Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 43 Clase Interactiva: 15 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as características de estabilidade física, química e biofarmacéutica dos fármacos e das formas de dosificación de medicamentos.
- Coñecer as características das operacións básicas máis directamente relacionadas coa elaboración das formas de dosificación de medicamentos e a súa incidencia sobre a calidade destas.
- Coñecer a estrutura e o contido dos estudos de preformulación, como base para o deseño das formas de dosificación de medicamentos.
Estabilidade
Tema 1. Estabilidade de medicamentos. Conceptos xerais. Degradación química de fármacos: hidrólisis, oxidación. isomerización, fotólisis, outros mecanismos de degradación. Procedementos de estabilización. (2 horas).
Tema 2. Cinéticas de degradación de fármacos en disolución. Orde de reacción. Constante de degradación. Semivida e período de validez. Factores que afectan a estabilidade en formulacións líquidas. Teoría do estado de transición. Influencia do pH, a temperatura, a polaridad e forza iónica do medio, a luz e os surfactantes. Estabilidade de formulacións semisólidas. (2 horas)
Tema 3. Cinéticas dos procesos degradativos en estado sólido. Influencia da humidade, a temperatura, os excipientes, a luz e o osíxeno. Estudos de estabilidade e caducidade biofarmacéutica. Normativa ICH. Estudos acelerados de estabilidade. (2 horas)
Operacións básicas
Tema 4. Pulverización. Teoría da pulverización. Influencia de distintos factores sobre o proceso. Tipos de muíños. Técnicas de pulverización. Criterios de selección. Micronización. (2 horas)
Tema 5. Separación de partículas en función do seu tamaño. Tamización. Sedimentación. Separadores ciclónicos. Criterios de selección. Cálculo de rendementos. (2 horas)
Tema 6. Mesturado de sólidos. Mesturas aleatoria e ordenada. Mecanismos de mesturado. Índices de mesturado. Cinética do proceso. Equipos de mesturado: clasificación e criterios de selección. (2 hora)
Tema 7. Microencapsulación. Obxectivos da microencapsulación. Materiais útiles para a formación de cubertas. Técnicas de microencapsulación. (2 horas)
Tema 8. Granulación. Mecanismos de aglomeración de partículas. Modalidades. Granulación vía húmida. Granulación vía seca. Extrusión-esferonización. Outras técnicas. Monitorización do proceso. Equipos. (2 horas)
Tema 9. Desecación. Conceptos básicos. Diagrama psicrométrico. Interaccións humidade-sólido. Estática de secado. Dinámica do secado. Equipos de desecación. (3 horas)
Tema 10. Liofilización. Etapas do proceso. Conxelación. Desecación primaria. Desecación secundaria. Liofilizadores. Control e acondicionamento de produtos liofilizados. Aplicacións. (2 horas)
Tema 11. Filtración. Modalidades. Teoría da filtración. Tipos de filtro. Criterios de selección. Procedementos especiais de filtración: filtración esterilizante, ultrafiltración, osmosis inversa e filtración tangencial. (2 horas)
Tema 12. Esterilización. Procedementos de esterilización. Clasificación. Esterilización por calor. Esterilización por radiacións. Esterilización por axentes químicos. Control do proceso. Controis de esterilidad. (3 horas)
Tema 13. Purificación de auga para usos farmacéuticos. Auga para usos farmacéuticos: especificacións. Procedementos de purificación. Cambio iónico. Destilación. Ósmosis inversa. Almacenamento e distribución. Criterios de calidade. (1 hora)
Estudos de preformulación
Tema 14. Preformulación I. Obxectivos. Aspectos tecnolóxicos. Caracterización física e físico-química. Estudos de compatibilidade. Principios activos de natureza proteica e peptídica. Aspectos biofarmacéuticos. Estudos in vitro. Estudos in vivo. Conclusións. (2 horas)
Programa de clases interactivas:
As clases expositivas completaranse con 12 horas de clases interactivas. Nelas os alumnos discutirán e resolverán cuestións e problemas relacionados coa materia sobre a que traballarían previamente. Este material, nalgúns casos, estará dispoñible na aula virtual da materia e noutros será proporcionado polo profesor na clase interactiva correspondente.
