Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1- Coñecer e comprender os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, e as ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
2- Promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
3- Favorecer a resolución de problemas e a toma de decisións en Farmacoterapia
4- Desenvolver a capacidade de aplicar os coñecementos á práctica e á capacidade de comunicarse cos expertos en outras áreas relacionadas coa saúde, promovendo a colaboración cos equipos profesionais sanitarios.
5- Desenvolver habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información das fontes de información de medicamentos adecuadas e de fiar).
Epígrafes do curso: Programa da materia
Programa das clases expositivas: 23 horas
Sección I: Principios Xerais
Tema 1. Concepto e obxectivos da Farmacoterapia. Guías farmacoterapéuticas e Guías da Práctica Clínica
Tema 2. Relevancia clínica das situacións fisiolóxicas especiais e das situacións patolóxicas na utilización dos medicamentos
Tema 3. Relevancia clínica das interaccións medicamento-medicamento;
medicamento - alimento e medicamento-probas de laboratorio
Tema 4. Deseño de protocolos de Atención Farmacéutica: dispensación (activa) de medicamento, indicación farmacéutica e seguimento farmacoterapéutico.
Sección II: Farmacoterapia dos trastornos mentais
Tema 5. Farmacoterapia da ansiedade e dos trastornos do sono
Tema 6. Farmacoterapia da depresión
Sección III- Farmacoterapia das alteracións do movemento y dos
trastornos neurodexenerativos
Tema 7. Farmacoterapia da enfermidade de Alzheimer y de outras demencias
Tema 8. Farmacoterapia da escleroses múltiple
Sección IV: Farmacoterapia das alteracións cardiovasculares
Tema 9. Farmacoterapia da hipertensión arterial
Tema 10. Farmacoterapia da insuficiencia cardíaca
Sección V: Farmacoterapia da inflamación e da dor
Tema 11. Farmacoterapia da dor
Sección VI: Farmacoterapia dos trastornos respiratorios
Tema 12. Farmacoterapia da asma e da rinite alérxica. Enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.
Sección VII: Farmacoterapia dos trastornos musculoesqueléticos
Tema 13. Farmacoterapia da obesidade
Tema 14. Farmacoterapia da hiperuricemia e a gota
Sección VIII: Farmacoterapia do aparato dixestivo
Tema 15.Farmacoterapia dos trastornos gastrointestinais
Sección IX: Farmacoterapia da anticoncepción
Tema 16. Farmacoterapia da anticoncepción
Programa de clases Interactivas
Seminarios (18 horas)
• Seminario 1 (1 horas): Consideracións xerais de Atención Farmacéutica en Farmacoterapia
• Seminario 2 (2 horas): Indicación farmacéutica en tose
• Seminario 3 (2 horas): Indicación farmacéutica en estrinximento e hemorroides
• Seminario 4 (2 horas): Indicación farmacéutica en diarrea
• Seminario 5 (2 horas): Indicación farmacéutica en alteracións oculares: ollo vermello e sequidade ocular
• Seminario 6 (2 horas): Indicación en farmacoterapia da dor
• Seminario 7 (2 horas): Seguimento farmacoterapéutico de pacientes con hipertensión arterial e insuficiencia cardíaca
• Seminarios 8-10 (2 horas cada un): Prácticas de indicación farmacéutica
Básica:
LORENZO P, MORENO A, LEZA JC, LIZASOAIN I, MORO A, PORTOLÉS A, editores. Velazquez. Farmacología Básica y Clínica. 19ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2018.
BRAVO DIAZ L, MARHUENDA REQUENA E, Manual de Farmacoterapia. Madrid. Editorial Elsevier, 2005.
BRUNTON LL, HILAL-DANDAN R, KNOLLMANN BC, editores. Goodman & Gilman: Las bases farmacológicas de la terapéutica. 13ª ed: McGraw-Hill. 2019. Acceso electrónico USC: McGraw-Hill AccessMedicina Spa. https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=24…
Foro de Atención Farmacéutica-Farmacia Comunitaria (Foro AF-FC). Guía práctica para los Servicios Profesionales Farmacéuticos Asistenciales en la Farmacia Comunitaria. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos; 2019. https://www.portalfarma.com/inicio/serviciosprofesionales/forofarmaciac…
Catálogo de Guías de Práctica Clínica no Sistema Nacional de Saúde. https://portal.guiasalud.es/gpc/
Complementaria:
Guía farmacoterapéutica e de práctica clínica de centros sociosanitarios. Xunta de Galicia; Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde. Santiago de Compostela 2022.
DIPIRO, J.T., TALBERT, R.L., YEE, G.C. MATZKE G.R., WELLS, B.G., POSEY, L.M., editores. Pharmacotherapy, a physiological approach. 10ª ed: McGraw-Hill. 2017.
Catálogo de medicamentos. 2018. Madrid: Consejo general de Colegios Oficiales de Farmacéuticos, 2018.
BENEDÍ J, RODRÍGUEZ M, editores. Atención farmacéutica. 1ª ed. Madrid: DEXTRA Editorial, 2019.
RITTER JM, FLOWER R, HENDERSON G, LOKE YK, MacEWAN D, RANG HP. editores. Rang y Dale Farmacología. 9ª ed. Barcelona: Elsevier, 2020. Acceso temporal on USC ClinicalKey Student Medicine – Elsevier: https://biblioteca-usc.gal/clinicalkey-student-elsevier/
FLÓREZ J., ARMIJO J., MEDIAVILLA Á. editores. Farmacología Humana. Elsevier Masson, S.A., Barcelona, 6ªEd, 2013. Acceso temporal on USC ClinicalKey Student Medicine – Elsevier: https://biblioteca-usc.gal/clinicalkey-student-elsevier/
KATZUNG B.G. Farmacología básica y clínica, 14 ed. Ed. McGRAW-HILL, 2017. Acceso electrónico USC: McGraw-Hill AccessMedicina Spa: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=27…
Competencias específicas
Módulo de Medicina e Farmacoloxía (MF)
MF06 Levar a cabo as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
MF07 Promover o uso racional do medicamento e produtos sanitarios.
MF08 Adquirir as habilidades necesarias para poder prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario aos usuarios dos establecementos nos que presten servizo.
MF12 Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Competencias transversais
Competencias Instrumentais (CI)
CI08 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información a partir de fontes diversas).
CI09 Resolución de problemas.
CI10 Toma de decisións.
Competencias Interpersoais (CP)
CP01 Capacidade crítica e autocrítica.
CP05 Capacidade de comunicarse con expertos noutras áreas
Competencias Sistémicas (CS)
CS01 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
Actividades formativas con presencia del profesor:
A) Clases expositivas: lección impartida polo profesor sobre os epígrafes dos temas propostos no programa. Duración: 50 minutos. É necesario contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero, en xeral, os alumnos non necesitan manexalos na clase. Prioriza a transmisión de coñecementos por parte do profesorado, exixindo ao alumnado a preparación previa ou o estudo posterior.
B) Clases interactivas (Seminarios; en grupos reducidos): clase teórico/práctica na que se tratarán os contidos descritos no programa de seminarios. A súa duración é de dúas horas, pero requiren unha preparación previa por parte do profesorado e o alumnado.
Constitúen unha actividade formativa orientada preferentemente á competencia dos estudantes para traballar en equipo e desenrolar hábitos cooperativos que redimensionen a eficacia da súa labor e a integren en proxectos máis amplos; prioriza a aprendizaxe cooperativa por parte do alumnado.
O alumno recibe unha ensinanza baseada na resolución de problemas e participa activamente nestas clases do seguinte xeito:
1) Traballos (con presentación): Os alumnos son divididos en equipos de traballo e, en cada sesión, un equipo expón aos seus compañeiros o protocolo de acción en atención farmacéutica en farmacoterapia do tema obxecto de estudo. O equipo encargado de cada seminario terá preparado previamente o tema asignado en base a unha guía facilitada como material de partida polo profesor.
2) Resolución de casos: preparación de casos de atención farmacéutica, aplicación dos protocolos de atención farmacéutica e resolución mediante aprendizaxe colaborativa na aula. Esta metodoloxía fomenta a actuación a través de protocolos, o debate e a participación activa do alumnado.
3) Simulación: o alumnado simula as actuacións farmacéuticas para os casos resoltos no apartado anterior.
