Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 11 Total: 45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1- Coñecer e comprender os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, e as ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
2- Promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
3- Favorecer a resolución de problemas e a toma de decisións en Farmacoterapia
4- Desenvolver a capacidade de aplicar os coñecementos á práctica e á capacidade de comunicarse cos expertos en outras áreas relacionadas coa saúde, promovendo a colaboración cos equipos profesionais sanitarios.
5- Desenvolver habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información das fontes de información de medicamentos adecuadas e de fiar).
Epígrafes do curso: Programa da materia
• Programa das clases expositivas: 23 horas
Sección I: Principios Xerais
Tema 1. Concepto e obxectivos da Farmacoterapia. Guías farmacoterapéuticas e Guías da Práctica Clínica
Tema 2. Relevancia clínica das situacións fisiolóxicas especiais e das situacións patolóxicas na utilización dos medicamentos
Tema 3. Relevancia clínica das interaccións medicamento-medicamento;
medicamento - alimento e medicamento-probas de laboratorio
Tema 4. Deseño de protocolos de Atención Farmacéutica: dispensación (activa) de medicamento, indicación farmacéutica e seguimento farmacoterapéutico.
Sección II: Farmacoterapia dos trastornos mentais
Tema 5. Farmacoterapia da ansiedade e dos trastornos do sono
Tema 6. Farmacoterapia da depresión
Sección III- Farmacoterapia das alteracións do movemento y dos
trastornos neurodexenerativos
Tema 7. Farmacoterapia da enfermidade de Alzheimer y de outras demencias
Tema 8. Farmacoterapia da escleroses múltiple
Sección IV: Farmacoterapia das alteracións cardiovasculares
Tema 9. Farmacoterapia da hipertensión arterial
Tema 10. Farmacoterapia da insuficiencia cardíaca
Sección V: Farmacoterapia da inflamación e da dor
Tema 11. Farmacoterapia da dor
Sección VI: Farmacoterapia dos trastornos respiratorios
Tema 12. Farmacoterapia da asma e da rinite alérxica. Enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.
Sección VII: Farmacoterapia dos trastornos musculoesqueléticos
Tema 13. Farmacoterapia da obesidade
Tema 14. Farmacoterapia da hiperuricemia e a gota
Sección VIII: Farmacoterapia do aparato dixestivo
Tema 15.Farmacoterapia dos trastornos gastrointestinais
Sección IX: Farmacoterapia da anticoncepción
Tema 16. Farmacoterapia da anticoncepción
• Programa de clases Interactivas
Seminarios (18 horas)
Seminario 1 (1 horas): Consideracións xerais de Atención Farmacéutica en Farmacoterapia
Seminario 2 (2 horas): Indicación farmacéutica en saúde bucodental: boca seca, aftas, halitosis, gingivitis, sensibilidade dental…
Seminario 3 (2 horas): Indicación farmacéutica en estrinximento e hemorroides
Seminario 4 (2 horas): Indicación farmacéutica en diarrea
Seminario 5 (2 horas): Indicación farmacéutica en alteracións oculares: ollo vermello e sequidade ocular
Seminario 6 (2 horas): Indicación en farmacoterapia da dor
Seminario 7 (2 horas): Seguimento farmacoterapéutico de pacientes con hipertensión arterial ou insuficiencia cardíaca
Seminarios 8-10 (2 horas cada un): Prácticas de indicación farmacéutica
Básica:
- LORENZO P, MORENO A, LEZA JC, LIZASOAIN I, MORO A, PORTOLÉS A, editores. Velazquez. Farmacología Básica y Clínica. 19ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2018.
- BRAVO DIAZ L, MARHUENDA REQUENA E, Manual de Farmacoterapia. Madrid. Editorial Elsevier, 2005.
- BRUNTON LL, KNOLLMANN BC, editores. Goodman & Gilman: Las bases farmacológicas de la terapéutica. 14ª ed: McGraw-Hill. 2023. Acceso electrónico USC á 13ª ed: McGraw-Hill AccessMedicina Spa. https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=24…
- Foro de Atención Farmacéutica-Farmacia Comunitaria (Foro AF-FC). Guía práctica para los Servicios Profesionales Farmacéuticos Asistenciales en la Farmacia Comunitaria. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos; 2024. https://www.farmaceuticos.com/farmaceuticos/farmacia/farmacia-asistenci…
- Catálogo de Guías de Práctica Clínica no Sistema Nacional de Saúde. https://portal.guiasalud.es/gpc/
- Atención Farmacéutica. J. Benedí González; M. Rodríguez Martínez. Ed. Dextra Editorial 1ª ed. (2019)
- Atención Farmacéutica. Servicios farmacéuticos orientados al paciente. 2ª Edición. MJ Faus Dáder, P Amariles Muñoz, F Martínez Martínez. Editorial Técnica Avicam. 2022
Complementaria:
- Catálogos de medicamentos de distintas fontes:
Centro de Información Online de Medicamentos da AEMPS- CIMA: https://cima.aemps.es/cima/publico/home.html
BOT Plus – Catálogo de medicamentos do Consejo general de Colegios Farmacéuticos: https://www.farmaceuticos.com/botplus/
Catálogo de medicamentos. 2018. Madrid: Consejo general de Colegios Oficiales de Farmacéuticos, 2018.
