Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introducir ao alumnado na metodoloxía de investigación, resaltando a importancia da formulación de hipóteses adecuadas, uso de bases de datos informatizadas e definición da poboación diana. Coñecer as vantaxes e desvantaxes dos diferentes métodos de recollida de información nos estudos sanitarios e reflexionar sobre as implicacións éticas de calquera estudo e intervención sanitaria.
Tema 1. Filosofía da ciencia. Etapas do método científico. Revisión da literatura e formulación de hipótese.
Tema 2. Metodoloxía da investigación epidemiolóxica.
Tema 3. Tipos de variables, escalas de medida e probas diagnósticas.
Tema 4. Poboación e mostra. Validez externa e interna.
Tema 5. Recollida de datos. Cuestionarios.
Tema 6. Consideracións éticas na investigación.
Tema 7. Introdución á escritura científica: póster e artigo orixinal
- Piédrola Gil et al. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª Edición. Barcelona: Elsevier-Masson, 2015.
- Grove SK, Gray JR. Investigación En Enfermería : Desarrollo de la práctica enfermera basada en la evidencia. 7ª Edición. Barcelona: Elsevier, 2019
- Rebagliato M, Ruiz I, Arranz M. Metodología de investigación en epidemiología. Madrid: Díaz de Santos, 1996.- Ahlbom A, Alfredsson L, Alfvén T, Bennet A. Fundamentos de epidemiología. Ed Siglo XXI. 2007. Manual moi práctico con exercicios e exemplos sobre aspectos básicos de epidemioloxía.
- Coggon D, Rose G, Barker DJP. Epidemiology for the uninitiated. Fifth Edition. BMJ group. 2003. Libro corto sobre fundamentos de epidemiología. Moi doado de ler
- Argimón JM, Jiménez Vila J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica - 5ª Edición Barcelona: Elsevier, 2019. Libro con exemplos prácticos de investigación en clínica.
- Manual de método epidemiológico de la Escuela Nacional de Salud. https://repisalud.isciii.es/bitstream/handle/20.500.12105/5271/MetodoEp…
Básicas:
Dentro desta materia, tratarase de contribuír a que o alumnado alcance as competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enfermaría de USC:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Xenerais:
CG6 - Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles
CG3 - Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría
CG12 - Coñecer o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
Transversais:
CT1 - Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
CT2 - Capacidade para o traballo en equipo.
CT4 - Compromiso ético.
CT5 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT7 - Capacidade de análise e síntese.
CT8 - Preocupación pola calidade.
CT14 - Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de diversas fontes).
CT16 - Habilidades de investigación
Específicas:
CE23 - Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontología de enfermaría. Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
CE6 - Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
CE16 - Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.Básicas:
Dentro desta materia, tratarase de contribuír a que o alumnado alcance as competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enfermaría de USC:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Xenerais:
CG6 - Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles
CG3 - Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría
CG12 - Coñecer o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
Transversais:
CT1 - Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
CT2 - Capacidade para o traballo en equipo.
CT4 - Compromiso ético.
CT5 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT7 - Capacidade de análise e síntese.
CT8 - Preocupación pola calidade.
CT14 - Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de diversas fontes).
CT16 - Habilidades de investigación
Específicas:
CE23 - Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontología de enfermaría. Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
CE6 - Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
CE16 - Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
Resultados que adquirirá o/o alumno/a.
? Coñecer a abordaxe das relacións causales en Ciencias da Saúde.
? Coñecer as etapas do método científico.
? Identificar a técnica de mostraxe máis adecuada para cada estudo.
? Coñecer os distintos tipos de variables e a forma de recollelas.
? Planificar un traballo de investigación.
? Coñecer a utilidade e a aplicación do método científico en enfermaría.
? Coñecer e utilizar as principais bases de datos de literatura científica (Medline).
? Familiarizarse cos principais medios de difusión escrita de traballos de investigación
METODOLOXÍA DE INVESTIGACIÓN.
Docencia expositiva: Ver temario
Docencia interactiva: algunhas levarán a cabo na aula de informática, onde os alumnos aprenderán a facer procuras de literatura en bases de datos automatizadas. Nos outros seminarios faranse exercicios con casos reais para desenvolver os conceptos apuntados nas clases expositivas. O alumnado aprenderá mediante casos reais a redactar un proxecto de investigación nas súas diferentes fases (antecedentes, hipóteses, obxectivos, metodoloxía, bibliografía, etc.).
Tutorías: están destinadas a solucionar as dúbidas dos alumnos sobre a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Avaliación continua (25%): a avaliación continua realizarase en base á entrega de exercicios propostos polo profesorado e/ou a presentación de traballos en clase de maneira individual ou en grupo reducido. Estes traballos son obrigatorios. Para que estas actividades consten na avaliación final e para que o alumno teña dereito a presentarse ao exame final, deberá asistir como mínimo ao 75% das clases tanto expositivas como interactivas. Tamén deberá presentar con anterioridade ao exame os traballos obrigatorios. Para o control de asistencia, o profesorado rexistrará ao alumnado mediante lista de firmas.
Exame final (75%): consistirá na resolución de cuestións prácticas ou teóricas sobre o contido da materia. Xeralmente mediante proba tipo test ou preguntas curtas.
O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo que na sesión ordinaria, o alumno deberá ter cumpridos todos os requisitos de presenza e de presentación de exercicios e traballos que para a sesión ordinaria. Non cabe ningunha presentación de traballo entre o exame da convocatoria ordinaria e a proba de xullo.
Sistema de avaliación do alumno repetidor: o mesmo réxime de avaliación que o alumno ordinario.consten na avaliación final e para que o alumno teña dereito a presentarse ao exame final, deberá asistir como mínimo ao 75% das clases tanto expositivas como interactivas. Tamén deberá presentar con anterioridade ao exame os traballos obrigatorios. Para o control de asistencia, o profesorado rexistrará ao alumnado mediante lista de firmas.
Exame final (75%): consistirá na resolución de cuestións prácticas ou teóricas sobre o contido da materia. Xeralmente mediante proba tipo test ou preguntas curtas.
Nesta materia, cada alumno/a conta con 24 horas de docencia presencial (12 horas de docencia expositiva e 12 horas de docencia interactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudo ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
En relación á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a revisión da clase. A maiores, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas.
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (resolución de problemas, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
Rosendo Bugarín González
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- rosendo.bugarin [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 4 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 4 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | AULA 4 |
20:00-21:50 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | AULA 4 |
20.01.2025 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |
16.06.2025 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |