Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 20 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia permítelle ao alumno ter unha visión integral do continuo saúde-enfermidade. Ata o de agora o alumno estudou a morfoloxía e función normal do ser humano. A partir de aquí o seu estudo centrarase no home enfermo, no seu diagnóstico e tratamento. Esta materia actúa a modo de nexo entre estas dúas visións do ser humano. Permítelle ao alumno coñecer cales son os factores persoais, ambientais, socioeconómicos, etc que están determinando a saúde das persoas. Así mesmo permite coñecer o modo de transmisión das enfermidades e as medidas básicas para previlas. Tamén lles permite aos alumnos coñecer as bases científicas para o establecemento das relacións de causalidade entre os diferentes factores de risco e a perda da saúde, así como os principios da avaliación das técnicas, procedementos e recursos dispoñibles para a promoción e restauración da saúde.
O obxectivo da materia Saúde Pública é acadar que o alumno, ao remate do seu estudo, sexa quen, por medio da adquisición dos coñecementos, actitudes e hábitos correspondentes, de:
1.- Identificar os factores de risco que poidan atinxir a saúde humana e coñecer como actúan.
2.- Analizar os diferentes deseños de investigación epidemiolóxica, así como a súa aplicabilidade dentro do contexto no que se desenvolve o odontólogo.
3.- Coñecer as medidas hixiénicas e profilácticas, persoais e comunitarias, máis adecuadas para a prevención da doenza e para a promoción da saúde.
4.- Participar na educación sanitaria da poboación.
5.- Axudar aos seus pacientes no abandono do tabaquismo.
6.- Contribuír á planificación da atención sanitaria á comunidade:
a) identificando os problemas de saúde e analizándoos mediante a aplicación do método epidemiolóxico;
b) colaborando na execución dos plans de asistencia sanitaria e de promoción da saúde bucodental.
Descritores: “Concepto de saúde. Saúde pública. Método epidemiolóxico. Medioambiente e saúde. Epidemioloxía e profilaxe das enfermidades transmisibles. Estilo de vida e saúde. Epidemioloxía, tratamento e prevención do tabaquismo. Organización do sistema nacional de saúde. Organismos nacionais e internacionais relacionados coa saúde”.
O desenvolvemento do temario está organizado en 32 temas de teoría, agrupados en 6 bloques temáticos.
Bloque I.- Conceptos
Tema 1. Concepto de saúde. Os seus determinantes. Historia natural da enfermidade. Niveis de prevención.
Tema 2. Saúde pública: evolución histórica, concepto e contidos.
Bloque II.- Metodoloxía epidemiolóxica
Tema 3. Demografía sanitaria: estática e dinámica.
Tema 4. Concepto e usos da epidemioloxía.
Tema 5. Fontes de datos sobre a saúde. Sistemas de información sanitaria. Vixilancia epidemiolóxica.
Tema 6. Epidemioloxía descritiva. Características de persoa, lugar e tempo. Elaboración de hipóteses.
Tema 7. Causalidade en epidemioloxía. Erros e nesgos en epidemioloxía: erros aleatorios, nesgo de selección, nesgo de confusión e nesgo de información.
Tema 8. Clasificación dos estudos epidemiolóxicos. Epidemioloxía experimental: estudos de intervención.
Tema 9. Epidemioloxía analítica: estudos de cohortes.
Tema 10. Estudos de casos e controis.
Tema 11. Estudos transversais. Estudos ecolóxicos.
Tema 12. Validación de probas diagnósticas. Estudos de detección (screening).
Bloque III.- Ambiente e saúde humana
Tema 13. Ecoloxía e saúde.
Tema 14. Contaminación atmosférica.
Tema 15. A auga. Problemas e depuración
Tema 16. Xestión dos residuos
Bloque IV.- Epidemioloxía xeral e profilaxe das enfermidades transmisibles
Tema 17. Epidemioloxía xeral das enfermidades transmisibles
Tema 18. Profilaxe xeral das enfermidades transmisibles
Tema 19. Profilaxe de disposición: Vacinación. Quimio-profilaxe. Gammaglobulinoprofilaxe.
Tema 20. Desinsectación. Desratización
Tema 21. Clasificación das enfermidades transmisibles. Enfermidades de transmisión feco-oral. Enfermidades de transmisión aérea.
Tema 22. Epidemioloxía e prevención da tuberculose pulmonar e a meninxite meningocócica
Tema 23. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmitidas por contacto: Infeccións de transmisión sexual.
Tema 24. Epidemioloxía e prevención das infeccións de orixe hospitalaria.
Tema 25. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmitidas por artrópodos: Paludismo.
Bloque V.- Hábitos e saúde
Tema 26. Educación para a saúde: concepto, métodos e campos de acción.
Tema 27. Drogodependencias: conceptos. Epidemioloxía e prevención da dependencia a drogas psicotrópicas.
Tema 28. Epidemioloxía e prevención da dependencia alcohólica
Tema 29. Epidemioloxía, tratamento e prevención da dependencia tabáquica.
Bloque VI.- Organización sanitaria
Tema 30. Sistema de saúde. Principais modelos. O sistema sanitario español. A Lei xeral de sanidade.
Tema 31. Organización sanitaria da Comunidade autónoma de Galicia. O SERGAS. O mapa sanitario de Galicia. Niveis de atención sanitaria.
Tema 32. Planificación e programación sanitaria. Avaliación dos servizos sanitarios.
Tema 33. Organismos internacionais relacionados coa saúde. A Organización Mundial da Saúde e outras organizacións internacionais. As organizacións non-gobernamentais: a Cruz Vermella.
Programa de prácticas e seminarios
O programa práctico inclúe cinco prácticas de laboratorio e cinco seminarios.
Práctica 1. Indicadores demográficos. Medidas de morbilidade: incidencia e prevalencia
Práctica 2. Deseño e análise dun estudo experimental
Práctica 3. Deseño e análise dun estudo de cohortes
Práctica 4. Deseño e análise dun estudo de casos e controis
Práctica 5. Deseño e análise dun estudo transversal. Validación de probas diagnósticas.
Seminario 1. Visita á depuradora de augas residuais de Santiago
Seminario 2. Desigualdades en saúde
Seminario 3. Sistemas de saúde e carteira de servizos en odontoloxía
Seminario 4. Diagnóstico do tabaquismo
Seminario 5. Actitude terapéutica en tabaquismo
BÁSICA:
- Piédrola Gil: “Medicina Preventiva y Salud Pública”. 12ª Ed. Elsevier-Masson. 2015. (Texto de referencia básico da materia)
- Cuenca y Baca: “ODONTOLOGÍA PREVENTIVA Y COMUNITARIA: Principios, métodos y aplicaciones”. 4ª Ed. Elsevier-Masson. 2013. Accesible en: https://www.academia.edu/26941287/Odontologia.Preventiva.y.Comunitaria…
- Ahlbom, Alfredsson Y Alfven: “Fundamentos de epidemiología”. 9ª Ed. Siglo XXI de España Editores. 2009.
- Jokin de Irala Estevez (et al): EPIDEMIOLOGIA APLICADA. 2ª Ed, ARIEL, 2008.
COMPLEMENTARIA:
- European Environmental Agency. Air quality in Europe — 2018 report. Disponible en: https://www.eea.europa.eu/publications/air-quality-in-europe-2018
- Ministerio para la Transición Ecológica. Perfil Ambiental de España 2017. Disponible en:
https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/publicacion…
- Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Programa estatal de prevención de residuos 2014-2020. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-es…
- Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Plan estatal marco de gestión de residuos (PEMAR) 2016-2020. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-es…
- Observatorio de la Sostenibilidad. Disponible en: https://www.observatoriosostenibilidad.com/
- Red Española de Ciudades Saludables. Disponible en: http://recs.es/
- Vida sostenible. Disponible en: http://www.vidasostenible.org/
- WHO Regional Office for Europe. Social inequalities and their influence on housing risk factors and health. Copenhagen: WHO Regional Office for Europe; 2014. Disponible en: https://apps.who.int/iris/bitstream/handle/10665/107955/E92729.pdf?sequ…
- Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-2020. Disponible en: https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?uuid=88abfd7c-9c05-…
- U.S. Preventive Services Task Force. Guide to Clinical Preventive Services 2014. Disponible en: https://www.ahrq.gov/professionals/clinicians-providers/guidelines-reco…
- WHO guidelines on tuberculosis infection prevention and control2019 update. Disponible en: https://apps.who.int/iris/bitstream/handle/10665/311259/9789241550512-e…
Coñecementos
Con03 Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información novidosa. Con07 Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica e ser competente na interpretación dos seus resultados. Con13 Coñecer o Sistema Nacional de Saúde así como os aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde. Con18 Coñecer os efectos do tabaco na saúde oral e participar nas medidas que axuden ao paciente que desexa cesar o hábito tabáquico. Igualmente, coñecer as complexas interaccións entre os factores ambientais, sociais e conductuais coa saúde oral e xeral. Con19 Coñecer os procedementos encamiñados a efectuar o diagnóstico de saúde oral na comunidade e saber interpretar os resultados. Con20 Coñecer as repercusións das tendencias demográficas e epidemiolóxicas na práctica da odontoloxía.
Competencias
Instrumentais: Comp01 Capacidade de análise e síntese. Comp02 Capacidade de organizar e planificar. Comp03 Comunicación oral e escrita na propia lingua. Comp06 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información procedente de fontes diversas). Comp07 Resolución de problemas. Comp08 Toma de decisións.
Interpersoais: Comp09 Capacidade crítica e autocrítica. Comp10 Traballo en equipo. Comp11 Habilidades interpersoais. Comp16 Compromiso ético.
Sistémicas: Comp17 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. Comp18 Habilidades de investigación. Comp19 Capacidade de aprendizaxe autónomo. Comp20 Capacidade para adaptarse a novas situacións. Comp21 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade). Comp24 Habilidade para traballar de forma autónoma. Comp25 Deseño e xestión de proxectos. Comp27 Preocupación pola calidade.
Habilidades ou destrezas
H/D07 Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade. H/D08 Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo. H/D09 Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos. H/D18 Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria. H/D19 Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información novidosa. Ser capaz de formular hipóteses, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico. H/D29 Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais. H/D30 Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección ante enfermidades bucais, así como no mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario. H/D31 Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, así como os aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde.
Na primeira sesión o profesor orientará sobre a bibliografía máis relevante para o estudo dos temas. Nas clases expositivas o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia
Formato dos seminarios:
Con anterioridade ás sesións de seminario o profesor comunicará os obxectivos do mesmo, facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a procura de bibliográfica complementaria, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo. O alumno deberá traballar previamente sobre o tema. A sesión de Seminario será moi activa e participativa asumindo o profesor o papel de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
Formato das prácticas de laboratorio:
O contido correspóndese co segundo bloque do programa teórico (leccións tres a doce). Consta de cinco sesións con duración de 2 horas.
Ao principio da práctica farase unha breve exposición de 15 minutos recordatoria do contido da práctica que a continuación se vai realizar. Despois executarase a práctica por parte dos alumnos, dedicándolle parte do tempo a resolve-las cuestións prácticas e o restante á discusión, actuando o profesor como moderador.
O sistema de avaliación será combinado. Por unha parte realizarase unha avaliación continuada, valorando a participación nas clases expositivas, o traballo individual no seminario e na práctica de laboratorio e os traballos que se programen durante o cuadrimestre. Ademais desta avaliación realizarase unha proba final.
A avaliación do alumno farase en función dos seguintes parámetros:
1. Proba final de contidos teórico-prácticos: 70%
Poderá ser oral para avaliar as competencias tranversais, e/ou escrito mediante preguntas tema, curtas e/ou tipo test. Neste último caso as preguntas tipo test do exame serán corrixidas asegurando o control da probabilidade de acertar por azar. Para isto consideraranse tanto as preguntas contestadas correctamente (NR), como o número de opcións posibles (NO) e o número de preguntas totais (NP) de acordo á seguinte fórmula:
Puntuación=(((NRxNO)-NP)/((NO-1)xNP)) x 10
2. Avaliación de prácticas: 10%
Resolución do problema e/ou respostas ás cuestións formulada na aula.
3. Tarefas programadas durante o curso: 15%
3.1 7.5% Traballo individual de busca de información e construción de indicadores demográficos.
3.2 7.5% Traballo de grupo para a elaboración dun proxecto de investigación epidemiolóxica para determinar a existencia (ou non) dun factor de risco para a saúde oral. Estrutura obrigatoria: introdución (baseándose na busca bibliográfica sobre o estado actual do tema a investigar), planeamento do traballo con obxectivos específicos, material e método, bibliografía (no texto e referencias ao final).
4. Resposta a preguntas feitas na aula a tódolos alumnos a modo de avaliación do progreso: 5%
Para superar a materia o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10).
Na segunda opción de Xullo manterase o sistema de avaliación e o peso de cada parte.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais:
- Expositivas: 35
- Laboratorio: 10
- Seminario: 10
Horas non presenciais:
- Lectura de textos básicos e complementarios: 50
- Realización dos traballos propostos: 35
Total de horas de dedicación: 150
Aínda que non existen prerrequisitos normativos, para comprender e aproveitar ao máximo esta materia o alumno deberá ter coñecementos básicos dos microorganismos que poden causar alteracións da saúde dos seres humanos. Polo tanto debeu cursar e superar con antelación a materia Microbioloxía e Inmunoloxía.
Así mesmo tamén debeu cursar e superar a materia Bioestatística e Introdución á Investigación.
Para poder tirar un bo aproveitamento da literatura científica tamén é recomendábel un coñecemento básico do idioma inglés, así como da realización de buscas bibliográficas, para o que é moi útil realizar o curso de buscas que ofrece a Biblioteca da Facultade.
Agustin Montes Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812271
- Correo electrónico
- agustin.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julia Rey Brandariz
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- juliarey.brandariz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Odontoloxía-Aula 2 |
27.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
27.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
08.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |