Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 43 Clase Interactiva: 15.5 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Este curso é de especial importancia na formación puramente profesional do farmacéutico, dado que e a materia de Farmacognosia aborda o estudo das plantas medicinais, e produtos obtidos delas, en todos os seus aspectos, desde a súa obtención, calidade, composición química, ata as súas accións farmacolóxicas e usos.
Os seus obxectivos son:
- Proporcionar ós alumnos unha visión do illamento de principios activos a partir de produtos naturais
- Formar ós alumnos no recoñecemento de drogas vexetais mediante métodos microscópicos e fitoquímicos
- Relacionar o efecto dos principios activos dos produtos naturais coas súas aplicacións terapéuticas
FARMACOGNOSIA XERAL
XENERALIDADES
Lección 1
Introdución á Farmacognosia. Concepto, historia e obxectivos. Conceptos de droga e principio activo. Fontes bibliográficas.
Lección 2
Fontes de obtención e conservación de drogas.
Obtención e recolección. Desecación. Estabilización. Almacenamento.
Lección 3
Recoñecemento de drogas.
Caracteres organolépticos. Caracteres morfolóxicos. Caracteres histolóxicos: elementos de diagnose. Caracteres químicos. Ensaios biolóxicos.
Lección 4
Extracción de principios activos das drogas.
Métodos. Separación fracionada de constituíntes. Extractos: a súa importancia.
Lección 5
Control de calidade das drogas.
Mostraxe. Contaminación: tipos. Determinación de humidade e cinzas.
FITOQUÍMICA
Lección 6
Rutas biosintéticas dos produtos naturais de orixe vexetal.
Glúcidos: Xeneralidades. Clasificación. Polisacáridos: clasificación, extracción e valoración. Gomas e mucílagos. Importancia en Farmacognosia.
Lípidos e proteínas de interese.
Lección 7
Heterósidos: Concepto. Clasificación. Propiedades xerais. Extracción. Interese en Farmacognosia.
Lección 8
Alcaloides: Concepto Clasificación. Propiedades xerais. Extracción. Interese en Farmacognosia.
Lección 9
Taninos: Concepto. Clasificación Propiedades xerais. Extracción e Valoración. Interese en Farmacognosia.
Lección 10
Compostos Terpénicos: Aceites Esenciais. Concepto. Propiedades xerais. Extracción e Valoración. Resinas. Látex.
Lección 11
Saponósidos. Concepto. Clasificación. Extracción e valoración. Interese en Farmacognosia.
FARMACOGNOSIA ESPECIAL
Drogas con principios activos sobre o Sistema Nervoso Central
Lección 12
Hipnoanalxésicos: Froitos de Adormidera. Opio.
Analxésicos, antipiréticos, antiinflamatorios: Cortiza de Salgueiro.- Harpagofito.
Lección 13
Sedantes: Raíz de Valeriana.-Sumidade de Pasiflora.-Tila.
Antidepresivos: Sumidad de Hipérico.
Lección 14
Estimulantes: Folla de Coca. Drogas con cafeína: Sementes de Café. Folla de Té. Outras drogas.
Lección 15
Psicotomiméticos: Cáñamo indiano. Outras drogas.
Drogas con principios activos sobre o Sistema Nervoso Periférico
Lección 16
Simpaticomiméticos: Sumidade de Efedra.
Simpaticolíticos: Cornezuelo do Centeo.
Parasimpaticomiméticos: Folla de Xaborandi.
Parasimpaticolíticos: Follas de Belladona e Estramonio.
Drogas con principios activos sobre o aparello cardiovascular
Lección 17
Cardiotónicos: Folla de Dixital.
Vasoconstrictores: Folla de Hamamelis. Castiñeiro de Indias. Rusco.
Vasodilatadores: Folla de Vinca. Folla de Ginkgo.
Drogas con principios activos sobre o aparello respiratorio
Lección 18
Antisépticos respiratorios: Filodios de Eucalipto. Esencia de Niaoulí. Tomiños.
Expectorantes e Balsámicos: Bálsamo de Tolú. Raíz de Regaliz. Raíz de Polígala.
Antitusíxenos: Raíces de Ipeca.
Drogas con principios activos sobre o aparello renal
Lección 19
Diuréticos: Drogas con actividade diurética.
Antisépticos urinarios: Folla de Gayuba.
Antiinflamatorios prostáticos: Sabal. Pygeum.
Drogas con principios activos sobre o aparello dixestivo
Lección 20
Clasificación dos laxantes
Laxantes antraquinónicos: Características xerais. Rizoma de Ruibarbo. Follas de Sen. Cortiza de Frángula. Cortiza de casca sacra. Aloes.
Lección 21
Laxantes osmóticos: Sementes de Plantagos.
Antidiarreicos: Raíz de Ratania. Outras drogas.
Lección 22
Eupépticos: Clasificación.
Carminativos: Froitos de Anís verde e Anís estrelado.
Antiespasmódicos: Manzanillas. Menta. Melisa.
Lección 23
Colagogos e coleréticos: Folla de boldo. Rizoma de Cúrcuma.
Hepatoprotectores: Folla de Alcachofa. Froito de Cardo mariano.
Tópicos Cutáneos
Lección 24
Astrinxentes: Folla de Hamamelis.
Emolientes: Sementes de Liño. Flor de Malva. Raíz de Altea.
Cicratizantes: Flores de Árnica. Sumidad de Hidrocotile.
Rubefacientes: Romeu. Alcanfor.
Citotóxicos e outras drogas
Lección 25
Antitumorais de vexetais superiores: Podofilo. Tezo. Vinca.
Antiparasitarios: Pelitres.
Antimaláricos: Cortiza de Quina.
Drogas que actúan sobre o metabolismo
Lección 26
Antigotosos: Bulbo de Cólchico.
Inmunoestimulantes: Equinácea.
Adaptóxenos: Raíces de Ginseng. Eleuterococo.
BÁSICA
Diego Cortés. Metabolitos secundarios activos. 2017.
Herbal Medicines. Pharmaceutical Press. 2013.
Bruneton J.- Farmacognosia, Fitoquímica, Plantas medicinales. Edit. Acribia. (todas las ediciones).
Trease Evans. Farmacognosia Edit. Interamericana-McGraw Hill (todas las ediciones).
COMPLEMENTARIA
Dewick, P.M. Medicinal Natural Products. Ed. Wiley. 2009.
Heinrich, M., Barnes, J., Gibbons, S., Williamson, E.M.- Fundamentals of Pharmacognosy and Phytoterapy. Churchill Livingstone. 2008.
Bravo Díaz, Luis. Farmacognosia. Edit. Elsevier España. 2003.
Cañigueral, S. Vila, R. Wichti, M.-Plantas medicinales y drogas vegetales para infusión y tisana. Edit. OEMF Internacional. 1998
Coñecementos:
Con 01.Coñecer a orixe, natureza e cómo deseñar, obter, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con 02. Conocer os efectos terapéuticos e tóxicos de sustancias con actividade farmacolóxica.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, suministrar e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Con 05. Adquirir coñecementos en farmacoterapia e dietoterapia, así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos.
Con 06. Adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios para promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Con 11. Coñecer as características físico-químicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
Con 12. Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os diferentes estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
Con 24. Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
Con 31. Utilizar de forma segura os medicamentos tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas, incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
Con 33. Avaliar os efectos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 37. Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Habilidades ou destrezas
H/D 01. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 06. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
H/D 07. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
H/D 08. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de síntese e análise, instrumentación apropiada incluída.
H/D 09. Estimar os riscos asociados á utilización de substancias químicas e procesos de laboratorio.
H/D 12. Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais e comprender os riscos sanitarios asociados co seu mal uso.
H/D 13. Estimar os riscos biolóxicos asociados á utilización de substancias e procesos de laboratorios implicados.
H/D 19. Adquirir as habilidades necesarias para poder prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario aos usuarios dos establecementos nos que presten servizo.
Competencias
Competencias Instrumentais:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información procedente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisións.
Competencias interpersoais:
Comp 09. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 10. Traballo en equipo.
Comp 11. Habilidades interpersoais.
Comp 12. Capacidade de traballar en un equipo interdisciplinar.
Comp 16. Compromiso ético.
Competencias sistémicas:
Comp 17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 18. Habilidades de investigación.
Comp 19. Capacidade de aprender.
Comp 20. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp 21. Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp 24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 27. Preocupación pola calidade.
Comp 28. Motivación de logro.
Ao longo do curso, e sempre a través da materia do CAMPUS VIRTUAL da USC, o alumno seguirá en todo momento as directrices indicadas polos profesores, para a boa coordinación e desenvolvemento da materia.
Esas directrices han de adaptarse á normativa que a Facultade/Universidade estipule segundo sexan as circunstancias (Covid-19) do momento. Son tres os posibles escenarios nos que a docencia ha de situarse.