C) Titorías de pizarra (en grupo reducido): Titorías programadas polo profesor. Constitúen unha actividade formativa ordenada preferentemente á competencia dos estudantes para integrar coñecementos e enfrontárense á complexidade de tomar decisións a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, implique a aplicación dos seus coñecementos no ámbito dos estudos; prioriza a aprendizaxe autónoma por parte do alumnado.
En xeral, suporán para cada alumno unhas 2 horas por semestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos á expoñer polos alumnos nas clases de seminarios, dos casos clínicos, así como dúbidas para a presentación, exposición e debate feitos por pequenos grupos.
O seguimento das actividades formativas individuais ou grupais desenvoltas con soporte virtual levarase a cabo mediante os mecanismos dispoñibles nas plataformas empregadas, tales como rexistros de participación e programación das entregas.
Os exames da materia realizaranse de forma presencial. Realizarase avaliación continua y unha proba final de coñecementos teórico-prácticos complementaria á avaliación continua.
• Avaliación continua: coa avaliación continua preténdese avaliar o nivel de coñecementos e resultados de aprendizaxe adquiridos polo alumnado en cada momento do tempo. A avaliación continua valorará a asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas, a preparación e execución dos seminarios, así como a participación activa do alumnado noutras actividades individuais e/ou grupais así como en probas obxectivas de seguimento que se propoñan ao longo do curso. A nota obtida na avaliación continua será o 30% da cualificación final.
A avaliación continua poderá manterse no alumnado repetidor que así o desexe, durante os dous cursos posteriores á realización da avaliación continua.
• Proba final: avaliaranse coñecementos teórico-prácticos mediante un exame que inclúe preguntas tipo test dos temas das clases expositivas e das clases interactivas e casos de farmacoterapia en atención farmacéutica. A nota obtida nesta avaliación de coñecementos teórico-prácticos será o 70% da cualificación final.
• Cualificación final. Na cualificación final outorgada ao alumno, teranse en conta as notas de la avaliación continua (30%) e a obtida na proba final de coñecementos teórico-prácticos (70%), tendo en conta que o alumno debe alcanzar un mínimo do 30% da nota na proba final para superar a materia. Alumnos non aptos para avaliación continua serán avaliados unicamente mediante proba final.
• Avaliación na segunda oportunidade do curso: en sucesivas convocatorias utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA : TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Clases expositivas en grupo grande 23 H : Estudio autónomo individual ou en grupo 35H
Clases interactivas en grupo reducido 16 H : Resolución exercicios, ou outros traballos 17 H
Titorías en grupo moi reducido 2 H Orientación e resolución de dúbidas
Presentación en clases interactivas 2H : Traballos (individuais ou en grupo) incluida elaboración, presentación, exposición 14H
Exames 2H : Realización e revisión do exame 1,5H
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 45
Total horas traballo persoal do alumno 67,5
Coñecementos previos de farmacoloxía, fisioloxía, fisiopatoloxía, biofarmacia, toxicoloxía e farmacocinética etc.
Recoméndase tamén integrar e relacionar os contidos desta materia con outros, tanto dentro da mesma materia, dentro da mesma materia (algúns temas con outros) ou entre materias (contidos de farmacoterapia con farmacoloxía, fisiopatoloxía ...). Isto beneficiaría a aprendizaxe traslacional do estudante.
Finalmente, deben comprender que os coñecementos impartidos nesta materia permitirán ao farmacéutico como profesional transmitir información sobre os medicamentos e practicar a atención farmacéutica tanto no asesoramento de medicamentos sen prescrición coma na realización do seguimento da farmacoterapia en Enfermidades crónicas e levar a cabo a dispensación de medicamentos.
Tamén é moi desexable que os estudantes teñan coñecementos transversais relacionados coa información sobre a medicación, as habilidades de comunicación profesional e os coñecementos informáticos e de lingua inglesa
Mª De Los Reyes Laguna Francia
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814996
- Correo electrónico
- mdelosreyes.laguna [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ezequiel Alvarez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814981
- Correo electrónico
- ezequiel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Matilde Yañez Jato
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Anton Leandro Martinez Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815484
- Correo electrónico
- antonleandro.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |