Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 137.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemáticas
Áreas: Xeometría e Topoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
– Unha vez resumida e analizada a información recollida dunha mostra (temas tratados en Matemáticas e Estatística I), o obxectivo agora é, usando a Inferencia Estatística, contrastar se unha situación mostral deriva dun determinado modelo de probabilidade e inferir á poboación o coñecemento dispoñible dese modelo. En particular, a partir dos datos obtidos mediante unha mostra aleatoria trátase de saber aplicar os procedementos estatísticos axeitados para inferir características descoñecidas da poboación e calcular as marxes de erro da estimación.
– Aplicar, mediante a utilización dun paquete estatístico, os conceptos de regresión, contrastes e intervalos de confianza aos datos físicos, químicos, biolóxicos e procedentes de bases de datos médico-farmacéuticas, e interpretar os resultados.
– Proporcionar unha capacidade elemental para o deseño de experimentos de acordo a criterios estatísticos.
TEMA 1: INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA. ESTIMACIÓN
1.1 Poboación e mostra.
1.2 Parámetro. Estatístico.
1.3 Distribución de diferentes estatísticos. Teorema central do límite.
1.4 Estimación puntual. Propiedades dos estimadores.
1.5 Estimación por intervalos de confianza: conceptos básicos. Nivel de confianza.
1.6 Intervalos de confianza para a media, varianza e proporción.
1.7 Determinación do tamaño da mostra.
TEMA 2: CONTRASTES DE HIPÓTESE
2.1 Hipótese estatística. Formulación e método.
2.2 Tipos de erro. Criterios de decisión. Nivel crítico ou p-valor. Potencia dun contraste.
2.3 Interpretación dun contraste de hipótese. Relación entre intervalos de confianza e contrastes de hipótese.
2.4 Contrastes cunha mostra: para unha media, para unha proporción e para unha varianza.
2.5 Contrastes con dúas mostras: comparación de dúas varianzas; comparación de dúas medias (mostras independentes, mostras apareadas); comparación de dúas proporcións.
2.6 Intervalos de confianza para a diferenza de medias, diferenza de proporcións e cociente de varianzas.
TEMA 3: A PROBA CHI-CADRADO
3.1 Contrastes para datos categóricos: táboas de continxencia. Test chi-cadrado. Táboas 2×2. Deseño de estudos. Contrastes de homoxeneidade. Contrastes de independencia.
3.2 Contrastes de bondade de axuste: o contraste chi-cadrado de Pearson; o contraste de Kolmogorov-Smirnov; contrastes de normalidade.
TEMA 4: REGRESIÓN E CORRELACIÓN
4.1 Introdución. Conceptos xerais.
4.2 Regresión: método de mínimos cadrados, rectas de regresión.
4.3 Varianza total. Varianza residual e varianza explicada.
4.4 Correlación: coeficiente de correlación linear.
4.5 Outros modelos de regresión: O modelo exponencial e o modelo potencial.
4.6 Contrastes de hipóteses para os parámetros da regresión: ANOVA.
Básica
– Milton, J.S.,“Estadística para Biología y Ciencias de la Salud” Tercera edición ampliada. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2007.
-- Apuntes da materia, dispoñibles no curso virtual.
Complementaria
– Cao Abad, R., Francisco Fernández M., y otros, Introducción a la estadística y sus aplicaciones, Ed. Pirámide (Grupo Anaya, S.A.), Madrid, 2001.
– Colton, T., Estadística en Medicina, Ed. Masson-Litle, Brown, S.A., Barcelona, 1995.
– Martín Andrés, A.; Luna del Castillo, J. de D., Bioestadística para las Ciencias de la Salud, Ed. Norma S.L. (4ª edición), Madrid, 1994.
– Peña Sánchez de Rivera, D., Estadística Modelos y métodos. I. Fundamentos, Alianza editorial, S.A., Madrid, 2000.
- Samuels, Myra L; Witmer, J., Fundamentos de Estadística para las Ciencias de la Vida, Ed. Pearson Educación, 2012.
– Sánchez M.; Frutos G.; Cuesta, P.L., Estadística y Matemáticas Aplicadas. Edición dirigida a los estudios de Farmacia, Editorial Síntesis S.A., Madrid, 1996.
Coñecementos:
Con 17. Coñecer como deseñar experimentos en base a criterios estatísticos.
Con 18. Coñecer como avaliar datos científicos relacionados cos medicamentos e produtos sanitarios. Utilizar a análise estatística aplicada ás ciencias farmacéuticas.
Habilidades ou destrezas:
H/D 10. Aplicar os coñecementos de Física e Matemáticas ás ciencias farmacéuticas.
H/D 11. Aplicar técnicas computacionais e de procesamento de datos, en relación con información referente a datos físicos, químicos e biolóxicos.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 05. Habilidades básicas de manexo do ordenador
Comp 07. Resolución de problemas.
Dado que a materia é fundamentalmente práctica, poñerase especial interese en desenvolver os contidos con sinxeleza, sen sacrificar a precisión.
– Clases expositivas en grupo grande: en cada clase dedicarase un tempo á introdución, exposición ou ilustración dalgunha cuestión teórica, e o resto á resolución de problemas ou exercicios relacionados coa devandita cuestión.
– Clases interactivas en grupo reducido: Entregaranse aos alumnos boletíns de exercicios e problemas, que se corresponderán cos contidos de cada un dos temas do programa. O alumno intentará, coa axuda do traballado no punto anterior, resolvelos, ou en caso necesario, solucionalos na aula, contando coa súa participación activa.
– Clases interactivas con ordenador en grupo reducido: Introdución de datos e codificación (prácticas con EXCEL). A asistencia a estas clases é obrigatoria e realizarase un exame ao finalizar estas.
– As titorías en grupos moi reducidos dedicaranse, de forma individual ou en grupos, a resolver as dúbidas e dificultades particulares que vaian xurdindo, e ao seguimento individualizado de cada estudante.
-- A cualificación de cada estudante farase mediante a avaliación continua e a realización das probas finais fixadas no calendario de exames da Facultade. Será necesario ter realizado e superado as prácticas de ordenador.
-- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-- A cualificación do alumno/a será a suma do 80% da nota do exame final e o 20% da correspondente á avaliación continua.
-- A avaliación continua farase por medio de controis escritos ou de ordenador, resolución de boletíns de problemas, participación do estudante na aula e titorías. O alumno coñecerá a súa cualificación de avaliación continua antes do exame final.
-- Os controis serán en horario lectivo. Terán unha duración máxima de 1 h. O día e a hora na que terá lugar cada control, así como a materia obxecto de exame, anunciaranse con antelación.
-- A proba final consistirá na resolución de problemas, similares aos traballados en clase.
-- A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
- No exame: Comp 01, Comp 07, Con 17, Con 18, H/D 10.
- Nas prácticas de laboratorio: Comp 05, H/D 11, Con 18.
- Nas clases interactivas: Comp 01, Comp 07, H/D 10, Con 18.
-- Na segunda oportunidade manteranse as mesmas condicións de avaliación e a nota da avaliación continua da primeira oportunidade.
-- As prácticas de ordenador xa realizadas e superadas, manteranse como aprobadas en sucesivos cursos académicos.
-- Os alumnos repetidores da materia que o desexen, poderán solicitar que se teña en conta a súa nota de avaliación continua do curso anterior.
Docencia teórica: 23 horas, 100% de presencialidade.
Docencia interactiva seminario: 10 horas, 100% de presencialidade.
Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 8 horas, 100% de presencialidade.
Titorización do alumnado: 2 horas, 100% de presencialidade.
Exames e revisión: 2 horas, 100% de presencialidade.
Traballo personal do alumnado: 67,5 horas, 0% de presencialidade.
No curso dedícase moito tempo á resolución de exercicios. Obviamente, considérase un aspecto fundamental na aprendizaxe da materia, por iso recoméndase:
– Intentar resolver os problemas dos boletíns.
– Utilizar a bibliografía para afianzar os coñecementos e técnicas que permiten a resolución dos problemas propostos nos boletíns.
– Acudir ás titorías para poder ir resolvendo as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
– Utilizar a aula virtual da USC para acceder ao material didáctico.
Enrique Macías Virgós
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813153
- Correo electrónico
- quique.macias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Carlos Diaz Ramos
Coordinador/a- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813363
- Correo electrónico
- josecarlos.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Dominguez Vazquez
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813156
- Correo electrónico
- miguel.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Victor Sanmartin Lopez
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- victor.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Diego Mojon Alvarez
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- diego.mojon.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Angel Cidre Diaz
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- angel.cidre.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Alejandro Omar Majadas Moure
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- alejandro.majadas [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Galego | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Galego | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
15:00-16:00 | GrupoC /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Martes | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Galego | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Galego | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
15:00-16:00 | GrupoC /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Mércores | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Galego | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Galego | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
15:00-16:00 | GrupoC /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Xoves | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Galego | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Galego | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
15:00-16:00 | GrupoC /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Venres | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Galego | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Galego | AULA SEMINARIO DE FISIOLOXÍA VEXETAL 4 |
15:00-16:00 | GrupoC /CLE_03 | Castelán | 5035. Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |