Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado:
Comprende desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que
configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes
Aplica o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas
Coñece e aplica os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría
Dirixe, avalía e presta os coidados integrais de enfermaría, ó individuo, á familia e á comunidade
Coñece as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases.
Identifica as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
Analiza os datos recollidos na valoración, prioriza os problemas do paciente adulto, establece e executa o plan de coidados e realiza a súa avaliación.
Realiza as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
Selecciona as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
Ten unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
Basea as intervencións de enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles
Desenvolve aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
MÓDULO I – METODOLOXÍA EN ENFERMARÍA. PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA
Pensamento crítico e práctica de Enfermaría. Metodoloxía científica no proceso de coidar: Proceso de Atención de Enfermaría e plan de coidados.
Plan de coidados: Etapa de valoración.
Plan de coidados: Etapa de diagnóstico. Taxonomía NANDA.
Plan de coidados: Etapa de planificación. Taxonomía NOC. Taxonomía NIC
Plan de coidados: Etapa de execución.
Plan de coidados: Etapa de avaliación.
MÓDULO II – NECESIDADES HUMANAS E COIDADOS BÁSICOS
Osixenación.
Alimentación e nutrición.
Hidratación.
Eliminación urinaria
Eliminación intestinal.
Mobilidade. Posturas.
Descanso e sono.
Termorregulación.
Hixene e integridade da pel. Protección.
Seguridade.
Comunicación. Autoestima. Lecer. Crenzas e valores.
Aprendizaxe
En cada un dos temas deste módulo trataranse os seguintes contidos:
-Factores que inflúen na satisfacción da necesidade.
-Patróns normais de satisfacción.
-Alteracións da necesidade e manifestacións.
-Valoración da necesidade.
-Diagnósticos de Enfermaría.
-Coidados básicos de Enfermaría
BÁSICA
Aplicación do Proceso de Enfermaría. Alfaro-Lefevre, R. Ed. Elsevier. 2007.
NANDA. Diagnósticos enfermeros: definicións e clasificación, 2018-2020. Ed. Elsevier. 2019.
Clasificación de resultados de Enfermaría (NOC). Moorhead, S. et al. Ed Elsevier. 2019.
Clasificación de intervencións de Enfermaría (NIC). Butcher, HK. et al. Ed. Elsevier. 2019.
Vínculos de NOC e NIC a NANDA-I e diagnósticos médicos. Johnson M, et al. Ed Elsevier. 2012.
Fundamentos de Enfermaría. Berman A, Snyder S. Ed. Pearson. 2013.
Fundamentos de Enfermaría. Potter P, Perry A, Stockert P. Ed. Elsevier. 2019.
Procedementos de Enfermaría Clínica. Renton S, et al. Ed. Elsevier. 2021.
Catálogo de recursos electrónicos da biblioteca da USC.
COMPLEMENTARIA
Páxinas web especializadas, bases de datos e revistas científicas.
Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
Google Académico: https://scholar.google.es/schhp?hl=es
Cinahl: https://www.ebscohost.com/nursing/products/cinahl-databases/cinahl-comp…
Asociación española de Nomenclatura, Taxonomía y Diagnósticos de Enfermería: https://www.aentde.com/
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2. Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma
profesional e posean as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de
argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudio.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente
dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de
índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto
especializado como non especializado;
COMPETENCIAS XERAIS
CG1. Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional
axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que
se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
CG2. Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados ós resultados en saúde , avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
CG3. Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
CG5. Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e
establecendo as modificacións oportunas
CG6, Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
preventivas y terapéuticas.
CG8. Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e o consentemento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma na que viven o seu proceso de saúde –enfermidade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1.Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
CT5.Capacidade para a resolución de problemas.
CT6.Coñecementos básicos da profesión.
CT7.Capacidade de análise e síntese.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE12. Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolver os plans de coidados correspondentes.
CE13.Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
CE14.Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría
CE15.Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría , ó individuo, á familia e á
comunidade.
CE17.Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. Seleccionar as
intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
DOCENCIA EXPOSITIVA (30 horas)
O docente explicará os contidos con apoio de recursos dixitais.
DOCENCIA INTERACTIVA (18 horas)
Levaranse a cabo nove sesións de seminarios de dúas horas de duración cada unha. Os seminarios están destinados a reforzar e ampliar os contidos da docencia expositiva mediante a participación activa e traballo autónomo do estudante, fomentando a adquisición de competencias transversais. Incluirán a discusión de casos clínicos, a realización de actividades relacionadas coa identificación de necesidades e os coidados básicos de Enfermaría, a aplicación do Proceso de Atención de Enfermaría e a elaboración de plans de coidados.
Utilizaranse as ferramentas proporcionadas pola USC para o seguimento da asignatura e a comunicación co alumnado.
A avaliación realizarase de forma continua e global mediante os seguintes criterios e ferramentas:
DOCENCIA EXPOSITIVA: avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da asignatura por medio de probas obxectivas. Terá un valor na nota final do 70%.
DOCENCIA INTERACTIVA: Valorarase a actitude, participación, capacidade de traballo en equipo, comportamento, calidade e adecuación das tarefas presentadas durante os seminarios. Terá un valor na nota final do 30%.
CONSIDERACIÓNS XERAIS
O ensino desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. En caso de falta por causa de forrza maior, esta será xustificada en tempo e forma ó docente correspondente. A non asistencia ás clases expositivas ou ós seminarios repercutirá na non superación da asignatura.
Para aprobar a asignatura será necesario alcanzar un mínimo de 3,5 puntos na avaliación da docencia expositiva e un mínimo de 1,5 puntos na avaliación da docencia interactiva. No caso de non alcanzar dita puntuación en cada unha das partes, non se superaría a materia.
Aplicarase exención de docencia (nos casos determinados polo centro) nas clases expositivas, pero non nas interactivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A asignatura consta de 6 ECTS. Cada crédito ECTS equivale a 25 horas, das que 16,5 corresponden a traballo autónomo do estudante, polo que o tempo de estudio e traballo persoal asignado é de 99 horas.
Manexjo da bibliografía recomendada para o estudio dos contidos.
Búsqueda e elaboración de información complementaria.
Uso das titorías para resolver dúbidas e recibir orientación.
Constancia no estudio e seguimento da asignatura, para mellorar o proceso de aprendizaxe, favorecendo unha mellor comprensión e asimilación de conceptos.
É obrigatorio o uso das ferramentas institucionais de comunicación (correo electrónico da USC, campus virtual, etc.).
María Jesús Pérez Taboada
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- mariajesus.perez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 4 |
05.06.2025 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |
16.07.2025 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |