Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 265 Total: 270
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir as competencias necesarias por parte do estudiantado para prestar coidados de enfermaría en situacións clínicas, atendendo aos pacientes ingresados en unidades de hospitalización e unidades de Atención Primaria.
Segundo a ORDE CIN/2134/2008, de 3 de xullo, a competencia que debe adquirir o alumnado que curse esta materia consiste en:
“incorporar os valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico, integrando na práctica profesional os coñecementos, habilidades e actitudes da Enfermaría, baseados en principios e valores, asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e nas materias que conforman o Título”.
Segundo establece a Memoria do Grao en Enfermaría, o alumnado que curse con éxito a materia Prácticas Clínicas IV adquire os seguintes resultados de aprendizaxe (obxectivos formativos):
• Basear as intervencións de enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
• Traballa en equipo. Distingue o rol da enfermeira e identifica o rol dos diferentes membros do equipo. Demostra disposición para o traballo cooperativo dentro do equipo asistencia.
• Desenvolve aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
A materia Prácticas Clínicas IV consiste na realización de prácticas preprofesionales, en forma de rotatorio clínico independente e cunha avaliación final de competencias.
Consta dun período de prácticas que se desenvolven nos centros sanitarios públicos de atención hospitalaria e unidades de Atención Primaria que dependen da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos
Portal Fémora da Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia: www.femora.sergas.es
NANDA International. Diagnósticos Enfermeiros: Definicións e Clasificación 12ªEd 2021-2023.
Nursing Outcomes Classification (NOC) 6ª Ed. 2018.
Nursing Intervention Classification (NIC) 7ª Ed. 2018.
De acordo co estipulado no anexo da ORDE CIN/2134/2008 de 3 de xullo pola que se establecen os requisitos para a verificación dos Títulos Universitarios Oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enfermeira, as Obxectivos-Competencias que o estudiantado deben adquirir en relación coas Prácticas Tutelas son:
• Segredo profesional. Confidencialidade.
• Integración no equipo asistencial
• Iniciativa e motivación
• Responsabilidade
• Actitude co/a paciente/familia. Estratexias de comunicación
• Realiza correctamente o rexistro de constantes
• Coñece as vías de administración de fármacos máis habituais
• Coñece os riscos biolóxicos do persoal sanitario
• Incorporar os valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico, integrando na práctica profesional os coñecementos, habilidades e actitudes da Enfermaría, baseados en principios e valores, asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e nas materias que conforman o Título.
Realización de prácticas clínicas na unidade asignada.
O estudiantado contará cun profesor coordinador da materia de Prácticas Clínicas IV designado pola Escola Universitaria de Enfermaría así como un titor clínico designado en cada centro asistencial onde se realizen as prácticas, que supervisará a cada alumno/a e participará no proceso de avaliación a través do a cumplimentación do informe de avaliación.
Levarase a cabo unha avaliación continua da materia que suporá entre un 70 e 100% da nota final. Asi mesmo, contémplase a posibilidade de solicitar ao alumnado a entrega dunha memoria de prácticas, que suporá até un máximo do 30% da nota.
A avaliación continua consistirá no informe de avaliación dos titores clínicos que representará un 60% da nota final, unha proba obxectiva onde se valorará os contidos prácticos adquiridos que representará un 20% da nota final.
Unha memoria de prácticas que representará un 20% da nota final.
Os indicadores para a avaliación están recollidos na Guía de Prácticas Clínicas, documento de obrigada lectura, a disposición do alumnado na web da Escola Universitaria de Enfermaría.
Os criterios de avaliación serán recolleitos no informe de avaliación que se porán a disposición do alumnado a través do campus virtual da materia.
A notificación das cualificacións finais realizarase mediante a publicación no Campus Virtual da materia.
O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións. Os períodos de revisión estableceranse de acordo coa normativa de avaliación da USC, dispoñible na súa páxina web.
A materia Prácticas Clínicas IV ten unha carga lectiva de 9 créditos ECTS, equivalente a 270 horas de traballo.
O alumnado deberá consultar a Guía de Prácticas dispoñible na páxina web da Escola Universitaria de Enfermaría
Inés Rivas Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- i.rivas.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 6 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 6 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 6 |
13.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | AULA 6 |
13.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | AULA 6 |
13.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | AULA 6 |
19.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | AULA 6 |
19.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | AULA 6 |
19.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | AULA 6 |