Clases expositivas:
Exposición presencial, durante 1 hora, dos conceptos fundamentais do tema tratado, con utilización dos elementos didácticos necesarios (vídeos, diapositivas, etc).
Clases interactivas:
Clases presenciais nas que se aplicarán os coñecementos teóricos á hora de abordar hipotéticas situacións no marco desta disciplina. A súa finalidade é fomentar a análise e a discusión sobre un determinado tema ao que se ha de propor unha solución.
Clases prácticas:
Practicas presenciais no laboratorio de recoñecemento de dogas, tanto desde o punto de vista microscópico (observación e diagnóstico de preparacións de pos de drogas incluídas na Farmacopea Española) como fitoquímico (illamento e identificación dalgúns dos principais grupos fitoquímicos aos que pertencen os principios activos).
Para superar a materia é preciso realizar e aprobar as prácticas de laboratorio.
Avaliación de coñecementos teóricos (60% da nota final).
Realizarase un exame o día indicado no calendario oficial de exames elaborado pola Facultade de Farmacia. A proba consistirá nun lote de varias preguntas con diferentes posibles respostas cada unha delas, das que soamente unha é válida. As respostas incorrectas terán penalización; as non contestadas, non. O profesor porá en coñecemento dos alumnos, a nota mínima requirida neste exame, para poder aprobar a materia (dependerá do número de preguntas da proba). A nota máxima alcanzable neste apartado é de 6 puntos
Coñecementos: Con 01, Con 02, Con 05, Con 06, Con 10, Con 24, Con 33, Con 37.
Habilidades ou destrezas: H/D 01, H/D 09, H/D 12, H/D 13, H/D 19.
Competencias: Comp 01, Comp 08, Comp 16, Comp 19, Comp 24, Comp 27, Comp 28.
Avaliación de prácticas (15% da nota final).
O exame realizarase con axuda dun microscopio e consistirá na identificación de drogas vexetais pulverizadas, a través dos seus elementos de diagnóstico. Devandito exame cualificarase con 1 punto como máximo. A actitude do alumno en prácticas valorarase sobre 0,5 puntos (máximo).
Coñecementos: Con 04, Con 11, Con 12, Con 24.
Habilidades ou destrezas: H/D 07, H/D 08.
Competencias: Comp 02, Comp 03, Comp 07, Comp 08, Comp 10, Comp 11, Comp 12, Comp 17, Comp 18, Comp 20.
Avaliación continua e clases interactivas (25% da nota final).
Resolución de cuestións, expostas de forma presencial en clase. A suma total das cualificacións obtidas en diferentes exercicios pode alcanzar un máximo de 2,5 puntos.
Coñecementos: Con 01, Con 04, Con 10.
Habilidades ou destrezas: H/D 06, H/D 07.
Competencias: Comp 06, Comp 07, Comp 08, Comp 09, Comp 12, Comp 17, Comp 19, Comp 21, Comp 24, Comp 28.
O exame de segunda oportunidade será similar ao de primeira oportunidade e utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
A nota final será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das avaliacións antes citadas (10 puntos, máximo). En caso de non alcanzar a nota mínima esixida na avaliación dos coñecementos teóricos, a cualificación final será a suma das notas obtidas nas avaliacións de prácticas e avaliación continua e clases interactivas (15% + 25% da nota final).
Estudo individual 60 h.
Resolución de exercicios 20h.
Preparación do exame de prácticas 6h.
Recomendacións para a avaliación.
Recoméndase a asistencia ás clases expositivas e ás interactivas, xa que nestas últimas faranse unha serie de cuestións e exercicios que facilitarán a aprendizaxe da materia.
Recomendacións para a recuperación.
Recoméndase aos alumnos que comenten co profesor os resultados dos seus exames, que aclaren as súas dúbidas e que revisen os seus apuntamentos.
Alumnos repetidores
A cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e na avaliación continua poderá manterse para aqueles alumnos repetidores que así o desexen; han de solicitar ao profesor a convalidación das prácticas que realizaron en cursos anteriores, antes do comezo das mesmas.
Alumnos con dispensa de asistencia a clase
Non verán afectada a súa cualificación final por este feito, aínda que a realización das prácticas de laboratorio é indispensable para aprobar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ezequiel Alvarez Castro
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- ezequiel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jose Manuel Brea Floriani
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- pepo.brea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Araceli Tobio Ageitos
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- araceli.tobio.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jesús María González Jartín
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- jesus.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Arrabal Ayala
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- maria.arrabal.ayala [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |