Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 27 Total: 57
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía, Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Fisioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Coñecer e comprender a estrutura, microscópica e macroscópica dos dentes, a boca, os maxilares e tecidos anexos, tanto en saúde como en enfermidade nos dous sexos e durante as distintas etapas da vida
2.- Saber distinguir a estrutura normal da patolóxica e entender que do tipo de estructura que se atope en cada paciente pódense desprender distintos patróns de tratamentos odontolóxicos e estomatolóxicos.
3.- Entender a función do conxunto neuromuscular orofacial no contexto da masticación, deglución, a articulación temporomandibular, o sentido do gusto, a dor e a propiocepción.
4.- Comprender a función das glándulas salivares, a mucosa periodontal e dos dentes.
5.- Establecer relacións entre os coñecementos do ámbito morfolóxico e fisiolóxico cos doutras materias do currículo.
MÓDULO I: HISTOLOXÍA DO APARELLO ESTOMATOGNÁTICO:
Docencia expositiva:
Tema 1: Cavidade oral
Tema 2: Glándulas salivais. Odontoxénese
Tema 3: Tecidos dentais I: Esmalte, Dentina
Tema 4: Tecidos dentais II: Pulpa, Cemento, Ligamento periodontal, Reborde xinxival
Docencia interactiva:
Práctica 1: Cavidade oral
Práctica 2: Dente e odontoxénese. Glándulas salivais
Módulo II: ANATOMÍA DO APARELLO ESTOMATOGNÁTICO:
UD 1: Xeneralidades do sistema estomatognático. Características xerais dos dentes. Características da dentición humana. Tipos de denticións. Grupos dentarios. Nomenclatura de superficie. Sistemas de rexistros e fórmulas dentarias
UD 2: Morfoloxía dentaria: Coroa, liña cervical, porción radicular e cavidade polpar. Método descritivo dentario.
UD 3: Dentoxénese. Fases da dentoxénese. Desenvolvemento dentario (calcificación e erupción)
UD 4: Dentición permanente. Grupo dentario incisivo. Grupo dentario cairo. Grupo dentario premolar. Grupo dentario molar
UD 5: Dentición decidua. Diferenzas da dentición decidua e permanente. Grupo dentario incisivo. Grupo dentario cairo. Grupo dentario molar
UD 6: Os dentes na cavidade bucal. Articulacións alveolo-dentarias. Periodonto. Arcos dentarios (permanentes e temporais). Formas e relacións dos arcos dentarios. Relacións de antagonismo
UD 7: Vascularización e inervación dentaria.
UD 8: Metodos de imaxe para o estudo do sistema dentario
MÓDULO III: FUNCIÓN DO APARELLO ESTOMATOGNÁTICO:
Sensibilidade oral: temperatura, gusto, olfacto.
Nocicepción. Nociceptores. Proxeccións centrais dos nociceptores. Hiperalgésia.
Dor. Tipos de dor. Mecanismos centrais para o control do dor. Teoría do control regulado. Endorfinas e encefalinas.
Dor na rexión orofacial. Factores físicos que orixinan o dor pulpar.
Organización do aparato estomatognático. Posición de repouso. Oclusión. Movementos mandibulares.
Forza masticatoria. Ritmo masticatorio. Finalidade e eficacia masticatoria.
Reflexos masticatorios. Modulación dos reflexos masticatorios. Control voluntario dos reflexos masticatorios.
Axuste masticación-deglución. Deglución de sólidos e líquidos: fases. Nausea e vómito: mecanismos.
Fonación e fala
Regulación nerviosa da secreción de saliva.
TEXTOS E ATLAS PARA A HISTOLOXÍA ORAL:
- Histología, Embriología e Ingeniería Tisular Bucodental. Gómez de Ferraris ME, Campos Muñoz A, Sánchez Quevedo MC, Ángel Rodríguez, I. 5ª ed. Editorial Médica Panamericana, 2024.
- Wheater. Histología Funcional. O´Dowd, Bell, Wright. 7ª ed. Elsevier, 2024 (disponible online biblioteca USC).
- Stevens y Lowe. Histología Humana. Lowe, Anderson. 5ª edición. Elsevier, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Principios de Histología y Embriología Bucal con orientación clínica. Chiego DJ. 5ª ed. Elsevier, 2019.
- Manual de Histología Humana para estudiantes de Odontología. Sáez Crespo FJ, Badiola Etxaburu I. 2ª ed. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco, 2022.
- Nanci A. Ten Cate´s Oral Histology: Development, structure and function. 9th ed. Elsevier Mosby, 2018.
TEXTOS E ATLAS PARA A ANATOMÍA ORAL:
Básica:
Velayos, Jose Luis. Anatomía de la cabeza para odontólogos. Medica Panamérica. 2007.
Figun Mario Eduardo. Anatomía odontológica funcional y aplicada. 2ª ed., 8ª reimp. Buenos Aires : El Ateneo, imp. 2001.
Suárez Quintanilla, Juan. Anatomía del macizo craneofacial para los grados de medicina y odontología. Marban. 2013.ISBN:978-84-7101-941-7. DL: M-23421-2013-LVI.
Nelson, Stanley J. Wheeler, anatomía, fisiología y oclusión dental. Elsevier, 2015. ISBN:978-84-9022-920-0. DL: B14081-2015.
Atlas:
Norton, Neil S.Netter: Anatomía de cabeza y cuello para odontólogos. Elsevier Masson, 2012.ISBN: 978-84-458-2127-5. DL: B-17084-2012.
TEXTOS PARA A FISIOLOXÍA ORAL:
- Título Fisiología Oral
Autor Bradley R.M.
Ano Publicación 1984
Editorial Panamericana
ISBN 950-06-0182-6
- Título Essentials of Oral Physiology
Autor Bradley R.M.
Ano Publicación 1995
Editorial Elsevier
ISBN 1-55664-088-9
- Título Principios de neurociencia
Autor Kandel E.R., Schwartz J.H., Jessel T.M.
Ano Publicación 2000
Editorial Editorial McGraw-Hill Interamericana
ISBN ISBN 84-486-0311-7
- Título Fisiología Humana
Autor Fox S.I.
Ano Publicación 2003
Editorial Editorial McGraw-Hill Interamericana
Coñecementos:
Con01: Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de:
• Embrioloxía, anatomía, histoloxía e fisioloxía do corpo humano.
• Xenética, Bioquímica, Bioloxía celular e molecular.
• Microbioloxía e inmunoloxía
Con02: Coñecer a morfoloxía e función do aparello estomatognático, incluíndose contidos apropiados de embrioloxía, anatomía, histoloxía e fisioloxía específicos.
Competencias instrumentais:
Comp01: Capacidade de análise e síntese
Comp02: Capacidade de organizar e planificar
Comp03: Comunicación oral e escrita na propia lingua
Comp06: Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas)
Competencias interpersoais:
Comp09 Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10: Traballo en equipo
Comp13: Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
Comp16: Compromiso ético
Competencias sistémicas:
Comp17: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Comp19: Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp24: Habilidade para traballar de forma autónoma
Comp27 Preocupación pola calidade
Habilidades ou destrezas :
H/D07: Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D08: Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo
H/D 11: Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria
H/D 12: Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparello estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida
H/D18: Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D19: Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Docencia expositiva:
Consistirá no desenvolmento, por parte do profesor, dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica, mediante a utilización de medios audiovisuais e informáticos.
Docencia interactiva:
Nas clases prácticas o alumno desenvolverá, analizará e comprobará os contidos expostos na lección maxistral e adquerirá competencias no campo das habilidades e destrezas (simulacións interactivas, análises de preparacións microscópicas, disección de anatomía, realización de debuxos, etc.).
Nos seminarios, os alumnos en grupos reducidos e baixo a supervisión do profesor, elaborarán un traballo especifico da materia, que posteriormente exporán na aula.
Dispondrán dun foro de tutorías e un aula virtual.
A asistencia ás clases tanto expositivas como interactivas será obrigatoria e poderá ser tida en conta para a avaliación. A non asistencia a polo menos o 80% das prácticas de laboratorio de cada módulo impedirá a superación da materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
A avaliación realizarase mediante a valoración de:
1) 70% da nota: exame final tipo test tipo múltiple. E preguntas curtas sobre o tema pertencente ao MÓDULO II
2) 30 % da nota: a avaliación poderá consistir en:
. un exame práctico
. resolución de problemas e finalización do traballo
. asistencia e participación activa en clases interactivas
. avaliación continua ao longo do cuadrimestre
Tanto os exames teóricos como os prácticos serán presenciais.
Os recursos das plataformas institucionais (Virtual Classroom-Moodle e Microsoft Teams) tamén se poderán utilizar para a avaliación continua.
Será necesario acadar unha puntuación mínima do 40% en cada un dos módulos para superar a materia.
Tanto os exames teóricos como os prácticos deberán superarse para superar o módulo II.
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de títulos (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
Presenciais: 57 horas distribuídas en 25 horas expositivas; 27 horas de docencia interactiva e 5horas de tutorias.
Traballo persoal: 93 horas distribuídas en 45 horas de estudo e 48 horas preparación de traballos
Utilizar os libros recomendados.
Preparación con antelación da práctica
Visualización dos vídeos recomendados nas clases teóricas.
Utilización de programas informáticos específicos da materia.
Participar activamente nas clases presenciais.
Usar o e-aula.
Adquirir dominio dos temas iniciais sobre os que se construirá o resto da materia.
As titorías serán presenciais e / ou telemáticas e os recursos bibliográficos poderán utilizarse en versión en papel
Para a realización das prácticas de anatomía, o alumno necesitará o manual de prácticas da materia. Na sala de técnica será obrigatorio o uso dunha bata de prácticas e luvas.
Juan Antonio Suarez Quintanilla
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812224
- Correo electrónico
- juanantonisuarez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Luis Relova Quinteiro
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812293
- Correo electrónico
- joseluis.relova [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elvira Crespo Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- e.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Lucia Garcia-Caballero Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Medicina-Laboratorio Fisioloxía |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Medicina-Laboratorio Fisioloxía |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Medicina-Laboratorio Fisioloxía |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Medicina-Laboratorio Fisioloxía |
19.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
19.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
02.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |