Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O programa da materia pretende que, ao final dos estudos, o alumno:
1. Aprenda e practique os métodos de investigación e análise nos diferentes estudos epidemiolóxicos.
2. Coñeza os principais factores de risco que afectan á saúde xeral e á visión en particular.
3. Coñeza as medidas máis adecuadas para a realización de accións preventivas, tanto na comunidade como no propio individuo.
4. Sexa capaz de servir de vía de comunicación entre o individuo e os servizos sanitarios, mediante a información que poida proporcionar como axente educador sanitario.
Concepto de saúde e niveis de prevención. Conceptos de Saúde Pública, introdución, evolución, ferramentas.
Nocións de demografía médica: demografía estática, demografía dinámica.
Metodoloxía epidemiolóxica: medidas de frecuencia, medidas de efecto, introdución aos deseños epidemiolóxicos, análise epidemiolóxica, interpretación de resultados.
Epidemioloxía das enfermidades causantes de cegueira.
Epidemioloxía das enfermidades transmisibles e non transmisibles. Administración e xestión
sanitaria. Nocións de educación sanitaria
- Hatc SW. Ophtalmic Research and Epidemiology. 1998. Ed. Butterworth-Heinemann
- North RV. Trabajo y Ojo. 1996. Masson
- Piédrola Gil et al. Medicina preventiva y salud publica. 11ª Edición. Barcelona: Masson, 2008.
- Manual de método epidemiológico. http://www.isciii.es/htdocs/publicaciones/documentos/2009-0843_Manual_e…
- Ahlbom A, Alfredsson L, Alfvén T, Bennet A. Fundamentos de epidemiología. Ed Siglo XXI. 2007.
A mayores, el alumno tendrá que leer con antelación artículos de revistas, generalmente en inglés, que estarán a su disposición en el aula virtua.
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersoais.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar unha aprendizaxe autónoma.
CT22 - Que estean motivados pola calidade.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar críticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
Docencia expositiva: O profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se estudarán algúns problemas tipo, de maneira que o alumnado poida resolver exercicios pola súa conta máis tarde. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario de consulta obrigatoria.
Docencia interactiva: Faranse exercicios con casos reais para desenvolver os conceptos apuntados nas clases expositivas. Durante esta clases intercativas realizaranse as presentacións de trabállos dos alumnos.
Titorías: están destinadas a solucionar as dúbidas dos alumnos sobre a materia.
Avaliación continua (30%): a avaliación continua realizarase sobre a base da entrega de exercicios propostos polo profesorado e/ou presentación de traballos en clase, xeralmente por parellas. Estes traballos son obrigatorios. Para que estas actividades consten na avaliación final e para que o alumno teña dereito a presentarse ao exame final, deberá asistir como mínimo ao 75% das clases tanto expositivas como interactivas. Para o control de asistencia, o profesorado rexistrará o alumnado mediante lista de firmas.
Exame final (70%): consistirá na resolución de cuestións prácticas ou teóricas sobre o contido da materia, xeralmente mediante proba tipo test ou preguntas curtas. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo que na sesión ordinaria, o alumno deberá ter cumpridos todos os requisitos de presenza e de presentación de exercicios e traballos que para a sesión ordinaria.
Sistema de avaliación do alumno repetidor: o mesmo réxime de avaliación que o alumno ordinario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
O volume horario de aprendizaxe individual é de aproximadamente 100 horas.
É imprescindible que o alumno non acumule atraso na aprendizaxe individual, sobre todo nas partes máis matemáticas da materia (demografía e epidemioloxía) xa que os conceptos están relacionados entre si.
Atendendo ao artigo 9.2.a do Estatuto do Estudiante da USC e ao artigo 36 da Lei Orgánica do Sistema Universitario, nas clases expositivas e interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) salvo cando o autorice expresamente o profesor.
El Bahi Takkouche Souilamas
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812268
- Correo electrónico
- bahi.takkouche [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 1 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 1 |
13.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |
23.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |