Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 91 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 21 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Histoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Observar e describir seccións dos diversos órganos, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras examinadas. A descrición debe levarse a cabo metodicamente e con obxectividade, utilizando sempre a linguaxe científica apropiada.
2. Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso, sinalando os seus fundamentos.
3. Recoñecer os distintos órganos e as súas células constituíntes, tanto desde o punto de vista da microscopia óptica como electrónica.
4. Relacionar a macroscopia coa morfoloxía óptica, esta última coa ultraestrutura, e todo isto coa función.
5. Relacionar a estrutura microscópica co substrato a través de técnicas histoquímicas e inmunohistoquímicas.
6. Diferenciar órganos normais doutros patolóxicos. Empregaranse preferentemente neste caso preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, de forma que os estudantes podan orientarse máis facilmente.
PROGRAMA TEÓRICO
UNIDADE TEMÁTICA 1.- SISTEMA CIRCULATORIO
TEMA 1.- Sistema circulatorio. Corazón
TEMA 2.- Arterias e capilares
TEMA 3.- Anastomose arteriovenosas. Veas. Vasos linfáticos. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 2.- SANGUE E MEDULA ÓSEA
TEMA 4.- Sangre
TEMA 5.- Medula ósea
TEMA 6.- Hematopoese. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 3.- SISTEMA INMUNITARIO
TEMA 7.- Sistema inmunitario. Timo
TEMA 8.- Ganglio linfático
TEMA 9.- Bazo. MALT. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 4.- SISTEMA RESPIRATORIO
TEMA 10.- Sistema respiratorio. Fosas nasais. Nasofarinxe
Tema 11.- Larinxe.
Tema 12.- Traquea e bronquios principais.
TEMA 13.- Pulmón. Pleura. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 5.- SISTEMA DIXESTIVO
TEMA 14.- Sistema dixestivo. Cavidade oral
TEMA 15.- Dente e odontoxénese
TEMA 16.- Glándulas salivares
TEMA 17.- Farinxe. Esófago
TEMA 18.- Estómago
TEMA 19.- Intestino delgado
TEMA 20.- Intestino groso
TEMA 21.- Fígado
TEMA 22.- Vesícula e vías biliares
Tema 23.- Páncreas exócrino. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 6.- SISTEMA ENDÓCRINO
TEMA 24.- Sistema endócrino. Glándula pineal
TEMA 25.- Hipófise
TEMA 26.- Tiroides. Paratiroides
TEMA 27.- Suprarrenal. Paraganglios
TEMA 28.- Páncreas endócrino
TEMA 29.- Sistema neuroendócrino difuso. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 7.- SISTEMA URINARIO
TEMA 30.- Sistema urinario. Ril
TEMA 31.- Vexiga e vías urinarias. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 8.- SISTEMA REPRODUTOR
TEMA 32.- Sistema reprodutor masculino. Testículo
TEMA 33.- Condutos excretores. Glándulas anexas. Pene
TEMA 34.- Sistema reprodutor feminino. Ovario
TEMA 35.- Trompa. Útero
TEMA 36.- Placenta
TEMA 37.- Vaxina. Xenitais externos. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 9.- PEL E MAMA
TEMA 38.- Pel e anexos cutáneos
TEMA 39.- Mama. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 10.- ÓRGANOS ESPECIAIS DOS SENTIDOS (adiantarase a súa explicación)
TEMA 40.- Ollo. Túnicas externas, medios refrinxentes e anexos
TEMA 41.- Retina
TEMA 42.- Oído e órgano do equilibrio. Introdución á Patoloxía.
PROGRAMA PRÁCTICO
PRÁCTICA 1.- Aparello circulatorio / Sangue
PRÁCTICA 2.- Médula ósea / Sistema inmunitario
PRÁCTICA 3.- Laboratorio: Técnica inmunohistoquímica
PRÁCTICA 4.- Aparello respiratorio
PRÁCTICA 5.- Aparello dixestivo I.- Cavidade oral
PRÁCTICA 6.- Aparello dixestivo II.- Tubo dixestivo
PRÁCTICA 7.- Aparello dixestivo III.- Glándulas anexas / Ollo
PRÁCTICA 8.- Sistema endócrino
PRÁCTICA 9.- Aparello urinario / Aparello reproductor masculino
PRÁCTICA 10.- Aparello reproductor feminino / Mama
PRÁCTICA 11.- Pel
ATLAS
- Esenciais USC. Técnicas histolóxicas: microscopia óptica, inmunohistoquímica, hibridación in situ e microscopia electrónica. Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Rosalía Gallego (disponible online colección Esenciais USC).
- Atlas de prácticas. Histología Humana Especial. Rosalía Gallego, Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Alba Ferreirós, Juan Cuevas, Tomás García-Caballero. Fundación USC.
- Wheater. Histología Funcional. O'Dowd, Bell, Wright. 7ª ed. Elsevier, 2024 (disponible online biblioteca USC).
- Stevens, Lowe. Histología Humana. Lowe, Anderson. 5ª edición. Elsevier, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Atlas de Histología. Microscopía óptica y electrónica. Martín-Lacave, Utrilla Alcolea, Fernández-Santos, García-Caballero. Editorial Universidad de Sevilla, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Atlas de Inmunohistoquímica. Caracterización de células, tejidos y órganos normales. Martín-Lacave, García-Caballero. Ed. Díaz de Santos, 2012.
TEXTOS
- Histología Básica. Junqueira, Carneiro. 13ª edición. Ed. Panamericana, 2022 (disponible online biblioteca USC).
- Ross. Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Pawlina. 8ª ed. Wolters Kluwer, 2020.
- Netter. Histología esencial con correlación histopatológica. Ovalle, Nahierney. 3ª ed. Elsevier, 2021 (disponible online biblioteca USC).
- Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía patológica. Kierszenbaum, Tres. 5ª ed. Elsevier, 2020 (disponible online biblioteca USC).
O estudante debe terminar o curso estando capacitado para:
1. Recoñecer microscopicamente os distintos órganos humanos e as súas células integrantes.
2. Realizar unha técnica inmunohistoquímica.
DOCENCIA EXPOSITIVA:
O profesor/a explicará o tema co apoio de esquemas e imaxes dixitais, que irá intercalando ao longo da exposición. A ensinanza será homoxénea en tódolos grupos: cada profesor/a explica os mesmos temas en tódolos grupos. A asistencia ás clases expositivas é obrigatoria. Para a nota final poderase ter en conta a asistencia con aproveitamento ás clases expositivas.
DOCENCIA INTERACTIVA DE LABORATORIO:
Realizarase unha práctica semanal de 2 horas/grupo.
A) Práctica de Laboratorio:
Cada estudante realizará a súa propia preparación inmunohistoquímica.
B) Prácticas microscópicas:
Trátase de observar, describir e recoñecer os distintos órganos e as súas células constituíntes.
Ao comezo de cada práctica, proxectaranse imaxes microscópicas dixitais obtidas das distintas preparacións histolóxicas da práctica. O profesor/a explicará as imaxes ou chamará os estudantes para que sexan eles os que as describan. Complementariamente utilizarase o sistema EduClick, que permitirá a autoevaluación dos estudantes. O final de cada práctica discutiranse casos que inclúan imaxes normais adxacentes a outras patolóxicas co obxetivo de que o estudiante aprenda a diferencialas.
Unha vez descritas as imaxes, procederase a proxeción das preparacións histolóxicas escaneadas co PathScan e ao estudo microscópico das mesmas, ase como á observación macroscópica dos diferentes órganos. O profesor/a resolverá no microscopio de cada estudante as dúbidas que vaian xurdindo. As dúbidas xerais poderán ser aclaradas proxectando as preparacións nun microscopio de proxección. Fóra do horario de prácticas, a aula de microscopios permanecerá sempre á disposición dos estudantes para a revisión das preparacións.
Para un axeitado desenvolvemento das prácticas é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio dun atlas de Histoloxía. A tal fin, o calendario das prácticas farase público ao comezo de cada curso.
A asistencia ás clases interactivas de laboratorio é obrigatoria. Os estudiantes que repitan a materia, e que xa fixeran previamente estas mesmas prácticas, poden optar por repetilas ou non.
A asistencia ás clases tanto expositivas como interactivas será obrigatoria e poderase ter en conta para a avaliación. A non asistencia polo menos a un 80% das prácticas de laboratorio impedirá a superación da materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
TEORÍA:
Exame tipo test de 40 preguntas de elección múltiple (4 respostas posibles e só unha válida), no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
PRÁCTICAS:
Exame tipo test de identificación de órganos e células presentados en láminas a color. O examen consta de 20 preguntas de elección múltiple (4 respostas posibles e só unha válida), no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
CUALIFICACIÓNS:
A nota obterase da suma do resultado das partes teórica e práctica. Os niveis serán os seguintes: aprobado, 5; notable, 7; sobresaliente, 9. As matrículas de honra (5%) outorgaranse ás mellores puntuacións por riba de 9,0. Poderase ter en conta a asistencia, participación e aproveitamento dos estudantes nas actividades docentes.
Horas presenciais semanais: 2-3 horas teóricas e 2 horas prácticas
Horas estudo/semana: 4-5 horas
Preparación do exame final: 45 horas
Exame: 60 min.
É imprescindible que os estudantes preparen semanalmente o tema que se tratará na práctica. Este pequeno esforzo de traballo continuado fará as prácticas máis áxiles e atractivas, incrementando o rendemento académico, e tamén permitiralle ao estudante levar a materia ao día e resolver dúbidas directamente cos profesores/as.
Maria Rosalia Gallego Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812399
- Correo electrónico
- mrosalia.gallego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Tomas M. M. Garcia-Caballero Parada
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- tomas.garcia-caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Lucia Garcia-Caballero Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alba Ferreiros Lopez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- alba.ferreiros.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Alba Ferreiros Lopez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- alba.ferreiros.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Marina Gándara Cortés
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- marina.gandara.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
08:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Mércores | |||
08:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Xoves | |||
08:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Venres | |||
08:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
08.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
08.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
08.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
08.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |