Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionar ós estudiantes os coñecementos teórico-prácticos básicos requeridos para unha correcta comprensión da morfoloxía, funcións e actividades das plantas.
- Comprender que as plantas elaboran unha gran cantidade de principios activos de interese farmacéutico cuxa síntese e produtividade están determinadas por factores xenéticos, ontoxénicos e ambientais.
1. Programa de clases expositivas
Tema 1. INTRODUCCIÓN: Concepto de Fisioloxía Vexetal. As plantas como fonte de alimentos e medicamentos. A célula vexetal.
Tema 2. RELACIÓNS HÍDRICAS: Concepto de potencial hídrico. Absorción, transporte e pérdida de auga. O aparato estomático
Tema 3. A NUTRICIÓN MINERAL E TRANSPORTE: Elementos esenciais. Absorción, transporte e distribución dos nutrientes minerais. Transporte no floema.
Tema 4. FOTOSÍNTESE: A Fase luminosa e a fotofosforilación. Fixación do CO2 en plantas C3, C4 y CAM. Síntese de sacarosa e almidón. Fotosíntese do nitróxeno e xofre.
Tema 5. CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO: Principios básicos do desenvolvemento das plantas. Regulación hormonal e resposta aos estímulos medioambientais.
Tema 6. METABOLISMO SECUNDARIO: Concepto. Tipos de metabolitos secundarios. Introducción a Biotecnoloxía Vexetal A producción de metabolitos mediante inxeniería genética.
2. Programa de clases prácticas
Práctica 1. Determinación do potencial osmótico dun tecido vexetal mediante o método plasmolítico.
Práctica 2. Determinación do potencial hídrico polo método gravimétrico.
Práctica 3. Separación de pigmentos fotosintéticos.
Práctica 4. Fotosíntesis en cloroplastos illados.
Práctica 5. Efecto das quinetinas sobre o atraso do envellecemento.
1. Básica
- Azcón-Bieto, J., Talón, M. (2008). Fundamentos de Fisiología Vegetal. 2ª ed. McGraw Hill/ Interamericana. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC): http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9788448192938].
-Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M., Murphy, A., Zeiger, E. (2022). Plant Physiology and Development. 7th ed. Sinauer Associates: Oxford University Press.
2. Complementaria
- Buchanan, B., Gruissem, W., Jones, R. (2015). Biochemistry & Molecular Biology of Plants. 2nd ed. Wiley-Blackwell. Hoboken.
- Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R., Amey, A. (2010). Plant Biology. Garland Science.
- Wink, M. (2010). Biochemistry of Plant Secondary Metabolism. 2nd ed. Annual Plant Review, Vol. 40. Willey-Blackwell. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC):
http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9781444320503].
Coñecementos
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional,
prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica
dispoñible.
Con 19. Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións na célula.
Con 24. Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
Habilidades ou destrezas
H/D 12. Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais e
comprender os riscos sanitarios asociados co seu mal uso.
Competencias
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 20. Capacidade de aprender.
- Clases expositivas: 2 horas de teoría á semana, nas que se expoñen os contidos teóricos da materia.
- Clases interactivas de laboratorio: Desenvolveranse no laboratorio ao longo de cinco sesión. Aos alumnos subministraráselles un guión de prácticas e deberán acudir a cada sesión despois de ler atentamente o seu contido..A asistencia a todas as clases prácticas é obrigatoria.
- Clases interactivas de seminario: 2 sesións nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, traballos, … O alumno participará activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, traballos, etc. A asistencia aos seminarios é obrigatoria para a evaluación continua.
- Titorías. Formularanse actividades como aclaración de dúbidas sobre teoría ou prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.
1. A avaliación consistirá en:
- Exame teórico, que supoñerá un 70% da cualificación final. Será necesario que a nota obtida no exame teórico (máximo 7,0) sexa igual ou superior a 3,5 puntos para superar esta parte e poder valorar o resto dos méritos. O exame consistirá en preguntas curtas e/ou tipo test. A cualificación só manterase durante o presente curso académico.
- Parte práctica, que supoñerá o 15% da nota final (máximo 1,5). Para esta avaliación terase en conta o traballo desenvolvido polo alumno no laboratorio, así como a comprensión dos resultados experimentais obtidos, que se realizará a través dunha proba escrita que consistirá en preguntas curtas e/ou test. Será necesario que a cualificación obtida na proba escrita sexa igual ou superior a 0,75 puntos para superar esta parte da materia. En caso de suspender este exame a recuperación terá lugar coa segunda oportunidade.
A nota de prácticas manterase durante os 2 cursos académicos seguintes no caso de suspender a materia. Para alumnos repetidores con prácticas suspensas rexen as mesmas normas que para os que cursan a materia por primeira vez.
- A asistencia con participación activa nas clases expositivas e clases interactivas de seminario, así como a elaboración de exercicios de avaliación continua, constituirán o 15% restante da cualificación final (máximo 1,5). A cualificación só manterase durante o presente curso académico.
2. A suma de todas as cualificacións deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para aprobar a materia.
3. En caso de ter que recorrer á segunda oportunidade da convocatoria, utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
4. A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas no curso farase a través das seguintes vías:
- Exame teórico: Con 10, Con 19, Con 24, Comp 07, Comp 18, Comp 20, H/D 12.
- Prácticas de laboratorio: Con 24, Comp 07, Comp 18, Comp 20, H/D 12.
- Clases interactivas de seminario: Con 10, Con 19, Con 24, Comp 07, Comp 18, Comp 20, H/D 12.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
1. Traballo presencial na aula (45 horas).
- Clases expositivas: 23 horas.
- Clases interactivas de laboratorio: 15 horas.
- Clases interactivas de seminario: 3 horas.
- Titorías: 2 horas.
- Exames e revisión: 2 horas.
2. Traballo persoal do alumno (67,5 horas).
- Clases expositivas (estudo autónomo individual ou en grupo): 47,5 horas.
- Clases interactivas de laboratorio (preparación previa e elaboración da memoria das prácticas): 6 horas.
- Clases interactivas de seminarios: 9 horas.
- Titorías (orientación e resolución de dúbidas): 5 horas.
- Asistencia ás clases expositivas e seminarios, así como a realización das tarefas propostas, para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
- Estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación da información recibida.
- Manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do/a profesor/a, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.
- Todo o anterior deberá complementarse coa utilización das titorías para consultar todas as dúbidas que vaian xurdindo ao estudar a materia.
Maria Del Carmen Rodriguez Gacio
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- mdelcarmen.rodriguez.gacio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Orosa Puente
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- beatriz.orosa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Nestor Carrillo Barral
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881814971
- Correo electrónico
- nestor.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Oscar Martinez Troncoso
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- oscar.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
16:00-17:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán, Galego | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |