Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 32 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 11 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Comprensión dos aspectos conceptuais do desenvolvemento dun medicamento e das bases metodolóxicas da avaliación de fármacos no ser humano (ensaio clínico, farmacovixiancia).
2. Desenvolver actitudes para a prescrición e uso racional dos medicamentos, asimilar os conceptos de seguridade, eficacia e efectividade, e adquirir capacidade crítica para a valoración da literatura científica relacionada coa investigación clínica de medicamentos.
3. Que o alumno comprenda que as bases da Farmacoterapia fundaméntanse en coñecementos e información moi diversos sobre o diagnóstico, as características do paciente (fisiolóxicas e patolóxicas) e do perfil farmacolóxico (eficacia, efectividade e seguridade) dos tratamentos farmacolóxicos, ao obxecto de levar a cabo unha adecuada selección destes.
CLASES EXPOSITIVAS
AVALIACIÓN DE FÁRMACOS
Tema 1. Descubrimento e desenvolvemento de novos fármacos. O Ensaio Clínico.
PRESCRIPCION
Tema 2. Criterios de selección de medicamentos. Bioequivalencia. Monitorización. Cumprimento terapéutico. Medicina personalizada. Seguridade. Modelos de simulación. Farmacoepidemioloxía, Farmacoeconomía.
Tema 3. Factores xenéticos que condicionan a resposta aos medicamentos.
Tema 4. Factores fisiolóxicos que modifican a resposta aos medicamentos: idade, embarazo, lactación.
Tema 5. Factores patolóxicos que inflúen na resposta aos medicamentos.
ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES
Tema 6. Uso de medicamentos en patoloxía cardiovascular (I): HTA
Tema 7. Uso de medicamentos en patoloxía cardiovascular (II): IC
Tema 8. Uso de medicamentos en patoloxía cardiovascular (III): Cardiopatía Isquémica
Tema 9. Uso de medicamentos en patoloxía cardiovascular (IV): Dislipemias
ENFERMIDADES DO APARELLO RESPIRATORIO
Tema 10. Uso de medicamentos nas enfermidades do aparello respiratorio
ENFERMIDADES INMUNITARIAS
Tema 11. Uso de medicamentos nas enfermidades inmunitarias.
ENFERMIDADES DO APARELLO DIXESTIVO
Temas 12. Uso de medicamentos na patoloxía dixestiva.
SISTEMA NERVIOSO CENTRAL
Tema 13. Uso de medicamentos nas enfermidades neurodexenerativas.
Tema 14. Uso de medicamentos nas patoloxías psiquiátricas.
HEMATOLOXÍA
Tema 15. Anemias.
Tema 16. Coagulación sanguínea.
MANEXO FARMACOLÓXICO DE PROCESOS ASOCIADOS AO ENVELLECEMENTO.
Tema 17. Menopausa e Andropausia.
Tema 18. Paciente diabético.
Tema 19. Procesos dexenerativos osteo-articulaes.
DOR
Tema 20. Tratamento farmacolóxico da dor.
ENFERMIDADES INFECCIOSAS
Tema 21. Criterios básicos da terapia antiinfecciosa
.
SEMINARIOS:
SEMINARIO 1 e 2. Soporte Vital
SEMINARIO 3. Reaccións adversas a medicamentos: Avaliación de imputabilidade e comunicación aos sistemas de farmacovixiancia. Casos clínicos.
SEMINARIO 4. Seminario práctico sobre casos clínicos de enfermidades infecciosas.
SEMINARIO 5. Interaccións por fármacos: resolución de casos clínicos utilizando bases de datos e bibliografía.
LIBROS
Ritter JM, Flower R, Henderson G, Kong Loke Y, MacEwan D, Robinson E, Fullerton J (eds). Rang & Dale Pharmacology, 10th ed. Elsevier, 2023.
Brunton L, Knollmann BC (eds). Goodman & Gilman's Las bases Farmacológicas de la Terapéutica, 14ª ed. Mc Graw Hill, 2023.
Wecker L, Ingram S (eds). Brody's Human Pharmacology. Mechanism Based Therapeutics, 67th ed. Elsevier Health Sciences Division, 2024.
Zeind CS, Carvalho MG, Cheng JW, Zaiken K, LaPointe T (eds). Applied Therapeutics. The clinical use of drugs, 12th ed. Wolters Kluver, 2023.
Schwinghammer TL, DiPiro JT, Ellingrod VL, DiPiro CV (eds). DiPiro, Pharmacotherapy Handbook, 12th ed. McGraw-Hill Medical, 2023.
García Gil D, Benítez Macías JF, Domínguez Fuentes MB, Mensa Pueyo J (eds). Terapéutica Médica en Urgencias, 6ª ed. Médica Panamericana, 2021.
PÁXINAS WEB
National Institute of Health and Clinical Excellence (UK): http://www.nice.org.uk
Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios: http://www.agemed.es
European Medicines Agency: http://www.ema.europa.eu
Food and Drug Administration (USA): http://www.fda.gov
NIH Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/
Guía terapéutica en atención primaria: basada en la selección razonada de medicamentos. Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria: https://www.guiaterapeutica.net
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
- Comprender os fundamentos da acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
- Indicar a terapéutica máis adecuada dos procesos agudos e crónicos máis prevalecentes, así como dos enfermos en fase terminal.
- Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
- Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
- Valorar a relación risco/beneficio dos procedementos diagnósticos e terapéuticos.
- Interaccións e efectos adversos.
- Prescrición e fármacovixiancia.
- Saber utilizar os diversos fármacos adecuadamente.
- Redactar correctamente receitas médicas, adaptadas á situación de cada paciente e os requirimentos legais.
CLASES EXPOSITIVAS, INTERACTIVAS DE SEMINARIO E TUTORIAS
- Expositiva: presencial na aula.
- Interactivas de seminario: presencial na aula.
AVALIACIÓN CONTINUADA (representará o 30 % da cualificación final):
- Avaliación continuada de coñecementos e participación en clase ao longo do curso (representa o 20% da cualificación final).
- Seminarios (representa o 10% da cualificación final): realizarase unha avaliación continuada de competencias específicas a través da tutorización do traballo que o estudante realice a proposta do profesor. É obrigatorio a asistencia a todos os seminarios para poder superar a materia.
EXAME FINAL (representará o 70 % da cualificación final):
O exame tipo test será con catro opcións de resposta e só unha verdadeira. Por cada resposta errónea descontarase 0,33 das respostas acertadas. É necesario a obtención dunha cualificación igual ou maior a 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. O alumno deberá superar polo menos o 25% da cualificación correspondente á materia de cada profesor. Na segunda convocatoria, o tipo de exame e a puntuación para aprobar a materia será igual que na primeira convocatoria.
PRESENCIAIS: 43 horas distribuídas en:
- Clases expositivas: 30
- Interactivas seminarios: 10
- Titorías: 2
- Proba de avaliación: 1
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 32 horas
- Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
- Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
- Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
- Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Ma Del Pilar Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812401
- Correo electrónico
- mdelpilar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Freire-Garabal Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812248
- Correo electrónico
- manuel.freire-garabal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
21.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
21.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
21.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
21.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
21.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |
16.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
16.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
16.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
16.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
16.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |