Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 12 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumnado:
• Aplica o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade ás persoas atendidas
• Dirixe, avalía e presta os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade
• Ten a capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades para desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría o individuo, a familia e a comunidade.
• Comprende a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
• Promove a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identifica os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
• Identifica e analiza a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
• Aplica os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde mais relevantes nunha comunidade.
• Analiza os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
• Educa, facilita e apoia a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
• Basea as intervencións de enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
• Desenvolve aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Módulo I. Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• Evolución, principios, obxectivos e competencias da Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• A especialidade enfermeira.
• A enfermaría comunitaria de ligazón. Coordinación entre niveis asistenciais/continuidade de coidados.
• Metodoloxía enfermeira na Atención Primaria de Saúde.
Módulo II. Modelos de coidados de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• Proceso de Atención en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• Calidade e Seguridade do paciente en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• A consulta de Enfermaría. Modelos e tipos de consulta. Características e obxectivos da consulta. Funcións e actividades. Metodoloxía de traballo na consulta.
• A atención domiciliaria en Enfermaría. Concepto de “Visita Domiciliaria”. Tipos e obxectivos. Etapas da atención domiciliaria. Metodoloxía de traballo na atención domiciliaria.
• A Xestión de Casos nos coidados de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• Procedementos en Enfermaría Familiar e Comunitaria: Cirurxía menor ambulatoria.
Módulo III. Coidados de Enfermaría á persoa.
• Atención de Enfermaría na infancia e adolescencia.
• Atención de Enfermaría no adulto
• Atención de Enfermaría ás persoas con procesos crónicos.
• Atención de Enfermaría á muller.
• Atención de Enfermaría ás persoas anciás.
Módulo IV. Coidados de Enfermaría á familia.
• Estrutura e dinámica familiar.
• Plan de atención familiar. A prestación de coidados na contorna familiar.
Módulo V. Coidados á comunidade.
• Diagnóstico de saúde comunitaria dende a taxonomía enfermeira.
• Participación comunitaria. Intervencións con diferentes grupos.
• Adaptación da contorna comunitaria e domiciliaria ás situacións de discapacidade. Desenvolvemento da vida cotiá: na vivenda, nos espazos públicos, no transporte, produtos de apoio.
• Básica.
o Martínez Riera, J. R., y del Pino Casado, R. Manual práctico de enfermería comunitaria. Barcelona: Elsevier; 2020.
o Sola, y Zurro, A. M. (). Atención Familiar y Salud Comunitaria: Conceptos y Materiales para Docentes y Estudiantes. Elsevier: 2018
o NANDA. Diagnósticos enfermeros: definiciones y clasificación, 2021- 2023. Ed. Elsevier. 2021.
• Complementaria. Páxinas web especializadas, bases de datos e revistas científicas:
o Asociación de Enfermería Comunitaria. https://www.enfermeriacomunitaria.org/web/
o Federación de asociaciones de Enfermería Familiar y Comunitaria. https://faecap.es/
o Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
o Cinahl: https://www.ebsco.com/es/productos/bases-de-datos/cinahl-complete
o Participar para ganar salud. Versión para todos los públicos de la Guía Participación Comunitaria: Mejorando la salud y el bienestar y reduciendo desigualdades en salud. Madrid: MSCBS-IACS-FEMP-RECS; 2019.
o Ministerio de Sanidad. Acción comunitaria para ganar salud. O cómo trabajar en red para mejorar las condiciones de vida. Madrid, 2021.
Nesta materia tentarase contribuír a que o alumnado adquira as seguintes competencias, detalladas na memoria do título de Grao en Enfermaría da USC.
• Básicas
o CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo.
o CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
o CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
• Xenerais.
o CG1 - Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
o CG2 - Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
o CG3 - Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
o CG5 - Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
o CG9 - Fomentar estilos de vida saudables, o autocuidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
o CG11 - Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
o CG17 - Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
• Transversais.
o CT1 - Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
o CT5 - Capacidade para a resolución de problemas.
o CT7 - Capacidade de análise e sentesis.
o CT8 - Preocupación pola calidade.
o CT9 - Capacidade para a toma de decisións.
o CT14 - Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de diversas fontes).
o CT16 – Habilidades de investigación.
• Específicas. 13, 15, 16
o CE13 - Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
o CE15 - Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade.
o CE16 - Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades para desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría o individuo, a familia e a comunidade. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde mais relevantes nunha comunidade. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
• Docencia expositiva (24 horas)
Explicaranse os contidos da materia con apoio de recursos dixitais. Fomentarase a participación, o debate e a opinión crítica do alumnado na aula
• Docencia interactiva (12 horas)
Desenvolveranse seis sesións de seminarios en grupos formados por un número homoxéneo de estudantes. Cada sesión terá unha duración de dúas horas. Promoverase o traballo autónomo do alumnado e fomentarase a participación activa e o pensamento crítico. Contemplarase a implementación de ferramentas metodolóxicas como a aprendizaxe baseada en problemas e a discusión de casos prácticos mediante a resolución e discusión de casos reais, así como simulacións ou actividades performativas que integran a aprendizaxe dos contidos da materia.
Utilizaranse as ferramentas proporcionadas pola USC para o seguimento da materia e a comunicación co alumnado.
• Titorías (2,25 horas)
O estudantado poderá solicitar titorías individuais, de acordo con o cronograma planeado para esta tarefa neste programa de ensino.
Realizarase de forma continua mediante os seguintes criterios e ferramentas:
• Docencia expositiva: avaliarase o domino dos coñecementos teóricos da materia mediante unha proba obxectiva que representará o 70% da nota final
• Docencia Interactiva: valorarase a actitude, participación, capacidade de traballo en equipo, calidade e adecuación das tarefas entregadas durante os seminarios. Representará o 30% da nota final.
• Consideracións xerais:
o O ensino desta titulación é de tipo presencial e, por iso, a asistencia clase é obrigatoria. En caso de falta, a ausencia será xustificada ao docente que corresponda en tempo e forma. A non asistencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas implicará a non superación de materia.
o Para superar a materia será necesario obter, polo menos, 3,5 puntos na proba obxectiva que se realizará para avaliar a docencia expositiva e, como mínimo, 1,5 puntos na avaliación da docencia interactiva.
o Nos casos aprobados polo centro aplicarase a exención de docencia nas clases expositivas, pero non nas interactivas.
o Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A materia ten unha carga lectiva de 4,5 créditos ECTS. O tempo de traballo autónomo do alumnado por crédito equivale a 16,5 horas, polo que o tempo de estudo e traballo persoal asignado é de 74,25 horas.
• Constancia no estudo e seguimento da materia.
• Manexo da bibliografía recomendada para o estudo dos contidos.
• Uso de titorías.
É obrigatorio o uso das ferramentas dixitais de comunicación proporcionados pola USC, como, por exemplo, o correo electrónico, o campus virtual da materia etc.
Paz López Eimil
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- paz.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
María Candelaria Fraga González
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- mariacandelariafraga.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | ESCOLA DE ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1 -A |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | ESCOLA DE ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1 -A |
20:00-21:25 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego, Castelán | ESCOLA DE ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1 -A |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 5 |
03.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 5 |
11.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 5 |