Seminario 1. Resolución de exercicios de estabilidade en disolución. Axustes cinéticos. Establecemento do período de validez das formulacións. Emprego da ecuación de Arrhenius. Presentación do ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) de estabilidade de medicamentos
Seminario 2. Resolución de exercicios de estabilidade en disolución
Seminario 3. Resolución de exercicios de estabilidade en disolución
Seminario 4. Resolución de exercicios de cinéticas de mesturado de sólidos e de eficacia de separación de partículas.
Seminario 5. Presentación do ABP de microencapsulación e traballo en equipo
Seminario 6. Resolución de exercicios de microencapsulación
Seminario 7. Resolución de exercicios de desecación
Seminario 8. Resolución de exercicios de desecación
Seminario 9. Resolución de exercicios de liofilización
Seminario 10. Resolución de exercicio de esterilización
Seminario 11. Resolución de exercicio de esterilización
Seminario 12. Seminario de preformulación. Estudo de compatibilidade de excipientes.
Programa de clases prácticas: Desenvolvemento experimental dos ABPs
Práctica 1. Estabilidade de medicamentos en disolución.
Práctica 2. Microencapsulación de medicamentos.
Básica
- Tratado de Tecnología Farmacéutica. Volumen 2. Operaciones básicas. R. Martínez Pacheco (Ed.), Síntesis, Madrid, 2016.
Complementaria
- Physicochemical Principles of Pharmacy in Manufacturing, formulation and clinical use. 6ª Ed. A.T. Florence y D. Attwood, Palgrave, Londres, 2016.
- Aulton’s pharmaceutics: the design and manufacture of medicines. 6th Ed. K.M G. Taylor & M.E. Aulton (Ed.), Churchill Livingstone Inc., Elsevier, Edimburgo 2021.
- Manual de Tecnología Farmacéutica. M.C. Lozano, D. Córdoba & M. Córdoba (Ed), Elsevier, Barcelona, 2012.
- Remington: The Science and Practice of Pharmacy 21st Ed. A. Adejare (Ed). Elsevier. Londres. 2020
Coñecementos:
Xenerais
Con 01. Coñecer a orixe, natureza, e como deseñar, obter, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con-03.- Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, fornecer e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Módulo de Farmacia e Tecnoloxía
Con 27. Coñecer as propiedades físico-químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos.
Con 28. Coñecer a estabilidade dos principios activos e formas farmacéuticas, así como os métodos de estudo.
Con 29. Coñecer as operacións básicas e procesos tecnolóxicos relacionados coa elaboración e control de medicamentos.
Habilidades ou destrezas
H/D16 Deseñar, optimizar e elaborar as formas farmacéuticas garantindo a súa calidade, incluíndo a formulación e control de calidade de medicamentos, o desenvolvemento de fórmulas maxistrais e preparados oficinales.
Competencias
Competencias Instrumentais
Comp 01- Capacidade de análise e síntese.
Comp 02- Capacidade de organizar e planificar
Comp 03- Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 05- Habilidades básicas de manexo do computador.
Comp 06- Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07- Resolución de problemas.
Comp 08- Toma de decisións.
Competencias interpersoais
Comp 09- Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 10- Traballo en equipo.
Comp 11- Habilidades interpersoais.
Comp 16- Compromiso ético.
Competencias sistémicas:
Comp 17- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 18-Habilidades de investigación.
Comp 19.- Capacidade de aprender.
Comp 25.- Deseño e xestión de proxectos.
A) Clases expositivas en grupo grande: As sesións expositivas impartidas polo docente estarán dirixidas ao desenvolvemento dos contidos do programa docente e poden ter formatos diferentes (exposición das directrices da materia, teoría, presentación de exemplos prácticos). O docente contará con apoio de medios audiovisuais e informáticos e en ocasións requirirá o emprego de medios informáticos dos alumnos nas sesións presenciais. Os estudantes disporán das presentacións e outros materiais a través da aula virtual da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, exercicios ou problemas, realízanse lecturas, preséntanse os ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) ou se traballa en equipo na resolución de ABPs. O estudante participará activamente nestas clases de distintas formas: resolvendo exercicios na aula, entregando tarefas propostas con antelación, traballando en equipo.
C) Clases prácticas de laboratorio: A asistencia ás sesións prácticas e a presentación do informe correspondente é requisito indispensable para superar a materia. No cinco sesións de prácticas, os estudantes organizados en grupos levarán a cabo a experimentación correspondente aos dous ABPs incluídos no programa de seminarios e realizarán senllos informes. A guía para a realización das prácticas e a súa valoración (rúbrica) está dispoñible a través da aula virtual.
E) Tutorías en grupo reducido: Están programadas 2 horas de tutorías nas que se supervisarán os traballos de ABP, aclararanse dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.
O exame escrito (T) sobre os contidos teóricos da materia, celebrarase na data establecida no calendario do grao de Farmacia. Constará de 5-7 preguntas. A cualificación desta proba suporá un 60% da cualificación da materia.
b) Avaliación continua (EC)
As probas que se realizan durante os seminarios, xunto coas tarefas e os entregables derivados dos 2 ABPs ponderaranse para outorgar unha cualificación de avaliación continua (EC) cuxa media suporá un 20% da cualificación da materia.
c) Avaliación das prácticas (P).
A cualificación das prácticas virá estimada a partir da presencialidad (é requisito indispensable para superar a materia) e o informe de prácticas que suporá o 20% da cualificación da materia.
d) Cualificación final (CF).
A cualificación final da materia obterase de acordo coa seguinte fórmula:
CF = F1 x(0,6 x T x F2 + 0,2 x EC + 0,2 x P)
F1 é o factor que corresponde á realización das prácticas; vale 1 se se realizaron as prácticas de laboratorio ó 0 en caso contrario.
F2 é un factor que vale 1 se o exame de teoría ten unha cualificación maior ou igual a 3.5 ó 0 se T é menor de 3.5.
A materia supérase obtendo unha nota final (CF) igual ou superior a 5.
Cualificación da segunda oportunidade:
O alumno só terá que realizar un exame escrito (T) que se celebrará na data establecida no calendario de exames do grao de farmacia. Constará de 5-7 preguntas. A valoración desta proba suporá o 60% de cualificación final. O alumno manterá as cualificacións obtidas na primeira oportunidade correspondentes á avaliación continua (EC) e as prácticas (P). A cualificación final obterase de acordo coa fórmula mencionada anteriormente (Nótese que é imprescindible realizar as prácticas de laboratorio).
En caso de suspender a materia, o alumno o alumno deberá repetir as prácticas e a avaliación continua da materia
A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas na materia realizarase a través das diferentes probas:
O exame teórico avalía: Con 01, Con-03,Con 04, Con 27, Con 28 e Con 29.
A avaliación das prácticas de laboratorio: Comp 17. Comp 18, Comp 19.
A avaliación das clases interactivas (probas que se realizan durante os seminarios, tarefas e os entregables derivados dos 2 ABPs): H/D16, Con 03, Con 28, Comp 01, Comp 01, Comp 02,Comp 03, Comp 05, Comp 06, Comp 07, Comp 08, Comp 09, Comp 10, Comp 11, Comp 16, Comp 25.
6 ECTS, HORAS TOTAIS: 150 h
Horas de expositivas: 30h
Horas seminarios interactivos: 12h
Horas interactivas de laboratorio: 15h
Titorías en grupo reducido: 2 h.
Estudo independente individual ou en grupo: 50 h
Resolución de exercicios, ou outros traballos: 6 h
Orientación e resolución de dúbidas: 2 h
Elaboración de protocolos de traballo de laboratorio e elaboración do informe ABPs: 30 h
Realización e revisión do exame: 3 h
É aconsellable asistir ás clases expositivas e manter o estudo da materia ao día.
É imprescindible que os alumnos tenten resolver as cuestións propostas nas clases expositivas para que poidan expor as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas.
É imprescindible o uso do Campus Virtual da USC. Ao seu través os alumnos poden consultar directamente co profesor as súas dúbidas mediante unha mensaxe persoal ou un comentario no foro de noticias da materia. Ademais, nesta páxina iranse incluíndo aqueles materiais que poden axudar ao alumno a superar a materia, esquemas, resumos, así como as cuestións e problemas a resolver nas clases interactivas.
É imprescindible a preparación das prácticas e a entrega dos protocolos antes da entrada no laboratorio.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixido na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o estudante infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plagiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Mariana Landin Perez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815044
- Correo electrónico
- m.landin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Patricia Diaz Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- patricia.diaz.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Carlos Alberto Garcia Gonzalez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815252
- Correo electrónico
- carlos.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Antonio Diaz Gomez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ignacio Insua Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- ignacio.insua.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Iria Seoane Viaño
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- i.seoane.viano [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Lucía Aboal Castro
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- lucia.aboal.castro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Paloma Rial Paz
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- paloma.rial.paz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
11:00-12:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
11:00-12:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
11:00-12:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |