Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 15 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dar a coñecer ó alumnado a importancia das medidas educativas na promoción da saúde do profesional e dos pacientes.
Inculcar as habilidades necesarias para aplicar a prevención no tratamento integral do paciente.
Acadar as actitudes necesarias para introducir os hábitos preventivos nas condutas dos pacientes.
Familiarizar ó alumnado cos programas educativos a nivel individual e comunitario.
1. Concepto de EpS. Marco histórico. Obxectivos da EpS. Determinantes da saúde. Importancia da EpS. Campos de acción da EpS. Marco legal.
2. Bases científicas e modelos de modificación do comportamento en EpS.
3. Educadores en saúde oral.
4. Espazos para educación no consultorio dental.
5. Papel dos profesionais da odontoloxía como educadores.
6. Métodos de educación sanitaria: clasificación. Métodos directos e indirectos. Utilización de novas tecnoloxías e redes sociais en EpS.
7. Organización de actividades educativas. Deseño dun programa educativo. Programas educativos de hixiene oral e de prevención do cancro oral. EpS aplicada: control de hábitos dietéticos e educación antitabaco.
8. Desenvolvemento de proxectos educativos na consulta dental e na comunidade.
Bibiliografía básica
Katz S, Mc Donald J, e Stookey G. Odontología preventiva en acción 3º ed. Ed Panamericana 1982.
Cuenca Sala E, Baca Garcia P. (2013). Odontología preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 4ª ed. Barcelona. Masson.
Cuenca Sala E, Baca García P. (2005). Odontologia preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 3ªed. Barcelona. Masson.
Rioboo R. Odontología preventiva y Odontología comunitaria. Tomo I y II. (2002). Ed Avances Médico Dentales. Madrid Perea R. Educación para la salud. Reto de nuestro tiempo. Ed Diaz de Santos 2005.
Bibliografía complementaria
Marqués Molias, Fernando, Rafel Guayta, and Salvador Sáez Cardenas, eds. Métodos y medios en promoción y educación para la salud. Barcelona: Editorial UOC, 2004. Print.
Piédrola, G. (2015), Medicina Preventiva y Salud Pública. Barcelona: Masson. 12e.
Enlaces de interés
Sociedad Española de Epidemiología y Salud Pública Oral: https://sespo.es/
Ministerio de Sanidad: https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/hom…
Organización Mundial da Saúde https://www.who.int/es
Servicio Galego de Sáude: https://www.sergas.es/
Consejo de Dentistas: https://www.consejodentistas.es/
FDI. World Dental Federation: https://www.fdiworlddental.org/
Coñecementos
Con14. Coñecer e usar do equipamento e instrumentación básicos para a práctica odontolóxica.
Con15. Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual como dentro do equipo de traballo cando sexa apropiado, así como nos principios de prevención de riscos laborais asociados á práctica odontolóxica.
Con16. Proporcionar un enfoque global dos coidados orais e aplicar os principios de promoción da saúde e prevención das enfermidades bucodentais.
Con22. Elaborar e executar programas de saúde oral e coñecer da coordinación intre-institucional e intre-profesional necesaria para a súa execución.
Con23. Coñecer os preceptos ético-deontolóxicos lexislativos e administrativos que regulan a profesión odontolóxica e a súa aplicación na xestión e na práctica clínica, así como coñecer a organización, competencias e funcións das corporacións profesionais. Cumprimentar todo tipo de documentos e rexistros médico-legais.
Competencias
Comp10 Traballo en equipo.
Comp11 Habilidades interpersoais.
Comp12 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
Comp13 Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp14 Apreciación da diversidade e multiculturalidade.
Comp15 Habilidade de traballar nun contexto internacional.
Comp16 Compromiso ético.
Comp17 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp18 Habilidades de investigación.
Comp19 Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp20 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp21 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp22 Liderazgo.
Comp23 Coñecemento de culturas e costumes doutros países.
Comp25 Deseño e xestión de proxectos.
Comp27 Preocupación pola calidade.
Habilidades ou destrezas
HD/07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
HD/08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D19. Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
H/D29. Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
H/D30. Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección ante enfermidades bucais, así como no mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
Nas clases presenciais se indican os obxectivos que deben acadarse, se presentan os temas destacando os aspectos mais relevantes e actuais fomentando a participación do alumno
Previamente á realización dos seminarios se comunican os obxectivos e os materiais para a preparación.
Deseñarán programas educativos, elaborando materiais didácticos, que poderán aplicar na comunidade e na clínica odontolóxica.
O estudante realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada. A través do campus virtual, o alumnado terá acceso á información complementaria da materia.
Se priorizará a avaliación continuada, na que se valorará a participación nas clases, os traballos individuais, as actividades grupais e a capacidade de interacción co grupo. Esta avaliación terá un peso de ata un 60 % da nota final.
No caso de non facer avaliación continuada, se fará un exame dos contidos teóricos, tipo tema, onde se medirán os coñecementos adquiridos. A nota do exame supoñerá ata o 60% da nota final e será necesario acadar unha puntuación mínima dun 60%.
O alumnado deberá realizar e presentar un traballo final obrigatorio, relacionado cos contidos da materia (de campo ou un programa educativo). O tema do traballo será seleccionado ó inicio do curso. A cualificación deste traballo e a súa defensa suporá ata ó 30% da nota final.
A Asistencia ás clases e seminarios suporán o 10% da nota final e son un requisito para a avaliación continuada.
Docencia expositiva: 10 h
Docencia seminarios: 5 h
Laboratorio e comunidade: 10 h
Titorias: 5 h
Traballo autónomo do alumno: 35 horas
É obirgatorio a consulta e utilización do campus virtual durante todo o curso
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- almudena.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Mulero De Caso
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- marta.mulero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Paula Fernandez Riveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- paula.fernandez.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
14.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
14.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |