Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía, Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Fisioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que se pretenden conseguir son:
- Coñecer a morfoloxía e o funcionamento do órgano da audición.
- Comprender a función que realiza cada unha das partes que compoñen o órgano da audición.
- Comprender as bases morfológicas das principais alteracións morfofuncionales do órgano da audición.
- Coñecer o desenvolvemento embriológico do órgano da audición e as malformacións congénitas máis frecuentes.
- Comprender as funcións dos nervios relacionados co órgano da audición.
- Recoñecer as bases morfológicas dos trastornos producidos polas alteracións do sistema nervioso periférico relacionado coa audición.
- Comprender a disposición, organización e funcións das principais vías relacionadas coa audición e o equilibrio.
- PROGRAMA DÁ PARTE TEÓRICA E PRÁCTICA:
.- ANATOMÍA:
1.- Sistema auditivo. Xeneralidades: Morfoloxía xeral, partes constituíntes, anatomía funcional.
2.- O oído humano. Estrutura macroscópica xeral.
3.- Pavillón auditivo: Morfoloxía, estrutura e función. Vascularización e inervación.
4.- Conduto auditivo externo: Morfoloxía, estrutura e función. Vascularización e inervación.
5.- Anatomía topográfica do oído externo.
6.- Oído medio: Caixa timpánica, tuba faringotimpánica e celas mastoideas.
7.- Paredes da caixa timpánica.
8.- Contido da caixa timpánica.
9.- Tuba faringotimpánica: Morfoloxía, estrutura e función. Vascularización e inervación.
10.- Celas mastoideas: Morfoloxía, estrutura e función. Vascularización e inervación.
11.- Anatomía funcional do oído medio.
12.- Anatomía topográfica do oído medio.
13.- Oído interno: Labirinto óseo e membranoso.
14.- Labirinto óseo: Morfoloxía e estrutura.
15.- Labirinto membranoso: Morfoloxía, estrutura e función. Vascularización e inervación.
16.- Anatomía topográfica do oído interno.
17.- Anatomía funcional do oído interno.
18.- VIII Par cranial: Nervio coclear e nervio vestibular.
19.- Vías da audición.
20.- Vías vestibulares.
21.- Vías reflictes auditivas e vestibulares.
22.- Desenvolvemento embriológico do oído. Malformacións congénitas máis frecuentes.
23.- Anatomía comparada do órgano da audición.
- FISIOLOXÍA:
1. Introdución á fisioloxía do oído. Funcións do oído
2. Fisioloxía da audición: funcións do oído externo. Funcións do oído medio. Reflexo timpánico.
3. Fisioloxía da cóclea. Mecanismo de despolarización das células ciliadas do órgano de Corti.
4. .Mecánica coclear. Análise de frecuencia na cóclea
5. Nervio coclear. Mecanismos de transmisión da información auditiva
6. Fisioloxía da vía auditiva ascendente I. Núcleo coclear e complexo oliveiral superior. Mecanismos de localización da fonte sonora.
7. Fisioloxía da vía auditiva ascendente II. Núcleo do lemnisco lateral, colículo inferior e corpo geniculado medial
8. Cortiza auditiva: estrutura e relacións funcionais. Sistemas funcionais da linguaxe.
9. Vía auditiva descendente
10. Fisioloxía do equilibrio. Fisioloxía dos órganos otolíticos e ampulares. Células neurosensoriales vestibulares.
11. Fisioloxía da vía vestibular.
12. Reflexos vestibulares
13. Estudo comparado da fisioloxía do oído
ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Morfoloxía do aparello da audición: maquetas desmontables do órgano do oído.
2.- Exploración cirúrxica do oído no vivo (vídeo).
3- Exploración da audición mediante o emprego de diapasones.
ORGANO DE LA AUDICION. BIBLIOGRAFÍA.
DELMAS, J.; DELMAS, A. (1965). Vías y centros nerviosos. Ed.Toray-Masson. Barcelona.
FENEIS, H.. Nomenclatura anatómica ilustrada. Ed. Masson. Barcelona.
FRACASSI, H. (1958). Vías de conducción de la energía nerviosa. Ed.Lutz Ferrando. Córdoba (Argentina).
GRAY, H. (1985). Anatomía, tomo II. Williams, P.L. & Warwick, R. (eds.), Ed. Salvat. Barcelona.
KANDEL E.R. Principles of Neural Science. Editorial McGrawHill. 4ª Edición. 2001.
LATARJET-RUIZ LIARD. (1988). Anatomía humana, tomo I. Ed.Panamericana. México.
LAZHORTES, G. (1976). El sistema nervioso periférico. Ed.toray-Masson.
McMINN, R.M.H.; HUTCHINGS, R.T. (1983). Atlas de Anatomía humana. Ed.Espaxs. Barcelona.
MOORE, K.L.; PERSAUD, T.V.N. (2004). Embriología Clínica, 7ª edición. Ed. Elsevier. Madrid.
MOORE, K.L. (2001). Anatomía con orientación clínica, 4ª edición. Ed. Médica Panamericana. Madrid.
NETTER, F.H.(1992). Colección Ciba de ilustraciones médicas. Ed.Salvat. Barcelona.
O'RAHILLY, R. (1989). Anatomía de Gardner. Ed.Interamericana. México.
ORTS LLORCA, F. (1972). Anatomía humana, tomo II. Ed.Científico-Médica. Madrid.
RODRÍGUEZ, S. & SMITH-AGREDA, JM. (1998). Anatomía de los órganos del lenguaje, visión y audición. Ed. Médica Panamericana. Madrid
ROHEN, J.W.; YOKOCHI, C. (1984). Atlas fotográfico de Anatomía humana. Ed.Doyma. Barcelona.
ROUVIERE, H. (1987). Anatomía humana. Descriptiva, topográfica y funcional, tomo III. Ed.Masson. Barcelona.
SOBOTTA, J.; BECHER, H. (2000). Atlas de Anatomía humana, 21ª edición. Ed. Médica Panamericana. Madrid.
SPALTEHOLTZ, W.(1976). Atlas de Anatomía humana, tomo III. Ed. Labor. Barcelona.
TESTUT, L.; LATARJET, A. (1981). Tratado de Anatomía humana, tomo III. Ed.Salvat. Barcelona.
TRESGUERRES J.A.F. Fisiología Humana. Editorial Interamericana. 2º Edición. 1999.
VAN HET SCHIP, E.P. (1986). El oido interno. Ed.Duphar Farmaceútica. España.
Competencias
Xerais:
- Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de crítica e autocrítica.
- Capacidade para aplica-la teoría a práctica.
- Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.
Específicas:
Entender a importancia dos sistema auditivo nos procesos de relación co entorno o co outras personas
Coñecer a estructura e a función dos distintos componentes do sistema auditivo, para poder interpretar os procesos patolóxicos que poden afectar ao oído.
A docencia das clases expositivas e interactivas será presencial. Para a realización de actividades específicas en remoto poderanse empregar as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
- Clases maxistrais
- Seminarios impartidos polos alumnos Abrirase unha aula virtual para a materia e establecerase un foro de titoría pública.
As probas finais (teórica e práctica) terán carácter presencial. Para a avaliación continua poderán utilizarse os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
As probas finais terán CARÁCTER PRESENCIAL.
1.- VALORACIÓN DOS COÑECEMENTOS TEORICOS: Ao longo do curso realízase un exámen parcial de cada parte e un exame final, no que o nivel de aprobado é do 60%, sendo liberatorios de materia. Compensarase a nota daqueles alumnos que en Anatomía ou Fisioloxía alcancen un nível do 50-60%.
2.- VALORACION DOS COÑECEMENTOS PRACTICOS: Ao longo do curso realizaranse avaliacións continuas das prácticas que realizan os alumnos. Os alumnos terán que realizar un esquema xeral do oído e traballos sobre algún tema dos que compoñen a materia.
3.- VALORACION DAS ACTITUDES Neste apartado valórase:
- Asistencia a clase teórica e práctica.
- Realización dos traballos persoais ou en grupo.
- Disposición do alumno á colaboración e á realización das tarefas encomendadas e actitude en clase. Tamén poderán utilizarse para avaliación continua os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Tempo de estudio e traballo personal
- Teoría: 30 horas presenciais e
-Traballo persoal 40 horas de
- Titorias personalizadas: 10 horas.
- Exame: 2 horas.
As titorías terán carácter presencial e/ou telemático e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel e/ou dixital.
Recomendacións para o estudio da materia
O alumno deberá ter adquiridas competencias básicas en anatomía e fisioloxía
As titorías terán carácter presencial e/ou telemático e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel (escenario 1 ) e/ou dixital (2 e 3)
Ana Maria Muñoz Patiño
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812221
- Correo electrónico
- anamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Dominguez Meijide
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- antonio.meijide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
20.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |
01.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |