Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Microbioloxía II inclúe contidos mínimos de formación, adquisición de competencias e habilidades que o alumno debe coñecer respecto das enfermidades infecciosas. Abórdanse aspectos relacionados cos mecanismos microbianos de patoxenicidade e realízase unha breve descrición sobre a etioloxía, patoxenia, sintomatoloxía e epidemioloxía das principais enfermidades infecciosas humanas.
Programa de clases expositivas:
Tema 1. Mecanismos microbianos de patoxenicidade e virulencia
Tema 2. Enfermidades infecciosas de pel, tecidos brandos e ollos
Tema 3. Enfermidades infecciosas do sistema respiratorio
Tema 4. Enfermidades infecciosas do sistema gastrointestinal
Tema 5. Enfermidades infecciosas do sistema xenitourinario
Tema 6. Enfermidades infecciosas do sistema cardiovascular
Tema 7: Enfermidades infecciosas do sistema nervioso
Tema 8: Zoonosis
Tema 9: Infeccións nosocomiais
Tema 10. Enfermidades infecciosas emerxentes e reemerxentes
Programa de clases prácticas:
Práctica 1. O laboratorio de Microbioloxía Clínica. Actividades básicas e cronograma de traballo. Normas de seguridade e control de calidade. Observación e cultivo de microbiota normal de pel e garganta.
Práctica 2. Tinción simple e diferencial. Observación microscópica. Illamento e obtención de cultivos puros. Simulación de transmisión de patóxenos por contacto.
Práctica 3. Estudo de mecanismos de virulencia bacterianos: adherencia e captación de ferro. Valoración da desinfección de alimentos crus como método preventivo da transmisión de infeccións gastrointestinales.
Práctica 4. Análise e interpretación dos resultados. Recollida selectiva de residuos, esterilización e reciclaxe de material. Realización do exame de avaliación.
Básica:
• Spiecer, W.J., 2009. Microbiología clínica y enfermedades infecciosas: texto y atlas en color. 2ª ed. Barcelona: Elsevier.
• Struthers, K. 2018. Microbiología Clínica. Ed. Manual Moderno.
Complementaria:
-Bauman, RW. 2015. Microbiology with Diseases by Body System. 4th Ed. Pearson Education Limited.
-Gamazo, C., López-Goñi, I. y Díaz, R. dirs., 2005. Manual Práctico de Microbiología. 3ª ed. Barcelona: Masson.
-Muñoz, A., Santos, Y. y Seoane, R. 2016. INFECT-ARTE: Aprende las enfermedades infecciosas a través del Arte. [libro electrónico] Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/961>
-Prats, G. 2012. Microbiología y Parasitología Médicas. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
-Shors, T. 2009. Virus. Estudio molecular con orientacion clínica. Ed. Panamericana.
-Tortora, GJ., Funke, BR. y Case, CL. 2017. Introducción a la Microbiología. 12ª Ed. Medica Panamericana.
-http://www.seimc.org/documentos/protocolos/clinicos
• Coñecementos:
o Con 22. Coñecer a natureza e comportamento de axentes infecciosos
• Habilidades ou Destrezas:
o H/D01. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario, cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
o H/D05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
• Competencias:
o Comp 01. Capacidade de análise e síntese
o Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
A) Clases expositivas
O profesorado desenvolverá os contidos da materia mediante exposicións na aula con apoio de diverso material informático. Durante o desenvolvemento das clases tratarase de fomentar a participación do alumnado mediante a formulación de preguntas, propoñendo exemplos...O alumno tamén dispoñerá, na aula virtual, de material complementario para o estudo e preparación da materia.
B) Clases interactivas
Clases adicadas a presentación e aplicación de temas actuáis relacionados ca docencia maxistral. Estas actividades teñen carácter voluntario e serán dirixidas polo profesor/para empregando como base diversos medios audiovisuais (novas, imaxes, vídeos), resolución de casos prácticos, que servirán para ilustrar os temas para desenvolver. O alumno debe participar activamente tentando resolver cuéstionelas/casos prácticos que se expoñan.
C) Clases prácticas de laboratorio
Son obrigatorias para superar a materia. Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade require unha boa actitude individual. Para estas prácticas, o alumno dispoñerá dun manual de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo, así como un guión de cada unha das prácticas para realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos e da metodoloxía para seguir. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido do manual. Tras a explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e observacións necesarias para a consecución dos obxectivos da práctica, para o que contará coa supervisión do profesor/a.
D) Titorías
Os alumnos recibirán, se así o solicitan, 1 h de titoría destinada a aclarar dúbidas sobre calquera aspecto teórico-práctico ou de avaliación da materia.
Establécese avaliación continua ao longo do curso e unha proba final específica complementaria á avaliación continua. Nestas condicións, a cualificación final do alumno resulta de valorar os seguintes apartados:
-Examen final dos contidos, de carácter obrigatorio: 50%.
-Cuestionarios (3) de avaliación continua (bloques temáticos) síncrono: 15%.
-Clases prácticas de asistencia obrigatoria e cuestionario final: 20%.
-Clases interactivas: 15%. Cada interactiva será valorada cunha puntuación máxima de 0,75 puntos.
Estes mesmos instrumentos permitirán avaliar as competencias/habilidades adquiridas segundo o modelo seguinte:
-No exame: Con22
-No Laboratorio: Comp01, Comp18
-En clases interactivas: H/D01, H/D05
Todas as actividades serán avaliadas na aula/laboratorio, agás os cuestionarios de avaliación continua que serán realizados e entregados a través da plataforma Moodle do Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Tamén queda terminantemente prohibida a distribución de calquer material docente dispoñible na aula virtual sen o consentemento expreso do profesorado.
Para aprobar a materia hai que superar a proba final xeneral, é dicir, resolver adecuadamente o 50% das preguntas, tendo en conta que por cada dúas preguntas mal contestadas anúlase unha resposta correcta; unha vez alcanzada esta puntuación mínima, sumaranse as cualificacións obtidas nas clases prácticas, nos cuestionarios de avaliación continua e nas clases interactivas, situándose o aprobado da materia no valor 5. Tanto na primeira oportunidade como na segunda, empregaranse os mesmos criterios de avaliación.
Os estudantes que non superen a materia no ano en curso teñen dereito a repetir todas as actividades pero, se así o desexan, poden conservar as cualificacións que obtivesen nas clases prácticas dentro dos dous cursos anteriores ao actual e, nese caso, teñen a obriga de realizar a proba final, recomendándoselles a repetición das interactivas e os cuestionarios.
No caso de estudantes que estean exentos de asistencia a clase a avaliacion realizarase únicamente co examen final (80%) e a realización das clases practicas (20%).
Estudo autónomo individual ou en grupo: 59,5h
Realización de probas no marco da avaliación continua: 3h
Preparación do traballo de laboratorio e examen: 3h.
Realización e revisión de examen: 2h
Total horas de traballo persoal do alumno: 67,5h (4,5ECTS)
a) Proba final e cuestionarios: Preparar adecuadamente a materia, especialmente nos conceptos e temas crave (que serán resaltados polo profesor durante as exposicións)
b) Prácticas de laboratorio: Mostrar a adecuada atención ás indicacións do profesorado, respectando especialmente as normas de seguridade e esforzándose en adquirir as destrezas necesarias durante as prácticas.
c) Clases interactivas: Demostrar interese e participación activa durante as clases.
Maria Isabel Santos Rodriguez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816028
- Correo electrónico
- ysabel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Muñoz Crego
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816909
- Correo electrónico
- a.munoz.crego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Trinidad De Miguel Bouzas
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881814947
- Correo electrónico
- trinidad.demiguel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Sandra Sanchez Poza
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881814944
- Correo electrónico
- sandra.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
19:00-20:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
19:00-20:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |