez De Lis Castro
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 982822465
- Correo electrónico
- gonzalo.perezdelis [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Pilar Diaz Tapia
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- pilar.diaz.tapia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
12:00-13:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
15:00-16:00 | GrupoC /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Mércores | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
12:00-13:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
15:00-16:00 | GrupoC /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Xoves | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
12:00-13:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
15:00-16:00 | GrupoC /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Venres | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
12:00-13:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
15:00-16:00 | GrupoC /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |