Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 20 Total: 27.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Introducir ao alumno na Ciencia Enfermeira marcando e delimitando as bases do que será a súa profesión futura.
-Adquirir coñecementos básicos de Enfermería, para proporcionar unha atención integral ao ser humano san ou enfermo.
-Desenvolver habilidades e destrezas que permitan realizar os procedementos básicos de coidado de Enfermería.
-Fomentar no alumnado un espírito crítico e de integración ao traballo en equipo.
CONTIDOS
Tema 1. Coidados básicos do paciente encamado. Hixiene. Cambios posturais. Prevención das UPP.
Tema 2. Comunicación
Tema 3. Monitorización de signos vitais
Tema 4. Procedementos básicos ao ingreso. ECG. Osixenoterapia. Illamentos.
Tema 5. Coidado das feridas. Mantemento e manexo de drenaxes. Coidados das ostomías.
Tema 6. Sondaxes
Tema 7. Preparación e administración de medicación.
Tema 8. Vía parenteral.
Tema 9. Vendaxes. Inmovilizacións e vendaxes compresivos.
Tema 10. Soporte Vital Básico adulto e pediátrico.
Bibliografía
-Jamieson, E. Procedimientos de Enfermería clínica. 5ª ed, Barcelona. Elsevier. 2008.
-Perry, A., Potter, P. Guía Mosby de habilidades y procedimientos en enfermería. Elsevier. 2019
-Potter, P. Perry, A., Stockert, P. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
-Zabalegui Yárnoz, A., Lombraña Mencía, M. Administración de medicamentos y cálculo de dosis. 3ª ed. Elsevier. 2020
Catálogo de recursos electrónicos da biblioteca da USC.
COMPLEMENTARIA:
Páxinas web especializadas, bases de datos e revistas científicas.
Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
Google Académico: https://scholar.google.es/schhp?hl=es
Cinahl: https://www.ebscohost.com/nursing/products/cinahl-databases/cinahl-comp…
Asociación española de Nomenclatura, Taxonomía e Diagnósticos de Enfermería: https://www.aentde.com/
Competencias básicas:
-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
Competencias xerais:
-Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desarrollo dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
- Basar as intervencións da enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
- Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros y fomentar a educación para a saúde.
Competencias específicas da materia:
-Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermería.
-Dirixir, avaliar e prestar os cuidados integrais de enfermería, ao individuo, á familia e á comunidad.
-Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. Realizar as técnicas e procedementos de coidado de enfermería, establecendo unha relación terapéutica co paciente e familiares. Seleccionar as intervencións encaminadas a tratar e previr os problemas derivados das desviacións da saúde. Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros da equipa.
Competencias transversais:
CT1. Capacidade de aplicar coñecementos á práctica.
CT2. Capacidade para o traballo en equipa.
CT3. Motivación.
CT4. Compromiso ético.
CT5. Capacidade para a resolución de problemas.
CT6. Coñecementos básicos da profesión.
Resultados que adquire o alumnado:
-Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermería.
-Dirixir, avaliar e prestar os cuidados integrais de enfermería, ao individuo, á familia e á comunidad.
-Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. Realizar as técnicas e procedementos de coidado de enfermería, establecendo unha relación terapéutica co paciente e familiares. Seleccionar as intervencións encaminadas a tratar e previr os problemas derivados das desviacións da saúde. Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros da equipa.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
1. DOCENCIA EXPOSITIVA: explicaranse os contidos teóricos da materia.
2. DOCENCIA INTERACTIVA:
LABORATORIOS: realización de prácticas en laboratorio para a adquisición de habilidades básicas de enfermería mediante emprego de material específico e simuladores para a realización e aprendizaxe dos procedementos de coidado contidos no programa da materia
Utilización das ferramentas proporcionadas polas USC para o seguimento da materia e comunicación co alumnado.
As probas finais terán carácter presencial.
A avaliación realizarase de forma continua e global mediante os seguintes criterios e ferramentas:
DOCENCIA TEÓRICA: avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas obxectivas. Terá un valor na nota final do 70%.
DOCENCIA INTERACTIVA: mediante avaliación continua:
2.-PRÁCTICAS DE LABORATORIO: a asistencia a prácticas é obrigatoria, sendo imprescindible ter o 90% de asistencia para poder superar a materia. Valorarase o cumprimento de horarios, asistencia, participación, coñecementos, actitude e aptitudes. A avaliación das prácticas de laboratorios terá un valor na nota final do 30%.
CONSIDERACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
1.-O ensino desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. En caso de falta por causa de forza maior, xustificarase debidamente. A non asistencia a clases expositivas, seminarios e prácticas, repercutirá na non superación da materia.
2.-Aplicarase exención de docencia (nos casos determinados polo centro) nas clases expositivas pero non nas interactivas.
3.-Para aprobar a materia será necesario superar tanto a docencia teórica como as prácticas de laboratorio.
4.-Valorarase a actitude do estudante, achegas de interese, participación, traballo en equipo, comportamento e respecto cara a profesora e resto de compañeiros/as, así como o cumprimento de horarios.
5.-Cando o alumno/a non se presente á proba final escrita considerarase non presentado.
6.-Na proba da 2ª oportunidade manterase a avaliación continuada da docencia interactiva.
7.-A asistencia ás prácticas de laboratorios é requisito preceptivo para superar a materia. O número máximo de faltas non xustificadas ao longo do curso académico é de 1.
8.-Xustificación das faltas. Para considerar unha falta como xustificada debe presentarse á profesora responsable da materia (nun prazo máximo de 1 semana dende o día da ausencia) un documento que acredite debidamente a causa da falta. Cando a ausencia se deba a unha actividade programada (por exemplo, unha cita médica) o estudante deberá comunicarllo con antelación suficiente á profesora responsable para tratar de recuperar a falta mediante unha sesión alternativa (por exemplo, con outro grupo de laboratorio).
9.-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Cada ECTS equivale a 25h, das cales 17 corresponden a traballo autónomo do alumnado e 8h a docencia presencial.
Por cada hora de docencia expositiva e interactiva, considérase necesario adicar ao estudo 1,5 horas e 1,5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
- Seguimento diario das distintas actividades a realizar.
- Establecer nexos entre os contidos teóricos das clases expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas interactivas.
- Ter acceso ás ferramentas telemáticas de seguimento da materia.
- Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia
Inés Rivas Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- i.rivas.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4 |
17:00-18:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | AULA 4 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego | AULA 4 |
19:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego | AULA 4 |
20:00-21:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego | AULA 4 |
29.05.2025 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |
14.07.2025 20:00-22:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 |