- Guía farmacoterapéutica e de práctica clínica de centros sociosanitarios. Xunta de Galicia; Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde. Santiago de Compostela 2022.
- DIPIRO, J.T., TALBERT, R.L., YEE, G.C. MATZKE G.R., WELLS, B.G., POSEY, L.M., editores. Pharmacotherapy, a physiological approach. 10ª ed: McGraw-Hill. 2017.
- BENEDÍ J, RODRÍGUEZ M, editores. Atención farmacéutica. 1ª ed. Madrid: DEXTRA Editorial, 2019.
- RITTER JM, FLOWER R, HENDERSON G, LOKE YK, MacEWAN D, RANG HP. editores. Rang y Dale Farmacología. 9ª ed. Barcelona: Elsevier, 2020. Acceso temporal on USC ClinicalKey Student Medicine – Elsevier: https://biblioteca-usc.gal/clinicalkey-student-elsevier/
- FLÓREZ J., ARMIJO J., MEDIAVILLA Á. editores. Farmacología Humana. Elsevier Masson, S.A., Barcelona, 6ªEd, 2013. Acceso temporal con USC ClinicalKey Student Medicine – Elsevier: https://biblioteca-usc.gal/clinicalkey-student-elsevier/
- KATZUNG B.G. Farmacología básica y clínica, 15 ed. Ed. McGraw Hill Education Inc, 2020. Acceso electrónico USC á 14 ed: McGraw-Hill AccessMedicina Spa: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=27…
- Atención Farmacéutica. J. Benedí González; M. Rodríguez Martínez. Ed. Dextra Editorial 1ª ed. (2019)
- Atención Farmacéutica. Servicios farmacéuticos orientados al paciente. 2ª Edición. MJ Faus Dáder, P Amariles Muñoz, F Martínez Martínez. Editorial Técnica Avicam. 2022
Coñecementos
Con 02. Coñecer os efectos terapéuticos e tóxicos de sustancias con actividade farmacolóxica.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, suministrar e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Con 05. Adquirir coñecementos en farmacoterapia e dietoterapia, así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servicios.
Con 06. Adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios para promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Con 07. Coñecer, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixilancia.
Con 08. Coñecer as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Módulo de Medicina e Farmacoloxía
Con 31. Coñecer como utilizar de forma segura os medicamentos tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
Con 33. Coñecer os efectos de sustancias con actividade farmacolóxica.
Con 35. Coñecer a relación existente entre alimentación e saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
Con 36. Coñecer a xestión e características propias da asistencia farmacéutica nas estruturas asistenciais de Atención Primaria e de Atención Especializada no Sistema Sanitario.
Con 37. Coñecer a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais y funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Con 40. Coñecer a xestión e características propias da asistencia farmacéutica no ámbito oficinal e da industria farmacéutica.
Habilidades ou destrezas
H/D 01: Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidades, no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 05: Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
H/D 06: Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipas multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
Competencias Instrumentais:
Comp 01: Capacidade de análise e síntese.
Comp 03: Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 06: Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07: Resolución de problemas.
Comp 08: Toma de decisións.
Competencias interpersoais:
Comp 11. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 12. Traballo en equipa.
Comp 15. Capacidade para comunicarse con expertos de outras áreas.
Comp 18. Compromiso ético.
Competencias sistémicas:
Comp 19. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 21. Capacidade de aprender.
Comp 30. Motivación de logro.
Actividades formativas con presencia del profesor:
A) Clases expositivas: lección impartida polo profesor sobre os epígrafes dos temas propostos no programa. Duración: 50 minutos. É necesario contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero, en xeral, os alumnos non necesitan manexalos na clase. Prioriza a transmisión de coñecementos por parte do profesorado, exixindo ao alumnado a preparación previa ou o estudo posterior.
B) Clases interactivas (Seminarios; en grupos reducidos): clase teórico/práctica na que se tratarán os contidos descritos no programa de seminarios. A súa duración é de dúas horas, pero requiren unha preparación previa por parte do profesorado e o alumnado.
Constitúen unha actividade formativa ordenada preferentemente á competencia dos estudantes para traballar en equipo e desenrolar hábitos cooperativos que redimensionen a eficacia da súa labor e a integren en proxectos máis amplos; prioriza a aprendizaxe cooperativa por parte do alumnado.
O alumno recibe unha ensinanza baseada na resolución de problemas e participa activamente nestas clases do seguinte xeito:
1) Traballos (con presentación): Os alumnos son divididos en equipos de traballo e, en cada sesión, un equipo expón aos seus compañeiros o protocolo de acción en atención farmacéutica en farmacoterapia do tema obxecto de estudo. O equipo encargado de cada seminario terá preparado previamente o tema asignado en base a unha guía facilitada como material de partida polo profesor.
2) Resolución de casos: preparación de casos de atención farmacéutica, aplicación dos protocolos de atención farmacéutica e resolución mediante aprendizaxe colaborativa na aula. Esta metodoloxía fomenta a actuación a través de protocolos, o debate e a participación activa do alumnado.
3) Simulación: o alumnado simula as actuacións farmacéuticas para os casos resoltos no apartado anterior.
C) Titorías de pizarra (en grupo reducido): Titorías programadas polo profesor. Constitúen unha actividade formativa ordenada preferentemente á competencia dos estudantes para integrar coñecementos e enfrontárense á complexidade de tomar decisións a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, implique a aplicación dos seus coñecementos no ámbito dos estudos; prioriza a aprendizaxe autónoma por parte do alumnado.
En xeral, suporán para cada alumno unhas 2 horas por semestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos á expoñer polos alumnos nas clases de seminarios, dos casos clínicos, así como dúbidas para a presentación, exposición e debate feitos por pequenos grupos.
O seguimento das actividades formativas individuais ou grupais desenvoltas con soporte virtual levarase a cabo mediante os mecanismos dispoñibles nas plataformas empregadas, tales como rexistros de participación e programación das entregas.
Os exames da materia realizaranse de forma presencial. Realizarase avaliación continua y unha proba final de coñecementos teórico-prácticos complementaria á avaliación continua.
• Avaliación continua: coa avaliación continua preténdese avaliar o nivel de coñecementos e resultados de aprendizaxe adquiridos polo alumnado en cada momento do tempo. A avaliación continua valorará a asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas, a preparación e execución dos seminarios, así como a participación activa do alumnado noutras actividades individuais e/ou grupais así como en probas obxectivas de seguimento que se propoñan ao longo do curso. A nota obtida na avaliación continua será o 30% da cualificación final.
A avaliación continua poderá manterse no alumnado repetidor que así o desexe, durante os dous cursos posteriores á realización da avaliación continua.
• Proba final: avaliaranse coñecementos teórico-prácticos mediante un exame que inclúe preguntas tipo test dos temas das clases expositivas e das clases interactivas e casos de farmacoterapia en atención farmacéutica. A nota obtida nesta avaliación de coñecementos teórico-prácticos será o 70% da cualificación final.
• Cualificación final. Na cualificación final outorgada ao alumno, teranse en conta as notas de la avaliación continua (30%) e a obtida na proba final de coñecementos teórico-prácticos (70%), tendo en conta que o alumno debe alcanzar un mínimo do 30% da nota na proba final para superar a materia. Alumnos non aptos para avaliación continua serán avaliados unicamente mediante proba final.
• Avaliación na segunda oportunidade do curso: en sucesivas convocatorias utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
No exame teórico: Con 02, Con 04, Con 05, Con 06, Con 07, Con 08, Con 10, Con 31, Con 33, Con 35, Con 36, Con 37, Con 40,
Na avaliación das aulas interactivas:
1) Elaboración de traballos (con presentación): Con 06, Con 07, Con 08, Con 10, Con 31, Con 33, Con 35, Con 36, Con 40, H/D 01, H/D 06, Comp 01, Comp 03, Comp 06, Comp 07, Comp 08,
2) Resolución de casos: H/D 01, H/D 05, H/D 06, Comp 11, Comp 12, Comp 15, Comp 18, Comp 19,
3) Simulacións: H/D 01, H/D 05, H/D 06, Comp 15, Comp 18, Comp 19, Comp 21, Comp 30.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA : TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Clases expositivas en grupo grande 23 H : Estudio autónomo individual ou en grupo 35H
Clases interactivas en grupo reducido 18 H : Resolución exercicios, ou outros traballos 16 H
Titorías en grupo moi reducido 2 H Orientación e resolución de dúbidas
Presentación en clases interactivas 2H : Traballos (individuais ou en grupo) incluída elaboración, presentación, exposición 12H
Exames 2H : Realización e revisión do exame 2,5H
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 45
Total horas traballo persoal do alumno 67,5
Coñecementos previos de farmacoloxía, fisioloxía, fisiopatoloxía, biofarmacia, toxicoloxía e farmacocinética etc.
Recoméndase tamén integrar e relacionar os contidos desta materia con outros, tanto dentro da mesma materia, dentro da mesma materia (algúns temas con outros) ou entre materias (contidos de farmacoterapia con farmacoloxía, fisiopatoloxía ...). Isto beneficiaría a aprendizaxe traslacional do estudante.
Finalmente, deben comprender que os coñecementos impartidos nesta materia permitirán ao farmacéutico como profesional transmitir información sobre os medicamentos e practicar a atención farmacéutica tanto no asesoramento de medicamentos sen prescrición coma na realización do seguimento da farmacoterapia en Enfermidades crónicas e levar a cabo a dispensación de medicamentos.
Tamén é moi desexable que os estudantes teñan coñecementos transversais relacionados coa información sobre a medicación, as habilidades de comunicación profesional e os coñecementos informáticos e de lingua inglesa
Mª De Los Reyes Laguna Francia
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814996
- Correo electrónico
- mdelosreyes.laguna [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ezequiel Alvarez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- ezequiel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Matilde Yañez Jato
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Anton Leandro Martinez Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815484
- Correo electrónico
- antonleandro.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
10:00-11:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
10:00-11:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |